Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise da comunicación como factor básico constitutivo das sociedades. Coñecemento e
comprensión da historia do xornalismo.
2. Análise dos grandes momentos da historia da comunicación, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e
filosófica como desde a perspectiva do progreso tecnolóxico, e da evolución histórica do xornalismo en Galicia.
3. Estudo da construción histórica da denominada Sociedade da Información e o Coñecemento
Os contidos inclúen:
Coñecemento e comprensión da comunicación como factor básico constitutivo das sociedades. Coñecemento e comprensión da historia do xornalismo. Especial atención aos grandes momentos da historia da comunicación, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e filosófica como desde a perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica do xornalismo en Galicia. Consideración específica á construción histórica da denominada Sociedade da Información e o Coñecemento.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Da linguaxe á escritura.
1.1. O mito da escritura.
1.2. A opinión na Grecia arcaica e clásica.
1.3. A lectura e a escrita na Idade Media.
1.4. As formas e canles de difusión de mensaxes.
Tema 2. A aparición da imprenta e o seu impacto na Comunicación.
2.1. A ponte entre os libros manuscritos e os libros impresos.
2.2. A aparición das primeiras publicacións impresas de periodicidade irregular.
Tema 3. A aparición das gacetas.
3.1. O século XVII e a aparición da periodicidade.
3.2. As gacetas do XVII.
3.3. O xornalismo do século XVIII.
Tema 4. A loita pola liberdade de prensa.
4.1. De Locke a Robespierre.
4.2. A revolución francesa.
4.3. Características dos medios que emerxen na época.
Tema 5. O primeiro xornalismo liberal.
5.1. O despegue da prensa.
5.2. As primeiras axencias de noticias.
5.3. A prensa na sociedade burguesa.
5.4. O nacemento da prensa popular.
Tema 6. A prensa
6.1. A prensa nos principais países occidentais: Alemaña, Francia, Inglaterra, España e Portugal.
6.2. A prensa en Estados Unidos de Norteamérica.
6.3. A prensa en América Latina.
Tema 7. Orixe e evolución da radio.
7.1. Estratexias informativas da radio.
7.2. Orixe e evolución da televisión.
7.3. Estratexia informativa da televisión.
7.4. A convivencia entre medios.
Tema 8. A prensa española do XIX.
8.1. A prensa da Restauración (1874-1921).
8.2. Os medios de comunicación en España no século XX.
8.3. Nomes relevantes do xornalismo español.
Tema 9. Xornalistas e escritores que deixaron pegada da súa traxectoria mediática.
9.1. Joseph Pulitzer, William Randolph Hearst, Albert Camus, Emile Zola, Mariano José de Larra …
Tema 10. Medios de comunicación e propaganda.
10.1. Medios de comunicación e compromiso.
10.2. Debates xornalísticos da primeira metade do século XX.
10.3. O xornalismo na dictadura.
10.4. O xornalismo na restauración democrática.
Tema 11. O xornalismo galego: orixes e evolución.
11.1. O xornalismo en galego.
11.2. As principais publicacións na historia de Galicia.
11.3. Os principais medios na historia de Galicia.
Tema 12. Xornalistas galegos con opinión.
12.1. A relación entre xornalismo e literatura en Galicia.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nas sesións interactivas analizaranse textos, prepararase material para a súa análise, elaboraranse pezas a partir de documentos históricos recolleitos en bases de datos e fontes de acceso libre e organizaranse debates sobre os temas suxeridos logo das exposicións teóricas. O alumno realizará traballos de reconstrución histórica, de acordo con as indicacións que se establezan en cada seminario. O obxectivo final é elaborar pezas con material histórico para interactuar nos debates e fomentar o intercambio de puntos de vista con medios actuais e metodoloxías construtivistas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Balsebre, A. (2001): Historia de la Radio en España. 1874-1939/1939-1985. Tomos I y II. Editorial Cátedra.
Cal, R./Pérez Pais, C. (1993): Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega. Edicións Lea.
Fuentes, J.F./Fernández Sebastián, J. (1997): Historia del Periodismo Español. Síntesis.
Gómez Mompart, J.Ll./Marín, E. –ed.- (1999). Síntesis.
Palacio, M. (2009): Historia de la televisión en España. Gedisa.
Timoteo Álvarez, J. (1991): Del viejo orden informativo. Actas.
Timoteo Álvarez, J. –coord-. (1989): Historia de los Medios de Comunicación en España. Periodismo, imagen y publicidad (1990-1990). Ariel.
Williams, R. –ed.- (1992): Historia de la Comunicación. Vol. 1 y 2. Bosch Comunicación.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barthes, R. (2012): El grado cero de la escritura. Siglo XXI.
Berlin, I. (2002): La traición de la libertad. Seis enemigos de la libertad humana. Fondo de Cultura Económica.
Bermeosolo, P. (1962): El origen del periodismo amarillo. Rialp.
Bloom, H. (2002): El canon occidental. Anagrama.
Camus, A. (1996): En Obras completas. Alianza Editorial.
Cavallo, G./Chartier, R. (1997): Historia de la lectura en el mundo occidental. Taurus.
Díaz, L. (1993): La radio en España. Alianza editorial.
Hernández Les, J. A. (2010): Dramas y debates del periodismo. Andavira.
Joly, M. (2002): Diálogo en el infierno entre Maquiavelo y Montesquieu. El Aleph editores.
Jonson, B. (2002): El comercio de noticias. Noticias del Nuevo Mundo descubierto en la Luna. Introducción y notas de Javier Díaz Noci. Universidad del País Vasco.
Larra, M. J. (1971): Artículos de costumbres. Espasa Calpe.
Llera, J. A. (2004): El humor en la obra de Julio Camba. Biblioteca Nueva.
Pizarroso Quintero, R. (1994): Historia de la prensa. Fundación Areces.
Seoane, M. C. (1983): Historia del periodismo en España. Alianza editorial.
Vázquez Montalbán, M. (1989): Historia y comunicación social. Alianza Editorial.
Weill, G. (1979): El periódico: orígenes, evolución y funciones de la prensa periódica. Limusa.
CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo/a docente
Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente dirixidas a obter un resultado concreto (solución ou análise)
Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada
Estudos de casos: análises e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia
Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta
Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiado polo/a docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análises de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos
Prácticas na Aula Informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con computadores
Estudo previo: revisión e análise de materiais docentes antes da sesión presencial co/o docente
Traballo tutelado: tutorización de actividades
Foros de discusión - traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/o elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas
Asistencia a conferencias ou outros eventos: presencia en actos de carácter divulgativo nos que interveñen persoas expertas ou asistencia a espazos de divulgación especializada como exposición.
Proba de coñecrementos teóricos: 40 %
Actividades de evaluación continua: 10 %
Exercicios prácticos: 50 %
*A asistencia a clase valórase na avaliación continua. É preceptiva a asistencia para unha avaliación continua. Tres ausencias non xustificadas implican unha avaliación de 0 no apartado de avaliación continua.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Pódese conceder a exención de docencia.
O plan alternativo consiste: na parte teórica, un estudo de 20.000-30.000 caracteres das principais etapas da Historia da Comunicación, que debe acordarse ao comezo do curso do profesor. A avaliación será o 50 % da materia.
Na parte de seminario, un estudo de 20.000-30.000 caracteres de recuperación histórica dun medio ou comunicador galego, que debe acordarse ao comezo do curso do profesor. A avaliación será o 50% da materia.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
- Ler os textos recomendados polos profesores.
-Seguir os temas pola bibliografía e polas fontes documentais que se darán logo de cada exposición.
A planificación dos traballos para as sesións da parte interactiva farase nas primeiras sesións regradas.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Lopez Carballeira
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
12.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
12.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
08.06.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |