Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise da tipoloxía e caracterización dos medios dixitais.
2. Estudo do xornalismo de alta tecnoloxía. Xornalismo hi-tech e mapa de riscos e oportunidades no contexto laboral, empresarial e sobre a calidade dos produtos xornalísticos.
3. Análise da intelixencia híbrida. Intelixencia artificial, automatización e robots.
4. Estudo e análise dos novos formatos xurdidos como consecuencia da evolución dos medios e a incorporación de alta tecnoloxía. Metainformación e blockchain. Xornalismo drone e outras tecnoloxías emerxentes de última xeración.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1: A sociedade da información e o xornalismo dixital con perspectiva histórica
1.1 Elementos definitorios
1.2 Os inicios da dixitalización e a transformación do xornalismo dixital
1.3 Panorama e perspectivas.
Tema 2: Os modelos de cibermedios/medios dixitais
2.1 Medios matriciales/herdados
2.2 Medios nativos dixitais
2.3 A convivencia e competencia de produtos
Tema 3: Os fundamentos teóricos do novo medio
3.1 A influencia da herdanza recibida
3.2 As novas dimensións
3.3 Os cambios que impoñen as redes sociais e a plataformización da sociedade
Tema 4: Propostas innovadoras nos medios dixitais e no xornalismo dixital
4.1 Os laboratorios de innovación
4.2 Experiencias de éxito
4.3 Estudos de caso, con atención as súas etapas.
Tema 5: Elementos que definen o panorama actual dos medios dixitais e o xornalismo dixital
5.1 A sombra da alta tecnoloxía
5.2 Influencias de procesos recentes (automatización, personalización, implicación social…).
5.3 Tendencias na transformación dixital do xornalismo
CONTIDOS PRÁCTICOS
Análise e debate sobre textos académicos que analizan a transformación dixital.
Elaboración de pezas xornalísticas con técnicas e ferramentas das diferentes etapas do xornalismo dixital
Elaboración de pezas xornalísticas con ferramentas de alta tecnoloxía, no marco de tendencias actuais.
Os alumnos elaborarán pezas individuais de xornalismo dixital e/o en equipo con tecnoloxías actuais. Os traballos que se elaboren incluirán, preferentemente, técnicas do xornalismo de datos e do xornalismo multimedia.
Prácticas de campo: Esta materia prevé a realización de prácticas de campo en caso de que se obteña o financiamento necesario. O programa presentarase durante o curso, se hai financiamento.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bygdås, Arne; Clegg, Stewart; Aina Hagen, Aina (2019). Media Mangement and Digital Transformation. Routledge.
Godulla, Alejandro; Böhm, Stephan (2023). Digital Disruption and Media Transformation. Springer Cham.
Negreira-Rey, Cruz; Vázquez-Herrero, Jorge; Sixto-García, López-García, Xosé -Editors- (2023). Blurring Boundaries of Journalism in Digital Media. Springer.
Salaverría, R. -Coordinador- (2016): Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica/Ariel.
Toural, C./López, X. (2019): Ecosistema de Cibermedios en España. Tipologías, iniciativas, tendencias narrativas y desafíos. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Witschge, T.; Anderson, C.W.; Domingo, D.; Hermida, A. -Edited by- (2016): The SAGE Handbook of Digital Journalism. SAGE.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cabrera, Mª. A. -Coord.- (2013): Evolución de los cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Fragua.
Castells, M. (2001): La galaxia Internet. Plaza&Janes.
Díaz Noci, J. (2001): La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo. Universidad del País Vasco.
Díaz Noci, J./Salaverría, R. –Coords.- (2003): Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Friedrichsen, M.; Kamalipour, Yahya -Editors- (2017): Digital Transformation in Journalism and News Media. Media Mangement, Media Convergence and Gobalization. Springer Cham.
Manovich, L (2013): El software toma el mando. UOCpress.
Núñez Ladevéze, L. -coordinador- (2015): Periodismo en la red: Géneros, estilos y normas. Editorial Universitas.
Roitberg, G; Piccato, F. -Comps.- (2015): Periodismo disruptivo. La Crujía Ediciones.
Salaverría, R. (2005): Cibermedios. El impacto de internet en los medios de comunicación en España. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Sampedro, V. (2014): El cuarto poder en red. Icaria.
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da
actividade xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades
creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da
Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento
Sostible.
Nas clases expositivas empregaranse as seguintes metodoloxías:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
- Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
- Estudo previo: revisión e análise de materiais docentes antes da sesión presencial co/o docente
- Traballo tutelado: tutorización de actividades
- Prácticas de campo: actividades académicas realizadas fóra da Facultade e guiadas polo/a docente, como as visitas a empresas e institucións no contexto da materia
Nas clases interactivas empregaranse as seguintes metodoloxías:
- Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente dirixidas a obter un resultado concreto (solución ou análise).
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
- Metodoloxía baseada na investigación: modalidade que sitúa o estudantado no rol de investigador, executando un proceso de busca, avaliación, síntese e análise.
- Foros de discusión - traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Prácticas na Aula Informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con computadores
Proba de coñecementos teóricos: 40%
Actividades de evaluación continua: 10 %
Exercicios prácticos: 50 %
A asistencia a clase valórase na avaliación continua. Tres ausencias non xustificadas implican unha avaliación de 0 no apartado de avaliación continua.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Seguimento de pezas multimedia e de xornalismo de datos que innoven en formas e contidos.
A planificación xeral da materia concretarase nas primeiras tres semanas.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xurxo Salgado Tejido
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- xurxo.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
08.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
08.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
11.06.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |