Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Física, Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con respecto á materia Estadística Aplicada e Informática para Químicos os alumnos demostrarán ser quen de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenrolados, de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para desenrolalos.
Introducción á teoría e aplicacións da estadística. Análise da incerteza das medidas experimentais. Ensaios de hipótese. Calibración e regresión. Tratamento de datos experimentais mediante computación. Simulación e validación de métodos. Aplicación das técnicas estadísticas, mediante o uso de computadores, ó análise de datos reais ou simulados. Manexo de software matemático aplicado á Química.
A efectos de organización da materia, estes contidos distribúense nos seguintes temas:
PROGRAMA DE CLASES DE TEORÍA:
Tema 1: Introducción á programación en Python.
Tema 2: Emprego de Python para a resolución de problemas numéricos en química.
Tema 3: Estatística descriptiva.
Tema 4: Estimación e intervalos de confianza.
Tema 5: Contrastes de hipótese.
Tema 6: Regresión lineal. Calibración.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS EN AULA DE INFORMÁTICA:
Nas sesións de prácticas de ordenador, resolveranse problemas e casos prácticos, relacionados co explicado nas clases de teoría, utilizando distintas ferramentas de software.
Bibliografía Básica:
- (*) Hinojosa Gutiérrez, A.P.: "Phyton: paso a paso"; RA-MA Editorial, 2016.
- Blanco, M.; Cerdà, V. (Eds.): "Temas avanzados de quimiometría", Universidad de las Islas Baleares, 2007.
- Crujeiras, R.M.; Faraldo, P.: "Manual de estadística básica para ciencias de la salud", Universidad de Santiago de Compostela, 2010.
- Miller, J.N.; Miller, J.C.; Miller, R.D.: "Statistics and chemometrics for analytical chemistry, 7th Ed.", Pearson, 2018. (Tamén dispoñible coma libro electrónico na web da Biblioteca Universitaria-Catálogo Iacobus)
- Mongay Fernández, C.: "Quimiometría", Universidad de Valencia, 2005. (Tamén dispoñible coma libro electrónico na web da Biblioteca Universitaria-Plataforma PreLo)
- Ramis Ramos, G.; García Álvarez-Coque, M.ªC.: "Quimiometría", Síntesis, 2001.
(*) Especialmente indicado para os Temas 1 e 2.
Bibliografía Complemantaria:
Cando sexa oportuno, recomendarase bibliografía adicional relacionada con temas ou aspectos máis específicos.
BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que los estudiantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitase atopar a un nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda das súas solucións tanto en contextos académicos coma profesionais.
CG5 - Que sexan capaces de estudiar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos ye técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS:
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntesis.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
CT10 - Adquirir razoamento crítico.
CT12 - Adquirir un aprendizaxe autónomo.
ESPECÍFICAS:
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenrolados.
CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE25 - Ser capaz de relaciona-la Química con outras disciplinas.
A metodoloxía da ensinanza comprenderá as seguintes actividades formativas:
i) Clases expositivas (indicadas coma "E" no calendario de actividades): clases de teoría, nas que explicaranse os contidos teóricos, ilustrándoos con problemas e/ou exemplos xerais, para o que poderase contar co apoio de diversos medios audiovisuais, informáticos ou doutro tipo.
ii) Clases interactivas en grupo reducido ou Seminarios (indicadas coma "S" no calendario de actividades): clases teórico/prácticas nas que proporanse e resolveranse problemas e exercicios relacionados cos contidos explicados nas clases expositivas.
iii) Clases interactivas con ordenador en grupo reducido ou Prácticas en Aula de Informática (indicadas coma "L" no calendario de actividades): clases prácticas de ordenador, nas que coa axuda de diversas ferramentas de software, aplicaranse a casos prácticos os contenidos explicados nas clases expositivas e/ou de seminario.
iv) Clases interactivas en grupo moi reducido ou Tutorías (indicadas coma "T" no calendario de actividades): clases de natureza teórico-práctica nas que o obxectivo fundamental é a aclaración de dúbidas sobor dos contidos da materia.
A cualificación do alumno resultará da avaliación continua e a realización dun exame final.
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final ni á obtida ponderándoa coa da avaliación continua, dacordo coas seguintes porcentaxes:
i) Avaliación continua: 30 %, dividido coma sigue:
i.1) Asistencia e participación en seminarios e tutorías: 5 %
i.2) Asistencia e realización das prácticas en aula de informática: 25 %
ii) Exame final: 70 %
É oportuno recordar que, segundo a normativa vixente, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A asistencia a seminarios e tutorías é obrigatoria, e a asistencia e realización das prácticas en aula de informática é requisito imprescindible para supera-la materia, tanto na convocatoria ordinaria coma na recuperación. Asímesmo, poderá establecerse unha cualificación mínima para considerar aprobada-las prácticas en aula de informática.
Os alumnos repetidores que xa teñan feito as prácticas en cursos anteriores, poderán (nas circunstancias que o profesorado da materia determine) quedar exentos da obrigatoriedade de facelas de novo. No obstante, os ditos alumnos poderán renunciar á exencion e, se o desexan, face-las prácticas.
A adquisición de competencias evaluarase segundo o seguinte:
i) Nas clases expositivas, de seminario, de prácticas en aula de informática e de tutorías evaluaranse as competencias CB1, CG3, CG5, CT1, CT4, CT10, CT12, CE14, CE15 e CE25.
ii) No exame evaluaranse as competencias CB1, CG3, CG5, CT1, CT4, CT10, CT12, CE14, CE15 e CE25.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 51 h, distribuidas coma segue:
Clases expositivas en grupo grande: 21 h
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 8 h
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido (Prácticas en Aula de Informática): 20 h
Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: 2 h
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNO: 99 h
En xeral, aconséllase ter en conta o seguinte:
1) Adicar ó estudio da materia un tempo regularmente distribuido ó longo do cuadrimestre.
2) Preguntar tódalas dúbidas que poidan xurdir.
3) Comprobar o grao de asimilación dos conceptos e de adquisición das técnicas básicas de cálculo, resolvendo os exercicios propostos en clase.
4) Empregar o software da materia nas horas de traballo do alumno.
Manuel Aboal Somoza
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814268
- Correo electrónico
- m.aboal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Saulo Angel Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814216
- Correo electrónico
- saulo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Fernandez Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815705
- Correo electrónico
- qf.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elena Maria Peña Vazquez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814264
- Correo electrónico
- elenamaria.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Manuel Estevez Valcarcel
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814436
- Correo electrónico
- carlosmanuel.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula Química Xeral (2º andar) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |