Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Coñecer os principais tipos de reacción química e as súas características.
- Aplicar os conceptos da Termodinámica ao estudo do equilibrio químico e electroquímica.
- Resolver problemas cualitativos e cuantitativos de varios tipos de equilibrio químico.
TEMA 1.- INTRODUCIÓN ÁS REACCIÓNS EN SOLUCIÓN ACUOSA.
Reaccións químicas e a súa clasificación. Natureza das solucións acuosas. Reaccións de Precipitación. Reaccións ácido base. Principios xerais de oxidación redución.
TEMA 2.- PRINCIPIOS DO EQUILIBRIO QUÍMICO
Equilibrio dinámico. Constantes de equilibrio. Significado dun valor numérico dunha constante de equilibrio. O cociente de reacción Q: predición do sentido do cambio neto. Modificación das condicións de equilibrio: principio de Le Châtelier. Relación entre ΔGº e a constante de equilibrio (Keq). Espontaneidade dunha reacción. Predición da dirección dun cambio químico.
TEMA 3.- ÁCIDOS E BASES
Breve revisión da teoría de Arrhenius. Teoría de ácidos e bases de Brønsted-Lowry. Ácidos e bases de Lewis. Auto ionización da auga e escala de pH. Ácidos fortes e bases fortes. Ácidos débiles e bases débiles. Ácidos polipróticos. Os ións como ácidos e bases. Sales de ácidos polipróticos.
TEMA 4.- OUTROS ASPECTOS DO EQUILIBRIO ÁCIDO BÁSICO.
Efecto de ións comúns no equilibrio ácido base. Disolucións reguladoras. Indicadores ácido base. Reaccións de neutralización e curvas de valoracións.
TEMA 5.- SOLUBILIDADE E EQUILIBRIO DOS IÓNS COMPLEXOS
Solubilidade e Constante do produto de solubilidade, Kps. Relacións entre solubilidade e Kps. Efecto do ión común nos equilibrios de solubilidade. Limitacións do concepto de Kps. Criterios para a precipitación e precipitación total. Precipitación fraccionada. Solubilidade e pH. Equilibrios que implican ións complexos. Análise cualitativa de catións.
TEMA 6.- ELECTROQUÍMICA
Potenciais de eléctrodo e a súa medición. Potenciais estándar de eléctrodo. Ecel, ΔGº e Keq. Ecel en función da concentración. Corrosión: Células voltaicas non desexadas. Electrólises. Formación das reaccións non espontáneas.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
Práctica nº 1.- Estudo das reaccións en solución acuosa.
Parte 1.- Aspectos prácticos do Equilibrio Químico
Parte 2.- Equilibrio químico ácido-base.
Práctica nº 2.- Hidrólise de sales. Disolucións reguladoras. Medida de pH.
Práctica nº 3.- Exemplo práctico dun proceso de neutralización.
Práctica nº 4.- Separacións e identificacións de catións en solución acuosa (I)
Práctica nº 5.- Separacións e identificacións de catións en solución acuosa (II)
Práctica nº 6.- Reaccións de oxidación redución. Pila galvánica. Celda electrolítica.
BIBLIOGRAFÍA
MANUAL DE REFERENCIA
“Química General”: Principios y aplicaciones modernas. 11ª edición.
Ralph H. Petrucci; F. Geoffrey Herring; Jeffry D. Madura y Carey Bissonnette.
Editorial Pearson Educación, S.A.; Madrid, 2017.
Bibliografía complementaria
- Chang, R.: "Química" 12ª ed.; Ed. Mc Graw Hill.; 2016.
- Arribas Jimeno, S.: "Análisis cualitativo inorgánico" 5ª ed.; Ed. Paraninfo; 1993.
- Burriel, F.; Lucena, F; Arribas, S.; Hernández, J.: "Química analítica cualitativa" 18ª ed.; Ed. Paraninfo. Madrid, 2001.
1. Competencias básicas e xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 - Que os graduados teñan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos prácticos adquiridos como a capacidade de análises y de abstracción na definición e presentación de problemas e na procura das solucións, tanto en contextos académicos como profesionais.
3. Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de organización e planificación.
CT6 - Traballo en equipo.
CT12 - Aprendizaxe autónoma.
2. Competencias específicas:
CE4 - Tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas
CE5 - Principios de termodinámica e as súas aplicacións en Química.
CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE18- Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorio implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE22 - Equilibrio entre teoría e experimentación.
CE24 - Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
O ensino da materia impartirase da seguinte maneira:
A) Clases expositivas que servirán para titorizar ao alumnado no seu traballo persoal. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
B) Clases de seminario na que o profesorado, ademais de resolver problemas tipo de carácter práctico, solucionará as dúbidas que se lle expoñan ao alumnado ao resolver os exercicios ou cuestións propostos, como parte do traballo persoal a realizar polo/as estudantes. Ademais, dentro destas clases, o/as estudantes deberán resolver para entregar algún exercicio proposto polo/a profesor/a que, servirá para valorar o seu nivel de compresión e para a nota da avaliación continua. A asistencia a estas clases é obrigatoria, dado que se teñen en conta as actividades realizadas nelas para a avaliación continua.
C) Clases prácticas de laboratorio. Para estas prácticas, o/a alumno/a disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O/a alumno/a deberá a acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, nunha aula, os/as alumnos/as responden durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas que o/a profesor/a cualifica e ten en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor/a, o/a alumno/a realizará as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados, que serán avaliados. A entrega dunha memoria final é un requisito adicional para a avaliación. A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase, se é posible, de acordo co/a profesor/a e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías de lousa en grupo moi reducido: Titorías programadas polo/o profesor/a e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno/a 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría e/ou as prácticas, lecturas, realización de problemas, exercicios e/ou outras tarefas, así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. O profesorado esixirá aos alumnos/as a entrega dos exercicios e/ou o traballo realizado na aula. A asistencia a estas clases é obrigatoria, dado que se teñen en conta as actividades realizadas nelas para a avaliación continua.
Soporte docente en liña (Campus Virtual): Farase uso do campus virtual para deixar material docente, propor tarefas e para facilitar a comunicación entre profesorado e alumnado.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA (SEN RESTRICIÓNS Á PRESENCIALIDADE FÍSICA).
-A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma excepcional e xustificada a docencia telemática poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia, e no caso de docencia práctica levada a cabo con medios telemáticos poderá chegarse ata o 25%.
- As titorías poderán realizarse parcialmente de forma telemática.
- Para a docencia on-line empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
- As probas finais serán presenciais.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO (CON RESTRICIÓNS PARCIAIS Á PRESENCIALIDADE FÍSICA).
A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible.
Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das h da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira.
-As titorías serán telemáticas
-As probas finais serán de carácter telemático.
- Para a docencia on-line empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS (IMPOSIBILIDADE DE IMPARTIR DOCENCIA PRESENCIAL).
-A docencia será completamente de carácter telemático, con mecanismos preferentemente síncronos.
-As titorías serán telemáticas.
-As probas finais serán exclusivamente de carácter telemático.
- Para a docencia on-line empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
Seguirase o criterio xeral de avaliación das materias do Grao en Química.
1.- A cualificación de cada estudante realizarase mediante unha avaliación continua e a realización dun exame final.
a) A non participación dos/as estudantes ás clases interactivas de seminarios e titorías repercutirá de forma negativa na avaliación continua, podendo chegar á situación de cualificar esta parte da avaliación da materia cun cero. En todo caso, o alumnado conserva o dereito a presentarse ao exame.
b) Será obrigatoria a realización da totalidade das prácticas de laboratorio que se programen durante o curso 2020-21. Para superar a materia, será un requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
2.- As cualificacións correspondentes á avaliación continua baséanse nos resultados das probas tanto orais como escritas que se propoñan ao longo do curso nas clases expositivas e interactivas, e na participación dos estudantes nas actividades propostas polo profesorado da materia. Para a avaliación das prácticas de laboratorio os items a avaliar serán os seguintes: test previo (ao comezar cada sesión de prácticas, os/as alumnos/as responden durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas), organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica, informe da práctica e test final.
A porcentaxe da avaliación continua na nota final será do 40% repartida do seguinte modo:
-Seminarios, titorías e exercicios/tarefas realizadas e entregadas o profesorado: 25%
-Prácticas de Laboratorio (test previo, organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica, informe e test final): 15%
3.- O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia e incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio, que contribuirán nun 20% a nota global do exame (N2).
4. A cualificación do estudante, que non será inferior á do exame final ni á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte :Nota final= máximo (0,40 x N1 + 0,60 x N2, N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Será requisito imprescindible para aprobar a materia a obtención dun valor mínimo (3,5 sobre dez) na nota numérica correspondente ao exame final.
5. O exame final terá unha pregunta eliminatoria relativa aos contidos esenciais que deberá saber todo o alumnado para poder aprobar a materia. De non superarse esta pregunta, asignaráselle a cualificación de 0 ao resto das preguntas. Os contidos esenciais desta materia consisten en:
-Distinguir ácidos e bases e a súa fortaleza.
-Realizar balances de masas, de cargas e o criterio da condición protónica.
-Calcular o pH de disolucións de ácidos, bases e as súas mesturas
-Calcular concentracións e porcentaxe de ionización en equilibrios ácido-base
-Coñecer como afecta o efecto do ión común en equilibrios ácido-base
-Realizar cálculos relativos á preparación, pH e efecto da adición de ácidos e bases fortes en disolucións reguladoras.
6.- Os/as alumnos/as repetidores/as terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coa excepción seguinte:
Aos estudantes repetidores que aprobasen a avaliación continua das prácticas de laboratorio nunha edición previa, conservaráselles a cualificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non teñen a obrigación de realizar novamente as prácticas de laboratorio neste período permitido, pero deberán asistir ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes estudantes.
Avaliación de competencias
Clases de Seminario: CG1, CG2, CG3; CE4, CE5, CE13, CE14.
Prácticas de laboratorio: CB1, CE18, CE22, CT2, CT6, CT12
Clases de Titorías: CT1, CE24
Exame final: CB1, CG1, CG2, CG3, CT1, CE4, CE5, CE13, CE14, CE18, CE22, CT2, CT6, CT12, CE24
ESCENARIO 1:
Procedemento de entrega de tarefas da avaliación continua: virtual/presencial
Exame final: preferentemente presencial
Exame 2ª oportunidade: preferentemente presencial
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 2:
Procedemento de entrega de tarefas da avaliación continua: virtual
Exame final: Preferentemente presencial
Exame 2ª oportunidade: Preferentemente presencial
Para a avaliación virtual empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3:
Procedemento de entrega de tarefas da avaliación continua: virtual
Exame final: Telemático
Exame 2ª oportunidade: Telemático
Para a avaliación virtual empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial: 18 h (expositivas) + 7 h (seminarios) + 2 (titorías) + 24 h (prácticas)
Total horas traballo presente na aula ou no laboratorio 51 h
Traballo persoal do alumno
Estudio autónomo individual ou en grupo 45
Resolución de exercicios e outros traballos 24
Elaboración de exercicios propostos, ou outros traballos 15
Preparación teórica das prácticas 15
Total horas traballo persoal do alumno 99 h
HORAS TOTALES DE TRABALLO: 51 + 99 = 150 h
É altamente recomendable participar de xeito activo en todas as clases da materia.
É importante manter o estudo da materia ao día, dedicando ao estudo da materia un tempo regularmente distribuído ao longo do semestre.
Utilizar o manual de referencia recomendado.
Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os puntos crave do tema que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
Resolver os exercicios e traballos propostos polo profesorado. É conveniente que os/as alumnos/as traian resoltos os problemas dos boletíns aos seminarios. Os boletíns entregaranse co tempo suficiente para que isto sexa posible.
A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto.
Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co/a profesor/a.
“Plan de Continxencia”
Metodoloxía da ensinanza
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO (CON RESTRICIÓNS PARCIAIS Á PRESENCIALIDADE FÍSICA).
A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible.
Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das h da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira.
-As titorías serán telemáticas
-As probas finais serán de carácter preferentemente presencial
- Para a docencia on-line empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS (IMPOSIBILIDADE DE IMPARTIR DOCENCIA PRESENCIAL).
-A docencia será completamente de carácter telemático, con mecanismos preferentemente síncronos.
-As titorías serán telemáticas.
-As probas finais serán exclusivamente de carácter telemático.
- Para a docencia on-line empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
ESCENARIO 2:
Procedemento de entrega de tarefas da avaliación continua: virtual
Exame final: Preferentemente presencial
Exame 2ª oportunidade: Preferentemente presencial
Para a avaliación virtual empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3:
Procedemento de entrega de tarefas da avaliación continua: virtual
Exame final: Telemático
Exame 2ª oportunidade: Telemático
Para a avaliación virtual empregaranse as ferramentas e o software dispoñibles e/ou recomendados institucionalmente pola USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Del Carmen Yebra Biurrun
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814267
- Correo electrónico
- mcarmen.yebra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Ramil Criado
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881816035
- Correo electrónico
- maria.ramil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814272
- Correo electrónico
- rosario.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_05 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Magna "Antonio Casares" (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
14.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
14.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
14.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |
14.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Técnica (planta baixa) |
21.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
21.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
21.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |
21.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Técnica (planta baixa) |