Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- O coñecemento e correcta utilización por parte do alumno da terminoloxía básica da Microbioloxía.
- Identificar e situar no contexto dos seres vivos os distintos tipos biolóxicos que serán obxecto de estudo da Microbioloxía.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos e ecolóxicos.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que requiren os metodos microbiolóxicos.
- Aprender ás técnicas máis utilizadas en Microbioloxía: microscopia, tinguiduras, illamento de cultivos puros, identificación de microorganismos, etc.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
- Que o estudante comprenda e valore o interese da Microbioloxía no marco dos estudios de Bioloxía, así como a repercusión social da Microbioloxía
En conclusión, tratárase de favorecer os hábitos de iniciativa, espírito crítico e traballo en equipo, e a adquisición de coñecementos básicos que permitan ao alumno entender o que son os microorganismos como seres vivos e abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área de disciplina
Programa de Clases Teóricas.
Tema 1. A Microbioloxía no Mundo dos Organismos Vivos. (1 hora expositiva+ 1 hora seminario)
Definición de Microbioloxía. Desenvolvemento histórico da Microbioloxía. Estado actual da Microbioloxía e a súa influencia no desenvolvemento da Bioloxía Molecular. Microorganismos procariotas (bacterias e arqueas) e eucariotas. Os tres “Dominios”: Bacteria, Archaea e Eucarya. A orixe da célula eucariota: teoría da endosimbiosis. Características xerais dos virus.
Tema 2. Técnicas de Estudo e Observación dos Microorganismos. (1 hora)
Tipos de microscopía óptica. Tipos de preparacións para exame ao microscopio óptico.Tipos de tinción. Microscopía electrónica de transmisión e varrido. Outros tipos de microscopía.
Tema 3. Morfoloxía e Estrutura Bacterianas. (2 horas)
Morfoloxía, tamaño e agrupacións bacterianas. Estruturas esenciais e non esenciais. Citoplasma e Formacións Citoplasmáticas: Ribosomas. Orgánulos limitados por membrana dunha soa capa. Inclusións citoplasmáticas de reserva. Area nuclear ou genóforo. DNA extracromosómico .
Tema 4. Membrana Plasmática e Estruturas Membranosas (1 hora)
Composición química, estrutura e funcións da membrana bacteriana. Tipos de transporte a través da membrana plasmática. Características diferenciais das membranas de Archaea. Estruturas membranosas.
Tema 5. Parede Celular Bacteriana (2 horas)
Estrutura e composición química: diferenzas entre Eubacterias Gram positivos e Gram negativos. Funcións dos distintos polímeros da parede celular. Características específicas da parede de Archaea. Biosíntesis da mureína.
Tema 6. Estruturas Externas á Parede Celular (2 horas)
Cápsulas: Natureza química e funcións. Flagelos e movemento flagelar: Estrutura e composición química do flagelo. Outros tipos de movemento: mobilidade deslizante e movemento espiroquetal. Pili ou fimbrias: tipos e funcións.
Tema 7. Células Especializadas: A Endospora Bacteriana (1 hora)
Estrutura, composición química e propiedades da endospora. Presenza e observación de endosporas. Diferenzas entre célula vexetativa e endospora bacteriana. Cinética de esporulación. Aspectos xenéticos do proceso de esporulación. Germinación de endosporas.
Tema 8. Nutrición Microbiana (2 horas)
Principios da nutrición microbiana. Categorías nutricionais dos microorganismos: Fontes de enerxía, electróns e carbono. Tipos tróficos. Fontes de nitróxeno, xofre, fósforo.
Tema 9. Procesos Metabólicos Típicos de Microorganismos. (3 horas + 2 horas de seminario)
Metabolismo aerobio. Quimiolitotrofismo. Metabolismo anaerobio: Fermentacións e respiración anaerobia. Desviacións da cadea respiratoria: luminiscencia bacteriana e redución de osíxeno independente de citocromos. Fotosíntesis anoxixénica. Produción de enerxía por fotosíntese ( fotofosforilación).
Tema 10. Condicións Físico-Químicas para o Crecemento (1 hora)
Efecto dos factores físico-químicos no crecemento. Temperatura. pH. Presión osmótica. Presión hidrostática. Necesidades de osíxeno.
Tema 11. Cultivo de Microorganismos 2 (horas)
Tipos de medios de cultivo bacteriolóxicos. Cultivos mixtos e cultivos puros. Métodos de illamento de cultivos puros. Conservación dos cultivos e mantemento das súas propiedades.
Tema 12. Crecemento bacteriano (2 horas+ 1 hora de seminario)
Crecemento celular: Ciclo de división bacteriana. Crecemento de poboacións: Curva de crecemento e características das distintas fases. Métodos de medida do crecemento: número de células e masa celular. Expresión matemática do crecemento. Efecto dos axentes antimicrobianos sobre o crecemento. Crecemento sincrónico e asincrónico. Cultivo continuo e as súas aplicacións.
Tema 13. Control dos Microorganismos. Control por axentes físicos (1 hora)
Definición de conceptos: esterilización, desinfección, antisepsia, etc. Factores que inflúen na acción antimicrobiana. Modos de acción dos axentes antimicrobianos. Control por axentes físicos: calor húmida e seca, radiacións, filtración. Mecanismos de actuación dos distintos axentes físicos.
Tema 14. Control dos Microorganismos por Axentes Químicos: Desinfectantes (1 hora + 1 hora de seminario)
Factores que afectan á a súa eficacia. Principais grupos de desinfectantes. Determinación da potencia de desinfección: coeficiente fenólico.
Tema 15. Quimioterapia (2 horas)
Tipos de quimioterápicos: naturais (antibióticos) e sintéticos. Clasificación dos antibióticos segundo a súa estrutura química e o seu modo de acción. Axentes quimioterápicos sintéticos. Determinación da actividade antimicrobiana. Resistencia a axentes quimioterápicos: mecanismos e transmisión. Importancia dos péptidos antimicrobianos.
Tema 16. Natureza e Características dos virus. (2 horas)
Características e natureza da partícula viral. Propiedades distintivas dos virus. Estrutura e arquitectura viral. Clasificación dos virus. Ciclo infectivo e síntese dos compoñentes víricos. Replicación do ácido nucleico viral: tipos. Partículas subvirales: Virusoides e Viroides. Prións.
Tema 17. Xenética Microbiana (2 horas + 1 hora de seminario)
Concepto de mutación. Tipos de mutacións. Selección e detección de mutantes: mutantes auxotróficos bacterianos. Axentes mutaxénicos. Recombinación Xenética en Bacterias. Elementos de recombinación xénica: plásmidos, episomas, transposons e secuencias de inserción. Mecanismos de Recombinación bacteriana: Transformación, Transducción e Conxugación. Conversión fáxica.
Programa de Clases Prácticas.
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía. Normas de traballo no laboratorio. Tipos de Medios de cultivo. Preparación e esterilización de medios de cultivo. Preparación e esterilización do material de laboratorio. Esterilización por calor húmida e seca.
Práctica 2. Cultivo de Microorganismos no medio sólido e medio líquido. Sementa no medio líquido. Sementa no medio sólido (placa Petri, tubos de agar inclinado e en picadura). Crecemento dos microorganismos en cultivo: medios sólidos e medios líquidos. Técnicas de obtención de cultivos puros: método de dilucións seriadas e método de illamento por estría no medio sólido.
Práctica 3. O microscopio óptico. Manexo e coidado do microscopio óptico. Observación de microorganismos en fresco mediante microscopía de contraste de fases (mobilidade). Morfoloxía de distintos tipos de microorganismos. O microscopio de fluorescencia. Microscopio invertido.
Práctica 4. Métodos de tinción de microorganismos. Tinción simple: tinción directa con colorantes básicos. Tinciones diferenciais: tinción de Gram. Tinciones específicas: tinción de cápsula.
Práctica 5. Métodos de medida do crecemento: reconto ao microscopio, estimación espectrofotométrica da biomasa. Reconto de células viables en placa.
Práctica 6. Axentes antimicrobianos. Medida da actividade antimicrobiana: Antibiograma.
Práctica 7. Conxugación bacteriana.
Seminarios
Os seminarios utilizaranse como complemento do programa de teoría e prácticas e versarán sobre: reseña histórica da microbioloxía, nocións básicas de metabolismo microbiano, análise matemática do crecemento microbiano, antimicrobianos e nocións básicas de xenómica microbiana.
Titorías
Nas titorías analizaranse e tratarán de clarificar aqueles aspectos de teoría, prácticas e seminarios de maior dificultade de comprensión para o alumno.
BÁSICA
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col . 2015. Brock Biología de los Microorganismos. 14ª ed. Pearson, Madrid.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología de Prescott, Harley Y Klein. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
COMPLEMENTARIA
- Ingraham, J.L. y Ingraham, C.A., 1998. Introducción a la microbiología. 2 vol. Barcelona: Reverté.
- Lederberg, J. ed., 2000. Encyclopedia of microbiology. 2nd ed. 4 vol. San Diego: Academic Press.
- Schaechter, M. 2012. Eukaryotic microbes. Amsterdam: Elsevier/Academic Press.
- Singleton, P. and Sainsbury, D., 2006. Dictionary of Microbiology and Molecular Biology. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons.
PRÁCTICAS
- Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Ed. Elsevier, Barcelona.
- Gamazo, C., Lopez-Goñi, I. y Díaz, R. eds., 2008. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Ed. Masson. Barcelona.
- Koneman, E.W., Allen, S.D., Janda, V.M., Schreckenberger, V.C. y Winn W.C. Jr., 2008. Koneman diagnóstico microbiológico: texto y atlas en color. 6ª ed. Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires.
- Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th Ed. W.H. Freeman, New York.
Competencias transversáis
CT1- Capacidade de análise e síntese
CT2- Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3- Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo
CT4- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT8- Habilidade para o manexo das TICs
CT9- Utilización da información bibliográfica e internet
CT10- Utilización de información en lingua estranxeira
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos
Competencias específicas
CE1.c- Técnicas báscicas en Microbioloxía.
CE2.d- Metabolismo, sinalización celular e bioenerxética
CE3.b- Estructura e funcións da célula procariota
CE3.f- Análisis microscópico
CE3.h- Cultivos celulares e bioensaios
CE4.a- Tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos
CE4.e- Diversidade de microorganismos e virus
CE4.g- Análise da biodiversidade
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada):
- Teoría: Clases presenciais na aula (2 horas semanais ao longo do primeiro cuadrimestre). A asistencia será voluntaria e non se puntuará.
- Seminarios: 6 seminarios presenciais de 1 hora. A asistencia será voluntaria ainda que puntuarase a mesma.
- Prácticas de laboratorio: As prácticas de cada grupo efectuaranse presencialmente de maneira continuada durante unha semana de luns a venres. A asistencia será obrigatoria para superar a materia.
- Titorías: Realizarase de forma non presencial. Resolveranse dúbidas da materia presencialmente de forma individual ou a través da aula Virtual empregando o foro de discusión. O uso das titorías será voluntario.
ESCENARIO 1
- Teoría.- Para aprobar a materia débese superar un exame final obrigatorio, no que se poderán incluír preguntas sobre os seminarios expostos na clase. A nota de Teoría representará un 70% da nota final da materia. O alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 no exame de teoría para incluír os demais conceptos no cálculo da nota final.
- Prácticas. A asistencia a todas as prácticas será obligatoria e será un requisito para poder presentarse ao exame de teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos. A nota deste exame representará un 20% da nota final. Poderase solicitar a realización de informes sobre o traballo de laboratorio, que serán avaliados xunto co exame.
- Seminarios. Realizarase unha evaluación continua mediante a realización de cuestionarios on-line a través do Campus Virtual. Puntuarase a asistencia ós seminarios. O peso dos seminarios na nota final será o 10%.
Estes instrumentos se empelarán para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
-No examan avaliaranse as competencias: CB2, CG2, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT11, CE1-CE4
-Nas prácticas avaliaranse as competencias: CG3, CT3, CT11, CE1, CE3
-Na participación activa na aula e seminarios avaliaranse as competencias: CT1, CT2, CT4, CT8, CT9, CT10
Alumnos repetidores
Aos estudantes repetidores que teñan avaliadas positivamente as prácticas, se lles mantendrá a cualificación durante os dous cursos académicos seguintes.
A asistencia ás titorías de grupo reducido será voluntaria
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Para a segunda oportunidade aplicaránse os mesmos criterios e metodoloxía de avaliación que na primeira oportunidade
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presenciais 47,5 horas:
clases maxistrais 29 horas
clases prácticas 15 horas
seminarios 6 horas
titorías en grupo reducido 3 horas
exame 2 horas.
Traballo persoal do estudante 90 horas:
Titorías individualizadas 2 horas
Estudio individual 68 horas (3-4 horas semanais)
Elaboración de traballos e lecturas recomendadas 18 horas
Asistencia conferencias e outras actividades 2 horas
Asistencia regular ás clases e participación activa nas clases teóricas e seminario.
Estudo comprensivo, non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
Seguir as recomendacións do profesor que poidan ir xurdindo ao longo do curso.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIOS 2 e 3:
METODOLOXÍA:
ESCENARIO 2:
Teoría: Clases presenciais (2 horas semanais de teoría ao longo do segundo cuadrimestre) con quendas alternas na aula. Os alumnos que seguen a docencia de forma virtual farano a través da Plataforma Teams. Os contidos das clases estarán dispoñibles no Campus Virtual en forma de arquivos pdf. O canal preferente de comunicación directa co alumnado será MS Teams.
Prácticas: As clases serán presenciales, con división en grupos reducidos (máximo 10 alumnos) e duración reducida á metade, con examen presencial ó rematar as prácticas. As horas non impartidas presencialmente sustituiránse con vídeos explicativos das prácticas non realizadas. A evaluación destes vídeos farase con cuestionarios on-line no Campus virtual (Moodle).
Os seminarios poderán impartirse de forma presencial ou non presencial, ou unha combinación de ambas.
ESCENARIO 3:
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolverase de forma virtual, empregando mecanismos síncronos e asíncronos tanto a través da plataforma Teams como a través da aula virtual onde os alumnos dispoñerán de todo o material para o estudo dos temas e vídeos ilustrativos de prácticas. Proporcionaráselles guías de estudo cos aspectos máis relevantes de cada tema e cuestionarios de repaso.
AVALIACIÓN
Escenario 2:
Todos os exames de teoría e prácticas serán presenciais.
Escenario 3
Teoría e seminarios: Realizaranse exames non presenciais tipo test utilizando as ferramentas da plataforma moodle da aula virtual
Prácticas: O exame será non presencial a través da aula virtual sobre cuestións relativas a unha serie de vídeos que os alumnos terán dispoñibles na aula virtual.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Juan Luis Barja Perez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816911
- Correo electrónico
- juanluis.barja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Luis Lemos Ramos
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816080
- Correo electrónico
- manuel.lemos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sandra Souto Pereira
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sandra.souto [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Miguel Balado Dacosta
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- miguel.balado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: JIN (Jóvenes Investigadores)
Maria Del Pilar Escribano Rodriguez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- mpilar.escribano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
27.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
27.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
27.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
27.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
01.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
01.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
01.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
01.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |