Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Adquirir un conxunto de coñecementos ecolóxicos básicos, expondo os principios ecolóxicos relativos aos organismos - ecoloxía fisiolóxica - e poboacións - ecoloxía de poboacións - (as comunidades e os ecosistemas serán tratados en Ecoloxía II), que son a base para comprender os procesos que ocorren na biosfera.
• Aprender a manexar a terminoloxía ecolóxica con precisión, dominando o vocabulario básico da disciplina.
• Potenciar a capacidade de inter-relación, practicamente imprescindible para interiorizar os conceptos propios da ecoloxía, poñendo de relevo a importancia das inter-conexións entre os compoñentes dos ecosistemas.
• Entender que os ecosistemas son sistemas complexos, que funcionan como unidades integradas, existindo múltiples causas que xeran a súa estrutura e funcionamento.
• Percibir o impacto humano na biosfera e fomentar a concienciación con respecto á problemática ecolóxica e ambiental actual.
Os contidos desta materia son: “Ecoloxía conceptos básicos, historia e método científico. Respostas e adaptacións dos organismos a factores bióticos. Estrutura, dinámica e regulación de poboacións. Interaccións: competencia, depredación e mutualismo. Estratexias vitais. Métodos de obtención e análise de datos ecolóxicos”. Estes contidos organízanse en 14 temas de teoría, 2 prácticas de campo, 2 prácticas de laboratorio e 7 clases interactivas informática (a continuación indícase entre parénteses a duración aproximada de cada actividade). Ademais haberá 8 seminarios para a avaliación continua e 1 titoría programada.
TEORÍA (26 h)
Tema 0. Presentación da materia (1 h)
Tema 1. Introdución á ecoloxía (1 h)
Bloque I. Os individuos e o seu ambiente
Tema 2. As adaptacións ao medio abiótico e a distribución das especies (1 h)
Tema 3. Adaptacións á variación de temperatura (1 h)
Tema 4. Adaptacións da regulación hídrica (1 h)
Tema 5. Adaptacións para a adquisición da enerxía e dos nutrientes (1 h)
Tema 6. Ecoloxía do comportamento (2 h)
Bloque II. Poboacións
Tema 7. Propiedades das poboacións (5 h)
Tema 8. Dinámica de poboacións (5 h)
Tema 9. Regulación intra-específica (2 h)
Tema 10. Patróns nos ciclos vitais (1 h)
Bloque III. Interaccións entre especies
Tema 11. Competencia inter-específica (2 h)
Tema 12. Depredación, herbivoría e parasitismo (2 h)
Tema 13. Mutualismo (1 h)
PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO (14 h)
O calendario de prácticas axustarase no posible o desenrolo do programa teórico.
Laboratorio (5 h):
1. Estudo da amplitude e solapamento de nicho trófico en aves rapaces nocturnas (Tema 11).
2. Adaptacións da actividade fotosintética as condicións ambientais (Temas 3, 4 e 5).
Campo (9 h):
1. Adquisición de datos para o estudo de poboacións forestais (Temas 7, 8, 9 e 11).
2. Métodos de mostraxe para o estudo de poboacións herbáceas e arbustivas (Temas 7, 8, 9 e 11).
CLASES INTERACTIVAS INFORMÁTICA (7 h)
1. Balance de temperatura dun animal e economía hídrica dunha planta.
2. Táboas de vida e fecundidade.
3. Modelo xeométrico e exponencial.
4. Matrices de Leslie e Lefkovitch.
5. Modelo loxístico.
6. Modelo de Lotka-Volterra de competencia.
7. Modelo de Lotka-Volterra de depredador-presa. Modelo de Dean de mutualismo.
SEMINARIOS (8 h)
1. Problemas e avaliación continua dos temas 2 e 3.
2. Problemas e avaliación continua dos temas 4 e 5.
3. Problemas e avaliación continua do tema 6.
4. Problemas e avaliación continua do tema 7.
5. Problemas e avaliación continua do tema 8.
6. Problemas e avaliación continua dos temas 9 e 10.
7. Problemas e avaliación continua do tema 11.
8. Problemas e avaliación continua dos temas 12 e 13.
TUTORÍAS PROGRAMADAS (1 h)
Estarán dedicadas o repaso de aspectos clave dos exercicios dos seminarios e os encargados para realizar como traballo persoal ou o repaso de conceptos transversais da materia.
BÁSICA
Begon, M.; Harper, J.L. e Townsend, C.R. 1999. Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. 3ª ed. Barcelona: Omega.
Krebs, C.J. 2014. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance. 6th ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings.
Molles, M.C. 2006. Ecología: conceptos y aplicaciones. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
Smith, R.L. e Smith, T.M. 2007. Ecología. 6ª ed. Madrid: Pearson Educación.
COMPLEMENTARIA
Krebs, C.J. 2016. Why Ecology matters. Chicago, Londres: The University of Chicago-Press.
Ricklefs, R.E. 1998. Invitación a la ecología. La economía de la naturaleza: libro de texto sobre economía básica. 4ª ed. Bogotá: Panamericana.
Donovan T.M. e Welden C.W. 2002. Spreadsheet exercices in ecology and evolution. Sunderland, MA: Sinauer.
Piñol, J. e Martínez Vilalta, J. 2006. Ecología con números: una introducción con problemas y ejercicios de simulación. Barcelona: Lynx.
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da Ecoloxía e/o do Grado de Bioloxía en xeral.
BÁSICAS E XERAIS
Inclúense as CB e CG recollidas na Memoria de Grado
ESPECÍFICAS
CE3. Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE5. Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenrolar a capacidade de analizar e interpretar súas adaptacións o medio.
CE11. Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como su interacción co ambiente biótico e abiótico.
CE12. Coñecer e comprender a estrutura e dinámica das poboacións e comunidades.
CE13. Saber describir, analizar e interpretar el medio físico y su relación con los seres vivos.
TRANSVERSAIS
CT1. Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2. Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT4. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6. Capacidade para reflexar adecuadamente as fontes de información empregadas.
CT7. Capacidade para aplicar as TICs no ámbito da Bioloxía.
CT8. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT10. Capacidade para interpretar resultados experimentais.
As actividades formativas que teñen obrigatoriedade de asistencia para a superación da materia son unicamente as prácticas (de campo e laboratorio), cun requisito de presencialidad do 80%. O instrumento para o control da asistencia será mediante listas. Todas as actividades serán presenciais (no escenario 1), manténdose diferenzas nos outros escenarios tal e como se sinala no apartado de observacións. No caso dos alumnos repetidores, sempre que superasen os requisitos de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores, exímeselles do réxime de asistencia ordinario.
As clases EXPOSITIVAS introducirán os coñecementos básicos da ciencia ecolóxica (conceptos, procesos, hipóteses e modelos). Con frecuencia, farase referencia a conceptos, experimentos ou hipóteses xa vistos en temas anteriores. Isto é imprescindible dada a natureza integradora da materia. Tampouco será infrecuente a referencia a cuestións que se verán máis adiante, xa que a Ecoloxía non é unha materia que admita un desenvolvemento lineal, senón ramificado. Este exercicio de relacionar trazos e procesos diversos supón un certo esforzo, pero finalmente achega unha capacidade de análise global que pode resultar moi útil, non só no estudo desta materia, senón como unha ferramenta de traballo xeral. Durante as clases fomentarase a discusión. Para fomentar a participación nas actividades: i) o alumno dispón con anterioridade de información (bibliografía básica) sobre o tema e recomendaráselle que realice unha primeira lectura antes do desenvolvemento da docencia, e ii) faranse preguntas para coñecer a intuición ou o grao de coñecemento que os alumnos posúen sobre os aspectos que se están tratando e para reflexionar sobre a explicación dada. Cada actividade introdúcese cun pequeno resumo dos contidos e sitúase dentro do contexto xeral da materia, co obxecto de conectar con conceptos ou materia xa explicados ou non. Isto ten un interese especial en Ecoloxía para poder obter unha visión global e integrada dos problemas ambientais e contribúe claramente a conseguir unha das competencias do Grao en Bioloxía como é a capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. Ademais, os seminarios e as clases prácticas tamén constitúen parte esencial do curso. A asistencia as clases expositivas non é obrigatoria.
As CLASES INTERACTIVAS INFORMÁTICA dedicaranse á exposición, por parte do profesor, dos métodos básicos de obtención e análise de datos ecolóxicos en comunidades e ecosistemas, así como á resolución, por parte do alumno, de cuestións e problemas relativos aos temas tratados. Para iso, tras unha breve explicación aplicaranse distintos modelos relacionados con aspectos teóricos vistos nas clases expositivas; tamén se poderán elaborar cálculos relativos a datos manexados nas clases prácticas. Para todo iso empregaranse follas de cálculo, applets de Java, etc. Ademais, o alumno terá que completar un cuestionario sobre os temas tratados. Estas clases impartiranse no mesmo horario que as clases expositivas (e nas mesmas aulas), intercalándose a medida que avance o temario; os alumnos deberán levar os seus ordenadores/tablets ou ben pedir prestado un na Facultade. Os SEMINARIOS empregaranse para a realización de cuestionarios relacionados coa materia que serán considerados como unha avaliación continua. A asistencia a ambos tipos de actividades non é obrigatoria.
As PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO abordarán o manexo de métodos de análise ecolóxica que permitan a familiarización, no laboratorio e no campo, coa forma de traballo habitual en Ecoloxía. Os guións facilitados ao comezo das prácticas inclúen a información necesaria para poder seguir de forma ordenada e clara o desenvolvemento da tarefa proposta (inclúen a súa situación no temario, unha introdución contextual, os obxectivos, unha breve descrición metodolóxica e referencias para o estudo). O enfrontarse coa resolución dun problema concreto, e o feito de que os grupos de prácticas son máis reducidos, adoita favorecer unha maior interacción entre os alumnos e o profesor, e facilita a intervención e formulación de dúbidas. Cada alumno entregará ao finalizar as prácticas un caderno/cuestionario de prácticas, debidamente cuberto. A asistencia a ambos tipos de prácticas é obrigatoria esixíndose unha asistencia de como mínimo ó 80% das horas asignadas a cada tipo. A non asistencia ás prácticas imposibilitará a superación da materia.
As TITORÍAS dedicaranse basicamente á aclaración de dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relativa á docencia da materia ou ben a tratar conceptos transversais de interese.
A avaliación será idéntica para as dúas oportunidades; a proba final é complementaria á avaliación continua.
Estes instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias de acordo ao seguinte esquema:
• No exame avalíanse as competencias: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CE3, CE5, CE11, CE12, CT1, CT2, CT6, CT7, CT8 e CT10.
• Nos casos prácticos dos seminarios: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CE5, CE13, CT1, CT2, CT4, CT7, CT8 e CT10.
Como avaliación continua, as entregas dos seminarios supoñerán o 36% da cualificación final, as correspondentes ás prácticas de campo o 10% e as das prácticas de laboratorio o 4%. As actividades obrigatorias son as prácticas de campo e laboratorio (cun 80% mínimo de asistencia esixida). As actividades avaliables son as correspondentes á avaliación continua desenvolvida nos seminarios, os exames de prácticas (práctico e de teoría) e o exame final. En relación ao exame práctico das prácticas de campo avaliarase a adquisición as destrezas adquiridas durante a mesma, mentres que o exame teórico do as prácticas (campo e laboratorio) será o dominio dos coñecementos. A proba final, que é complementaria á avaliación continua, supoñerá en 50% da cualificación final. Os criterios de avaliación da devandita proba serán relativos ao dominio de coñecementos teóricos e dos seminarios realizados en grupos grandes. No caso de que algunha actividade avaliable non poida realizarse en persoa, as entregas realizaranse a través do Campus Virtual da USC.
Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primeira matrícula. Para os alumnos repetidores unicamente conservarase, durante o mesmo período que a normativa desta universidade dispón, a asistencia ao prácticas pero non as cualificacións das avaliacións relacionadas coas mesmas.
Ademais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos precisarán horas de estudo e de traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas á materia son:
26 horas expositivas (teoría)
29 horas interactivas (prácticas de campo e laboratorio, interactivas informática e seminarios)
1 hora de titorías
2 horas de exame
92 horas de traballo persoal
150 horas de dedicación total
O alumno debe basear o estudo fundamentalmente nos libros de texto, para iso dispón dunha bibliografía básica e orientada a cada tema. A lectura deberá de realizarse con anterioridade de acudir á clase sobre o devandito tema. Desta forma é necesario estudar a literatura seleccionada de forma continuada e levar a materia ao día. As explicacións unicamente achegan ampliacións, diferentes formas de explicación, axudan a interrelacionar os diferentes temas e achegan outros aspectos como dar unha visión sobre a robustez das hipóteses expostas ou a utilidade práctica dos coñecementos, permiten expoñer exemplos con problemas ambientais próximos ou de actualidade, etc. Por estas razóns recoméndase asistir habitualmente ás clases teóricas, seminarios e prácticas. Finalmente é conveniente empregar as titorías non programadas (horas de titoría do profesor) para consultar dúbidas.
As canles de comunicación directa do profesorado co alumnado serán: titorías presenciais, titorías en liña (vídeo chamada/chat a través de MS Teams), foros e mensaxes no Campus Virtual e o correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jesus Ramon Aboal Viñas
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813311
- Correo electrónico
- jesusramon.aboal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Angel Fernandez Escribano
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813314
- Correo electrónico
- jangel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Boquete Seoane
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- teresa.boquete [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Sheila Fernández Riveiro
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- sheila.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Antón Vázquez Arias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- antonvazquez.arias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Jonatan Rodríguez Parra
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- jonatan.rodriguez.parra [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
12.01.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
12.01.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
12.01.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
12.01.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
15.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
15.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
15.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
15.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |