Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer en profundidade o metabolismo das plantas, así como a captación de recursos hídricos e nutricionais (nutrientes minerais, anhídrido carbónico e osíxeno). O obxectivo final da materia é que o alumno integre este coñecemento nos distintos niveis de organización da planta, dende o nivel celular ao do organismo, así como a súa interacción co medio.
Aplicar a casos prácticos os coñecementos sobre captación de recursos e metabolismo das plantas
SÓ SON OBRIGATORIAS AQUELAS ACTIVIDADES NAS QUE SE INDIQUE EXPRESAMENTE
Programa de clases expositivas (26 h)
1. Aspectos xerais das plantas: introdución, 1 h.
2. Transporte a través de membranas, 2h.
3. Relacións hídricas da célula vexetal, 2 h.
4. Captación de auga e transporte polo xilema, 2 h.
5. Transpiración, 1 h.
6. Nutrición mineral, 2 h.
7. Introdución á fotosíntese. 1 h.
8. Reaccións dependentes da luz. 4 h.
9. Fixación do CO2, 1 h.
10. Fotorrespiración, 4 h.
11. Utilización do carbono fixado, 1 h.
12. Regulación ambiental da fotosíntese, 1 h.
13. Floema, 1 h.
14. Metabolismo do nitróxeno, 2 h.
15. Metabolismo do xofre, 1 h.
Programa de clases interactivas/seminarios:
Resolución de problemas relacionados cos temas abordados nas clases expositivas, 19 h.
Programa de clases prácticas de laboratorio obrigatorias (100% das horas) (10 h)
1. Determinación do potencial hídrico e/ou osmótico das células das plantas, 2,5 h
2. Efecto da calidade da luz na fotosíntese, 2,5 h
3. Fotosíntese en cloroplastos illados, 2,5 h
4. Indución da actividade nitrato reductasa, 2,5 h
Unha vez realizados os ensaios experimentais, recolleranse os resultados obtidos e analizaranse adecuadamente para dar resposta ás preguntas expostas no caderno de prácticas.
Por dispoñibilidade do material o programa de prácticas pode verse modificado.
Titorías:
Resolución de dúbidas
BÁSICA
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2022. Plant Physiology and Development. 7th ed. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Buchanan, B., Gruissem, W. and Jones, R. eds., 2015. Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
COMPLEMENTARIA
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H. and Waaland, S., 2012. The Molecular Life of Plants. Chichester: Wiley-Blackwell.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R. and Amey, A., 2010. Plant Biology. New York: Garland Science.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2018. Fundamentals of plant physiology. Sinauer Associates - Oxford University Press
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias desta materia en particular e/ou do Grao de Bioloxía en xeral.
Básicas e Xerais:
- As especificadas na memoria do grao para o conxunto das materias
Transversais
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT4 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais
Específicas
CE11 - Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico.
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais no primeiro cuadrimestre do curso académico. Nelas explicásense os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia.
As clases interactivas de seminario impartiranse durante 19 sesións. Nestas clases resolveranse problemas acerca do funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia.
As prácticas de laboratorio serán de asistencia obrigatoria. Desenvolvéranse en 4 sesións de 2,5 horas presenciais. Nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Será obrigatorio levar impreso o caderno de prácticas que se proporcionará con anterioridade, así como un esquema da práctica a desenvolver. En caso contrario non se poderá realizar a práctica.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual e Teams a persoas non matriculadas no curso. Así mesmo, o alumnado non poderá utilizar o material achegado polo profesorado no Campus Virtual para a elaboración de apuntamentos que non sexan do seu exclusivo uso.
Na cualificación final consideraranse os seguintes apartados: exame de prácticas (10%), avaliación continua (20%, mediante a a valoración do traballo realizado nos seminarios, incluídas as probas escritas que se formularán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios) e exame final (70%).
No exame final incluiranse preguntas procedentes das clases expositivas e dos seminarios.
Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 no exame de prácticas e un mínimo de 4 no exame final. Soamente no caso de superar a nota esixida en ambos exames sumarase a nota obtida na avaliación continua.
En caso de non superar algunha das actividades obrigatorias a cualificación máxima será de 4,5 (suspenso).
As notas de avaliación continua obtidas durante o curso e os exames aprobados mantéñense para á avaliación de recuperación deste curso, onde só repítense os exames suspensos.
As probas escritas realizaranse de maneira presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
No caso de repetidores/as aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que no caso de primeira matrícula. Neste curso académico, o alumnado coas prácticas aprobadas a partir do curso 2022-2023 manterá a cualificación obtida
As seguintes actividades permitirán a avaliación das competencias indicadas:
Exame final: CT2, CT4, CT8, CT10, CE11
Clases Interactivas de Seminario: CT2, CT8, CT10, CE11
Clases Interactivas de Laboratorio: CT10, CE11
Traballo presencial o virtual (en remoto):
- Clases expositivas: 26 h
- Clases interactivas de seminario: 19 h
- Clases prácticas de laboratorio: 10 h
- Titorías: 1 h
- Probas que contribúen á cualificación: 4 h
Total horas de traballo presencial o virtual: 60 h
Traballo persoal:
- Estudo individual: 92 h
Total horas de traballo: 152 h
-Recoméndase a asistencia ás clases expositivas para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
-Aconséllase o estudo da materia durante de todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida.
-Considérase necesario o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do profesor, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
O alumnado dispoñerá do material que o profesorado considere necesario no campus virtual e/ou a través da aplicación Teams.
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Gloria Revilla Lopez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813326
- Correo electrónico
- mgloria.revilla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
17.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
17.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
17.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
17.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
17.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
17.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
17.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
17.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
17.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
17.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |