Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 18 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Ofrecer unha primeira aproximación ao estudo da evolución biolóxica e a biodiversidade.
Dar a coñecer os principios básicos das clasificacións biolóxicas.
Facer comprender os fundamentos da estrutura da organización vexetal e da organización animal, en relación cos seus principais aspectos funcionais.
Facer co alumnado saiba recoñecer os diferentes tipos de animais e vexetais a nivel de grandes grupos.
Facer co alumnado familiarícese con terminoloxía básica no ámbito da evolución biolóxica, a bioloxía vexetal e a bioloxía animal.
PROGRAMA DE TEORÍA (34 HORAS)
CONCEPTOS XERAIS
-A ciencia e o método científico. (0.5 h)
-Propiedades da vida. (0.5 h)
-Orixe da vida: teorías e episodios fundamentais na diversificación da vida. (0.5 h)
-A evolución biolóxica. Darwinismo: cambio perpetuo, orixe común, multiplicación
das especies, gradualismo, selección natural. A Teoría Sintética. (2 h)
-A clasificación biolóxica e a filoxenia. Tipos de relacións filoxenéticas. Homoloxía
e analoxía. Apomorfía e plesiomorfía. Sistemática evolutiva. Sistemática filoxenética. (2 h)
-Concepto de biodiversidade: tipos, importancia, servicios ecosistémicos, conservación.
(0.5h)
-Bioxeografía: a distribución dos ss.vv. e as súas causas. Biomas. Rexións bioxeográficas.
A distribución global da diversidade. (2 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOGÍA VEGETAL
-Concepto de vexetal e pranta. Clasificacións modernas dos vexetais. Organismos
estudados. Importancia dos vexetais nos ecosistemas. Secuestro de CO2 e
produción de oxíxeno. (1 h)
-Bases da Taxonomía Vexetal. Definicións de especie e hibridación en Prantas. Taxonomía
e Nomenclatura Botánica. Código de Nomenclatura Botánica.
Os nomes das prantas. (1 h)
-Niveis de organización en vexetais. Protófitos: tipos e exemplos. Talófitos: tipos e exemplos.
Cormófitos. Evolucion dos niveis. Vantaxes evolutivas. Funcións do esporofito e
do gametofito. (1 h)
-Reproducción en vexetais procariotas e eucariotas. Esporas e gametos. Reprodución
asexual e sexual nos diferentes grupos. (1 h)
-Ciclos biolóxicos de vexetais. Concepto. Xeración. Ciclos mono e dixenéticos.
Organismos monoicos e dioicos. Ciclos haplofásicos, diplofásicos e
diplohaplofásicos. (1 h)
-Crecemento e desenvolvemento en vexetais. Desenvolvemento modular en prantas.
Totipotencia e modularidade. Crecemento e diferenciación. Diferenciación celular nos
grupos vexetais. Programa de desenvolvemento en prantas. Embrioxénesis. Meristemas.
Disposición das follas. Ramificación. Floración e fructificación. Control. (2 h)
-Diversidade de organismos fotosintéticos. Grupos principais. Relacións evolutivas.
Características do Reino Planta. Vantaxes. Fases esporofítica e gametofítica en prantas.
Evolución. (3 horas)
-Plantas vasculares. Raíz, Talo e Follas. Funcións. Estrutura interna básica. Tipos.
Adaptacions. Ramificación. Formas biolóxicas. (1 h)
-Flores e inflorescencias. Significado das flores de Anxiospermas. Partes da flor. Posición e
soldadura de pezas. Inflorescencia. Tipos de froitos. (1 h)
-Ciclo de Anxiospermas. Polinización abiótica e biótica. Dispersión abiótica e biótica.
Evolución e importancia. (2 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOGÍA ANIMAL
-Concepto de animal. Taxonomía e nomenclatura animal. Código de
Nomenclatura Zoolóxica (1 h)
-Arquitectura animal. O tamaño. Promorfoloxía. Niveis de complexidade e de organización.
Simetría e polaridade. Blastodermos. Cavidades internas. Metamería. (2 h)
-Ontoxenia. A relación entre ontoxenia e filoxenia. Tipos de ovos e de segmentación.
Gastrulación. Os bilaterais protóstomos e deuteróstomos. Principais liñas filoxenéticas do
Reino Animal. Orixe e relacións filoxenéticas dos metazoos. (2 h)
-Reprodución. Modalidades de reprodución asexual. Reprodución sexual. Gonocorismo e
hermafroditismo. Tipos de fecundación. Partenoxénese. Tipos de desenvolvemento do
embrión. Determinación do sexo. Heterogonia e metaxénese. (2 h)
-Tegumento, sistemas esqueléticos y musculatura. (2 h)
-Homeostase, circulación e intercambio de gases (3 h)
PRÁCTICAS OBLIGATORIAS (8 HORAS)
As prácticas de laboratorio están dedicadas á observación e recoñecemento das características diagnósticas e adaptacións morfolóxicas dos principais grupos de animais e plantas. Nas prácticas de campo realizaranse viaxes a zonas representativas de hábitats típicos de Galicia, durante as cales se observará in situ a súa flora e fauna, procedéndose á caracterización e identificación dos principais grupos de animais e plantas
SEMINARIOS OBRIGATORIOS (2 H)
SEMINARIO 1: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS ANIMAIS
SEMINARIO 2: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS VEXETAIS
TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS)
Titoría 1: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación, de forma previa
á realización do exame final
Titoría 2: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación, de forma previa
á realización do exame final
Básica
Hickman, C.P., Roberts, L.S., Keen, S.L., Larson, A., L’Anson, H. y Eisenhour, D.J., 2009. Principios integrales de zoología. 14ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Nabors, M.W., 2005. Introducción a la botánica. Madrid: Pearson; Addison Wesley.
Complementaria
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Síntesis.
Díaz, T.E., Fernández-Carvajal, M.C. y Fernández, J.A., 2004. Curso de botánica. Gijón: Trea.
Strasburger, E., Noll, F., Schenck, H. y Schimper, A.F.W., 2004. Tratado de botánica. 35ª ed. Barcelona: Omega.
Nesta materia, o estudante practicará unha serie de competencias básicas e xerais recollidas na Memoria do Grao en Bioloxía pola USC
Como competencias transversais e específicas, nesta materia trabállanse as seguintes:
TRANSVERSAIS
CT2. Capacidade de razoar, argumentar e pensar críticamente.
CT6. Capacidade de reflectir adecuadamente as fontes de información utilizadas.
CT8. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade
ESPECÍFICAS
Bloque: Orixe e evolución dos seres vivos
CE4. Coñece a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución.
Bloque: Biodiversidade e fililoxenia
CE5. Coñecer a diversidade dos sere vivos, ciclos biolóxicos, e desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE6. Desenvolver a capacidade de obter, manexar, conservar, identificar e clasificar especimes biolóxicos, así como os seus restos e rastros.
Bloque: Estrutura e organización dos ser vivos
CE10. Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos ser vivos.
A metodoloxía do ensino consta de clases expositivas, actividades interactivas de prácticas (laboratorio e campo), seminarios e titorías en grupo reducido. Todas as actividades docentes apóianse na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado, ademais de na utilización do campus virtual.
A cualificación global do alumno na materia obtense como resultado da avaliación do seu rendemento no exame final (70%), na proba de recoñecemento "de visu" (15%) e da súa asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías obrigatorias (15%). Estes mesmos instrumentos utilizaranse para avaliar as competencias da materia, segundo o seguinte esquema:
- Nos exames avalíanse as competencias: CT2, CT6, CT8, CE4, CE5, CE10
- En prácticas, seminarios e titorías: CE5, CE6, CE10
Os criterios de avaliación aplícanse individualmente a cada unha das dúas áreas de coñecemento da materia, e a nota final será a media aritmética das cualificacións obtidas polo alumno en cada área, sempre que o alumno superase cada área de xeito individual. Para considerar calquera das áreas aprobadas, o estudante deberá obter un mínimo de 5,0 tanto no exame teórico como na proba de visu da devandita área.
No caso de que o alumno superase só unha das áreas, a súa nota final na correspondente convocatoria será dun máximo de 4,5 (suspenso). O aprobado de só unha das dúas áreas na convocatoria ordinaria (xaneiro) mantense ata a convocatoria de segunda oportunidade (xuño / xullo), pero en ningún caso dun curso a outro.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases maxistrais 34 h
Prácticas 8 h
Seminarios 2 h
Titorías 2 h
Realización de exames 4 h
Total traballo presencial na aula 50h
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO
Estudo individual 100h
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Utilizar a aula virtual
• Facer uso frecuente das tutorías para cualquier tipo de cuestión relacionada coa materia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
En previsión de posibles continxencias derivadas da pandemia covid-19, contémplanse as seguintes adaptacións:
Escenario 2. Distanciamento; restricións parciais á presencialidade.
A metodoloxía docente adaptarase neste escenario mediante a realización das sesións expositivas, seminarios e titorías como actividades sincrónicas a distancia, a través de MS Teams. As prácticas serán de laboratorio e realizaranse de xeito presencial, cunha duración reducida ao 50%. Non se realizarán prácticas de campo. As horas serán as programadas polo centro. Manterase o uso da plataforma Moodle (Campus Virtual) como principal canle de comunicación profesor-alumno.
Neste escenario, o sistema de avaliación adaptarase realizando as probas teóricas (70%) e visu (15%) de forma non presencial (telemática, a través do Campus Virtual). A asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías avaliaranse igual (15%) que no escenario 1.
Escenario 3. Peche das instalacións
A metodoloxía docente adaptarase neste escenario mediante a realización de conferencias, seminarios e titorías como actividades sincrónicas a distancia, a través de MS Teams. As prácticas de laboratorio substituiranse por actividades non presenciais a través de MS Teams e / ou o Campus Virtual. Non se realizarán prácticas de campo. As horas serán as programadas polo centro. Manterase o uso da plataforma Moodle (Campus Virtual) como principal canle de comunicación profesor-alumno.
Neste escenario, o sistema de avaliación adaptarase realizando as probas teóricas (70%) e visu (15%) de forma non presencial (telemática, a través do Campus Virtual). A asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías avaliaranse igual (15%) que no escenario 1.
En calquera dos escenarios aplicarase o disposto no "Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" nos casos de realización fraudulenta de exercicios e probas.
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Inmaculada Romero Bujan
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814913
- Correo electrónico
- mi.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Amigo Vazquez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814977
- Correo electrónico
- javier.amigo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Iglesias Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813359
- Correo electrónico
- fjavier.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
13.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
13.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
13.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
22.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
22.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
22.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
22.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |