Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 20 Total: 52
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Proporcionar o alumnado os coñecementos para comprender o funcionamento integrado dos órganos e sistemas dos animais así como os mecanismos que controlan e regulan ditas funcións, destacando especialmente os procesos homeostáticos.
Programa clases expositivas: 30 horas presenciais
BLOQUE I: PRINCIPIOS DE FISIOLOXÍA.
Tema 1. Concepto de Fisioloxía Animal. Homeostase e control. Sistemas de retroalimentación. (0,5h)
BLOQUE II: FISIOLOXIA DO SISTEMA NERVIOSO (9,5h)
Tema 2. Estrutura e función do Sistema Nervioso. Sinais eléctricas.
Tema 3. Sinapse
Tema 4. Fisioloxía Sensorial I: Sistemas sensoriais: Xeneralidades. Sensibilidade cutánea e profunda.
Tema 5. Fisioloxía Sensorial II. Os sentidos especiais. Quimiorrecepción.- Receptores do gusto e do olfacto. Sistema visual. Sistema auditivo e do equilibrio.
Tema 6. Fisioloxía motora e integradora. Características xerais. Control central da motilidade
Tema 7. Sistema nervioso autónomo
BLOQUE III: FISIOLOXÍA ENDOCRINA (5h)
Tema 8. Eixe hipotálamo-hipofisario. Tiroides. Suprarrenais
Tema 9. Control endócrino da glucemia e calcemia. Control do crecemento e desenrolo
Tema 10. Sistema Reprodutor. Reprodución nos machos. Reprodución nas femias.
BLOQUE IV: SANGUE (1h)
Tema 11. Propiedades xerais. Funcións da sangue. Hematopoese. Fisioloxía do eritrocito. Fisioloxía das plaquetas. Hemostase e coagulación sanguínea.
BLOQUE V: FISIOLOXÍA CARDIOVASCULAR (5h)
Tema 12. Estrutura xeral. Estimulación e contracción do músculo cardíaco.
Tema 13. O corazón como bomba. Ciclo cardíaco. Regulación da función cardíaca.
Tema 14. Hemodinámica. Circulación periférica: arterias e venas. Microcirculación.
Tema 15. Funcións integradoras: regulación da presión arterial a curto e medio prazo.
BLOQUE VI: FISIOLOXÍA RESPIRATORIA (3h)
Tema 16.. Estrutura xeral. Mecánica da ventilación. Difusión dos gases. Control da ventilación.
Tema 17. Transporte e intercambio de gases.
BLOQUE VII: FISIOLOXÍA RENAL (4h)
Tema 18. Estrutura xeral. Fluxo sanguíneo renal. Regulación.
Tema 19. Formación da ouriña: filtración, reabsorción e secreción. Regulación. Concentración e dilución da ouriña.
Tema 20. Regulación do equilibrio hídrico e salino. Regulación do equilibrio ácido-base
BLOQUE VIII: FISIOLOXÍA DIXESTIVA (2h)
Tema 21. Estrutura xeral. Innervación. Motilidade. Péptidos gastrointestinais
Tema 22. Secreción, dixestión e absorción. Transporte electrolítico gastrointestinal.
Programa clases interactivas: 22 horas presenciais
Prácticas aula informática: 10 horas. Impártense en dúas sesións de 5 horas.
Práctica 1. Neurofisioloxía do impulso nervioso. Fisioloxía do sistema endócrino. (5h)
Práctica 2. Dinámica cardiovascular. Mecánica respiratoria. Fisioloxía do sistema renal. (5h)
Seminarios: 10 horas
Realización de cuestións, casos prácticos etc. relacionados cos temas das clases expositivas
Seminario 1: S. Nervioso (2h)
Seminario 2: S. Endócrino (2h)
Seminario 3: S. Cardiovascular (2h)
Seminario 4: S. Respiratorio (2h)
Seminario 5: Integración (2h)
Titorías: Empréganse para a revisión de conceptos e aclaración de dúbidas. Impártense a petición dos estudantes, de xeito individual ou grupal, presencial ou telemático.
Exame; O exame é obrigatorio e presencial. Trátase dunha proba escrita con preguntas tipo test e/ou cuestións curtas. Terá unha duración máxima de 3 horas.
BÁSICA
• Costanzo, L.S., 2018. Fisiología [en liña]. 6ª ed. Barcelona: Elsevier. Dispoñible en: https://www-clinicalkey-com.ezbusc.usc.gal/student/content/toc/3-s2.0-C…
• Levy, M.N., Stanton, B.A. y Koeppen, B.M., 2018. Berne y Levy, fisiología [en liña]. 7ª ed. Madrid: Elsevier. Dispoñible en: https://www-clinicalkey-com.ezbusc.usc.gal/student/content/toc/3-s2.0-C…
COMPLEMENTARIA
• Boron, W.F. & Boulpaep, E.L. eds., 2012. Medical physiology: a cellular and molecular approach. Up.2nd ed. Philadelphia: Elsevier.
• Guyton, A.C. & Hall, J.E., 2021. Tratado de fisiología médica [en liña]. 14ª ed. Madrid: Elsevier. Dispoñible en: https://www-clinicalkey-com.ezbusc.usc.gal/student/content/toc/3-s2.0-C…
• Hill, R.W. Wise, G.A. y Anderson, N., 2006. Fisiología Animal. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
• Silverthorn, D.U., Johnson, B.R., Ober, W.C., Garrison, C.W. y Silverthorn, A.C., 2014. Fisiología humana: un enfoque integrado [en liña]. 6ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana. Dispoñible en: https://www-medicapanamericana-com.ezbusc.usc.gal/VisorEbookV2/Ebook/97…{%22Pagina%22:%22Cover%22,%22Vista%22:%22Indice%22,%22Busqueda%22:%22%22}
• Tortora, G.J. y Derrickson, B., 2018. Principios de anatomía y fisiología [en liña]. 15ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana. Dispoñible en: https://www-medicapanamericana-com.ezbusc.usc.gal/VisorEbookV2/Ebook/97…{%22Pagina%22:%22Portada%22,%22Vista%22:%22Indice%22,%22Busqueda%22:%22%22}
Competencias básicas e xerais:
As especificadas na memoria do Grado para o conxunto das materias
Competencias específicas:
Bloque: "Aspectos funcionais dos seres vivos"
CE11. "Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico"
Competencias transversais:
CT1, capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2, capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT4, capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8, capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9, capacidade para organizar e planificar o seu traballo.
CT10, capacidade para interpretar resultados experimentais.
Clases expositivas:
Tipo lección maxistral que consistirá no desenrolo por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas do programa. Na aula virtual deixaranse as presentacións utilizadas e/ou material didáctico complementario. Actividade non obrigatoria.
Clases interactivas:
Nos seminarios, que serán presenciais, se discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados cos temas do programa. Xeralmente o alumnado deberá traballar con anterioridade o contido do seminario. Os seminarios avaliaranse con cuestionarios e problemas que se entregarán por medios físicos ou telemáticos. Actividade non obrigatoria.
Prácticas:
Serán prácticas realizadas con simuladores de ordenador. Os alumnos realizarán as prácticas de maneira autónoma, presencialmente na aula dentro dos horarios establecidos polo centro. Os alumnos terán tempo para solucionar dúbidas co profesor. Se avaliarán pola entrega dos resultados das simulacións e/ou cuestionarios tipo test. Actividade non obrigatoria.
Titorías en grupo ou persoais:
Impartiranse por medios presenciais ou virtuais, ben síncronos (Teams) ou asíncronos (correo electrónico, foro da aula virtual, etc.). Actividade non obrigatoria.
Exame:
Proba escrita presencial que contén preguntas dos distintos contidos impartidos tanto en clases expositivas como interactivas. Actividade obrigatoria.
Importante: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación: A cualificación final (100%) divídese nos seguintes apartados:
1. Exame sobre a materia impartida nas clases de teoría e seminarios: 70 % da nota. O exame é obrigatorio e presencial. A cualificación do exame é complementaria á avaliación continua. É necesario obter un mínimo de 4,0 sobre 10 no exame para sumar a nota da avaliación continua.
2. Avaliación continua: 30% da nota. Non obrigatoria. Repartida do seguinte modo:
2a. Prácticas: 5%. Serán avaliadas mediante unha proba ao final de cada práctica (só para o alumnado que teña realizado cada práctica) que se entregará por medios físicos ou telemáticos.
2b. Seminarios: 25%. Para que o alumno sexa cualificado nun seminario deberá asistir ao mesmo. Serán avaliados mediante unha proba ou traballo para cada seminario, que se entregará por medios físicos ou telemáticos.
Todos os alumnos de calquera dos dous grupos serán avaliados do mesmo xeito nas dúas oportunidades. As porcentaxes de valoración de exame e avaliación continua serán as mesmas nas dúas oportunidades. Os alumnos que non superen a primeira oportunidade manterán na segunda oportunidade a cualificación da avaliación continua e deberán facer o exame.
As notas obtidas no apartado 2 (avaliación continua) gardaranse para a oportunidade de xullo e tamén para os dous cursos seguintes. O mesmo aplica para os repetidores que queiran obter estas cualificacións, poden pedir que se usen as dos cursos precedentes se as tiveran. Os repetidores deberán en calquera caso realizar o exame.
Avaliación das competencias:
Exame: CE11, CT1, CT2, CT4, CT8, CT9, CT10.
Seminarios: CE11, CT1, CT2, CT4, CT8, CT9.
Prácticas: CE11, CT2, CT8, CT9, CT10.
6 ECTS. 25 horas/crédito: 150 horas
Horas presenciais: 30 expositivas, 10 seminarios, 10 prácticas, 2 titorías, 3 exame. Total 55 horas
Horas de estudo persoal: 80 expositivas, 15 seminarios, total 95 horas.
Total: 150 horas
Ter boa base de materias anteriores: Bioloxía da célula, Biofísica, Bioquímica.
Participar das actividades formativas, presenciais ou virtuais.
Estudiar regularmente a materia, evitando acumular as horas de estudo nos últimos días do curso.
Consultar calquera dúbida co profesorado da materia.
Os alumnos matriculados nesta materia terán a súa disposición, no Campus Virtual da USC, gran parte do material que os profesores utilizan na súas clases para desenrolar as explicacións dos diferentes temas. Do mesmo xeito, será a vía preferente para transmitir aos estudantes avisos e outras cuestións.
En certas actividades poderase utilizar o inglés como lingua de soporte
A canle de comunicación directa preferente co profesorado será a través do correo electrónico institucional. Baixo acordo pódense programar sesións virtuais a través do MS-Teams.
Manuel Alejo Aldegunde Villar
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881813335
- Correo electrónico
- manuelalejo.aldegunde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Celia Maria Pombo Ramos
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815413
- Correo electrónico
- celiamaria.pombo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anxo Vidal Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815417
- Correo electrónico
- anxo.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Angel Fidalgo Perez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815488
- Correo electrónico
- miguel.fidalgo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Patricia Lado Fernández
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- patricia.lado.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
25.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
25.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
25.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
11.07.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
11.07.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |