Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Ecoloxía, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquirir as bases científicas da teoría ecolóxica e a súa aplicación de cara á sostentabilidade dos ecosistemas e a conservación da diversidade biolóxica.
Dotar ao estudante das capacidades e habilidades necesarias para deseñar e implementar plans de conservación da diversidade biolóxica, en distintas escalas espaciotemporais nos seus distintos niveis de organización.
TEORÍA (30h) Todas as aulas serán presenciais. Indícase entre parénteses a duración aproximada de cada tema.
Bloque I INTRODUCCIÓN E CONCEPTOS XERAIS (10 h)
Tema 1. INTRODUCCIÓN. (2 h)
Tema 2. ESPECIES FOCAIS. (2 h)
Tema 3. EXTINCIÓN E FRAGMENTACIÓN DE HÁBITATS. (2 h)
Tema 4. XESTIÓN E CONSERVACIÓN DE ESPACIOS NATURAIS. (2 h)
Tema 5. CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS. (2 h)
Bloque II. CONSERVACIÓN DA FLORA E VEXETACIÓN (10 h)
Tema 6. RESTAURACIÓN DO HÁBITAT E CONSERVACIÓN VEXETAL. (2 h)
Tema 7. FERRAMENTAS DE INTERVENCIÓN ACTIVA NA CONSERVACIÓN DAS COMUNIDADES VEXETAIS. (3 h)
Tema 8. AS ESPECIES INVASORAS DE FLORA. (2 h)
Tema 9. ELEMENTOS CARACTERÍSTICOS DA CONSERVACIÓN DA FLORA E O SEU USO NA PENÍNSULA IBÉRICA (1,5 h)
Tema 10. INCORPORACIÓN DO FACTOR DA ADAPTACIÓN NO DESEÑO DA CONSERVACIÓN DA FLORA. (1,5 h)
Bloque III. CONSERVACIÓN DA FAUNA (10h)
Tema 11. FAUNA INVASORA. (2 h)
Tema 12. XESTIÓN E CONSERVACIÓN DE INVERTEBRADOS. (4 h)
Tema 13. XESTIÓN E CONSERVACIÓN DE VERTEBRADOS. (4 h)
PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO (18 h)
O calendario de prácticas axustarase no posible ó desenvolvemento do programa teórico.
Práctica 1. Visita técnica a espazos naturais con programas de Xestión de especies ameazadas.
Práctica 2. Visita técnica a espacios naturais.
As dúas prácticas están suxeitas a dotación de financiación para a súa realización.
Obxetivos e Capacidades a Desenvolver
Examen in situ da problemática de conservación de especies ameazadas. Discusión de estratexias de xestión e educación ambiental cos responsables das mesmas. Desenvolvemento do espíritu crítico.
SEMINARIOS (6 h)
1. Marco lexislativo e técnico para a conservación. (2 h)
2. Elaboración dun plan de conservación de flora (2 h).
3. Métodos de inventariado e cuantificación de poboacións animais (2 h)
Os seminarios serán presenciais e incluirán exercicios, problemas e obtención de parámetros obtidos a partir de datos recollidos nas prácticas de campo e laboratorio ou de datos bibliográficos. Tamén poderán incluir charlas e coloquios con expertos de outras universidades e centros de investigación, debates sobre temas de actualidade e outras actividades relacionadas coa materia.
TITORÍAS (1 h)
Estarán adicadas ao repaso de aspectos clave e dos exercicios dos seminarios e os encargados para realizar como traballo persoal.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
HUNTER, M. L. & GIBBS, J. P., ( 2007). Fundamentals of Conservation Biology, Oxford: Blackwell.
PRIMACK, R. B. & Ros J.., (2002). Introducción a la biología de la conservación. Barcelona: Editorial Ariel Ciencia.
TELLERÍA J. L., (2012). Introducción a la conservación de especies. Valencia: Tundra ediciones.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
CAUGHLEY, G. & GUNN, A., (1996). Conservation Biology in Theory and Practice. Cambridge: Blackwell Sciences.
SODHI, N. S. & EHRLICH, P. R., (2010). Conservation Biology for All, Oxford: Oxford University Press.
SUTHERLAND, W. J. (ed.) (1996). Ecological Census Techniques. Cambridge: Cambridge University Press.
VOLIS, S., (2019). Plant Conservation. The Role of Habitat Conservation. Cambridge: Cambridge University Press.
Algúns recursos electrónicos relevantes:
• Agencia Europea de Medio Ambiente. http://www.eea.europa.eu
• BirdLife International. http:/www.birdlife.org y http://www.seo.org
• Convención de Ramsar sobre los Humedales. http://www.ramsar.org
• Convención sobre el Comercio Internacional de Especies Amenazadas de Flora y Fauna Silvestre (CITES). http://www.cites.org
• Dirección General de Medio Ambiente de la Comisión Europea. http://ec.europa.eu/environment
• IUCN-The World Conservation Union. http://www.iucn.org
• International Species Information System. http://www.isis.org
• Ministerio de Medio Ambiente. http://www.mma.es
• World Conservation Monitoring Center. http://www.unep-wcmc
• World Wide Fund. http://www.wwf.es
COMPETENCIAS
Dentro das competencias nesta materia traballaranse de forma máis concreta as seguintes:
Transversais
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar y sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 -Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de maneira colectiva.
CT4 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para reflexar adecuadamente as fontes de información empregadas. CT7 - Capacidade para aplicar as TICs no ámbito da Bioloxía.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais.
Específicas
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridad, hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE12 - Coñecer e comprender a estructura e a dinámica das poboacións e comunidades.
CE13 - Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos.
As competencias básicas e xerais son as que figuran na memoria do Grao.
Metodoloxía da ensinanza
As clases EXPOSITIVAS consistirán en leccións maxistrais nas que se introducirán os os conceptos propios de la materia con apoio de medios audiovisuales e informáticos; poden ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación do alumnado.
Clases interactivas de seminario en grupos reducidos, nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, fanse exercicios, problemas, simulacións de casos, etc. Requírese unha participación activa do alumnado.
As clases interactivas de SEMINARIOS adicaranse á resolución, por parte do alumno, de cuestións e problemas relativos aos temas tratados, charlas con especialistas, debates, etc. Ao final de cada un deles haberá unha breve exposición, por parte do profesor, relativa á resolución das devanditas cuestións e problemas.
As clases interactivas de LABORATORIO OU CAMPO abordarán o manexo de métodos de laboratorio e campo que permitan familiarizarse coa forma de traballo habitual en Bioloxía da conservación. Os guións facilitados ó comezo das prácticas inclúen a información necesaria para poder seguir de forma ordenada e clara o desenvolvemento da tarefa proposta. Enfrontarse coa resolución dun problema concreto, e o feito de que os grupos de prácticas son máis reducidos, soe favorecer unha maior interacción entre os alumnos e o profesor, e facilita a intervención e formulación de dúbidas. Cada práctica deberá de ir acompañada da entrega dunha tarefa que constituirá parte da avaliación continua.
TITORÍAS: Adicaranse básicamente á aclaración de dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relativa á docencia da materia. Poderán ser virtuais a través de MS-teams.
A asistencia a clases expositivas e interactivas será voluntaria.
Sistema de avaliación
A avaliación será idéntica para as dúas oportunidades. A proba final é complementaria á avaliación continua. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estes instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avalíanse as competencias: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CB1, CB2, CB4, CB5, CT1, CT2, CT8, CT10, CE3, CE12, CE13.
- Nos casos prácticos: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT10, CE3 e CE13.
A modo de resumo, como avaliación continua evaluaranse as memorias de prácticas e/ou seminarios e suporán o 30% da cualificación final. Todas as actividades son voluntarias. A proba final que é complementaria á avaliación continua suporá o 70% da cualificación final. Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primeira matrícula. Para os alumnos repetidores unicamente se conservará a cualificación da memoria dos resultados das prácticas, durante o mesmo período que a normativa desta universidade dispón para a asistencia ás prácticas.
Ademáis, os alumnos poderán subir ata un 20% da nota de evaluación continua (é decir 0,6 puntos) realizando actividades complementarias propostas polos profesores/as da materia, por exemplo participando no proxecto de innovación docente “Plantando cara ó lume (PCL)”.
Ademais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos han de precisar horas de estudo e de traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas son:
30 horas expositivas (clases)
24 horas interactivas (seminarios, prácticas de campo e laboratorio)
1 horas de titorías
93 horas de traballo persoal
2 horas de exame
150 horas de dedicación total
Tempo de estudo e traballo persoal
O número total de horas de traballo persoal do alumn estímase en 93 h, das cales aproximadamente 60 h serán necesárias para o estudo dos contidos teóricos incluindo a lectura de textos e a búsqueda de información bibliográfica e 33 h serán necessárias para a realización de actividades de forma autónoma (solos ou en grupo) e a redacción de memorias e informes.
-Asistir habitualmente ás clases teóricas, seminarios e prácticas
-Estudar a materia ó día
-Consultar a bibliografía
-Consultar dúbidas en clase ou en horas de titoría.
Todos os contidos van a estar dispoñibles na aula virtual. A comunicación cos alumnos farase a través da aula virtual e de Teams.
Jesus Dominguez Conde
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Otilia Reyes Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813318
- Correo electrónico
- otilia.reyes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Miguel Serrano Perez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814972
- Correo electrónico
- miguel.serrano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Anton Manoel Leira Campos
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813235
- Correo electrónico
- manel.leira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
María Olalla Lorenzo Carballa
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- olalla.lorenzo.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Jonatan Rodríguez Parra
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- jonatan.rodriguez.parra [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 01. Charles Darwin |
20.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
20.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
08.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |