Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecemento e uso correcto por parte do alumno da terminoloxía básica da disciplina.
- Identificar e situar no contexto dos seres vivos os distintos tipos biolóxicos obxecto de estudo en Microbioloxía.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos, clínicos e ecolóxicos.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha especialización posterior en calquera área da disciplina, xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais requiridas polos métodos microbiolóxicos.
- Coñecer as técnicas máis empregadas en Microbioloxía: microscopia, tincións, illamento de cultivos puros, identificación de microorganismos, etc.
- Aprender a xestionar fontes de documentación.
- Que o alumno comprenda e valore o interese da Microbioloxía no marco dos estudos de Bioloxía, e a repercusión social da Microbioloxía.
En conclusión, tratarase de favorecer os hábitos de iniciativa, creatividade, espírito crítico e traballo en equipo, e a adquisición de coñecementos básicos que permitan ao alumno comprender o que son os microorganismos como seres vivos e achegarse con facilidade a unha especialización posterior en calquera área da disciplina.
Programa de Clases Teóricas.
Tema 1. A Microbioloxía no Mundo dos Organismos Vivos. (1 h)
Definición de microorganismo. Microbioloxía: desenvolvemento histórico e estado actual. Relación con outras Biociencias. Microorganismos procariotas (bacterias e arqueas) e eucariotas. Virus. Os tres “Dominios”: Bacteria, Archaea e Eucarya. A orixe da célula eucariota: teoría da endosimbiosis.
Tema 2. Técnicas de Estudo e Observación dos Microorganismos. (2 h)
Tipos de microscopía óptica. Tipos de preparacións para exame ao microscopio óptico. Tipos de tinción. Microscopía electrónica de transmisión e varrido. Outros tipos de microscopía.
Tema 3. Morfoloxía e Estrutura Bacterianas. (2 h)
Morfoloxía, tamaño e agrupacións bacterianas. Estruturas esenciais e non esenciais. Citoplasma e Formacións Citoplasmáticas: Ribosomas. Orgánulos limitados por membrana dunha soa capa. Inclusións citoplasmáticas de reserva. Area nuclear ou xenóforo. DNA extracromosómico.
Tema 4. Membrana Plasmática e Estruturas Membranosas (2 h)
Composición química, estrutura e funcións da membrana bacteriana. Tipos de transporte a través da membrana plasmática. Características diferenciais das membranas de Archaea. Estruturas membranosas.
Tema 5. Parede Celular Bacteriana (3 h)
Estrutura e composición química: diferenzas entre Eubacterias Gram positivas e Gram negativas. Funcións dos distintos polímeros da parede celular. Características específicas da parede de Archaea. Biosíntesis da mureína.
Tema 6. Estruturas Externas á Parede Celular (2 h)
Cápsulas: Natureza química e funcións. Flaxelos e movemento flaxelar: Estrutura e composición química do flaxelo. Outros tipos de movemento: mobilidade deslizante e movemento espiroquetal. Pili ou fimbrias: tipos e funcións.
Tema 7. A Endospora Bacteriana (1 h)
Estrutura, composición química e propiedades da endospora. Presenza e observación de endosporas. Diferenzas entre célula vexetativa e endospora bacteriana. Cinética de esporulación. Aspectos xenéticos do proceso de esporulación. Xerminación de endosporas.
Tema 8. Introdución á Viroloxía (2 h)
Características e natureza dos virus. Propiedades distintivas dos virus. Estrutura e arquitectura viral. Clasificación dos virus. Etapas da multiplicación viral. Ciclo infectivo e síntese dos compoñentes víricos. Replicación do ácido nucleico vírico. Partículas subvirales: Viroides e Virusoides. Prions.
Tema 9. Introdución á Xenética Microbiana (2 h)
Concepto de mutación. Tipos de mutacións. Selección e detección de mutantes: mutantes auxotróficos bacterianos. Axentes mutaxénicos. Regulación xénica en bacterias. Recombinación Xenética en Bacterias. Elementos de recombinación xénica: plásmidos, episomas, transposones e secuencias de inserción. Mecanismos de Recombinación bacteriana: Transformación, Transducción e Conxugación. Conversión fágica.
Tema 10. Nutrición Microbiana (1 h)
Principios da nutrición microbiana. Categorías nutricionais dos microorganismos: Fontes de enerxía, de electróns e de carbono. Tipos tróficos. Fontes de nitróxeno, xofre, fósforo.
Tema 11. Procesos Metabólicos Microbianos. (2 h)
Metabolismo aerobio. Quimiolitotrofismo. Metabolismo anaerobio: Fermentacións e respiración anaerobia. Desviacións da cadea respiratoria: luminiscencia bacteriana e redución de osíxeno independente de citocromos. Fotosíntesis anoxixénica. Produción de enerxía por fotosínteis (fotofosforilación).
Tema 12. Condicións Físico-Químicas para o Crecemento (2 h)
Efecto dos factores físico-químicos no crecemento. Temperatura. pH. Presión osmótica. Presión hidrostática. Necesidades de osíxeno.
Tema 13. Cultivo de Microorganismos (2 h)
Tipos de medios de cultivo bacteriolóxicos. Cultivos mixtos e cultivos puros. Métodos de illamento de cultivos puros. Conservación dos cultivos e mantemento das súas propiedades.
Tema 14. Crecemento bacteriano (2 h)
Crecemento celular: Ciclo de división bacteriana. Crecemento de poboacións: Curva de crecemento e características das distintas fases. Métodos de medida do crecemento: número de células e masa celular. Expresión matemática do crecemento. Efecto dos axentes antimicrobianos sobre o crecemento. Crecemento sincrónico e asincrónico. Cultivo continuo e as súas aplicacións.
Tema 15. Control dos Microorganismos. Control por axentes físicos (2 h)
Definición de conceptos: esterilización, desinfección, antisepsia, etc. Factores que inflúen na acción antimicrobiana. Modos de acción dos axentes antimicrobianos. Control por axentes físicos: calor húmida e seca, radiacións, filtración. Mecanismos de actuación dos distintos axentes físicos.
Tema 16. Control dos Microorganismos por Axentes Químicos (2 h)
Factores que afectan á súa eficacia. Desinfectantes e antisépticos. Principais grupos segundo a súa natureza química. Aplicacións. Coeficiente fenólico.
Tema 17. Quimioterapia antimicrobiana (2 h)
Tipos de quimioterápicos: naturais (antibióticos) e sintéticos. Clasificación dos antibióticos segundo a súa estrutura química e o seu modo de acción. Axentes quimioterápicos sintéticos. Determinación da actividade antimicrobiana. Resistencia a axentes quimioterápicos: mecanismos e transmisión. Péptidos antimicrobianos. Fagoterapia antibacteriana. Quimioterapia antivírica.
Programa de Clases Prácticas
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía. Normas de traballo no laboratorio. Preparación e esterilización do material de laboratorio. Tipos de Medios de cultivo. Preparación de medios de cultivo líquidos e sólidos e o seu esterilización. Esterilización por calor húmida e por filtración.
Práctica 2. Cultivo de Microorganismos en medio sólido e medio líquido. Sementa en medio líquido. Sementa en medio sólido. Illamento de microorganismos a partir de mostras naturais. Técnicas de obtención de cultivos puros.
Práctica 3. O microscopio óptico: manexo e coidado. Morfoloxía de distintos tipos de microorganismos. Observación de microorganismos en fresco mediante microscopía de contraste de fases. Microscopio de campo escuro. Microscopio de fluorescencia. Autofluorescencia e bioluminiscencia. Microscopio investido.
Práctica 4. Métodos de tinción de microorganismos. Tinción simple: tinción directa con colorantes básicos. Tinciones diferenciais: tinción de Gram. Tinciones específicas: tinción de cápsula.
Práctica 5. Métodos de medida do crecemento: reconto ao microscopio, estimación espectrofotométrica da biomasa. Determinación da curva de crecemento. Reconto de células viables en placa.
Práctica 6. Axentes antimicrobianos. Medida da actividade antimicrobiana. Antibiograma. Termorresistencia e tempo térmico letal.
Seminarios
Os seminarios utilizaranse como complemento do programa de teoría e prácticas e versarán sobre: métodos e técnicas de cultivo de microorganismos e análise matemática do crecemento microbiano.
Tutorías
Nas tutorías trataranse de clarificar aqueles aspectos de teoría, prácticas e seminarios de maior dificultade de comprensión para o alumno.
BÁSICA
- Madigan, M.T., K.S. Bender, D.H. Buckley, W.M. Sattley, D.A. Stahl . 2022. Brock Biology of Microorganisms. 16ª ed. Pearson, Harlow, UK.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
- Willey, J.M., K.M. Sandman, D.H. Wood. 2020. Prescott’s Microbiology. 11ª ed. McGraw-Hill Education. New York.
COMPLEMENTARIA
- Cowan, M.K. & Smith, H. 2021. Microbiology. A systems approach. McGraw Hill, New York, 6ª ed.
- Schaechter, M. 2016. Eukaryotic microbes. Elsevier/Academic Press, Amsterdam.
PRÁCTICAS
- Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Ed. Elsevier, Barcelona.
- Gamazo, C., Lopez-Goñi, I. y Díaz, R. eds., 2008. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Ed. Masson. Barcelona.
- Pérez Gracia, M.T., C. Galiana Roselló. 2018. Manual de Prácticas de Microbiología. 3ª ed. Psylicom Ediciones.
- Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th Ed. W.H. Freeman, New York.
As competencias básicas e xerais que se traballarán na materia son as reflectidas na memoria do título.
Habilidades transversais
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade de razoamento, argumentación e pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abordar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Capacidade para preparar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT5 - Capacidade para facer unha exposición pública de forma clara, concisa e coherente
CT6 - Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información utilizadas.
CT7 - Capacidade para aplicar as TIC no ámbito da Bioloxía.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, fomentando a iniciativa e a creatividade.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais.
Competencias específicas
CE3 - Coñecer e saber aplicar técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas adecuadas relacionadas coa seguridade, a hixiene, a xestión de residuos e a calidade.
CE6 - Desenvolver a capacidade para obter, manipular, conservar, identificar e clasificar tamén exemplares biolóxicos como os seus restos e pegadas.
CE8 - Coñecer os principios da bioenerxética e da biosinalización, e coñecer as principais vías metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo de información xenética e bioquímica nos seres vivos.
CE9 - Coñecer e comprender a estrutura e función dos virus, células procariotas e eucariotas.
CE11 - Coñecer e integrar o funcionamento e a regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos, así como a súa interacción co medio biótico e abiótico.
- Teoría: Clases presenciais na aula (3 horas semanais ao longo do primeiro cuadrimestre). A asistencia será voluntaria e non se puntuará.
- Seminarios: 3 seminarios presenciais de 1 hora. A asistencia será voluntaria aínda que se terá en conta para a nota de seminarios.
- Prácticas de laboratorio: Realizaranse de maneira continuada durante unha semana de luns a venres. A asistencia é obrigatoria (100% das horas) para superar a materia.
- Tutorías: Realizarase unha tutoría de 1 hora en grupos reducidos, para resolver dúbidas da materia. Poderanse realizar en calquera momento tutorías individuais presenciais, por correo electrónico ou a través da aula Virtual empregando o foro de discusión. O uso de tutorías será voluntario.
Utilizarase como ferramenta de apoio para todos a contidos a aula Virtual da plataforma Moodle dentro do Campus Virtual da USC.
Resumo: Exame Final: 70%; Avaliación continua temas impartidos: 5%; Prácticas: 15%; Seminarios: 10%.
- Teoría. Representará o 75% da nota final da materia. Para aprobar a materia débese superar un exame final obrigatorio, que representará o 70% da nota final. O alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 neste exame de teoría para incluír os demais conceptos no cálculo da nota final. A nota de teoría complementarase coa realización de cuestionarios de avaliación continua, que representarán un 5% da nota final.
- Prácticas. A asistencia a todas as prácticas será obrigatoria e será un requisito para poder presentarse ao exame de teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos. Poderase solicitar ademais a realización de informes sobre o traballo de laboratorio, que serán avaliados xunto co exame. A nota de prácticas representará un 15% da nota final da materia.
- Seminarios. Realizarase unha avaliación continua mediante a realización de cuestionarios on-line a través do Campus Virtual. Puntuarase así mesmo a asistencia e participación cun máximo do 20%. O peso dos seminarios na nota final será do 10%.
Estes instrumentos utilizaranse para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame teórico avaliaranse as competencias: CB2, CG2, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT8, CE1-CE4.
- Nas prácticas avaliaranse as competencias: CG3, CT3, CT8, CT10, CE1, CE3.
- Na participación activa na aula e nos seminarios avaliaranse as competencias: CT1, CT2, CT4, CT8.
Para a avaliación das competencias empregaranse os exames presenciais escritos de teoría e prácticas, así como cuestionarios de avaliación continua a través do Campus Virtual.
Alumnos repetidores
Os estudantes repetidores que teñan avaliado positivamente as prácticas manterán a súa nota durante os dous cursos académicos seguintes.
A asistencia ás titorías en grupos reducidos será voluntaria.
Para a segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios e metodoloxías de avaliación que para a primeira oportunidade.
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presencial: 54 horas:
- Clases expositivas: 32 horas
- Clases prácticas: 15 horas
- Seminarios: 3 horas
- Titorías en grupo reducido: 1 hora
- Exame: 3 horas.
Traballo persoal do alumno : 96 horas
- Titorías individualizadas: 3 horas
- Estudo individual: 70 horas (4,5 horas semanais)
- Elaboración de traballos e lecturas recomendadas: 20 horas
- Asistencia a conferencias e outras actividades: 3 horas
Asistencia regular ás clases e participación activa nas clases teóricas, prácticas e seminarios. Cumprimentación individual dos cuestionarios de autoavaliación en liña que se proporán. Repaso semanal dos temas expostos na clase. Estudo integral, non memorístico, relacionando os contidos da materia cos de materias afines. Seguir as recomendacións do profesor que poidan xurdir ao longo do curso.
A Aula Virtual da plataforma Moodle dentro do Campus Virtual da USC empregarase como ferramenta de apoio para todos os contidos da materia. Esta Aula Virtual servirá para publicar información xeral sobre a materia, para a publicación de contidos descargables por parte do alumnado, como ferramenta de comunicación, para a realización de cuestionarios en liña e para a publicación das cualificacións de todos os apartados.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa para a avaliación do rendemento académico do alumnado e a revisión das cualificacións”.
Manuel Luis Lemos Ramos
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816080
- Correo electrónico
- manuel.lemos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Romero Bernardez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- manuelromero.bernardez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
22.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
22.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
22.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
22.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
22.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
22.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
19.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
19.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
19.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
19.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |