Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 19 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ao completar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
Explicar os modelos estruturais básicos de organización dos animais invertebrados non artrópodos.
Describir as características máis importantes da súa forma de vida e as súas adaptacións. Presentar as hipóteses actuais máis relevantes sobre a súa diversificación e relacións filoxenéticas.
Manexar terminoloxía básica e metodoloxía relacionada co seu estudo e clasificación sistemática.
Distinguir os principais grupos de animais invertebrados non artrópodos.
CLASES EXPOSITIVAS: (34 h)
Tema 1. Animais non bilaterais: Porifera, Ctenophora, Placozoa e Cnidaria (9 h)
1.1. Introdución á zooloxía
1.2. Porifera
1.3. Ctenophora
1.4. Placozoa
1.5. Cnidaria
Tema 2. Bilaterais: Protostomia: Spiralia I ( Platyhelminthes, Gnathifera e Spiralia menores) (8 h)
2.1. Introdución aos animais bilaterais. Xenacoelomorpha
2.2. Platyhelminthes
2.3. Gnathifera
2.4. Spiralia menores
Tema 3. Bilaterais: Protostomia: Spiralia II ( Lophotrochozoa) (9 h)
3.1. Lophophorata
3.2. Nemertea
3.3. Annelida
3.4. Mollusca
Tema 4. Bilaterais: Protostomia: Ecdysozoa e Chaetognatha (3 h)
4.1. Nematoda
4.2. Ecdysozoa menores
4.2. Chaetognatha
Tema 5. Bilaterais: Deuterostomia (5 h)
5.1. Echinodermata
5.2. Hemichordata
CLASES PRÁCTICAS (12 h)
Práctica de laboratorio 1.- Observación de Poríferos e Cnidarios. (2 h)
Práctica de laboratorio 2.- Observación de Platelmintos, Rotíferos e Nematodos . (2 h)
Práctica de laboratorio 3.- Anélidos e Moluscos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. (2 h)
Práctica de laboratorio 4.- Equinodermos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. Disección. (2 h)
Práctica 5.- Disección dun Oligoqueto (2h).
Práctica 6.- Observación de invertebrados non artrópodos en mostras de musgo e aguas (nematodos, tardígrados, rotíferos) (2h).
SEMINARIOS. (7 h)
Durante o curso impartiranse seminarios que versarán sobre temas complementarios das actividades teórico-prácticas da materia. Os temas específicos que se tratarán incluirán, de maneira orientativa, contidos como:
Seminario 1. Conceptos e interpretación de filoxenias moleculares (1 h)
Seminario 2. O concepto de animal (1 h)
Seminario 3. Interpretación da evolución da estrutura corporal dos metazoos baixo diferentes hipóteses filoxenéticas (1 h)
Seminario 4. Descrición e comparación de hipótese filoxenéticas (1 h)
Seminario 5. A evolución sen reprodución sexual nos Bdeloideos (1 h)
Seminario 6. Converxencia evolutiva e o seu impacto na inferencia de parentesco filoxenético (1 h).
Seminario 7. Evolución da simetría corporal: o caso dos ourizos irregulares (1 h)
TITORÍAS OBRIGATORIAS. (1 h)
Dedicada a orientar ao estudantado sobre as actividades que requiren a súa participación, tanto na aula como a través da aula virtual, así como a resolver as dúbidas que se lle expoñan en relación con calquera aspecto da materia.
EXAMES. (3h)
Destinados á avaliación dos contidos teóricos e prácticos.
Clases expositivas, prácticas, seminarios, titorías e exames serán presenciais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Brusca, R. C. et al. 2016. Invertebrates. 3rd edition. — Oxford University Press.
Hickman, C. P. et al. 2009. Principios integrales de zoología. 14ª —McGraw-Hill Interamericana.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Editorial Síntesis.
Giribet, G. y Edgecombe G.D. 2020. The Invertebrate Tree of Life. Princeton University Press.
Nielsen, C. 2011. Animal Evolution. Interrelationship of the living phyla. 3rd edition. Oxford University Press.
Campbell, A.C., 2009. Guía de la flora y fauna de las costas de España y de Europa. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Nelson-Smith, T., y Shields, C., 1998. Flora y fauna de las costas de España y de Europa: guía de identificación. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Ryland, J.S., 1995. Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford: Oxford University Press.
Hickman, F.M. y Hickman, C.P., 1991. Zoología: manual de laboratorio. 7ª ed. Nueva York: McGraw-Hill Interamericana.
Lincoln, R.J. y Sheals, J.G., 1989. Invertebrados: guía de captura y conservación. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas/xerais, transversais e específicas, propias da Zooloxía en particular, e do Grao de Bioloxía en xeral.
Dentro das competencias desta materia dedicarase especial atención ás seguintes:
BÁSICAS E XERAIS
As que figuran o na memoria do grao.
TRANSVERSAIS
CT2. Capacidade de razoamento, argumentación e pensamento crítico.
CT6. Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información utilizadas.
CT7. Capacidade para aplicar as TIC no campo da Bioloxía.
CT8. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, fomentando a iniciativa e a creatividade.
CT10. Capacidade para interpretar resultados experimentais.
ESPECÍFICAS
CE4. Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución.
CE5. Coñecer a diversidade dos seres vivos, os ciclos biolóxicos e desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE6. Desenvolver a capacidade de obter, manipular, conservar, identificar e clasificar especímenes biolóxicos, así como os seus restos e vestixios.
CE10. Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos seres vivos.
A metodoloxía do ensino utiliza clases expositivas (leccións maxistrais, non obrigatorias) combinadas con actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, a utilización do campus virtual, seminarios impartidos polo profesorado (leccións maxistrais, obrigatorias), titorías e prácticas de laboratorio (obrigatorias). Realizaranse exames para avaliar os contidos teóricos e prácticos. Todas as actividades serán presenciais.
A docencia apóiase na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado a través da aula virtual.
Avaliación continua. - As actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, e que se realizan durante as clases expositivas e seminarios, utilizaranse para a avaliación continua, de maneira que a participación (oral ou escrita) dos alumnos será cualificada. Así mesmo, as prácticas de laboratorio estarán suxeitas a avaliación continua, a través da entrega dun informe de prácticas. Estas cualificacións aportarán un 30% á cualificación global da materia: un 15% da memoria de prácticas e un 15% doutras actividades interactivas. Estas últimas son de carácter voluntario, aínda que a súa non realización implica a renuncia por parte do alumno a esta porcentaxe da nota final.
Teoría. - Realizarase un exame final complementario á avaliación continua, presencial e obrigatorio para todos os alumnos (primeira e segunda oportunidades) nas datas que programe o Decanato. Este exame avaliará os coñecementos do estudantado sobre os contidos teóricos da materia. A súa cualificación contribuirá nun 60% á cualificación final.
Prácticas de laboratorio.- A asistencia é obrigatoria. Como se mencionou antes, os contidos das prácticas de laboratorio estarán suxeitos a avaliación continua. Ademais, realizarase un exame de recoñecemento de visu de especies/ taxones representativos dos fíos estudados. Este exame (presencial obrigatorio) realizarase o mesmo día que o exame teórico e contribuirá nun 10% á cualificación final.
Avaliación: a superación da materia implica obter unha cualificación global mínima de aprobado (5), a condición de que se aproben (5) de forma independente tanto o exame teórico, coma o de prácticas (exame de visu). No caso de aprobar unicamente una das partes (teórica, práctica ou visu) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente. A nota de avaliación continua mantense para as dúas convocatorias (só se repíten os exames teórico e de visu). Os alumnos repetidores estarán suxeitos ás mesmas avaliacións ca os de primeira matrícula.
As competencias serán avaliadas da seguinte maneira:
- Cos exames (teórico e práctico) as competencias:
CB1,CB3, CG1, CG2, CG3, CG4, CT2, CT10,CE4,CE5,CE6,CE10
- Coa avaliación continua as competencias:
CB2,CB4,CB5, CG5, CT2, CT6, CT7, CT8, CE4,CE5,CE6,CE10
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.
Clases expositivas (inclúe actividades dos estudantes): 34 h
Prácticas de laboratorio: 12 h
Seminarios: 7 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizados: 1 h
Realización de exames: 3 h
Total horas de traballo presencial: 57
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual: 63 h
Realización de actividades en horario non lectivo: 15 h.
Elaboración de traballos e actividades recomendadas: 15 h.
Total horas de traballo persoal do estudante: 93 h
Asistir ás clases teóricas, prácticas e seminarios.
Consultar a bibliografía recomendada.
Realizar ao longo de todo o curso, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e dulceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “ visu”.
Frecuentar a visita a Museos de Historia Natural, recomendándose especialmente, pola súa proximidade e representatividade da fauna galega, o Museo de Historia Natural da USC.
Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
A materia require o coñecemento previo da diversidade e evolución dos metazoos obtido nas materias previas (especialmente, Fundamentos de Bioloxía Animal e Vexetal). A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que ademais servirá de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se complementarán con Teams e o correo electrónico).
Fernando Cobo Gradin
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813251
- Correo electrónico
- fernando.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Iglesias Piñeiro
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813359
- Correo electrónico
- fjavier.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Andres Baselga Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813278
- Correo electrónico
- andres.baselga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Antonio Fernandez Sanabria
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- jose.sanabria [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
24.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
24.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
24.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |