Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 19 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
Explicar os modelos estruturais básicos de organización dos animais invertebrados non artrópodos.
Describir as características máis importantes da súa forma de vida e as súas adaptacións. Presentar as hipóteses actuais máis relevantes sobre a súa diversificación e relacións filoxenéticas.
Manexar terminoloxía básica e metodoloxía relacionada co seu estudo e clasificación sistemática.
Distinguir os principais grupos de animais invertebrados non artrópodos.
CLASES EXPOSITIVAS: (34 h)
Tema 1. Animais non bilaterais: Porifera, Ctenophora, Placozoa e Cnidaria (9 h)
1.1. Porifera
1.2. Ctenophora
1.3. Placozoa
1.4. Cnidaria
Tema 2. Bilaterais: Protostomia: Spiralia I ( Platyhelminthes, Gnathifera e Spiralia menores) (8 h)
2.1. Introdución aos animais bilaterais. Xenacoelomorpha
2.2. Platyhelminthes
2.3. Gnathifera
2.4. Spiralia menores
Tema 3. Bilaterais: Protostomia: Spiralia II ( Lophotrochozoa) (9 h)
3.1. Lophophorata
3.2. Nemertea
3.3. Annelida
3.4. Mollusca
Tema 4. Bilaterais: Protostomia: Ecdysozoa e Chaetognatha (3 h)
4.1. Nematoda
4.2. Ecdysozoa menores
4.2. Chaetognatha
Tema 5. Bilaterais: Deuterostomia (5 h)
5.1. Echinodermata
5.2. Hemichordata
CLASES PRÁCTICAS (12 h)
Práctica de laboratorio 1.- Observación de Poríferos e Cnidarios. (2 h)
Práctica de laboratorio 2.- Observación de Platelmintos, Rotíferos e Nematodos . (2 h)
Práctica de laboratorio 3.- Anélidos e Moluscos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. (2 h)
Práctica de laboratorio 4.- Equinodermos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. Disección. (2 h)
Práctica 5.- Disección dun Oligoqueto (2h).
Práctica 6.- Observación de invertebrados non artrópodos en mostras de musgo e aguas (nematodos, tardígrados, rotíferos) (2h).
SEMINARIOS. (7 h)
Durante o curso, celebraranse seminarios de 60 a 90 minutos, que abarcarán temas complementarios aos contidos teóricos e prácticos do curso:
- Nomenclatura zoolóxica: conceptos de sistemática, taxonomía, nomenclatura, clasificación e determinación en zooloxía; o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica; principios do código; homonimia e sinonimia; tipificación.
- Eidonomía: especies e biodiversidade; diferentes conceptos de especie; patróns e modelos de especiación.
- Invasións biolóxicas: Convenio sobre a Diversidade Biolóxica; especies exóticas e especies exóticas invasoras; potencial invasor das especies; o proceso de invasión.
- Zooxeografía: concepto de área de distribución; centro de orixe e dispersión; clasificación zooxeográfica.
Os contidos dos seminarios serán materia de exame.
TITORÍAS OBRIGATORIAS. (1 h)
Dedicada a orientar ao estudantado sobre as actividades que requiren a súa participación, tanto na aula como a través da aula virtual, así como a resolver as dúbidas que se lle expoñan en relación con calquera aspecto da materia.
EXAMES. (3h)
Destinados á avaliación dos contidos teóricos e prácticos.
Clases expositivas, prácticas, seminarios, titorías e exames serán presenciais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Brusca, R. C. et al. 2016. Invertebrates. 3rd edition. — Oxford University Press.
Hickman, C.P. et al., 2021. Principios integrales de zoología. 18ª ed. Zaragoza: Grupo Asís.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Editorial Síntesis.
Giribet, G. y Edgecombe G.D. 2020. The Invertebrate Tree of Life. Princeton University Press.
Nielsen, C. 2011. Animal Evolution. Interrelationship of the living phyla. 3rd edition. Oxford University Press.
Campbell, A.C., 2009. Guía de la flora y fauna de las costas de España y de Europa. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Nelson-Smith, T., y Shields, C., 1998. Flora y fauna de las costas de España y de Europa: guía de identificación. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Ryland, J.S., 1995. Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford: Oxford University Press.
Hickman, F.M. y Hickman, C.P., 1991. Zoología: manual de laboratorio. 7ª ed. Nueva York: McGraw-Hill Interamericana.
Lincoln, R.J. y Sheals, J.G., 1989. Invertebrados: guía de captura y conservación. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Coñecementos/contidos: Con01, Con03, Con04, Con08
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D08
Competencias: Com01, Comp02, Comp05, Comp06
A metodoloxía de ensino emprega clases maxistrais (clases maxistrais, asistencia non obrigatoria) combinadas con actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, o uso do campus virtual, seminarios dirixidos polo profesorado (asistencia obrigatoria con rexistro), titorías e prácticas de laboratorio (asistencia obrigatoria con rexistro). Realizaranse exames para avaliar os contidos teóricos e prácticos. Todas as actividades serán presenciais.
Avaliación continua. - As actividades que requiran a participación do alumnado utilizaranse para a avaliación continua, cualificándose a súa participación (oral ou escrita). As prácticas de laboratorio tamén estarán suxeitas a avaliación continua mediante a entrega (obrigatoria) dun informe de laboratorio. Estas cualificacións contribuirán cun 30 % á nota global da materia: 15 % para o informe de laboratorio (obrigatorio) e 15 % para outras actividades (non obrigatorias). A non realización das actividades non obrigatorias suporá a perda da porcentaxe correspondente da nota final por parte do alumnado. A non realización das actividades obrigatorias sen xustificación suporá o suspenso da materia.
Teoría. - Realizarase un exame final complementario á avaliación continua, presencial e obrigatorio para todos os alumnos (primeira e segunda oportunidades) nas datas que programe o Decanato. Este exame avaliará os coñecementos do estudantado sobre os contidos teóricos da materia. A súa cualificación contribuirá nun 60% á cualificación final.
Prácticas de laboratorio.- A asistencia é obrigatoria. Como se mencionou antes, os contidos das prácticas de laboratorio estarán suxeitos a avaliación continua. Ademais, realizarase un exame de recoñecemento de visu de especies/ taxones representativos dos fíos estudados. Este exame (presencial obrigatorio) realizarase o mesmo día que o exame teórico e contribuirá nun 10% á cualificación final.
Avaliación: a superación da materia implica obter unha cualificación global mínima de aprobado (5), a condición de que se aproben (5) de forma independente tanto o exame teórico, coma o de prácticas (exame de visu). No caso de aprobar unicamente una das partes (teórica, práctica ou visu) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente. A nota de avaliación continua mantense para as dúas convocatorias (só se repíten os exames teórico e de visu). Os alumnos repetidores estarán suxeitos ás mesmas avaliacións ca os de primeira matrícula.
Os resultados do proceso de formación e aprendizaxe serán evaluados da siguiente maneira:
- Exames: Con01, Con03, Con04, Con08, H/D01, H/D03, H/D05, Comp02
- Evaluación continua-informe de prácticas: H/D02, Comp01, Comp06
- Evaluación continua-outras actividades: H/D08, Comp05
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.
Clases expositivas (inclúe actividades dos estudantes): 34 h
Prácticas de laboratorio: 12 h
Seminarios: 7 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizados: 1 h
Realización de exames: 3 h
Total horas de traballo presencial: 57
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual: 63 h
Realización de actividades en horario non lectivo: 15 h.
Elaboración de traballos e actividades recomendadas: 15 h.
Total horas de traballo persoal do estudante: 93 h
Asistir ás clases teóricas, prácticas e seminarios.
Consultar a bibliografía recomendada.
Realizar ao longo de todo o curso, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e dulceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “ visu”.
Frecuentar a visita a Museos de Historia Natural, recomendándose especialmente, pola súa proximidade e representatividade da fauna galega, o Museo de Historia Natural da USC.
Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
A materia require o coñecemento previo da diversidade e evolución dos metazoos obtido nas materias previas (especialmente, Fundamentos de Bioloxía Animal e Vexetal). A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que ademais servirá de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se complementarán con Teams e o correo electrónico).
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Fernando Cobo Gradin
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813251
- Correo electrónico
- fernando.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Iglesias Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813359
- Correo electrónico
- fjavier.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Olalla Lorenzo Carballa
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- olalla.lorenzo.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
18.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
18.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
18.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
12.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
12.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |