Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Comprender o triple material xenético vexetal (estrutura e función) e coñecer a súa integración.
-Entender os procesos moleculares do desenvolvemento vexetal: sinais (hormonais e ambientais) e transducción destas.
-Coñecer o uso das diferentes estratexias biotecnolóxicas para distintas aplicacións.
-Teoría:
O xenoma das plantas. Métodos de transformación de plantas e aplicacións. Bioloxía molecular do desenvolvemento. Bioloxía molecular do controllumínico e hormonal do desenvolvemento. Adaptacións moleculares a situacións de estrés.
-Prácticas:
Transformación con agrobacteirum. Plásmidos e clonación de material xenético. Encimas de restrición. Cultivo in vitro. Efecto do tratamento conhormonas.
Bibliografía básica,
Buchanan RB, Gruissem W, Jones RL. 2015 (2ªed). Biochemistry and molecular biology of plants. Chichester (UK): American Society of PlantPhysiologists, Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-470-71422-5. (AVBF 77H/ AVBF 77I/VBF346). http://www.aspb.org/publications/biotext/
Jones R, Ougham H, Thomas H, Waaland S. 2013. The molecular life of plants. Chichester (UK): Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-470-87012. (FVE 327).http://www.wiley.com/go/molecularlifeofplants.
Davies PJ (ed.) 2004 (3ª ed). Plant hormones: biosynthesis, signal transduction, action. Kluwer Academic Publishers, Dordrecht. ISBN 1-4020-2685-4(1-4020-2686-2 e-book) (FVE 181)
Taiz L, Zeiger E, Moller IA, Murphy A. 2015 (6th ed.). Plant physiology and development. Sunderland (MA): Sinauer Associates Inc. ISBN 978-1-60535-255-8. (FVE 374; 5ª ed. FVE317; 4º ed. 132, 196; en castellano, FVE 119/225) http://6e.plantphys.net/
Álvarez, MA. 2014. Plant biotechnology for health: from secondary metabolites to molecular farming. Heidelberg : Springer. ISBN 978-33-190-57705.(FVE 380).
Srivastava PS, Narula A, Srivastava S. 2004. Plant biotechnology and molecular markers. New Delhi : Anamaya Publishers. ISBN 1-4020-1911-4. (FVE165).
Bibliografía complementaria,
Azcón-Bieito J, Talón M (eds). 2008 (2ª ed.). Fundamentos de Fisiología vegetal. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 978-84-481-5168-3. (FVE120/121/122/123/241).
Barceló J, Nicolás G, Sabater B, Sánchez-Tamés R. 2000 (7ª ed.). Fisiología Vegetal. Madrid: Pirámide. ISBN 84-368-1521-4. (FVE 12).
García Breijo FJ, Roselló Caselles J, Santamarina Siurana MP. 2006. Introducción al funcionamiento de las plantas. Valencia: Ediciones UniversidadPolitécnica de Valencia. ISBN 84-9705-944-1. (FVE 201)
Hopkins WG, Hüner NPA. 2009 (4ª ed.). Introduction to plant physiology. Nueva York (NY): Wiley. ISBN 978-0-470-24766-2. (FVE 288/344).
Pineda, M. 2004. Resúmenes de Fisiología Vegetal. Córdoba: Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba. ISBN 84-7801-718-6 (FVE145/243)
Páxinas webs,
http://6e.plantphys.net/
http://www.wiley.com/go/buchanan/biochem
http://plantphys.info/Plant_Biology/Schedule.html
http://www.biologia.edu.ar/plantas/indplantas.htm
http://plantsinmotion.bio.indiana.edu/plantmotion/starthere.html
Con06: Coñecer en profundidade os principais procesos fisiolóxicos e metabólicos dos organismos pluricelulares, así como identificar e explicar as bases moleculares e a regulación destes procesos.
Con07: Coñecer e interpretar a estrutura, organización, transmisión, expresión, regulación e evolución do material xenético.
Con10: Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.
H/D05: Utilizar técnicas adecuadas para estudar a estrutura e función do material xenético para o desenvolvemento de aplicacións biotecnolóxicas.
H/D08: Planificar e utilizar os principais métodos experimentais dirixidos á análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemento de sistemas terapéuticos e avaliación de substancias activas.
H/D12: Elaborar, redactar e expoñer oralmente un estudo ou proxecto no ámbito da Bioquímica, interpretando criticamente os resultados obtidos e valorando as conclusións alcanzadas.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, a partir dunha síntese e análise que permita a toma de decisións.
Comp08: Ser capaz de comunicar conclusións e coñecementos de forma argumentada a públicos especializados e non especializados con claridade e precisión, tamén en linguas estranxeiras, principalmente en inglés.
CLASES EXPOSITIVAS
As clases expositivas terán lugar durante o primeiro semestre, segundo o horario aprobado polo centro. A materia impartirase en clases maxistrais(expositiva en grupo grande), onde o profesor expoñerá os contidos da materia coa axuda de medios audiovisuais (encerado e canón de proxección).Anteriormente á exposición, todo o material necesario para o seguimento da clase estará dispoñible para os alumnos no CampusVirtual.
Requirirase a participación dos alumnos en todo momento, discutindo o aprendido no tema e relacionándoo cos temas anteriores.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
As prácticas de laboratorio iranse realizando simultaneamente coas clases teóricas. Estas prácticas estarán relacionadas cos contidos teóricos da materia.Durante as prácticas, realizaranse unha serie de experimentos, seguimentos e/ou observacións aplicando protocolos experimentais descritos no guión deprácticas. Este guión estará ao dispor do alumno na aula virtual, antes de cada sesión e os alumnos deberán revisar lo antes de comezar a práctica.Durante a realización da práctica, os alumnos irán tomando notas da mesma para poder ser avaliados posteriormente. A asistencia ás prácticas éobrigatoria. Están exentos desta obrigación os alumnos que realizasen todas as prácticas anteriormente, as prácticas gardaranse durante dous cursos.
CLASES INTERACTIVAS (SEMINARIOS)
Nos seminarios, os alumnos de forma individual ou en grupo realizarán un traballo relacionado cos contidos teóricos da materia. Os alumnos terán queexpoñer o tema de forma oral usando o canón e o encerado. Posteriormente, tanto os demais alumnos como o profesor, preguntarán as dúbidas que llesxurdiran durante a exposición do tema.
TITORÍAS
As titorías servirán para resolver as dúbidas que lle xurda ao alumno durante a aprendizaxe da materia. Estas dúbidas serán resoltas e discutidas deforma colectiva polo profesor e os alumnos, propiciando a participación activa do alumno na súa propia aprendizaxe.
Avaliación teórica:
A avaliación teórica consistirá nun exame escrito sobre os contidos da materia. O profesor avaliará o dominio dos coñecementos teóricos da materia. Acualificación será o 60% da nota final. Os Coñecementos, Habilidades/Destrezas e Competencias asociados son os seguintes: Con06, Con07, H/D05, Comp01.
Avaliación práctica:
O profesor avaliará a asistencia, participación e o aproveitamento das prácticas. A avaliación das prácticas terá lugar a través da entrega dunha memoriade prácticas ou dun exame de prácticas. A asistencia a todas as prácticas é obrigatoria. A cualificación será un 25% da nota final. Os Coñecementos, Habilidades/Destrezas e Competencias asociados son os seguintes: Con07, Con10, H/D08 e Comp01.
Avaliación clases interactivas (seminarios):
A asistencia a todos os seminarios é obrigatoria para ser cualificado neste apartado. Cualificarase tanto a exposición do traballo como a capacidade deresponder as preguntas sobre o mesmo. A cualificación será o 15% da nota final. Os Coñecementos, Habilidades/Destrezas e Competencias asociados son os seguintes: Con06, Con07, H/D12 e Comp08.
A cualificación final da materia será a suma das notas obtidas na avaliación teórica, prácticas, seminario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académicodos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A proba final é obrigatoria para o estudantado non apto na avaliación continua.
Horas presenciais:
• Clases expositivas: 30 horas
• Clases interactivas (seminarios): 3 horas
• Prácticas de laboratorio: 15 horas
• Titorías en grupos reducidos: 3 horas
Horas totais presenciais: 51 horas
Traballo persoal do alumnado
• Lectura e preparación dos temas: 20 horas
• Preparación das prácticas de laboratorio: 4 horas
• Preparación do informe ou exame de prácticas: 20 horas
• Preparación dos seminarios: 14 horas
• Preparación do exame: 41 horas
Horas totais non presenciais: 99 horas
Horas totais de traballo do alumnado: 150 horas
• A asistencia ás actividades da materia e un estudo continuado da mesma son a mellor garantía para superar a materia.
• Implicación e participación activa nas discusións que se susciten nos diferentes tipos de sesións; sendo consciente o alumno do seu rol central naadquisición de competencias.
• Consultar cada tema previamente ás sesións, independentemente do carácter das mesmas, na bibliografía recomendada. E posteriormente, parareforzar o aprendido.
• Traballar diariamente facilitará o seguimento das clases, das prácticas e a superación das probas de avaliación.
• Resumir o estudado con táboas e/ou esquemas que relacionen as diferentes partes da materia.
Ter coñecementos básicos de Bioloxía e Bioquímica facilitará o seguimento da materia.
Javier Veloso Freire
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 982822467
- Correo electrónico
- javier.veloso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
20.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
20.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |