Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Organización de Empresas, Toxicoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Saber identificar a empresa como un sistema aberto.
- Coñecer o marco institucional e xurídico da empresa.
- Comprender a organización e xestión das empresas.
- Coñecer os subsistemas funcionais.
- Coñecer a terminoloxía empregada no ámbito da Administración e Organización Industrial.
- Coñecer os principios éticos no ámbito da investigación bioquímica.
1. Concepto de empresa e empresario
2. Os limitantes dos administradores
3. Subsistema de investimento e financiamento
4. Subsistema de marketing
5. Subsistema de dirección e recursos humanos
6. Subsistema de produción
7. Principios da bioética. Bioética e investigación con seres humanos e con animais. Ética na publicación científica.
BÁSICA:
Ganaza Vargas, J. G. (2017). Introducción a la economía de la empresa. Madrid: Pirámide
González Domínguez, F. J., & Ganaza Vargas, J. D. (2017). Fundamentos de Economía de la empresa. Madrid: Pirámide.
Gracia, D. (2008). Fundamentos de bioética. Humanidades médicas. Madrid: Triacastela.
Hernández Arriaga, J. L. (2002). Ética en la investigación Biomédica. Madrid: Manual Moderno.
Maynar Mariño, P., Bañegil Palacios, T. M., & Galera Casquet, C. (2008). La economía de la empresa en el espacio europeo de educación superior. Madrid: Mc-GrawHill
COMPLEMENTARIA:
Armstrong, G., Kotler, P., Merino, M. J., Pintado, T., & Juan, J. M. (2011). Introducción al marketing (3ª edición). Madrid: Pearson.
Carrasco, M. A., Pastor, L. M., & Valera, L. (2022). 50 años de Bioética. El futuro es hoy. Tirant Lo Blanch.
Curto Rodríguez, E., García Chas, R., & Castro Casal, C. (Coord.) (2016). Introducción a la dirección de empresas. Madrid: Pearson.
Robbins, S. P., Coulter, M., & DeCenzo, D. A. (2017). Fundamentos de Administración. México: Pearson.
Sánchez González, M. A. (2021). Bioética en ciencias de la salud (2ª edición). Madrid: Elsevier.
Santesmases Mestre, M., Merino Sanz, J. J., Sánchez Herrera, J., & Pintado Blanco, T. (2018). Fundamentos de marketing (2ª edición). Madrid: Pirámide
Poderase recomendar bibliografía específica para os distintos contidos.
H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas diferentes materias do título para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de resolvelos.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permita tomar decisións.
Comp05: Colaborar en equipos interdisciplinares en calquera ambiente de traballo, partindo do coñecemento da contorna e da normativa legal vixente.
Con11: Interpretar adecuadamente o marco institucional e xurídico no ámbito empresarial, protección da propiedade intelectual e industrial, aspectos éticos e bioéticos, etc.
As sesións dedicadas ás clases expositivas ou maxistrais (33 horas) utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
Durante as clases prácticas abordarase a resolución de problemas mediante a metodoloxía do estudo de casos. Nos seminarios (3 horas) e laboratorios (12 horas) abordaranse traballos tales como a resolución de exercicios e casos, procura de información ou análise de documentos e lecturas, entre outros. En moitos casos, logo da súa elaboración, efectuarase unha posta en común e/ou debate sobre os mesmos (presentación en clase). Algunhas actividades abordaranse de forma individual e outras en grupo; algunhas resolveranse na súa totalidade en horario lectivo, outras comezaranse en horario lectivo e deberán ser abordadas/finalizadas na parte de traballo autónomo do alumnado, e outras prepararanse no tempo dedicado ao traballo autónomo e resolveranse en horario lectivo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías (principalmente nas sesións de titoría en grupo: 3 horas), que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
Utilizarase a aula Virtual como ferramenta de comunicación e soporte á docencia.
O desenvolvemento das sesións realizarase de forma presencial nos horarios de clase establecidos, sendo obrigatoria a asistencia ás sesións (expositivas, seminarios e laboratorios) se se quere puntuar na avaliación continua. As titorías adicionais (non programadas no horario da materia), realizaranse preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) ou asincrónica (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario publicado oficialmente polo profesorado.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: exame teórico, traballos e estudo de casos realizados nas sesións de seminario e laboratorio, presentación de traballos e participación activa en clases e debates.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
A. Avaliación continua (peso na cualificación final: 30%), repartida como segue:
- A 1.Aproveitamento das prácticas en laboratorio (24% da cualificación).
- A2. Elaboración e presentación dos traballos encargados nos seminarios (6% da cualificación).
Cada unha das actividades propostas ao alumnado avaliaranse nunha proporción 70/30 (70% contido; 30% presentación e participación activa na resolución dos problemas e debates en clase).
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias:
- Aproveitamento das prácticas en laboratorio: Con11, H/D13, Comp01, Comp05.
- Elaboración dos traballos encargados nos seminarios: Con11, H/D13, Comp01, Comp05.
B. Exame final de contidos (peso na cualificación final: 70%): proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias/coñecementos desenvolvidos ao longo do curso.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: Con11, H/D13.
Para poder sumar B e A é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2.8 sobre 7 no exame de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 7 puntos nesta convocatoria.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará á puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten asignados 6 créditos ECTS. Cada crédito equivale a 25 horas, co que ten unha carga de traballo para o alumnado de 150 horas, entre as que se inclúen como actividades presenciais: 33 h expositivas, 12 h interactivas de laboratorio, 3 h interactivas de seminario e 3 h de titorías. O traballo persoal do alumnado ascende a 99 horas.
- Asistir e participar tanto nas clases expositivas como nos laboratorios e seminarios.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Examinar os materiais recomendados polo profesorado e/ou entregados fisicamente ou a través da aula virtual.
- Recorrer ao profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
A docencia impartirase en galego e español.
Paula Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824475
- Correo electrónico
- paula.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Lendoiro Belio
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- elena.lendoiro [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mencia Hermida Garcia
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mencia.hermida.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
19.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
19.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |