Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar a estrutura das diferentes clases de biomoléculas
- Coñecer as características estruturais e as funcións das diferentes biomoléculas
- Coñecer as bases estruturais das interaccións entre diferentes tipos de biomoléculas
- Diferenciar os niveis de organización estrutural das diferentes biomoléculas para formar estruturas supramoleculares
- Coñecer os fundamentos das técnicas de purificación e caracterización estrutural de proteínas
- Adquirir experiencia de laboratorio para o manexo de técnicas bioquímicas básicas
1. CONTIDOS TEÓRICOS
Temario clases expositivas
UNIDADE DIDÁCTICA 1. INTRODUCIÓN
Tema 1.- Concepto de Bioquímica. Organización da materia viva.
Tema 2.- Propiedades da auga: polaridade e ionización. Concepto de pH e solucións reguladoras de pH.
UNIDADE DIDÁCTICA 2. ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DAS PROTEÍNAS
Tema 3.- Estrutura, clasificación e propiedades dos aminoácidos proteinóxenos. Aminoácidos pseudoproteinóxenos. Aminoácidos non proteinóxenos.
Tema 4. O enlace peptídico. Estrutura e función de péptidos de interese biolóxico. Clasificación e función das proteínas. Niveis de organización estrutural das proteínas. Proteínas globulares e proteínas fibrosas. Desnaturalización. Propiedades ácido-base das proteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 3.- ESTRUCTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS GLÚCIDOS
Tema 5. Estrutura, clasificación e propiedades dos monosacáridos. Derivados dos monosacáridos de interese biolóxico.
Tema 6. O enlace glicosídico. Oligosacáridos de interese biolóxico. Polisacáridos de reserva e polisacáridos estruturais. Glicoproteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 4.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS ÁCIDOS NUCLEICOS
Tema 7. Bases púricas e pirimidínicas. Nucleósidos e nucleótidos. Nucleótidos libres con funcións específicas.
Tema 8. Niveis de organización estrutural do ADN. Características estruturais dos diferentes tipos de ARN. Asociación ARN-proteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 5.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS LÍPIDOS
Tema 9. Estrutura e propiedades dos ácidos graxos. Derivados de ácidos graxos: estrutura e funcións dos eicosanoides.
Tema 10. Triacilgliceroles e ceras. Fosfoglicéridos. Esfingolípidos. Lípidos derivados do isopreno: esteroides e ubiquinona.
Tema 11. Estrutura e clasificación das lipoproteínas. Membranas celulares. Mecanismos de transporte a través de membranas.
UNIDADE DIDÁCTICA 6.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DAS VITAMINAS
Tema 12. Vitaminas liposolubles: A, D, E y K.
Tema 13. Vitaminas hidrosolubles. Coenzimas derivados das vitaminas hidrosolubles.
Seminarios:
Bases dalgunhas técnicas básicas de estudio de proteínas
1. Seminario 1. Cromatografía: fundamentos e tipos. Equipamento de cromatografía. HPLC, FPLC, cromatografía de gases.
2. Seminario 2. Electroforese: fundamentos. Electroforese en xeles de poliacrilamida-SDS. Isoelectroenfoque. Electroforese 2D.
3. Seminario 3. Nocións básicas de proteómica. Espectrometría de masas. Bases de datos e ferramentas informáticas en estudios proteómicos.
2. CONTIDOS PRÁCTICOS
P1. Preparación dunha disolución tampón [uso de balanzas, axitadores magnéticos, pipetas automáticas, pH-metro]
P2. Obtención dun extracto cru a partir dun tecido; procesos de homoxenización e centrifugación [uso de homoxenizador Potter-Elvehjem, centrífuga refrixerada de alta velocidade; fraccionamento celular; extracción proteínas de membrana]
P3. Determinación da concentración de proteínas nunha mostra biolóxica por o método de Lowry [uso de pipetas automáticas, espectrofotómetro]
P4. Cromatografía de xel filtración: separación de hemoglobina e mioglobina [uso de pipetas automáticas, columna de cromatografía; observación do funcionamento integrado dun equipo semiautomatizado de cromatografía en columna]
P5. Separación de proteínas de soro sanguíneo mediante electroforese en acetato de celulosa [uso de pipetas automáticas, cubeta electroforese, fonte de alimentación; observación da construción e utilización dun xel de proliacrilamida e dos resultados dunha SDS-PAXE]
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- NELSON, D.L. & COX, M.M., Lehninger Principios de Bioquímica, 7ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2018.
- TYMOCZKO, J.L., BERG, J.M. & STRYER, L., Bioquímica: curso básico. Ed. Reverté; Barcelona, 2014.
- STRYER,L; BERG, J.M. & TYMOCZCO, J.L., Bioquímica con aplicaciones clínicas, 7ª ed., Ed. Reverté, Barcelona, 2013.
- VOET, D., VOET, J. & PRAT, C.W., Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed., Ed. Panamericana, Buenos Aires, 2016 (versión electrónica).
- MCKEE, T. & MCKEE, J.R. Bioquímica: las bases moleculares de la vida. 5ª ed., Ed. McGRawHill Interamericana, México, 2014 (versión electrónica).
- KOOLMAN, J. & RÖHM, K.H., Bioquímica: texto y atlas, 4ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2012.
- TEIJÓN, J.M., BLANCO, M.D., OLMO, R.M., POSADA, P., TEIJÓN, C. & VILLARINO, A. Fundamentos de Bioquímica estrutural, 3ª ed., Ed. Tébar Flores, Madrid, 2017.
- HERRERA, E., RAMOS, M.P., VIANA, M., Bioquímica básica. Ed. Elsevier, Barcelona, 2014
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- GE Healthcare, Principles & Methodology Handbooks (acceso libre)
https://www.cytivalifesciences.com/en/es/support/handbooks
- Protopedia; estructura 3D de proteínas e outras biomoléculas
http://proteopedia.org/wiki/index.php/Main_Page
- Martínez del Pozo , A. (2020) Moléculas imprescindibles para a vida
https://www.sebbm.es/web/es/divulgacion/moleculas-de-la-vida#!114_Acido…
- SEBBM: Videos e experimentos on-line
https://www.sebbm.es/web/es/divulgacion/rincon-profesor-ciencias/recurs…
- Vídeos cromatografía (revisados xullo 2020)
https://www.news-medical.net/life-sciences/How-Does-Ion-Exchange-Chroma…
https://www.news-medical.net/life-sciences/Chromatography-Overview.aspx
https://www.azolifesciences.com/article/High-Performance-Liquid-Chromat…
- Vídeos electroforese (revisados xullo 2020)
https://www.youtube.com/watch?v=_8xftsCIwYo
https://www.youtube.com/watch?v=i_6y6Z5UvwE
-Proteómica
- Corrales, FJ (2019) Traduciendo el código de la vida. La proteómica
DOI: http://dx.doi.org/10.18567/sebbmdiv_RPC.2019.08.1
- Aebersold, R., Mann, M. (2003) Mass spectrometry-based proteomics. Nature 422, 198–207 (https://doi.org/10.1038/nature01511
- Cox J, Mann M. Is proteomics the new genomics? (2007). Cell, 130, 395-398. doi:10.1016/j.cell.2007.07.032
Básicas e xerais
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1. Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
CG6. Capacidade para traballar de forma adecuada nun laboratorio aplicando as normas de seguridade e as normativas específicas de manipulación de material biolóxico e/ou químico.
Transversais
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
CT6: Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información procedente de fontes diversas.
CT9: Capacidade para transmitir coñecementos.
Específicas
CES7 - Comprender os principios que determinan a estrutura tridimensional de macromoléculas e
complexos supramoleculares biolóxicos, e ser capaz de explicar as relacións entre a estrutura e a
función. Comprender as bases bioquímicas e moleculares do plegamento, modificación postraduccional,
tráfico intracelular, localización subcelular e recambio das proteínas celulares. Comprender a estrutura
das membranas celulares e o seu papel no transporte de moléculas, transducción de enerxía e
transducción de sinais
De acordo coas "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021", aprobado polo Consello de Goberno da USC, contémplanse tres posibles escenarios:
Escenario 1. NORMALIDADE ADAPTADA
a) Os contidos teóricos desenvolveranse do seguinte xeito:
- Clases expositivas presenciais (30 sesións). A exposición dos contidos apoiarase en presentacións elaboradas especificamente para cada tema. Para un mellor seguimento das clases, o alumnado disporá de material didáctico específico de cada tema (en castelán e en galego) a través da aula virtual.
- Seminarios presenciais (3 sesións; 1h/sesión), dedicados a explicar nocións básicas sobre o fundamento e tipos de técnicas de illamento e caracterización estrutural de proteínas. A explicación estará apoiada en presentacións e vídeos.
O alumnado deberá elaborar en horas de traballo autónomo e ben de maneira individual ou en grupos, un traballo proposto polo profesorado e relacionado cos contidos da materia.
- Titorías presenciais en grupo reducido (3 sesións; 1 h/sesión), que servirán para desenvolver e reforzar a aprendizaxe dos contidos fundamentais da materia e fomentar a participación activa do alumnado. Para este fin, durante a sesión formularanse, de xeito secuencial, unha serie de cuestións que o alumno/a deberá resolver con respostas razoadas, coa orientación e guía do profesor. Estas cuestións servirán de fío condutor para repasar os contidos fundamentais da materia e reforzar a súa comprensión. Nas sesións de titoría prestarase especial atención e farase fincapé no emprego da terminoloxía axeitada.
b) Os contidos prácticos impartiranse en 5 sesións de laboratorio. Co fin de asegurar as distancias de seguridade, os grupos de prácticas serán de 10 alumnos/as como máximo, polo que será necesario reducir a presencialidade das prácticas ao 50%. O alumnado disporá dun «Manual de Prácticas» na aula virtual, no que se describen os obxectivos, o fundamento das técnicas que se utilizan e a metodoloxía empregada. Cada grupo de 10 alumnos realizará no laboratorio o traballo experimental esencial que será completado cunha sesión titorial vía telemática para a explicación da práctica e das claves para a interpretación dos resultados obtidos. O alumnado deberá elaborar unha memoria de prácticas, na que se presenten, interpreten e discutan os resultados obtidos, seguindo as indicacións do Manual de Prácticas. Esta memoria de prácticas deberá ser entregada na aula virtual para a súa valoración.
En todas as clases manteranse as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas, incluída a obrigatoriedade de mascarilla cando non sexa posible garantir a distancia mínima recomendada. Todo o alumnado deberá acudir ás prácticas de laboratorio provisto de mascarilla, luvas de látex e bata de laboratorio.
Escenario 2. DISTANCIAMENTO
As clases expositivas impartiranse por vía telemática nos horarios programados, empregando as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC: aula virtual e MS Teams. Os seminarios e as titorías en grupo reducido serán presenciais.A metodoloxía nas clases prácticas será a mesma que no escenario 1.
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS
Tanto as clases expositivas como os seminarios e as titorías en grupo reducido impartiranse por vía telemática nos horarios programados, empregando as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC: aula virtual e MS Teams. As sesións de prácticas de laboratorio presenciais serán substituídas por sesións titoriais por vía telemática, respectando os horarios programados. Nestas sesións profundarase na explicación das técnicas tratadas nos seminarios co apoio de gravacións en vídeo. Neste caso os alumnos/as deberán elaborar un traballo (portafolio) acerca das técnicas explicadas nestas sesión que será valorado no proceso de avaliación en lugar da memoria de prácticas.
Avaliaranse os seguintes apartados:
1) Valoración das prácticas de laboratorio (20% da cualificación global).
Valorarase a destreza e habilidade no manexo do material e equipamento de laboratorio, a actitude e o interese mostrado no desenvolvemento da práctica (observación directa do profesor), e a presentación dos resultados e a capacidade para interpretar e discutir sobre os datos obtidos(valoración da memoria de prácticas).No caso da imposibilidade de realizar prácticas de laboratorio presenciais (escenario 3) valorarase exclusivamente o traballo de prácticas presentado. Competencias avaliadas: CB1, CG1, CG6, CES7.
2) Valoración dun traballo individual realizado sobre un tema relacionado cos contidos da materia (5% da cualificación global). Competencias avaliadas: CT5, CT6, CES7.
3) Valoración da participación activa nas titorías en grupo (15 % da cualificación global). Valorarase a capacidade para responder correctamente ás preguntas que se formulen relacionadas cos contidos clave tratados previamente nas clases expositivas, e o uso da terminoloxía axeitada, mediante a observación directa do profesor. Competencias avaliadas: CB1, CG1, CT9, CES7.
4) Valoración do nivel de coñecementos adquiridos (60% da cualificación global). Valorarase a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos mediante unha proba escrita tipo test e de preguntas de resposta aberta. Competencias avaliadas: CB1, CG1, CT9, CES7.
REQUISITOS:
1. Para ter en conta as cualificacións dos apartados 1, 2 e 3, o alumno/a deberá obter una cualificación mínima de 5 puntos/10 na proba escrita (apartado 4).
2. A asistencia presencial e participación activa nas clases prácticas de laboratorio (SALVO NO CASO DO ESCENARIO 3) é un requisito indispensable para poder realizar o exame final, e polo tanto aprobar a materia, tanto na convocatoria ordinaria coma na oportunidade de recuperación. A falta de asistencia a unha práctica deberá ser xustificada documentalmente e, sempre que sexa posible, comunicada con antelación. O alumno/a deberá recuperar a(s) práctica(s) non realizada(s) noutro grupo que lle sexa asignado. En caso de non recuperala(s) considérase que as prácticas non foron superadas.
MODO DE REALIZACIÓN DE EXAMES
- Escenario 1: o exame final realizaranse de forma presencial.
- Escenario 2: o exame final realizaranse de forma presencial ou telemática a través da aula virtual dependendo da situación do momento e do que dispoñan as autoridades sanitarias e académicas.
- Escenario 3: o exame final realizaranse de forma telemática a través da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de probas o exames será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TEMPO TOTAL DE TRABALLO PARA O ALUMNO/A: 150 horas
1. Clases presenciais: 51 horas, distribuídas do seguinte xeito:
- 30 h clases expositivas
- 3 h seminarios
- 15 h de prácticas de laboratorio
- 3 h titorías en grupo reducido
2. Tempo de estudo e traballo persoal: 99 horas, distribuídas do seguinte xeito:
- Asimilación de contidos teóricos: 78 horas de estudo e resolución de problemas.
- Elaboración dun traballo académico: 6 h
- Elaboración da memoria de prácticas: 15 horas de traballo individual.
O tempo de estudo e traballo persoal estimado para superar a materia mantense nos tres escenarios previstos.
Recoméndase aos alumnos/as dedicar un tempo de estudo e traballo persoal xusto despois de cada clase expositiva para ordenar, entender e fixar os conceptos fundamentais do tema en cuestión. Nese caso, o alumno/a estará en condicións de participar dunha forma activa nas clases de titoría; ademais, o tempo de estudo previo ao exame que o alumno/a deberá dedicar para superar a materia reducirase considerablemente.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía
Nos escenarios 1 e 2 as clases prácticas de laboratorio serán en grupos de 10 alumnos/as como máximo, reducindo a presencialidade ao 50%. O traballo de laboratorio será completado cunha sesión titorial telemática.
No escenario 2 a docencia teórica de clases expositivas será por medios telemáticas utilizando as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC: aula virtual e MS Teams. Manteranse os horarios programados.
No escenario 3 toda a docencia será por medios telemáticos utilizando as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC: aula virtual e MS Teams. Manteranse os horarios programados.
Avaliación
No escenario 2 os exames realizaranse de forma presencial ou telemática a través da aula virtual dependendo da situación do momento e do que dispoñan as autoridades sanitarias e académicas. No escenario 3 os exames realizaranse de forma telemática a través da aula virtual.
Para los casos de realización fraudulenta de pruebas el exámenes será de aplicación el recogido en la "Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudiantes e de revisión de cualificaciones”.
Jose Antonio Villamarin Cid
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- antonio.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Izaskun Ibarguren Ariceta
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 982822209
- Correo electrónico
- mdeizaskun.ibarguren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | SALON ACTOS |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | SALON ACTOS |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |
05.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |