Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 23 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1. Describir os compoñentes básicos, a estrutura e a función das células, os tecidos e os órganos.
2. Asimilar as características complexas dos órganos animais como conxuntos de células agrupadas en tecidos que colaboran no desenvolvemento das funcións específicas de cada órgano.
3. Aplicar a terminoloxía básica en Bioloxía Celular e Histoloxía, aprendendo a describir con precisión e corrección as estruturas e procesos celulares e tisulares.
4. Manipular correctamente un microscopio óptico.
5. Recoñecer a estrutura histolóxica de diferentes órganos humans e animais.
Programa expositivo. Os contidos impartiranse en sesións expositivas de 50 min de duración de acordo co horario programado.
Citoloxía
1. Consideracións históricas. Teoría celular. Estrutura xeneral da célula eucariota.
2. SUPERFICIE CELULAR: Composición e estrutura da membrana celular. Diferenciacións da membrana. Unións intercelulares. Transporte a través da membrana
3. CITOESQUELETO: Microfilamentos. Filamentos intermedios. Microtúbulos. Composición, estrutura e funcións
4. ORGÁNULOS CELULARES I: Ribosomas. Retículo endoplásmico. Composición organización e función. Complexo de Golgi. Composición organización e funcións.
5. Lisosomas e peroxisomas. Estrutura, composición e función. Mitocondrias. Organización e función. Citocentro ou centrosoma: organización e función.
6. NÚCLEO: Envoltura nuclear e organización do interior nuclear. Nucléolo.
7. Ciclo celular. Diferenciación celular. Poboacións celulares. Morte celular.
Histoloxía
8. EPITELIOS: Características dos epitelios. Epitelios de revestimento e glandulares.
9. TECIDOS CONECTIVOS. Tipos de tecidos conectivos. Tecido adiposo. Características xerais e tipos.
10. Tecido cartilaxinoso. Compoñentes e organización histolóxica. Tecido óseo. Compoñentes e estrutura macroscópica e microscópica.
11. SANGUE: Composición, Plasma. Eritrocitos. Leucocitos. Plaquetas. Hematopoiese.
12. TECIDO MUSCULAR. Tecido muscular estriado. Tecido muscular cardíaco. Tecido muscular liso.
13. TECIDO NERVIOSO. Neurona. Fibra nerviosa. Sinapse. Neuroglía.
Organografía
14. SISTEMA VASCULAR SANGUÍNEO. Estrutura xeneral dos vasos sanguíneos. Arterias. Veas. Capilares. Corazón. Sistema vascular linfático.
15. APARELLO DIXESTIVO. Características xerais. Cavidade oral. Farinxe. Esófago. Estómago.
16. Intestino. Xeneralidades. Intestino delgado. Intestino groso.
17. Glándulas salivares. Páncreas. Fígado. Vesícula biliar.
18. APARELLO RESPIRATORIO. Características xerais: Cavidade nasal. Larinxe. Tráquea. Pulmón. Pleura.
19. APARELLO EXCRETOR. Ril. Vías urinarias.
20. APARELLO REPRODUTOR DO MACHO. Testículo. Epidídimo. Conduto deferente. Glándulas anexas.
21. APARELLO REPRODUTOR DA FEMIA: Ovario. Oviduto. Útero. Vaxina
22. SISTEMA LINFOIDE. Xeneralidades. Timo. Linfonodos. Bazo.
23. SISTEMA ENDOCRINO. Hipófise. Tiroides. Paratiroides. Adrenais.
24. SISTEMA NERVIOSO. Sistema nervioso central. Meninxes. Encéfalo. Médula espiñal.
25. Sistema nervioso periférico: nervios e ganglios. Órganos dos sentidos.
Programa Interactivo
As sesións prácticas terán unha duración de 2 horas:
1. Introdución a microscopia óptica e electrónica
2. Tecido epitelial
3. Tecido conectivo e tecidos conectivos especiais: graxa, cartílago e óso
4. Tecido muscular
5. Sangue e vasos sanguíneos
6. Aparello gastro-pulmonar
7. Aparello xénito-urinario
8. Sistemas linfático e endocrino
9. Tecido nervioso, sistema nervioso e órganos dos sentidos
10. Exame
Bibliografía básica:
-BACHA, W. (2012). Colour Atlas of Veterinary Histology. 3rd ed. Wiley-Blackwell
-EURELL, J.A., FRAPPIER, B.L. (2006). Dellmann's Textbook of Veterinary Histology 6th ed. Willey
-GARTNER, L.P. & LEE, L. (2023). Gartner & Hiatt Histología. Atlas en Color y Texto. 8ª ed. Wolters Kluwer
-JUNQUEIRA, L.C., & CARNEIRO J. (2021). Histología Básica: Texto y Atlas. Panamericana.
-KIERSZENBAUM, A. L (2019). Histology and cell biology: an introduction to pathology. 5th ed. Elsevier
-OVALLE, W.K., NAHIRNEY, P.C. (2021). Netter. Histología esencial. Con correlación histopatológica. 3ª ed. Elsevier.
-ROSS, M. H., PAWLINA, W. (2016). Histología, texto y atlas. Correlación con biología molecular celular. 7ª ed. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins.
-ROSS, M.H. & PAWLINA, W. (2018). Histology: A text and atlas: with correlated cell and molecular biology. 8th ed.Wolters Kluwer.
-SALGUERO-BODES, F.J., PALLARES-MARTÍNEZ, F.J. (2023). Aughey and Frye’s Comparative Veterinary Histology with Clinical Correlates. 2nd ed. CRC Press.
-YOUNG, B., HEATH, J.W., STEVENS A., BURKITT H. G. (2013). Wheater's Functional Histology: a text and colour atlas. 6th ed. Churchill Livingstone-Elsevier.
Bibliografía complementaria:
Histology-World. http://www.histology-world.com/.
Molecular Expressions Microscopy Primer_ Introduction to Microscopy. http://micro.magnet.fsu.edu/primer/.
Nikon Microscopy. https://www.microscopyu.com/.
The Biology Project. http://www.biology.arizona.edu/.
Atlas histológico interactivo. http://www.ujaen.es/investiga/atlas/.
Atlas interactivo de histología http://www.unioviedo.es/morfologia/Atlas/es/download.htm.
Martindale’s "The Reference Desk". http://www.martindalecenter.com/Vet_8_Subject.html#Histo-C.
Histología. Facultad de Medicina. Universidad de Zaragoza.
http://wzar.unizar.es/acad/histologia/
Website of Histology. School of Medicine. Southern Illinois University.
http://www.siumed.edu/~dking2/index.htm
Histology Guide virtual histology laboratory. http://www.histologyguide.com/
Atlas de histología vegetal y animal: http://mmegias.webs.uvigo.es/inicio.html
A Biblioteca Universitaria conta co servizo EZproxy que garante o acceso a os recursos electrónicos a toda la comunidade universitaria.
Tamén se recomenda a BUSC EN LIÑA https://busconline.gal.
A través do portal (http://sfx.bugalicia.org/san/az) podaranse realizar pesquisas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a búsqueda a través de PubMed ou Google Scholar.
BÁSICAS
CB5-Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
XERAIS
CG1.- Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
TRANSVERSAIS
CT11 - Capacidade para o aprendizaxe autónomo.
CT12 - Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
CT14 - Capacidade de aplicar os coñecementos a práctica.
ESPECIFICAS
CES2.- Coñecer e entender as diferencias entre células procariotas e eucariotas, así como a estrutura e función dos distintos tipos celulares (en organismos multicelulares) e dos seus órganos subcelulares.
A presencialidade combinarase coa aplicación de medidas hixiénico-sanitarias (hidroxel, obrigatoriedade de mascarilla cando non sexa posible garantir a distancia mínima).
• Clases expositivas con apoio TIC
• Traballo práctico autónomo en grupos de 20 alumnos e supervisado por o profesor
• Estudo independente de cada alumno
• Titorías
Os estudantes asistirán ás clases expositivas e poderán intervir nos debates que se susciten.
O traballo nas sesións interactivas realizarase en grupos reducidos de 20 estudantes. O profesor fará unha breve introdución do traballo que se vai realizar e a continuación cada estudante co seu microscopio estudará as preparacións histolóxicas representativas.
A última sesión interactiva adicarase á realización dun exame práctico dos contidos vistos durante todas as sesións.
A entrada do laboratorio figuran as normas básicas de bioseguridade que o estudantado debe cumprir no recinto, calquera dúbida ao respecto será solucionada polo profesorado.
Para poder realizar os exames e preciso a asistencia regular as sesions maxistrais e ao 100% das sesións prácticas.
Actividades e ponderación na nota final:
Exame final da materia (CG1/CT12/CES2)...........................................................50%
Avaliación continua durante as prácticas mediante un cuestionario tipo test no que deben identificar diferentes estructuras sobre 2 ou 3 imaxes proxectadas (CT12/CT14/CES2).......................................................20%
Exame práctico na última sesión (CB5/CT11)......................................................30%
Criterios de avaliación:
Avaliarase o grao de coñecemento dos contidos impartidos nas clases expositivas e prácticas.
- Os exames da parte expositiva poden incluír varias modalidades de preguntas: preguntas curtas, preguntas de resposta múltiple ou ben preguntas de verdadeiro/falso, onde se debe elixir a resposta correcta entre varios enunciados, ou preguntas referidas a esquemas ou figuras.
- A parte práctica consistirá na identificación, ben mediante o microscopio ou mediante diapositivas de distintos órganos e estruturas histolóxicas cas que se ten traballado nas sesións prácticas.
- Cuestionarios de comprensión dinámicos ao remate de cada sesión de prácticas (en papel ou utilizando o Campus Virtual) para afianzar a aprendizaxe da práctica que acaban de realizar.
- A nota final será o resultado da media dos tres aspectos anteriores, se ben, para poder realizar esta media, é necesario alcanzar como mínimo o 50% en cada unha das partes.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calcificacións”
Traballo presencial na aula
Clases expositivas……………………..…..25 horas
Prácticas de laboratorio………………….20 horas
Seminarios……………………………………….3 horas
Titorías…………………...……………………….3 horas
Total horas de traballo presencial….51 horas
Traballo persoal do/a estudante
Estudio individual……………………………………………………...…..50 horas
Preparación de prácticas.....................................…....40 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc. …………………………...6 horas
Realización de exames………………………....…………..……….....3 horas
Total horas de traballo persoal do/a estudante........…...99 horas
TOTAL HORAS DO/DA ESTUDANTE……………….....…..……150 HORAS
O alumno deberá asistir ás clases expositivas e interactivas con actitude positiva e participar activamente.
Para o estudo posterior en profundidade desta materia, o estudante debe consultar libros de texto e atlas histolóxicos que lle axudarán a clarificar os conceptos e abstraccións impartidos na aula.
Non procede a dispensa de asistencia a clases expositivas nin interactivas.
Matilde Lombardero Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- matilde.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Cifuentes Martinez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- m.cifuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
19.12.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
19.12.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
20.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
20.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |