Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Carácter: Obrigatorio
Convocatoria: 1er semestre
Créditos: 4,5 ECTS
-Saber definir o concepto de calidade e de boas prácticas de laboratorio.
-Saber describir os procedementos operativos estándar.
-Coñecer os mecanismos e procedementos de xestión da calidade, así como as ferramentas básicas para a mellora da calidade.
-Coñecer e saber describir as normas ISO 9001:2000.
-Saber validar os métodos e calibración de equipos. Saber utilizar os rexistros e os procedementos de mantemento da información.
Tema 1.- Introdución á calidade. Revisión de conceptos xerais relativos á xestión e ao control da calidade e a súa evolución.
Tema 2.- Calidade de produtos, de procesos e de sistemas. Normativización da calidade. Certificación e acreditación. Grupo de normas ISO 9000. Norma ISO 17025. Boas prácticas de laboratorio. A documentación nos sistemas de calidade. Auditorías de calidade.
Tema 3-. Aseguramento da comparabilidade e a trazabilidade. Incerteza e expresión dos resultados. Materiais de referencia e exercicios de intercomparación.
Tema 4.- Xestión de equipos. Mantemento. Verificación. Calibración
Tema 5.-Validación de métodos.
Tema 6.- As 7 ferramentas básicas da calidade. Xestión de riscos.
Tema 7.- Control estatístico de procesos (1). Estado de control estatístico. Cartas de control para variables e para atributos. Capacidade de proceso.
Tema 8.- Control estatístico de procesos (2). Cartas para datos individuais. Cartas ponderadas no tempo. Outros tipos de cartas para variables.
Tema 9.- Ferramentas para a planificación e xestión da calidade total.
bibliografía básica:
D.L. Massart, B.G.M. Vandeginste, L.M.C. Buydens, S.De Jong, P.J. Lewi, J-Smeyers-Verbeke. “Handbook of Chemometrics and Qualimetrics, Parts A and B”. Elsevier, Amsterdam 1997-1998. ISBN: 9780080551906 y 9780080887036. Se dispone de formato electrónico
J.R. Evans, W. M. Lindsay. “Administración y control de la calidad”.(7ª ed), Thomson, México, 2008
bibliografía complementaria:
R. Compañó, A. Ríos. “Garantía de la calidad en los laboratorios analíticos”, Ed. Síntesis, Madrid, 2002.
D.H. Besterfield. “Control de calidad (8ª ed)”. Pearson-Prentice Hall, México, 2009
Sagrado S., Bonet E., Medina M.J., Martín Y. “Manual Práctico de calidad en los laboratorios. Enfoque ISO 17025”. Ediciones AENOR. 2004
Pedro Pablo Morillas Bravo. “Guia para la aplicación de UNE-EN ISO/IEC 17025:2017”.-. AENOR ediciones. 2018
Competencias xerais e básicas.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 – Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias transversais.
CT1 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Razoar criticamente
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT8 - Adaptación a novas situacións (resiliencia).
CT9 - Liderado e dirección de equipos.
Competencias específicas.
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas con seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE6 - Ser capaz de analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos á mellora de produtos.
A docencia adaptarase as circunstancias do momento, segun o escenario no que nos atopemos, impartíndose as clases expositivas e interactivas de forma presencial (escenario 1), combinando a presencialidade física e telemática total o parcialmente (escenario 2) o ben dun modo completamente telemática (escenario 3).
No caso de desenvolver actividades “en remoto”, as plataformas utilizadas serán as dispoñibles na USC, o Moodle mediante a aula virtual da USC e a plataforma “Microsoft Teams”.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
Todos os esquemas e presentacións a utilizar nas clases expositivas serán postos a disposición dos estudantes desde o inicio do curso a través da aula virtual da USC. De modo análogo, utilizarase este medio para fornecer aos estudantes calquera outro tipo de material que o profesor considere convinte para o desenvolvemento do curso.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (restricións a presencialidade física).
A docencia expositiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais á presenciaildade física).
A docencia expositiva será “en remoto” en modo principalmente síncrono a través de MS Teams, respectando o horario previsto para as clases da materia.
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
A docencia expositiva será “en remoto” principalmente en modo síncrono a través de MS Teams.
B) Clases interactivas – (Seminarios) O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases e considérase un elemento da avaliación continua da materia. As entregas faranse en todos os escenarios a través da aula virtual.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
A docencia interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais a presencialidade física).
A docencia interactiva de seminarios, será presencial sempre que sexa posible e se non, combinarase a docencia presencial e “en remoto”.
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
A docencia será completamente de carácter telemático, modo síncrono con MS Teams e Moodle – aula virtual USC
C) Clases prácticas con ordenador: Nesta materia, as clases prácticas desenvólvense utilizando medios informáticos. Nelas o alumno adquire as habilidades propias relacionadas coa materia que se está impartindo e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas preparando adecuadamente a sesión en función do calendario establecido. Previo a cada sesión de prácticas, se o profesor o considera convinte, o alumno terá que responder a unhas cuestións previas. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, o necesario para a consecución dos obxectivos da práctica, presentando no prazo que lle sexa indicado os resultados, que serán avaliados.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. As entregas faranse en todos os escenarios a través da aula virtual.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
A docencia interactiva será fundamentalmente de carácter presencial
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais a presencialidade física).
A docencia das sesións prácticas, será presencial sempre que sexa posible e se non combinarase a presencialidade física e telemática,
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
As clases prácticas con ordenador serán completamente de carácter telemático modo síncrono con MS Teams y Moodle, o mesmo que en el escenario 2. Está previsto utilizar software para o que a USC dispón de licencias de campus, de modo que todos os alumnos poderán descargar e instalar o software necesario nos seus propios ordenadores. Dito software opera exclusivamente sobre sistemas operativos MS Windows, e polo tanto, os alumnos deberán dispoñer de uso dun ordenador operando baixo ese sistema
D) Titorías: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 1,5 horas por cuadrimestre e materia. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, clases ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. Nalgúns casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
As titorías poderán realizarse parcialmente de forma telemática a través de MSTeams.
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais a presencial dade física).
As titorías podrán realizarse de forma telemática no caso de ser recomendado polo centro.
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
As titorías realizarse exclusivamente de forma telemática a través de MSTeams.
No caso de entregas, sempre serán a través da aula virtual da USC.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua combinada cun exame final.
O exame final, no escenario 1 terá carácter presencial, e no escenario 2 será preferentemente telemático e no escenario 3 será exclusivamente de carácter telemático. A data de realización do exame será a que determine o centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria, aínda que será valorada positivamente. Esixirase unha asistencia do 80% nas clases interactivas de carácter obrigatorio: seminarios, titorías e prácticas. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das titorías programadas para ter en conta a avaliación continua. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
1.1. Avaliación continua, terá un peso porcentual do 40 % e constará de:
•Traballos realizados en seminarios e titorías entregados al profesor 20%.
As Titorías servirán para avaliar as seguintes competencias: CG4, CB3, CB4, CT5, CT7, CT8, CT9
As clases interactivas servirán para avaliar: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB3, CB4, CB5, CT7,
•Prácticas interactivas con ordenador 20%. Os ítems que avaliar serán os seguintes:
- Execución da práctica
- Exercicios entregados
Las Prácticas de ordenador servirán para avaliar: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB3, CB4, CB5, CT1, CT4, CE1 CG5,
1.2. Exame final (EF), versará sobre os contidos teóricos da materia e os contidos prácticos relativos ás prácticas de laboratorio, e terá un peso porcentual do 60 %.
No exame avaliaranse as seguintes competencias: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5 CB1, CB2, CB4, CB5, CT1, CT4, CT5,
En todo caso, para aprobar la asignatura, será requisito imprescindible haber asistido as sesións correspondentes de aula de informática, no seu caso, sempre que a falta este debidamente xustificada, recuperarase de acordo co profesor.
Aos estudantes repetidores que aprobasen a parte correspondente á avaliación continua de prácticas nun máximo de dous cursos académicos anteriores, conservaráselles a cualificación obtida da avaliación continua, polo que serán eximidos (agás que o desexen, en cuxo caso, de repetir as prácticas non se lle conservará a avaliación antiga e prevalecerá a que obteñan no curso actual) de asistir ás sesións correspondentes de aula de informática, pero deberán realizar o exame dos contidos de prácticas.
É posible que os escenarios cambien ao longo do curso e que se alternen. Sen embargo, o programa da materia e a estrutura dos contidos e actividades non teñen porque verse modificadas por elo, de maneira que a avaliación descrita é válida para calquera dos tres escenarios que se contemplan como posibles ao longo do curso.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA................HORAS.....PRESENCIALIDADE
Clases expositivas: ……………..……………………………….20 h ….……… 100 %
Clases interactivas (Seminarios): ………………………….7 h ………….. 100 %
Clases interactiva Informática: …………………………….10 h ………….. 100 %
Titorías en grupo: …………………………………………………1 h ……………… 100 %
Titorías individualizadas: …………………………………….0,5 h ..…………. 100 %
Exame y revisión: ………………………………………………….2 h ……………. 100 %
Traballo persoal: …………………………………………………..72 h ………….. 100 %
No caso de escenario 2, o tempo é o mesmo pero preferentemente non será na aula e no escenario 3, será exclusivamente de forma telemática
O material e presentacións utilizadas polo profesor nas clases expositivas teñen como obxectivo facilitar e guiar a aprendizaxe, pero non substitúen a consulta e estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en si mesmos un manual de referencia ou un texto para a preparación do exame. O alumno deberá demostrar no mesmo que realizou un esforzo persoal de aprendizaxe máis aló dos esquemas ou guións proporcionados polo profesor nas clases expositivas.
Recomendacións para a docencia telemática:
•Dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen o longo do curso. Para as sesións da aula de informática (si son de carácter telemático) será necesario dispoñer de ordenadores con entorno MS Windows xa que outras plataformas non soportan o programa informático utilizado en ditas sesións.
•Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC
Para a docencia desta materia seguirase en todo momento as “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-21” e o documento “ Directrices para o desenvolvemento dunha presencia segura, curso 20-21”.
Plan de continxencias:
Metodoloxía: Plan de continxencia para actividades docente en remoto.
Realizaranse de forma síncrona e sempre segun o horario establecido polo Centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente el Campus Virtual (Moodle) y MS Teams.
Debido a natureza dos contidos desta materia, así como a metodoloxía empregada, non existen diferenzas significativas entre a docencia presencial ou a docencia con carácter telemático.
Para la realización de titorías, así como para manter unha comunicación fluída e directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o profesor, utilizaranse os foros de Moodle, sesións de MS Temas ou ben mediante correo electrónico.
Sistema de avaliación:
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo, independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segun estableza a autoridades competentes, ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Elisa Maria Rubi Cano
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814274
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
26.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
06.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |