Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Nesta materia, abordase un conxunto de contidos de xeito global e integrado que proporcionan ao Graduado en Biotecnoloxía a perspectiva necesaria para intervir na correcta concepción, instalación ou funcionamento dun bioproceso industrial. En concreto, perséguense os seguintes obxectivos:
-Identificar e distinguir os distintos elementos dos esquemas dos procesos biotecnolóxicos industriais.
-Enumerar os requisitos de sustentabilidade nos bioprocesos desde unha perspectiva do ciclo de vida.
-Aplicar paquetes de software para a simulación e modelado de bioprocesos.
-Resolver problemas de ecoeficiencia.
CLASES EXPOSITIVAS (20 h)
Bloque I: Tipos de bioprocesos dentro da biotecnoloxía branca: encimas, antibióticos, aminoácidos e compostos farmacéuticos. Biocombustibles. Bioplásticos. Análise de bioprocesos. Estrutura e síntese de diagramas de fluxo de bioprocesos. Etapas de pretratamento (esterilización), bioreacción e separación ("downstreaming"). Concepto de biorefinería. Tipos de biorrefinerías (aceites, lignocelulosa, azucres, proteínas, biogás, etc).
Bloque II: Beneficios ambientais e sustentabilidade. Análise ambiental de bioprocesos. Obxectivos de desenvolvemento sostible. economía circular. Ferramentas de xestión ambiental baseadas no ciclo de vida. Análise do ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica. Ecodeseño. Aspectos básicos da integración enerxética.
SEMINARIOS (5 h)
Tres seminarios dedicaranse á resolución de problemas de esterilización, necesarios para o acondicionamento en bioprocesos, e as operacións de separación máis utilizadas en "downstreaming" (filtración, centrifugación, adsorción, etc.). Outro seminario empregarase na presentación dun bioproceso e o último na presentación dun artigo científico sobre unha análise ambiental dun bioproceso.
AULA DE INFORMÁTICA (12 h)
Simulación de bioprocesos industriais, análise ambiental e enerxética de bioprocesos mediante SuperProDesigner.
TITORÍA GRUPAL (1,5 h)
Dentro das posibilidades orzamentarias, considérase unha visita técnica a unha instalación industrial.
Bibliografía básica
DORAN, P.M. Bioprocess Engineering Principles. 2nd edition. Amsterdam. Elsevier, 2013. Recurso electrónico. ISBN 978-0-12-220851-5.
DIAZ, M. Ingeniería de Bioprocesos. Madrid. Ed. Paraninfo, 2012. ISBN 978-8-42-838123-9.
Bibliografía complementaria
SEIDER, W.D., LEWIN, D.R., SEADER, J.D., WIDAGDO, S., GANI, R. e NG, K.M. Product and Process Design Principles: Synthesis, Analysis, and Evaluation, 4ª ed. John Wiley and Sons, 2019. ISBN: 978-1-119-63696-0.
TURTON, R., BAILIE, R.C., WHITING, W.B. e SHAEIWITZ, J.A. Analysis, Synthesis and Design of Chemical Processes, 4ª ed. Upper Saddle, NJ, EE.UU: Prentice Hall, 2013. ISBN 978-0-13-261812-0.
HAUSCHILD, M.Z., ROSENBAUM, R.K., OLSEN, S.I. Life Cycle Assessment: theory and practice. Gewerbestrasse, Springer, 2018. ISBN 978-3-31-956474-6
SIMPSON, R. y SASTRY, S.K. Chemical and Bioprocess Engineering. New York, Springer-Verlag, 2013. Recurso electrónico. ISBN 978-1-4614-9126-2.
Competencias específicas
CE6- Ser capaz de analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos á mellora de produtos.
Competencias básicas e xerais
As que figuran na memoria do grado, que son: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4 e CG5.
Competencias transversais
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT6 - Razonar críticamente.
Nas clases expositivas combinarase unha docencia de tipo maxistral para presentar os contidos coa resolución práctica de exercicios-tipo que ilustren os contidos teóricos. (CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.5, CE.6, CT.2)
Os seminarios centraranse no plantexamento e resolución de casos prácticos, ás veces de xeito individual e ás veces en grupo, para enfatizar e complementar os contidos vistos nas clases expositivas. O alumnado entregará algunhas tarefas desenvolvidas durante as clases de seminario para a súa avaliación. É obrigatoria a asistencia a esta actividade. (CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.6, CT.2, CT.6)
Buscarase e fomentarase a participación activa do alumnado, tanto nas horas expositivas coma nos seminarios.
Nas prácticas en aula de informática usarase software específico (integración enerxética, análise ambiental, simulación de bioprocesos), así como a folla de cálculo Excel, para realizar casos prácticos relacionados cos contidos teóricos vistos nas clases expositivas. A asistencia a esta actividade é obrigatoria.
(CB.2, CB.3, CG.2, CG.3, CG.5, CE.6, CT.2, CT.6)
Realizarase unha visita a unha empresa biotecnolóxica e proporase ó alumnado a elaboración dun informe que considere especialmente a aplicación dos conceptos tratados na materia. A asistencia a esta actividade é obrigatoria.
Durante a primeira semana de curso indicarase r realización obrigatoria dun traballo, que se presentará na última sesión de seminario. Para o seguimento do avance do traballo usaranse as titorías individuais.
Utilizarase al Aula Virtual da USC cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (guía docente, horarios, exames, anuncios, etc.).
• Proporcionar o material didáctico para as clases (diapositivas dos temas, casos prácticos, material complementario, etc.).
• Servir de medio de comunicación entre alumnado e profesorado.
• Entrega de tarefas.
Tamén se utilizará a ferramenta MS Teams como medio de comunicación non presencial alumno/profesor.
Exame Final. Realizarase un exame final que terá un peso dun 50%, necesitando alcanzar como mínimo 4 puntos sobre 10 para poder compensar no conxunto da materia. O exame terá unha parte teórica (cuestións curtas) cun peso do 50%, e unha parte práctica cun peso do50%. En cada parte por separado deberá acadarse como mínimo un 3,5 sobre 10 para poder compensar.
Aula de informática. As actividades na aula de informática terán un peso dun 25% da nota final da materia. É obrigatorio realizar esta actividade.
Actividades. As actividades propostas, incluíndo o traballo obrigatorio, terán un peso dun 15% na nota final.
Titorías grupais. A participación do alumnado na visita técnica o informe sobre a mesma terá un peso conxunto dun 5% na nota final. É obrigatorio realizar esta actividade.
Informe do profesor: 5%. Valorarase a participación activa (formulación de preguntas ou respostas) nas clases expositivas e interactivas.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá as notas obtidas nos outros apartados avaliables.
Para a avaliación da segunda oportunidade, manteranse todas as notas das actividades avaliadas durante o curso, excepto o exame final; de tal xeito que o alumnado só deberá realizar un novo exame final.
Considerarase NON PRESENTADO o alumnado que non realice algunha das actividades obrigatorias avaliables.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de calificacións".
A continuación, indícanse las competencias avaliadas en cada ítem:
-Exame final: CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.6, CT.6
-Aula de informática: CB.2, CB.3, CG.2, CE.6, CT.2, CT.6
-Actividades: CB.2, CB.3, CB.4, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.6, CT.2, CT.6
-Titoría grupal: CB.3, CB.4, CG.1, CG.3, CG.4, CE.6, CT.2
-Informe do profesor: CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.6, CT.2, CT.6
Na seguinte táboa indícanse as horas previstas para cada actividade:
Actividade ........................Presencial (h)..... Traballo persoal (h)
Clases ...................................20......................... 30
Seminarios............................ 5......................... 7,5
Aula de informática.................12.......................... 18
Titorías en grupo....................1.......................... 1,5
Titorías individualizadas..........0,5..........................0,75
Exame e revisión....................2........................ 14,25
Total.......................................40,5........................ 72
• Recomendase a asistencia a clase e a participación nas mesmas.
• Recomendase o uso da aplicación USC Campus Virtual da materia e ol uso de titorías para resolver as dúbidas que xurdan.
• Recomendase haber superado as seguintes materias: Fundamentos de procesos biolóxicos. Termodinámica e cinética. Transporte de fluidos e transmisión de calor. Transferencia de materia. Biorreactores. Biotecnoloxía ambiental.
As clases impartiranse en castelán, pero usarase material didáctico en inglés.
Jorge Sineiro Torres
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816803
- Correo electrónico
- jorge.sineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Jose Franco Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- daniel.franco.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
23.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
03.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12.Vasili Dokucháyev |