Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Electrónica e Computación, Física de Partículas
Áreas: Física Aplicada, Electrónica, Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Escenario 1:
A Física da Enerxía é unha materia nova encadrada nunha área científica interdisciplinar onde conflúen a física, a bioloxía, a química, a enxeñaría e as matemáticas principalmente, e que na actualidade constitúe un amplo e dinámico campo de traballo docente e investigador, como o amosa o feito que unha institución de referencia como o Massachusetts Institute of Technology (MIT) a considerara no seu programa formativo e fose presentada como unha primicia mundial (http://physicsofenergy.mit.edu/) para o Curso 2009-2010.
O obxectivo principal da materia é coñecer en profundidade tódolos procesos enerxéticos, a mellora dos rendementos e da diversificación das fontes enerxéticas como premisa básica para o sostemento da sociedade tecnolóxica actual. Polo tanto o seu valor formativo no Grao de Física é fundamental.
Resultados da aprendizaxe
No que respecta á materia física das enerxías, o alumno demostrará:
- Poderá recoñecer os coñecementos transversais adquiridos previamente noutras materias da titulación e utilizalos ao analizar o funcionamento das máquinas térmicas, estudos de conversión, transporte e almacenamento de enerxía e uso non convencional de unidades e escalas de uso habitual de enerxía.
- Demostrar coñecementos en determinadas técnicas de cálculo e algoritmos de resolución de problemas nun campo diverso como a enerxía renovable.
- Poder desenvolver e defender un traballo no campo das enerxías no marco complexo de sostibilidade e cambio climático.
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario 1:
Consta de catro partes ben diferenciadas, ou bloques formativo-temáticos, e que se trataron co obxectivo de construír de xeito intuitivo sobre a base dun proceso natural de presentación de coñecementos moi transversais e de evolución do aprendizaxe. Así temos:
1. O primeiro bloque, formado por 3 temas, é meramente introdutorio e está constituído polo TEMA 1. Introdución, o TEMA 2. Bases de enerxética, e o TEMA 3. Fundamentos de transferencia e almacenamento de enerxía. Neste bloque exponse as premisas básicas para comprender a conversión, o almacenamento, a conservación, e a transferencia da enerxía. A idea principal é presentar a materia e as bases en enerxética que van permitir ao alumno comprender o resto do temario e relacionalo cos coñecementos adquiridos durante a súa formación.
2. O segundo bloque está constituído polo TEMA 4. Fontes de enerxía. Neste bloque desenvólvense todas as fontes enerxéticas dispoñibles, desde as convencionais baseadas en combustibles fósiles ata as diferentes renovables pasando pola enerxía nuclear.
3. O bloque terceiro está constituído polo TEMA 5. Eficiencia e xestión enerxética en diferentes procesos industriais. Este bloque é transversal aos dous primeiros e axuda a ter unha idea global de multitude de procesos enerxéticos en diferentes procesos industriais. Preséntanse os principais modelos de transición enerxética.
4. O último bloque formativo está constituído por 3 temas de complemento moi xeneralistas, transversais e pensados para que o alumno vexa a aplicabilidade do que se lle transmitiu durante a materia. Así temos o TEMA 6. A enerxía e o medioambiente, o TEMA 7. Situación actual das enerxías renovables en España e en Galicia e Revisión de proxectos emblemáticos, e o TEMA 8. Procesos e modelos de transición enerxética. Nestes temas preséntanse os problemas relacionados coa mala xestión das enerxías convencionais e os problemas ambientais globais que están a producir á vez, e en forma de opcións, preséntanse diferentes propostas actuais e proxectos futuros en enerxías renovables, e relaciónanse con problemas ambientais globais.
TEMA 1. INTRODUCIÓN. A dúbida enerxética na sociedade tecnolóxica actual, é posible a sustentabilidade enerxética?
TEMA 2. BASES DE ENERXÉTICA. Unidades e escalas de uso enerxético. Tipos de enerxía. Que son as máquinas térmicas e que as fai eficientes. Motores e turbinas.
TEMA 3. FUNDAMENTOS DE TRANSFERENCIA E ALMACENAMENTO DE ENERXÍA. Conversión, almacenamento, conservación, e transferencia de enerxía. Superconductores Pilas de combustible. A tecnoloxía do hidróxeno. Pilas electroquímicas
TEMA 4. FONTES DE ENERXÍA. Enerxía solar (enerxía do sol, fusión e emisión de corpos negros, espectro solar na Terra, avaliación potencial, instalacións de aproveitamento, semiconductores, células fotovoltaicas e eficiencia), enerxías fósiles, biomasa, eólica (dinámica de fluídos, forza do vento, avaliación de recursos, deseño de aeroxeradores e de parques eólicos), enerxía hidráulica, enerxías oceánicas (mareomotriz, maremotérmica e forza das ondas), enerxía xeotérmica, enerxía nuclear e combustibles fósiles.
TEMA 5. EFICIENCIA E XESTIÓN ENERXÉTICA EN DIFERENTES PROCESOS INDUSTRIAIS. Transición enerxética: modelos CLEWs e protocolo NEXUS.
TEMA 6. A ENERXÍA E O MEDIO. A Física do cambio climático. Captura e almacenaxe de CO2.
TEMA 7. SITUACIÓN ACTUAL DAS ENERXÍAS RENOVABLES EN ESPAÑA E EN GALICIA. REVISIÓN DE PROXECTOS EMBLEMÁTICOS.
TEMA 8. PROCESOS E MODELOS DE TRANSICIÓN ENERXÉTICA.
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario 1:
Bibliografia básica:
R L. Jaffe, W. Taylor The Physics of Energy. Cambridge University Press 2018. Curso MIT; Cambridge.University Press
https://ocw.mit.edu/courses/physics/8-21-the-physics-of-energy-fall-200…
J. A. Carta González, R. Calero Pérez, A. Colmenar Santos, M. A. Castro Gil, Centrales de energías renovables: generación eléctrica con energías renovables, PEARSON EDUCACIÓN S.A., 2009.
Bibliografía complementaria
Jaime González Velasco Energías renovables. Editorial Reverté. 2009. Barcelona.
David A. Coley. Energy and Climate Change. John Wiley & Sons, Ltd. 2008. England.
Alternative Energy Demystified. McGraw Hill. 2007. New York.
David J. C. MacKay .Sustainable Energy-without the hot air. UIT Cambridge Ltd. 2009. Cambridge.
J. M. de Juana. Energías renovables para el desarrollo. Ed. Thomson Paraninfo 2007
https://www.youtube.com/watch?v=RW2DPHAoXiQ
https://www.youtube.com/watch?v=6GICcoRxgjc
http://physicsofenergy.mit.edu/
http://www.energiasrenovablesinfo.com/
http://www.inega.es/enerxiasrenovables/
http://www.idae.es/index.php
http://www.energy.gov/
https://www.carbonfootprint.com/
https://www.technologyreview.es/c/energia
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario 1:
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias xerais:
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, xunto con certa perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Competencias transversais:
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
Competencias específicas:
CE2 - Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analoxía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
CE4 - Ser capaz de comparar novos datos experimentais con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos.
CE7 - Ser capaz de interpretar cálculos de forma independente. Ademais, o graduado debería ser capaz de desenvolver programas de software.
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos.
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario 1:
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así
como material docente diverso.
Desenvolvemento do temario teórico en 30 clases de 1,5 horas nas que se combinan clases maxistrais, seminarios-coloquio, resolución de problemas e traballo no laboratorio tanto de xeito individual como en grupo. De forma paralela poderanse desenvolver seminarios durante as titorías, noutras sesións co Profesor e outras actividades formativas que podan xurdir.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais (transparencias, power-point, etc.) que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos.
Os alumnos poderán ter acceso aos temarios e ás cartillas de cuestións e problemas a través da web da materia na USC virtual.
Escenarios 2 e 3: ver plan de continxencia no apartado de observacións.
Escenario 1:
Para a avaliación do alumno poderanse seguir dous procesos:
Primeira oportunidade:
1. Avaliación continua. O alumno deberá cumprir necesariamente os seguintes requisitos
a) asistir de forma regular a clase, entendendo por regular unha asistencia superior ao 60 % das clases cunha aptitude activa (terá unha valoración do 5 %)
b) realizar as actividades propostas na materia polos diferentes profesores (valoración do 35 %)
c) realizar un traballo final que se poderá facerse en grupo ou de forma individual (valoración do 30 %)
d) aprobar o control final (30%).
2. De non cumprir calquera dos requisitos anteriores o alumno/a que queira superar a materia deberá presentarse a un exame (valoración 100 %). A cualificación obtida neste exame será a que o alumno/a obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
Segunda oportunidade:
O alumno/a que queira superar a materia deberá presentarse a un exame (valoración 100 %). A cualificación obtida neste exame será a que o alumno obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Escenarios 2 e 3: ver plan de continxencia no apartado de observacións
Escenario 1:
Este factor dependerá moito das “capacidades adquiridas” polo estudante ao longo da súa formación académica.
Horas presenciais: 45
Clases interactivas: 21
Seminarios: 15,5
Laboratorio: 5,5
Titorías: 3,0
Horas non presenciais para preparar cada un dos apartados anteriores: 67,5
Estudio autónomo individual ou en grupo: 20
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 8
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 8
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante: 10
Preparación de presentacións orais, debates ou semellante: 10
Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 1
Outras tarefas propostas polo profesor: 10,5
Total horas: 112,5
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario 1:
Recoméndase asistir ás clases e intervir activamente nelas.
Asistir ás titorías para resolver dúbidas e desenvolver os seminarios propostos para a súa exposición.
Traballar en grupo desde o primeiro día en todos e cada un dos puntos (estudo teórico, resolución problemas e cuestións, traballo a presentar e defender, etc.).
Resolver as cuestións e os problemas entregados nas cuartillas.
Utilizar o libro que en cada capítulo aconséllase como principal para non perder tempo na procura noutros.
Asistir continuamente ao longo do curso xa que durante as clases vaise esbozando o exame final nos debates e nas preguntas propostas.
REQUISITOS PREVIOS ACONSELLADOS
Cursar as materias dos dous primeiros cursos do grao. Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés. Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso máis directo e rápido á maior información posible. Valoraranse as habilidades na procura de material para o desenvolvemento dos temas, a capacidade de síntese na elaboración de traballos e o dominio dos temas.
Con respecto á materia Física das enerxías, o alumno demostrará:
- Ser capaz de recoñecer os coñecementos transversais adquiridos anteriormente noutras materias do grao e utilizalos á hora de analizar o funcionamento de máquinas térmicas, estudos de conversión, transporte e almacenamento de enerxía, e o uso desenvolto de unidades e escalas de uso enerxético habitual.
- Demostrar destreza en determinadas técnicas de cálculo e algoritmos de resolución de problemas nun ámbito tan diverso como o das enerxías renovables.
- Ser capaz de elaborar e defender un traballo no ámbito das enerxías no complexo marco da sustentabilidade e o cambio climático.
Escenarios 2 e 3: sen cambios
A docencia impartirase principalmente en galego e castelán.
Observacións
PLAN DE CONTIXENCIA ante un posible cambio de escenario
1)Obxectivos da materia: sen cambios
2)Contidos: sen cambios
3)Bibliografía básica e complementaria: sen cambios
4)Competencias: sen cambios
5)Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2:
Parte da docencia se desenvolverá de xeito telemático:
Se as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias o permiten, as clases expositivas desenvolveranse telematicamente
(pódese dicir como: vía Teams, Campus Virtual) e as interactivas presencialmente respectando o horario oficial de clases
aprobado polo centro.
Se a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista as clases interactivas
presenciais, estás se retransmitirán en streaming. Os alumnos asistirán por quendas ás clases presenciais. O número de
alumnos por quenda estará condicionada ás normas en vigor en cada momento.
Priorizarase á hora de programar a actividade da materia a presencialidade nas probas de avaliación fronte ás clases
interactivas presenciais. Se debido á unha inevitable rotación do alumnado, as probas de avaliación consumisen un
número inasumible de horas, á docencia correspondente se impartiría telematicamente.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, requirirán de cita previa.
Escenario 3:
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por
causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con
anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa.
6)Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenarios 2 e 3:
As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse
telematicamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha
serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña
dun software de avaliación axeitado. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha
parte ou o total da proba.
7)Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala: sen cambios
8) Recomendacións para o estudo da materia: sen cambios
Antonio Jesus Garcia Loureiro
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816467
- Correo electrónico
- antonio.garcia.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Rodriguez Añon
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Josefa Fernandez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814046
- Correo electrónico
- josefa.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ma Angeles Lopez Aguera
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Teléfono
- 881813974
- Correo electrónico
- a.lopez.aguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Taboada Antelo
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814111
- Correo electrónico
- pablo.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jorge Costoya Noguerol
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Virtual 3º |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Virtual 3º |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Virtual 3º |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 140 |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 840 |
01.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
09.07.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
09.07.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 140 |