Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais: Introducir o coñecemento dos conceptos básicos da informática e na resolución de problemas mediante algoritmos.
Obxectivos concretos: Conseguir que o alumnado sexa capaz de deseñar, codificar e probar programas de complexidade media, que serán desenvolvidos en diversas materias do grao.
Resultados de aprendizaxe: Cada estudante demostrará
· Que desenvolveu destrezas básicas de programación.
· Que está capacitado para a resolución de problemas cuxa solución non deriva da aplicación dun procedemento estandarizado.
· Presentará solucións orixinais
· Planificará e conducirá a súa propia aprendizaxe
· Empregará novas tecnoloxías.
· Argumentará desde criterios racionais.
Nota.- en caso de ter que aplicar Escenarios 2 e/ou 3 (segundo a situación), non se preven cambios.
Clases expositivas
I. Linguaxes de programación Python.
- Instalación e preparación da contorna de desenvolvemento. Módulos.
- Tipos de datos e expresións.
- Instrucións de control.
- Cadeas e ficheiros.
- Funcións.
- Clases.
- Listas e dicionarios.
- Outras estruturas de datos.
- Gráficos con Python. Matplotlib.
II. Introdución á informática.
- Algoritmos.
- Linguaxes de programación.
- Contornas de programación.
- Sistemas Operativos.
- Redes de Computadores.
- A Web.
Clases interactivas: programación en Python
- Semana 1: Contorna interactiva de Python (operacións aritméticas, tipos de datos).
- Semana 2: Cálculo numérico con NumPy. Representación gráfica con Matplotlib.
- Semana 3: Programas básicos en Python.
- Semana 4: Exercicios con listas. Medición do tempo dun programa.
- Semana 5: Matrices. Interpolación. Axuste a funcións.
- Semana 6: Entrada/Saída desde arquivos
- Semana 7: Definición de funcións. Creación de módulos.
- Semana 8: Regresión lineal.
- Semana 9: Suma dunha serie. Derivadas e integrais numéricas.
- Semana 10: Representación gráfica avanzada.
- Semana 11: Aplicacións en mecánica, termodinámica e óptica.
- Semana 12: Cálculo simbólico con Sympy. Métodos numéricos.
Nota.- en caso de ter que aplicar Escenarios 2 e/ou 3 (segundo a situación), non se preven cambios.
Bibliografía básica
Prieto Espinosa A et al: Introducción a la Informática. Editorial McGraw-Hill 2006.
Marzal A, Gracia I: Introducción a la programación con Python. (http://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/10234/102653/1/s93.pdf)
Bibliografía complementaria
- García Molina JJ, Montoya Dato FJ, Fernández Alemán JL, Majado Rosales MJ: “Una introducción a la programación. Un enfoque algorítmico”. Ed Thomson 2005.
- Silberschatz A, Galvin PB, Gagne G: “Sistemas Operativos”. Ed McGrawHill 2002.
- Forouzan BA: “Transmisión de Datos y Redes de Comunicaciones”. Ed McGrawHill 2007.
- Castro E: “HTML, XHTML & CSS”. Ed Anaya 2007.
Recursos en la red
Exercicios resueltos de python: "http://persoal.citius.usc.es/eva.cernadas/informaticaparacientificos"
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Demostrar que se posúe e comprende coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Saber aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan
demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 -Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto
grao de autonomía.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
TRANSVERSAIS
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT4 - Ser capaz de traballar en equipo.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
ESPECÍFICAS
CE2 - Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analoxía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE7 - Ser capaz de utilizar ferramentas informáticas e desenvolver programas.
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos.
Nota.- en caso de ter que aplicar Escenarios 2 e/ou 3 (segundo a situación), non se preven cambios.
Escenario 1
Seguiranse as pautas metodolóxicas xerais establecidas na Memoria de Grao en Física da USC. As clases serán presenciais e a distribución de horas expositivas e interactivas segue o especificado na Memoria do Grao.
A metodoloxía didáctica basearase no traballo individual de cada estudante, nas discusións co profesorado na clase e nas tutorías individuais. Estará apoiada por toda a información proporcionada polo profesorado a través do curso virtual da materia (Moodle do Campus Virtual).
Para cada tema o profesorado preparará os contidos, explicará os obxectivos do tema na clase, e suxeriralles bibliografía na que apoiarse.
As prácticas faranse na aula de Informática da facultade empregando a linguaxe de programación Python. O alumnado traballará en postos individuais co apoio constante do profesorado siguiento unha metodoloxía da aprendizaxe baseada en exemplos.
As tutorías poderán ser presenciais ou telemáticas. Se son telemáticas requirirán de cita previa. Isto tamén se recomenda para as tutorías presenciais.
Escenarios 2 e 3
Ver Plan de Continxencia nas apartado Observacións
Sistema de avaliación
A avaliación da materia constará dunha parte dedicada a teoría e outra dedicada a prácticas. A parte de teoría (30%), avaliarase nun exame final. A parte práctica (70%) pódese avaliar tanto no exame final, como de forma continua nas clases interactivas. Cando a alumna obteña máis de 6 puntos sobre 10, pode decidir realizar a parte práctica no exame final ou non. Para aprobar a materia é imprescindible obter 5 puntos sobre 10 na nota final da materia, pero cun mínimo de 3 puntos sobre 10, na parte de teoría.
En caso de obter 0 puntos durante o proceso de avaliación continua (ben porque non asista, ben porque non realice as tarefas solicitadas), a nota final da materia será a nota do exame final. Neste caso, para aprobar a materia, é imprescindible obter 5 puntos sobre 10 como mínimo, no devandito exame, pero cun mínimo de 3 puntos sobre 10, na parte de teoría.
A nota obtida durante o proceso de avaliación continua, conservarase para a convocatoria extraordinaria de xullo do mesmo curso académico en que fose obtida.
A cualificación será de NON PRESENTADO para estudantes que non se presenten ao exame final, e non asistisen a ningunha das actividades de avaliación continua, e de SUSPENSO cando non se presenten ao exame final, pero asistisen a algunha das actividades de avaliación continua.
Escenarios 2 e 3
Ver Plan de Continxencia nas apartado Observacións
A materia consta de 4 horas presenciais á semana (2h expositivas dedicadas a clases de lousa e 2.5h interactivas para a realización de programas informáticos), durante 12 semanas, que dá un total de 21 horas expositivas e 32 horas interactivas. Tamén hai 4 horas de tutorías dedicadas á resolución de problemas. Ademais, cada estudante terá que traballar individualmente polo menos outras 2 horas/semana. En total serían 6 horas/semana x 12 semanas + 4 horas de tutorías = 76 horas. A maiores, 3 horas de esforzo suplemetario, debido ao COVID. Total 79 horas.
Recoméndase ao alumnado realizar de forma individual tanto o deseño como a implementación e verificación de todos os exercicios propostos.
Para a realización da parte práctica da materia, é necesario ter unha conta no sistema informático da USC.
PLAN DE CONTINXENCIA ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
Clases Expsositivas:
As clases expositivas serán telemáticas, mantendo o horario oficial de clases, síncronas (excepto asincrónicamente por causas sobrevindas que se comunicarán ao alumnado con anticipación).
Clases Interactivas:
Parte do ensino desenvolverase de modo telemático.
Se as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias permíteno, as clases expositivas desenvolveranse telemáticamente e as interactivas de modo presencial, respectando o horario oficial de clases aprobado polo centro.
Se a limitación de capacidade ditada polas autoridades de saúde non permite que todo o alumnado asista a clases interactivas de forma presencial, transmitiranse por streaming. Os/as estudantes asistirán ás clases presenciais por quendas. O número de estudantes por quenda estará condicionado polas regras vixentes en cada momento dado.
Ao programar a actividade presencial, darase prioridade ás probas de avaliación fronte ás clases interactivas presenciais. Se, debido a unha rotación inevitable de estudantes, as probas de avaliación consumisen un número inasumible de horas, o ensino correspondente impartiríase telemáticamente.
As tutorias poden ser presenciais ou telemáticas e requirirán cita previa.
Escenario 3
O ensino será telemática e as clases desenvolveranse sincrónicamente no horario oficial de clases. Pode ser que, por razóns de subrevenidas, algunhas das clases se realicen de forma asincrónica, o que se comunicará ao alumnado con anticipación.
As tutorias serán telemáticas e requirirán cita previa.
6) Sistema de avaliación
Escenarios 2 e 3
As actividades de avaliación que non se poidan levar a cabo en persoa, se non se poden pospor, levaranse a cabo telemáticamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso, requirirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado teña un dispositivo cun micrófono e unha cámara, mentres non se dispoña dun software de avaliación adecuado. Pódese chamar a cada estudante para unha entrevista para comentar ou explicar parte ou a totalidade da proba. A duración das actividades telemáticas será dun máximo de 1 hora nas probas de avaliación continua e de 2 horas no caso dun exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Norma de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións".
NOTA: Nestes escenarios, pode cambiar o tipo de actividades que se realizan ou a modalidade, pero non a súa contribución xeral á cualificación final (a porcentaxe de ponderación)
7) Tempo de estudo e de traballo persoal: sen cambios
8) Recomendacións para o estudo da materia: sen cambios
Para adaptar a organización docente do primeiro semestre ao calendario académico, reducíronse 3 horas as clases expositivas presenciais nas materias correspondentes e agregáronse 3 horas ao traballo persoal.
Pablo Garcia Tahoces
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881813580
- Correo electrónico
- pablo.tahoces [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Manuel Sánchez Vila
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816466
- Correo electrónico
- eduardo.sanchez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Fernandez Delgado
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816458
- Correo electrónico
- manuel.fernandez.delgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Jesús Taboada Iglesias
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881813561
- Correo electrónico
- maria.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eva Cernadas García
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816459
- Correo electrónico
- eva.cernadas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-18:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | 3 (Informática) |
18:00-20:30 | Grupo /CLIL_05 | Galego | 3 (Informática) |
Martes | |||
15:30-18:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | 3 (Informática) |
Mércores | |||
15:30-18:00 | Grupo /CLIL_06 | Castelán, Galego | 3 (Informática) |
Xoves | |||
15:30-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | 3 (Informática) |
Venres | |||
15:00-18:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | 3 (Informática) |
22.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
22.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
22.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
22.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
22.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Pasillo |
15.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
15.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
15.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
15.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
15.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 840 |
15.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |