Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular, Ecoloxía
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral é o de proporcionar aos estudantes de Matemáticas cun conxunto de conceptos e ideas claves nas principais áreas da Bioloxía que resultan imprescindibles na formación de calquera profesional universitario. Preténdese tamén que o alumnado comprenda a importancia da aplicación dos coñecementos das matemáticas na Bioloxía e de como a Bioloxía pode ofrecer aos matemáticos un inmenso campo de investigación en moitas facetas teóricas e aplicadas. Por último, prepararase ao alumnado para que observen e pensen, dunha maneira informada, sobre as implicacións que as Ciencias Biolóxicas teñen para as súas vidas e para o mundo no cal viven.
Programa de Clases expositivas
Bloque 1. ECOLOXÍA
1. AMBIENTE E ORGANISMOS. 1.5h. Ecoloxía: definición. Niveis de organización xerárquica. Relacións dos organismos co ambiente abiótico. A temperatura como exemplo de factor que produce unha resposta a nivel individual. Organismos ectotermos e endotermos. Tamaño e tasa metabólica.
2. POBOACIÓNS: ESTRUTURA E DINÁMICA. 1.5 h. Concepto de poboación. Parámetros poboacionáis. Táboas de vida. Curvas de supervivencia. Crecemento poboacional. Modelos de crecemento exponencial e loxístico.
3. INTERACCIÓNS ENTRE ESPECIES. 1.5h. Competencia interespecífica. Modelo de Lotka-Volterra. Exclusión competitiva, nicho ecolóxico, desprazamento de caracteres. Probas da competencia no laboratorio e na natureza. Depredación: concepto e tipos. Modelo de Lotka-Volterra. Experimentos de depredación no laboratorio e na natureza.
4. A COMUNIDADE: ESTRUTURA E DINÁMICA. 2h. Concepto de comunidade. Estrutura. Composición específica. Especies chave. Diversidade: concepto e medidas. Factores que explican a diversidade. Factores que reducen a diversidade. A biodiversidade e o seu valor múltiple. Sucesión ecolóxica. Modelos e mecanismos de sucesión. Tendencias xerais durante a sucesión.
5. O ECOSISTEMA: ENFOQUE FUNCIONAL. 1.5h. Concepto de ecosistema. Produción primaria. Produción bruta e neta. Factores limitantes. Patróns globais na produtividade primaria. Concepto de produción secundaria. Factores limitantes. Fluxo de enerxía e estrutura trófica. Leis termodinámicas. Cadea de consumidores. Cadea de descompoñedores.
6. DESCOMPOSICIÓN E CIRCULACIÓN DE NUTRINTES.1h. Importancia da rexeneración dos nutrintes. Organismos implicados. Factores que inflúen no proceso de descomposición. Os ciclos bioxeoquímicos: compartimentos e fluxos. Métodos de estudo: a conca experimental de Hubbard Brook. Incidencia humana.
Bloque 2. INTRODUCCIÓN Á VIDA
7. Breve historia da Citoloxía e Histoloxía. A Teoría Celular. A Citoloxía e Histoloxía actual e a súa relación con outras ciencias. (1 h).
8. Unidade e diversidade das células. Organización dos procariotas e eucariotas. A célula procariota. A célula eucariota: núcleo, orgánulos e as súas membranas. Evolución celular. Concepto de sincitio e plasmodio. Multicelularidade. Concepto de tecido (1 h).
9. Compoñentes químicos da célula. Auga. Biomoléculas: hidratos de carbono, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos (2 h).
10. Metabolismo celular. Catálise encimática. Cinética de reaccións. Moléculas transportadoras activadas e síntese de polímeros (1 h).
Bloque 3. FLUXO DA INFORMACIÓN XENÉTICA (5,5 h)
11. ADN e cromosomas. Cromosomas. A dobre hélice e a herdanza. Replicación, reparación e recombinación do ADN (2 h).
12. Do ADN ao ARN: Transcrición. Procesado e tipos de ARN. Exportación (1,5 h).
13. Do ARN á proteína: Tradución. Código xenético. ARNs de transferencia e ARNt-aminoaciltransferases. Ribosomas e ciclo ribosómico (1 h).
14. Control da expresión xénica. Regulación da tradución. Pregamento, modificación, regulación da función e degradación das proteínas (1 h).
Bloque 4. ESTRUTURA E FUNCIÓNS CELULARES (6 h)
15. Membrana plasmática e a súa organización. Lípidos e proteínas de membrana e as súas propiedades. Transporte de moléculas pequenas. Permeabilidade. Difusión pasiva. Difusión facilitada. Canles iónicas. Sinalización nerviosa. Transportadores. Transporte activo. Bombas de membrana (1,5).
16. Compartimentos e transporte intracelular. Transporte vesicular. Vía secretora e vía endocítica (1 h).
17. Citoesqueleto e movemento celular. Filamentos de actina. Microtúbulos. Filamentos intermedios (2 h).
18. Bioenerxética. Mitocondrias. (1,5 h).
Bloque 5. DIVISIÓN CELULAR (2,5 h)
19. Ciclo celular eucariota. Fases do ciclo celular. Regulación do ciclo celular. Mitose. Fases da mitose. Regulación da mitose. Citocinese en células animais e vexetais (1,5 h).
20. Meiose. Fases da meiose: primeira e segunda división meióticas. Significado biolóxico da meiose. Comparación entre mitose e meiose (1 h).
Programa de Prácticas de Ecoloxía
1. Tratamento de datos (1h)
2. Crecemento poboacional (1h)
3. Modelos de competencia (1h)
4. Modelos de dinámica depredador-presa (1h)
5. Índices de diversidade biolóxica (1h)
6. Teoría de Bioxeografía de illas (1h)
7. Densidade poboacional (1.5h)
8. Variables cuantitativas en comunidades (1.5h)
9. Modelos de Bioxeografía insular (1h)
10. Perturbacións: incendios forestais (1h)
11. Circulación de nutrintes en ecosistemas terrestres (1h)
Programa Prácticas Laboratorio de Bioloxía Celular
Manexo do microscopio óptico. Diversidade celular (2 h).
Innovación Docente
Os alumnos poden participar voluntariamente nunha actividade de Innovación docente do programa “Aprendizaxe e sevicios” denominado “Plantando cara al fuego” basado en aprender realizando un servicio para a sociedade. Esta actividade levarase a cabo dentro do marco dun proxecto financiado pola FECYT.
Bibliografía básica
Biology 2e by OpenStax: https://openstax.org/details/books/biology-2e?Book%20details
Concepts of Biology by OpenStax: https://openstax.org/details/books/concepts-biology
Ecología con números: http://www.ecologiaconnumeros.uab.es/
Ecología I. Introducción, organismos y poblaciones. Escolástico León, C., & Universidad Nacional de Educación a Distancia (España). (2013). Ecología (Ed. digital.). Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Ecología II. Comunidades y ecosistemas. Escolástico León, C., & Universidad Nacional de Educación a Distancia (España). (2013). Ecología (Ed. digital.). Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Ecología. Smith, R.L.; Smith, T.M. 2002. Pearson Educación S.A. Addison Wesley Longman.Madrid.
Bibliografía complementaria
ALBERTS B. et al., 2011. Introducción a la Biología Celular, 3ª Edición, Editorial Medica Panamericana.
BEGON, M., HARPER, J.L. & TOWNSEND, C.R. 1999. Ecología. Individuos, poblaciones y comunidades (3a ed.). Omega. Barcelona.
COOPER, G.M., HAUSMAN, R.E. 2017. La Célula, 7ª Edición, Marbán.
DONOVAN, T. M. & C. WELDEN. 2002. Spreadsheet exercises in ecology and evolution. Sinauer Associates, Inc. Sunderland, MA, USA.
KREBS, C.J. 1986. Ecología. Análisis experimental de la distribución y abundancia. Pirámide. Madrid.
KREBS, C.J. 2001. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance (5 th Ed). Benjamín Cummings Addison Wesley longman. Inc. New York.
LODISH et al., 2007. Biología Celular y Molecular, 5ª Edición, Editorial Medica Panamericana,
MARGALEF, R. 1992 a. Ecología. Omega. Barcelona.
MARGALEF, R. 1992 b. Planeta azul, Planeta verde. Prensa Científica. Barcelona.
McNAUGHTON, S.J. Y WOLF, L.L. 1984. Ecología general. Ediciones Omega S.A. Barcelona.
NIKLAS, K.J. Plant Allometry. 1994. The Scaling of Form and Process. The University of Chicago Press, Chicago, USA.
PIÑOL, J., MARTÍNEZ-VILALTA, J. 2006. Ecología con Números. Lynx Edicions, Barcelona.
RAVEN et al., 2008. The Science of Biology, 7/e Edition, McGraw-Hill.
REISS, M.J. 1991. The allometry of Growth and Reproduction. Cambridge University Press, Cambridge, U.K.
RICKLEFS, R.E. 1990 (3ª edición). Ecology. Freeman and company. New York.
RICKLEFS, R.E. 1998. Invitación a la Ecología. La economía de la Naturaleza. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires, Madrid.
SMITH, R.L.; SMITH, T.M. 1990 (4ª edición). Elements of Ecology. Addison Wesley Longman, San Francisco.STRYER et al., 2014. Bioquímica: curso básico, 2ª edición, Editorial Reverté.
TERRADAS J. 2001. Ecología de la vegetación. Omega. Barcelona.
Enlace de interese para buscas biomédicas en revistas, libros, bases de datos de proteínas, xenes, xenoma, etc: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez
Coñecer o impacto da Bioloxía nas Matemáticas e viceversa.
Comprender a importancia da aplicación dos coñecementos das Matemáticas na Bioloxía e de cómo a Bioloxía pode ofrecer aos matemáticos un inmenso campo de investigación en moitas facetas teóricas e aplicadas.
Coñecer e comprender os principios básicos da Bioloxía Molecular e Celular, da Bioloxía de Organismos e Sistemas, da Xenética e a Ecoloxía.
CX2.- Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran do uso de ferramentas matemáticas.
CX3.- Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CX5.- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CE7.- Propoñer, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, utilizando as ferramentas matemáticas máis adecuadas aos fins que se persigan.
CT2.- Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT5.- Ler textos científicos tanto en lingua propia como noutras de relevancia no ámbito científico, especialmente a inglesa.
Axustarase á indicación metodolóxica xeral do Grao, que establece que as clases de pizarra consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e resolución de problemas ou exercicios. En ocasións, o modelo aproximarase á lección maxistral e outras, sobre todo nos grupos reducidos, procurarase unha maior implicación do alumno, primando unha pedagoxía máis activa e personalizada. As clases con ordenador/laboratorio permitirán, nuns casos, a adquisición de habilidades prácticas e noutros,servirán para a ilustración inmediata dos contidos teóricos-prácticos, mediante a comprobación interactiva ou a programación. Tódalas tarefas do alumno (estudio, traballos, programas de ordenador, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor nas sesións de titoría en grupo reducido e a través do Campus Virtual. Con respecto as titorías individualizadas ou en grupo moi reducido, atenderase os estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dúbida.
Un importante recurso didáctico cara a lograr os obxectivos educativos será poñer a disposición dos alumnos una gran cantidade de material multimedia (textos, transparencias, vídeos, follas de cálculo, etc.) para o que se empregará o soporte proporcionado pola plataforma da USC virtual. A atención individualizada ao estudante nas titorías permitirá nalgunha medida personalizar a ensinanza. O nivel das clases teóricas será abordable para os estudantes con una preparación académica e intelectual media. Os estudantes por debaixo da media serán obxecto de atención titorial, namentres que os que se atopen por riba da media poderán satisfacer seus maiores desexos de coñecementos co acceso a recursos e bibliografía máis especializada.
Primeira e segunda oportunidade
A cualificación do alumno farase mediante:
. Avaliación continua, que contribuirá nun 40% a cualificación final. A avaliación continua realizarase mediante probas deseñadas no Campus Virtual da USC en relación aos contidos tratados nos seminarios e prácticas. O alumno poderá subir a súa nota de evaluación continúa en cada unha das partes da materia (ecoloxía e bioloxía celular) ata en 0,5 puntos realizando actividades voluntarias que o profesorado ofrecerá a través do Campus Virtual da USC.
. Realización dun exame final que contribuirá nun 60 % á cualificación final.
Para aprobar a materia necesítase un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. A cualificación do alumno será a do exame final se esta é superior á que resulta de ponderala coa cualificación da avaliación continua.
A valoración da evaluación contínua será válida durante un curso mais o de realización, si así o solicita o alumno. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para os escenarios 2 e 3 véxase o Plan de continxencia no apartado de Observacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA(Horas)
Clases expositivas (28)
Clases interactivas de seminario (12)
Clases interactivas de laboratorio (14)
Titorías en grupos reducidos (2)
Horas totales de traballo presencial no aula (56)
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (Horas)
Estudio autónomo individual ou en grupo (50)
Escritura de exercicios, conclusións, traballos (25)
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar (9)
Preparación de presentacións orais, debates ou similar (10)
Total horas traballo persoal do alumno (90)
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases e seminarios programados. E importante resolver no momento as dúbidas que xurdan, así como revisar e completar as notas de clases despois destas. As titorías representan unha oportunidade excelente para mellorar a aprendizaxe e resolver dúbidas. O estudio da materia verase facilitado pola consulta do material que se poñerá a disposición dos alumnos na páxina web da USC Virtual. E importante tamén a lectura da bibliografía recomendada para cada tema.
Comunicación co alumnado:
Escenario 2 e Escenario 3
As canles de comunicación co alumnado serán a través de foros do Campus virtual, sesións virtuais en Teams e correo electrónico.
Metodoloxía:
Escenario 2
A clases expositivas, seminarios e prácticas serán gravadas nas aulas no horario habitual de clase e transmitidas ós alumnos que reciban a docencia dende os seus domicilios, de forma síncrona (preferente) ou de forma asíncrona.
Escenario 3
A clases expositivas, seminarios e prácticas substituiríanse por docencia non presencial a través do Campus Virtual. Isto inclúe clases en remoto no horario habitual de clase con Microsoft Teams (síncrono), o uso de materiais en pdf ou o uso de audio-presentacións dos temas en formato vídeo (asíncrono).
As prácticas de laboratorio de bioloxía celular substitúense pola realización da actividade “Mi imagen de microscopía favorita” no Campus Virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
Escenario 2 e Escenario 3
O exame final presencial será substituído por un exame non presencial (síncrono) a realizar a través do Campus Virtual da USC.
Otilia Reyes Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813318
- Correo electrónico
- otilia.reyes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eva Maria Candal Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Anton Barreiro Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carola Gomez Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carola.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sheila Fernandez Riveiro
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- sheila.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Ashwin Woodhoo
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- ashwin.woodhoo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 07 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 02 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | Aula de informática 4 |
Mércores | |||
09:10-10:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 07 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán, Galego | Aula Magna Ramón María Aller Ulloa |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula 06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego, Castelán | Aula de informática 4 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_06 | Galego, Castelán | Aula de informática 4 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán, Galego | Aula de informática 2 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula de informática 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego, Castelán | Aula de informática 2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | Aula 03 |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03 |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
13.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |