Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir aos estudantes nas ferramentas da análise descritiva de datos e da teoría da probabilidade. Tomar contacto co software de distribución libre R para realizar análises descritivas e para a xeración de modelos probabilísticos.
Estatística descritiva dunha variable. (5 horas de docencia expositiva).
Introdución á estatística descritiva. Tipos de datos e variables.
Frecuencias. Medidas de localización, dispersión e forma.
Ferramentas gráficas de análise descritivo dunha variable.
Estatística descritiva bidimensional. (4 horas de docencia expositiva).
Distribución conxunta de frecuencias. Táboas. Frecuencias marxinais e condicionadas.
Ferramentas gráficas para dúas variables.
Dependencia lineal. Rectas de Regresión. Covarianza e Correlación.
Introdución ao cálculo de probabilidades. (6 horas de docencia expositiva).
Espazo de probabilidades. Sucesos. Probabilidade. Propiedades.
Probabilidade condicionada. Independencia. Teorema das probabilidades totais. Teorema de Bayes.
Combinatoria.
Variables aleatorias unidimensionais. (5 horas de docencia expositiva).
Variable aleatoria. Función de distribución. Tipos de variables aleatorias: Discretas e Continuas. Función masa de
probabilidade e función de densidade.
Características dunha variable aleatoria. Transformación de variables aleatorias.
Principais modelos de probabilidade. (6 horas de docencia expositiva).
Discretos: Uniforme, Bernouilli, Binomial, Poisson, Hiperxeométrica, Xeométrica, Binomial Negativa.
Continuos: Uniforme, Normal, Exponencial, Gamma, Beta.
Relacións de interese entre as distribucións.
Contidos das clases interactivas de laboratorio (13 horas de docencia interactiva).
Paquete estatístico R.
Análise exploratorio de datos con R.
Xeración de modelos de probabilidade con R.
Bibliografía Básica
- FREEDMAN, D. et al.(2011). Statistics. Fourth edition. Viva Books. (2º edición traducida al castellano: Estadística. Antoni Bosch, 1993).
- PEÑA, D. (2008). Fundamentos de Estadística. Segunda edición. Ciencias Sociales Alianza Editorial.
- TIJMS, H. C. (2016). Understanding Probability. Third edition. Cambridge University Press.
Bibliografía complementaria
- CAO, R. et al. (2006). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Ciencia y técnica (Pirámide).
- GONICK, L., SMITH, W. (2001). Á Estadística ¡en caricaturas!. Publicado pola SGAPEIO.
- GRINSTEAD, C. M., SNELL, J. L. (1997). Introduction to Probability. Second edition. AMS. Este libro pódese descargar gratuitamente dende a dirección http://www.dartmouth.edu/~chance/teaching_aids/books_articles/probabili…
- VERZANI, J. (2005). Using R for Introductory Statistics. Chapman and Hall.
Segundo o establecido na memoria do título de grao de matemáticas na USC, as competencias a acadar son:
Básicas: CB1-CB5
Xerais: CG1-CG5
Transversais: CT1-CT5
Específicas: CE1-CE9
As clases de docencia expositiva consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor dedicadas á introdución de contidos teóricos e a resolución de problemas ou exercicios. As competencias a desenvolver serán: CB1-CB4, CG1-CG4, CT3, CT5, CE1-CE7.
Nas clases de seminario procurarase unha maior implicación do alumno mediante a resolución autónoma de exercicios e problemas propostos. As competencias a desenvolver serán: CB1-CB4, CG1-CG4, CT1-CT5, CE1-CE7.
As sesións de laboratorio servirán para a adquisición de habilidades prácticas e a ilustración dos contidos teóricos. As competencias que se desenvolven nestas sesións son: CB1-CB4, CG1-CG4, CT1-CT5, CE1-CE9.
Na preparación para a sesión do exame final ou das probas de avaliación periódicas as competencias a desenvolver serán: CB1-CB5, CG1-CG5, CT1-CT5, CE1-CE7.
Tódalas tarefas do alumno serán orientadas polo profesor nas sesións de titoría.
Ademais da docencia presencial contarase co curso no Campus Virtual da Universidade, no que o alumnado poderá atopar materiais complementarios e ferramentas de comunicación asíncrona.. Como ferramenta de comunicación síncrona usarase MS Teams.
Segundo o escenario sanitario no que se desenvolva a docencia, a metodoloxía adaptarse da seguinte forma:
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada):
A docencia expositiva e interactiva será presencial, , de acordo coa distribución que organice a Facultade de Matemáticas, que utilizando como soporte o curso virtual da materia, na que o alumnado atopará materiais bibliográficos e docente, xunto con boletíns de problemas.
As titorías serán presenciais, a través do correo electrónico ou mediante Ms Teams.
ESCENARIO 2 (distanciamento):
Docencia parcialmente virtual, de acordo coa distribución acordada pola Facultade de Matemáticas. Para iso empregarase a aula virtual do curso, con vídeos explicativos e materiais bibliográficos proporcionados polo profesor.
As titorías atenderanse por correo electrónico ou mediante MS Teams.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións):
Durante a suspensión da actividade presencial utilizarase a seguinte metodoloxía docente:
1) Desenrolo de material docente tanto xenérico (apuntes e vídeo apuntes) como específico para esta situación (exercicios resoltos, enlaces a presentacións dos contidos, material de apoio) que subirá á aula virtual de xeito periódico.
2) Planificación semanal dos contidos a desenrolar.
3) Proposta de actividades e/ou exercicios para resolver, e enviar.
4) Creación dun foro de debate e dúbidas no campus virtual. Neste foro, poderán participar tanto estudantes como docentes. Tanto para formular cuestións como para resolvelas.
5) Utilización do software MS Teams para soporte das actividades de tipo presencial, que se desenvolverán preferentemente no horario lectivo xa planificado. Crearase grupos de titorías, que permitirán a resolución de dúbidas de xeito interactivo.
Escenario 1 (normalidade adaptada)
A cualificación farase mediante avaliación continua, baseada en actividades formativas, e exame final. A cualificación será o máximo da nota do exame final e da ponderación desta nota do exame coa avaliación continua onde o peso relativo de cada apartado será 60%-40%,respectivamente
A avaliación continua consistirá na resolución de problemas e cuestións que se programarán de forma periódica nas sesións de expositivas/seminarios, laboratorio e realizaranse de forma individual ou por grupos, sempre co material de clase dispoñible. Poderase utilizar o campus virtual se as condicións determinadas pola Facultade de Matemáticas non permite a presencia simultánea de todos os estudantes dun grupo. Serán como mínimo 4 sesións, dúas de seminario/expositiva e dúas de laboratorio, e un máximo de 5, tres de seminario/expositiva e dúas de laboratorio. Cada proba formativa será avaliada entre 0 e 10 e o docente comentará as tarefas nas seguintes sesións. A puntuación da avaliación continua será a media das tres puntuacións máis altas, incluíndo necesariamente unha proba de expositiva/seminarios e outra de laboratorios.
O exame final constará dunha parte baseada en cuestións breves na que se pretende avaliar a adquisición de coñecementos craves da materia. O resto do exame consistirá en resolver exercicios e problemas similares aos propostos ao longo do curso. No exame incluiranse preguntas de valoración das competencias con R.
A avaliación das competencias realízase segundo o establecido na apartado metodoloxía do ensino.
ESCENARIO 2 (distanciamento):
Mesmo procedemento que o descrito para o ESCENARIO 1. As tarefas de sesión expositiva/seminario serán exclusivamente en seminario, podendo utilizarse tamén o Campus Virtual se as condicións determinadas pola Facultade de Matemáticas non permite a presencia simultánea de todos os estudantes dun grupo. As probas de laboratorio entregaranse no Campus Virtual. A proba final será telemática.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións):
Mesmo procedemento que o descrito para o ESCENARIO 2. As tarefas de avaliación continua faranse a través do Campus Virtual, co soporte de MS Teams, nos horarios de Laboratorio e Seminario. En este escenario, as tarefas serán avisadas previamente a través do Campus Virtual.
Na segunda oportunidade manteranse as cualificacións e criterios da avaliación continua, nos tres escenarios.
Advertencia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxios ou uso indebido das tecnoloxías) será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O número total de horas de traballo do alumno é de 25 x 6 = 150. A distribución detállase a continuación:
TRABALLO PRESENCIAL EN EL AULA
Horas de docencia expositiva: 26
Horas de docencia interactiva de seminario: 13
Horas de docencia interactiva de laboratorio: 13
Horas de titorías en grupo reducido: 2
Total de horas de traballo presencial na aula: 54
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 74
Preparación de probas de avaliación continua: 7
Programación e outros traballos en ord/lab.: 15
Total de horas de traballo persoal do alumno: 96
Recoméndase a asistencia a clase e o seguimento das actividades propostas como medios fundamentais para o aproveitamento da materia.
Para superar con éxito a materia é aconsellable a asistencia ás sesións de docencia expositiva e interactiva, sendo fundamental o seguimento diario do traballo realizado na aula. Tamén é recomendable que o alumno practique a utilización do programa estatístico R para explorar as posibilidades das diversas técnicas explicadas ao longo do curso.
O programa informático que se usará nas clases de ordenador/laboratorio pode descargarse gratuitamente dende a dirección http://www.r-project.org/
Plan de continxencia:
Adaptación da metodoloxía aos Escenarios 2 e 3:
ESCENARIO 2 (distanciamento):
Docencia parcialmente virtual, de acordo coa distribución organizada pola Facultade de Matemáticas. Para iso empregarase a aula virtual do curso, con vídeos explicativos e materiais bibliográficos proporcionados polo profesor.
As titorías atenderanse por correo electrónico ou mediante MS Teams.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións):
As tarefas de avaliación continua faranse a través do campus virtual, co soporte de MS Teams, nos horarios de Laboratorio e Seminario. En este escenario, as tarefas serán avisadas previamente a través do campus virtual.
Adaptación do sistema de avaliación aos Escenarios 2 e 3:
ESCENARIO 2 (distanciamento):
Mesmo procedemento que o descrito para o ESCENARIO 1. As tarefas de sesión expositiva/seminario serán exclusivamente en seminario, utilizando o Campus Virtual se é necesario. As probas de laboratorio entregaranse no Campus Virtual. A proba final será telemática.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións):
Mesmo procedemento que o descrito para o ESCENARIO 2. As tarefas de avaliación continua faranse a través do campus virtual, co soporte de MS Teams, nos horarios de Laboratorio e Seminario. En este escenario, as tarefas serán avisadas previamente a través do campus virtual.
Na segunda oportunidade manteranse as cualificacións e criterios da avaliación continua, nos tres escenarios.
Manuel Febrero Bande
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813187
- Correo electrónico
- manuel.febrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alberto Rodriguez Casal
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- alberto.rodriguez.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandra Maria Lopez Perez
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- alejandra.lopez.perez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Magna Ramón María Aller Ulloa |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de informática 4 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de informática 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de informática 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_06 | Castelán | Aula de informática 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 06 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 02 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Aula de informática 3 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de informática 3 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna Ramón María Aller Ulloa |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |