Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Ofrecer unha exposición sistemática e coherente dos principios e conceptos básicos da Física.
2. Manexo de conceptos básicos da Física: sistemas de referencia, leis de conservación, enerxía, forza, momento, etc.
3. Capacidade de formulación, resolución e interpretación de problemas físicos aplicando os conceptos teóricos adquiridos.
4. Mostrar ao alumnado a importancia das investigacións experimentais na Física.
5. Expoñer o interese das aplicacións da física á vida cotiá e aos desenvolvementos tecnolóxicos tanto dende un punto de vista xeral, de interese social e económico.
==== T1: Cinemática clásica dunha partícula. [6 h] ====
- Sistemas de referencia. Vectores posición, velocidade e aceleración. Tipos de movemento rectilíneo. Compoñentes dos movementos non rectilíneos. Movemento relativo. Movementos oscilatorios.
==== T2: Dinámica clásica dunha partícula. [12 h] ====
- Leis de Newton. Tipos de forzas. Momento lineal e a súa conservación. Tipos de enerxías e a súa conservación. Campo gravitatorio.
==== T3: Mecánica clásica de sistemas de partículas. Sólidos ríxidos. [8 h] ====
- Centro de masas. Momento da forza. Momento de inercia. Momento angular e a súa conservación.
==== T4: Fluídos. [2 h] ====
Fundamentos de hidrostática e hidrodinámica: pulo, viscosidade, ecuacións de Poiseuille e Bernoulli, efecto Venturi.
==== TC: Complementos. ===
Ao longo do curso poranse a disposición dos alumnos breves introduccións ás seguintes temáticas complementarias, buscando proporcionarlles unha visión básica o máis completa posible da física. Estes complementos non serán obxecto de pregunta no exame final (ver sección "sistema de avaliación").
-Física estadística e termodinámica
-Fenómenos ondulatorios, interferencia e difracción
-Electromagnetismo (electrostática e magnetostática, leis de Coulomb e Ohm, teorema de Gauss, ecuacións de Maxwell)
-Física relativista.
-Mecánica cuántica elemental. Átomos, núcleos e partículas.
== Publicaranse na aula virtual da materia unha colección de problemas que se resolverán ao longo do curso.
== Bibliografía básica (libro de texto de referencia):
P.A. Tipler, G. Mosca: "Física para la Ciencia e Ingeniería", Reverté (2005).
== Bibliografía complementaria recomendada:
- M. Alonso, E.J. Finn: "Física", Addison-Wesley Iberoamericana (1986).
- S. Burbano, E. Burbano, C. García Muñoz: "Física general", Mira Editores (1993).
- A.P. French: "Relatividad especial", Reverté (1978).
- W.E. Gettys, F.J. Keller, M.J. Skove: "Física clásica y moderna", McGraw-Hill (1995).
- D.C. Giancoli: "Física: Principios con aplicaciones", Prentice-Hall (1997).
- F.A. González: "La física en problemas", Editorial Tebar Flores (1981).
- L. Núñez: "Problemas de física general", U. de Santiago de Compostela (1994).
- R.A. Serway, J.W. Jewett: "Física para ciencias e ingeniería", Cengage (2015).
- B.M. Yavorski, A.A. Detlaf: "Manual de física", Editorial Mir (1977).
- H.D. Young, R.A. Freedman: "Sears y Zemansky física universitaria", Pearson (2013)
- P.K. Kundu: “Fluid Mechanics”, Academic Press (1990).
XERAIS
--1. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de ferramentas matemáticas.
--2. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
ESPECÍFICAS
--1. Comprender e utilizar a linguaxe matemática.
--2. Saber abstraer as propiedades e feitos substanciais dun problema, distinguíndoas daquelas puramente ocasionais ou circunstanciais.
--3. Propoñer, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, utilizando as ferramentas matemáticas máis axeitadas aos fins que se persigan.
--4. Planificar e executar algoritmos e métodos matemáticos para resolver problemas no ámbito académico, técnico, financeiro ou social.
--5. Utilizar aplicacións informáticas de análise estatística, cálculo numérico e simbólico, visualización gráfica, optimización e software científico, en xeral, para experimentar en Matemáticas e resolver problemas.
TRANSVERSAIS
--1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos de Matemáticas, incluíndo o acceso por Internet.
--2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
--3. Comprobar ou refutar razoadamente os argumentos doutras persoas.
--4. Traballar en equipos interdisciplinares, achegando orde, abstracción e razoamento lóxico.
--5. Ler textos científicos tanto en lingua propia coma noutras de relevancia no ámbito científico, especialmente a inglesa.
De acordo co documento "Directrices para os desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021" que desenvolve, de forma operativa, o acordo de Consello de Goberno de 19 de xuño de 2020, a USC contempla tres posibles escenarios para o desenvolvemento da docencia durante o curso 2020-2021, en función da evolución da crise da COVID-19.
Indícase a continuación a Metodoloxía de Ensino a aplicar no Escenario 1: Normalidade Adaptada. As adaptacións desta aos Escenarios 2: Distanciamento e Escenario 3: Peche de Instalacións, indícanse máis abaixo no epígrafe "PLAN DE CONTINXENCIA" do apartado Observacións.
--1. Presentación nas clases expositivas dos temas programados, buscando motivar a discusión con exemplos.
--2. Nas clases interactivas resolveranse diferentes boletins de problemas asociados con cada un dos temas teóricos, por parte do alumno e/o el profesor para afianzar os conceptos teóricos.
--3. Con respecto ás tutorías en grupo moi reducido, atenderáse aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Indícase a continuación o Sistema de Avaliación a aplicar no Escenario 1: Normalidade Adaptada. As adaptacións deste aos Escenarios 2: Distanciamento e Escenario 3: Peche de Instalacións, indícanse máis abaixo no epígrafe "PLAN DE CONTINXENCIA" do apartado Observacións.
---1. Para o non contemplado nos criterios abaixo expresados seguiránse as normativas de carácter xeral establecidas para o grado de Matemáticas da USC, e as establecidas para a USC na "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" (dispoñibles en www.usc.es).
A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", a menos que o estudante non realice ao longo do curso correspondente a esa convocatoria ningunha actividade académica avaliable (de exame o de avaliación continua), caso no cal constará como non presentado/a.
---2. OPORTUNIDAD ORDINARIA:
* Avaliación Continua:
Ao longo do curso o alumno poderá realizar exercicios calificables, mediante a resolución e exposición oral de problemas propostos nas clases interativas. Á puntuación conxunta destas actividades otorgaráse unha calificación en escala de 0 a 10. Nas clases expositivas non haberá actividades que contribúan á avaliación continua.
* Examen Final:
Nas datas oficiais realizarase un exame final. Á puntuación neste exame otorgarase unha cualificación en escala de 0 a 10.
* Nota final:
A cualificación final será o máximo da nota do exame final e a suma do 70% da nota do exame final máis o 30% da nota de avaliación continua.
---3. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE RECUPERACIÓN:
Seguiranse os mesmos criterios que na ordinaria, agás en que se conservarán as notas de avaliación continua da oportunidade ordinaria dese mesmo curso.
---4. ALUMNOS REPETIDORES DE CURSOS ANTERIORES:
Terán igual sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez na materia, salvo que poderán optar por conservar a súa nota de avaliación contínua do curso anterior se ésta é mellor que a obtida no presente curso.
Asistencia ás clases expositivas: 30 horas.
Asistencia ás clases interactivas en grupo reducido: 28 horas.
Asistencia ás clases interactivas en grupo moi reducido (titorías): 2 horas.
Estudo do contido expositivo: 50 horas
Realización e estudo de exercicios e problemas: 40 horas
TOTAL 150 HORAS
1. A resolución de exercicios é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista e un esquema gráfico con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
2. O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando os manuais da bibliografía e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia.
3. Para a maioría dos alumnos resulta moi útil, para preparar óptimamente o exame final, resolver o maior número posible de exercicios. Unha excelente fonte de exercicios extra son os textos da bibliografía, e en particular o manual de referencia.
4. O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito, e así desexen, o proceso de avaliación e as dificultades encontradas na aprendizaxe dos contidos da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma excepcional e xustificada a docencia telemática poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia, e no caso de docencia práctica levada a cabo con medios telemáticos poderá chegarse ata o 25%.
As titorías poderán realizarse parcialmente de forma telemática.
As probas finais serán presenciais.
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidade física).
A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das h da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira.
As titorías serán preferentemente telemáticas
As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
A docencia será completamente de carácter telemático, con mecanismos síncronos ou asíncronos.
As titorías serán exclusivamente telemáticas.
As probas finais serán exclusivamente de carácter telemático.
De forma xeral nos tres escenarios, para o desenvolvemento da docencia temática utilizaranse as ferramentas MS Teams e Moodle.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Silvia Barbosa Fernandez
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Correo electrónico
- silvia.barbosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jorge Costoya Noguerol
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Marta Perez Maseda
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Correo electrónico
- marta.perez.maseda [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Pablo Alfonso Del Pino Gonzalez De La Higuera
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Correo electrónico
- pablo.delpino [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Aitor Álvarez Lorenzo
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de informática 2 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula 02 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de informática 3 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de informática 2 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula 02 |
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 06 |
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de informática 3 |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula 06 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
22.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |
22.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03 |
22.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
28.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |