Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Unha vez cursada a materia de Química e Economía Industrial espérase que o alumnado sexa quen de:
- Coñecer o tipos principais de reacción química da industria química e as súas principais características asociadas.
- Comprender a interacción da industria co contorno, analizando, ademáis, os procedimentos sobre a base da súa aplicabilidade, e os fundamentos operativos e as características técnico-económicas.
- Poder aplicalo aprendido ao desenvolvemento de liñas de investigación e, sobre todo, na práctica industrial.
Dacordo coa Memoria do Grao en Química, os contidos desta materia deben proporcionar ao alumno unha base de coñecimentos sobre:
“Introducción a análise e deseño dos procesos de fabricación. Análise económico dos procesos químicos. A implantación e funcionamento de plantas químicas. Normativas. Procesos de química industrial: conceptos xerais. Procesos químicos. Estudo detallado: industria do petróleo, O ferro, o aceiro e as fundicións, xeneración de enerxía mediante combustión, Producción de biocombustibles, Pasta de papel fabricación de cloro e de sosa, fabricación do vidro, producción de cal e de cemento, producción de metales non ferrosos, producción de productos químicos de alto volumen, etc.
1.- Introducción a análise e deseño dos procesos de fabricación
2.- Análise económico dos procesos químicos, Proceso de produción. Prezos de produtos químicos, Diagrama de fluxo monetario nunha empresa.
Conceptos básicos da economía: Operacións financeiras simples: réximes de capitalización, Criterios económicos e financeiros de elección de alternativas. Rendibilidade, Capital: capital inmobilizados e capital circulante. A amortización, Custos: concepto e clasificación, O mercado e as vendas: oferta e demanda. Leis do mercado
3.- Procesos de química industrial: conceptos xerais.
Industria do petroleo
Xeneración de enerxía mediante combustión
Producción de biocombustibles
Pasta de papel
Fabricación de cloro e de sosa
Fabricación do vidro
Producción de cal e de cemento
Producción de metales non ferrosos
O ferro, o aceiro e as fundicións
Bibliografía básica:
“Economía para la función directiva del ingeniero en la industria química- Gestión financiera. Antonio de Lucas Martínez, Ediciones Signe SA, (2011). Solicitado on-line.
"Introducción a la química industrial", A. Vian , 2º ed, Ed Alambra (1996)
Bibliografía complementaria:
“Tecnología y margen de refino de petróleo”, Lluch Urpí, J.L. Diaz de Santos, Madrid (2008)
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostraran ter e comprender os coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atopa polo xeral a un nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos o doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda das suas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedimentos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en cualquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT6 - Traballo en equipo.
CT7 - Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT8 - Traballo nun contexto internacional.
CT9 - Habilidades nas relacións interpersonais.
CT10 - Razoamiento crítico.
CT11 - Compromiso ético.
ESPECÍFICAS
CE4 - Tipos principais de reaccións químicas e as suas principais características asociadas.
CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e a comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE15 - Recoñecer e analizar novos problemas e plantexar estratexias para solucionalos.
Os contidos de apoio para a impartición da materia (diapositivas, etc.), estarán dispoñibles na Aula Virtual da materia.
Escenario 1: docencia presencial
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formas diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xenerales, directrices xerais das materias,…). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral (agás a exposición de traballos en Power Point), os estudantes non precisan manexalos na clase.
A asistencia a clase non e obligatoria, pero é moi recomendable.
B) Clases de seminario: O alumno participa activamente nas clases de distintas formas: entrega de exercicios a o profesor (algúns dos propostos no boletín de problemas ou proxectos que o profesor entrega a os alumnos con suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc..
C) Titorías de asistencia obrigatoria. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e asignatura. Proporánse actividades coma a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría, problemas, exercicios, lecturas e outras tarefas propostas, coma a presentación e exposición, debates e comentarios de traballos individuias ou realizados en pequenos grupos.
As clases desenvolveránse tendo en conta a doble natureza dos contidos da materia: por unha parte exporánse os conceptos teóricos da economía básica empregando a pizarra e/ou transparencias ou sistemas de proxección. Son clases meramente expositivas que incluen a resolución de problemas de cálculo. Por outra banda, un segundo grupo de clases constituia o estudo, análise e comprensión dunha serie de procesos de fabricación da industria química que serán propostos e dirixidos polo profesor e desenvoltos e expostos polos alumnos (en grupos de composición a definir).
Escenario 2: docencia mixta
A) As clases expositivas serán non presenciais e levaranse a cabo por videoconferencia mediante MsTeams de forma síncrona no horario establecido para a materia.
B) As clases de seminario serán presenciais, cumplrindo co distanciamiento e as medidas de seguridad impostas pola USC (uso de mascarilla e hidroxel).
C) As titorías obrigatorias levaranse a cabo de forma non presencial, preferentemente mediante Ms Teams.
Escenario 3: docencia non presencial
Tanto as clases expositivas (A), como os seminarios (B) e titorías (C) levaranse a cabo de forma non presencial. As dúas primeiras terán lugar mediante docencia telemática síncrona por Ms Teams, mentres que as titorías poderán levarse a cabo de forma asíncrona, tanto en MsTeams como en Aula Virtual.
A avaliación continua terá un peso do 40% da cualificación final da materia e constará de tres partes: 1.- Asistencia e Participación activa en clase/actividades 30 %; 2.- Titorías 10%; 3.- Elaboración, entrega e presentación dun traballo (60%). Os seminários e as titorías incluirán exercícios e traballos realizados presencialmente e exercicios entregados pólo profesor.
O examen escrito final versará sobre os contidos totais da materia e terá unha valoración do 60% do total da cualificación final.
A contribución da avaliación continua (40%) e o examen (60%) á nota final será a mesma nos 3 escenarios plantexados.
O examen levarase a cabo de forma presencial no escenario 1, mentres que nos escenarios 2 e 3 realizarse de de forma telemática síncrona, na Aula Virtual da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
O alumno debe obtener unha nota mínima de 3,5 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables para poder sumas ambalas dúas notas. Para superar a materia precísase unha nota final mínima de 5 puntos. As cualificacións do traballo, as actividades de seguimento e as titorías serán comunicadas ao alumno antes do exame final. A asistencia as titorías é obrigatoria.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, gardarase a nota da avaliación continua e a titoría en grupo para a oportunidade de exame de xullo (non para o curso seguinte) e o alumno só terá que repetir o exame. Do mesmo xeito, para superar a materia precisarase unha cualificación global mínima de 5,0 puntos. A calificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa da avaliación contínua.
Os estudantes que non acaden unha nota mínima na avaliación continua e titorías, ou os estudantes repetidores, terán igualmente a posibilidade de realizar o exame, constituindo este o 100% da cualificación.
Consideraranse non presentados os estudantes que non participaran a lo menos no 25% das actividades propostas.
As competencias avaliaranse nas diferentes actividades dacordo coa táboa seguinte:
Traballo Seminarios Titorías Exame
CG2 x x x
CG3 x x
CG4 x x x x
CG5 x
CB1 x
CE4 x x x
CE13 x x x
CE15 x x x
CT9 x x
CT10 x x x x
CT11 x
CT8 x
CT6 x
CT7 x
En función do aportado na correspondente ficha da memoria do Grao en Química, estímase:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 48 horas
Resolución de exercicios e elaboración de traballos: 18 horas
Preparación das presentacións orais, traballo de biblioteca. etc: 10 horas
Total: 76 horas
E un requisito previo obligatorio para poder abordar esta materia, ter cursado os módulos de Química Inorgánica e Química Orgánica e a materia Ingnieria Química, tal como se fai constar na correspondente ficha do Grao en Química. Asemade, recomendase ter en conta unha boa coordinación entre esta materia e a de Proyectos profesionales en Química (obligatoria) do Grao, ambalas duas impartidas no mesmo cuadrimestre do mesmo curso.
Esta materia é optativa dento do plano de estudos do Grao en Química. En función do número de alumnos matriculado poderase modificar ou condicionar en certa medida algún dos apartados anteriores.
Recomendacións para a docencia telemática:
• É preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos co entorno MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos que se empregan nas materias, dispoñibles na USC.
• Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
Debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do alumno/a no Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese o distancia co resto dos compañeiros e profesor na aula.
Plan de continxencia:
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaránse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo el horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñnibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e/ou Ms Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre os diferentes escenarios é que as clases expositivas serán en remoto por Ms Teams en escenario 2 mentres que en escenario 3, tamén os seminarios serán en remoto por Ms Teams.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams, ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Maria Amaya Franco Uria
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816777
- Correo electrónico
- amaya.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
09.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
09.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |