Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Carácter: Obrigatorio
Código: G1041326
Convocatoria: 2do semestre
Créditos: 6 ECTS (4.5 teórico-prácticos + 1.5 prácticas con computador)
Modulo: Módulo 2: Química Analítica.
Respecto doutros módulos, relaciónase coa materia de Estatística Aplicada e Informática para Químicos, de módulo de Formación Básica Transversal.
Esta materia é clave no módulo de Química Analítica porque lle proporciona ao alumno os coñecementos básicos necesarios para abordar a extracción de información dos datos químicos e para abordar o seu traballo con criterios de calidade contrastables.
Por parte do alumno, esperase que:
1.-Coñezca a metroloxía dos procesos químicos incluindo a xestión de calidade.
2.-Dispoña dñecementos teóricos e prácticos necesarios para planificar, aplicar e xestionar a metodoloxía analítica máis adecuada para abordar problemas de índole medioambiental, sanitario, industrial, alimentario o de cualquier índole relacionada con sustancias químicas.
3.-Poida explicar de manera comprensible fenómenos e procesos relacionados coa Química Analítica
4.-Comprenda e poida utilizar a información bibliográfica e técnica referida os procesos químicos analíticos.
Quimiometría e proceso analítico. (bloque I .-Tema 1)Métodos de reducción do espacio das variables. Métodos de recoñecemento de modelos, análisis supervisado e análisise no supervisado. (Bloque III. Análisis multivariante, temas 6 y 7).Calibración Multivariada.(Bloque III. Análisis multivariante. Tema 8). Diseño de experimentos e optimización de experimentos. (Bloque II.- Diseño experimental)Xestión e control de calidad. (Bloque IV. Tema 9). Sistemas de calidade. (Bloque IV. Tema 9) Certificación de sistemas de calidad e Acreditación de laboratorios. (Bloque IV. Tema 12). Control estadístico de procesos. (Bloque IV. Tema 10 y 11). Herramientas. (Bloque IV. Tema 9) Sistemas Seis sigma.(Bloque IV. Tema 9)
A materia está dividida en catro bloques:
Bloque I.- Introdución.
Tema 1.- Quimiometría e Cualimetría: o papel das matemáticas e a estatística na química
Bloque II.- Deseño experimental
Tema 2. Introdución ao deseño experimental
Tema 3. Deseños factoriais a dous niveis
Tema 4. Deseños factoriais fraccionais a dous niveis
Tema 5. Deseños a máis de dous niveis
Bloque III.- Análise Multivariable
Tema 6. Redución do espazo das variables.
Tema 7. Técnicas de clasificación
Tema 8. Calibración multivariada
Bloque IV.- Control e Xestión de calidade
Tema 9. Xestión da calidade total. Conceptos e ferramentas.
Tema 10. Control estatístico de procesos (1)
Tema 11. Control estatístico de procesos (2)
Tema 12. Certificación e acreditación da calidade
Contido Prácticas:
Práctica 1.- Análise de varianza
Práctica 2.- Deseño experimental
Practica 3.- Análise multivariable
Bibliografía Básica (manual de referencia).
D.L. Massart, B.G.M. Vandeginste, L.M.C. Buydens, S.De Jong, P.J. Lewi, J-Smeyers-Verbeke. “Handbook of Chemometrics and Qualimetrics, Parts A and B”. Elsevier, Amsterdam 1997-1998. ISBN: 9780080551906 y 9780080887036. Tamén dispoñible en formato electrónico
Bibliografía Complementaria.
Texto para os temas adicados á Quimiometría:
M. Branco, V. Cerdá (eds.). “Temas avanzados de quimiometría”. Univ. Illes Balears, Col-lecció materials didàctics, 125. Palma de Mallorca, 2007
Texto para os temas dedicados a control de calidade
D.H. Besterfield. “Control de calidade (8ª ed)”. Pearson-Prentice Hall, Mejico, 2009
Texto para os temas relacionados coa xestión da calidade.
J.R. Evans, W. M. Lindsay. “Administración e control da calidade”. Thomson, Méjico, 2005
Competencias Xerais:
•CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química Analítica.
•CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
•CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química Analítica tanto a un público especializado como non especializado.
•CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias tranversais:
•CT1.-Adquirir capacidade de análise e síntese.
• CT2.-Desenrolar capacidade de organización e planificación.
• CT3.-Adquirir Coñecemento dunha lingua estranxeira
• T4.-Ser capaz de resolver problemas
• CT5.- Ser capaz de tomar decisións.
Competencias especificas:
• CE25 - Ser capaz de relacionar a química con outras disciplinas.
• CE10 - Coñecer a metroloxía dos procesos químicos incluyendo a xestión de calidade.
• CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos según modelos previamente desenrolados.
• CE16 - Ser capaz de evaluar e interpretar datos.
• CE20 - Ser capaz de interpretar datos procedentes de observaciones e medidas no laboratorio en términos da sua significación e das teorías ca sustentan.
• CE24 - Ser capaz de comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A docencia adaptarase as circunstancias do momento, segun o escenario no que nos atopemos, impartíndose as clases expositivas e interactivas de forma presencial (escenario 1), combinando a presencialidade física e telemática total o parcialmente (escenario 2) o ben dun modo completamente telemática (escenario 3).
No caso de desenvolver actividades “en remoto”, as plataformas utilizadas serán as dispoñibles na USC, o Moodle mediante a aula virtual da USC e a plataforma “Microsoft Teams”.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
Todos os esquemas e presentacións a utilizar nas clases expositivas serán postos a disposición dos estudantes desde o inicio do curso a través da aula virtual da USC. De modo análogo, utilizarase este medio para fornecer aos estudantes calquera outro tipo de material que o profesor considere convinte para o desenvolvemento do curso.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (restricións a presencialidade física).
A docencia expositiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais á presenciaildade física).
A docencia expositiva será “en remoto” en modo síncrono a través de MS Teams, respectando o horario previsto para as clases da materia, ou combinarse ao 50% coa forma presencial naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
A docencia expositiva será “en remoto” modo síncrono a través de MS Teams.
B) Clases interactivas – (Seminarios) O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases e considérase un elemento da avaliación continua da materia. As entregas faranse en todos os escenarios a través da aula virtual.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
A docencia interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais a presencialidade física).
A docencia interactiva de seminarios, será presencial sempre que sexa posible e se non, combinarase a docencia presencial e “en remoto”, ou combinarse ao 50% coa forma presencial naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
A docencia será completamente de carácter telemático, modo síncrono con MS Teams e Moodle – aula virtual USC
C) Clases prácticas con ordenador: Nesta materia, as clases prácticas desenvólvense utilizando medios informáticos. Nelas o alumno adquire as habilidades propias relacionadas coa materia que se está impartindo e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas preparando adecuadamente a sesión en función do calendario establecido. Previo a cada sesión de prácticas, se o profesor o considera convinte, o alumno terá que responder a unhas cuestións previas. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, o necesario para a consecución dos obxectivos da práctica, presentando no prazo que lle sexa indicado os resultados, que serán avaliados.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. As entregas faranse en todos os escenarios a través da aula virtual.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
A docencia interactiva será fundamentalmente de carácter presencial
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais a presencialidade física).
A docencia das sesións prácticas, será presencial sempre que sexa posible e se non combinarase a presencialidade física e telemática ao 50% coa forma presencial naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
As clases prácticas con ordenador serán completamente de carácter telemático en modo síncrono ou asíncrono mediante MS Teams e Moodle.
Está previsto utilizar software para o que a USC dispón de licencias de campus, de modo que todos os alumnos poderán descargar e instalar o software necesario nos seus propios ordenadores. Dito software opera exclusivamente sobre sistemas operativos MS Windows, e polo tanto, os alumnos deberán dispoñer de uso dun ordenador operando baixo ese sistema
D) Titorías: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, clases ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. Nalgúns casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
As titorías poderán realizarse parcialmente de forma telemática a través de MSTeams.
Escenario 2.- distanciamento (con restricións parciais a presencial dade física).
As titorías serán preferentemente de forma telemática a través de MSTeams.
Escenario 3.- Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
As titorías realizarse exclusivamente de forma telemática a través de MSTeams.
No caso de entregas, sempre serán a través da aula virtual da USC.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua combinada cun exame final.
O exame final, no escenario 1 terá carácter presencial, e no escenario 2 será preferentemente telemático e no escenario 3 será exclusivamente de carácter telemático. A data de realización do exame será a que determine o centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria, aínda que será valorada positivamente. Esixirase unha asistencia do 80% nas clases interactivas de carácter obrigatorio: seminarios, titorías e prácticas. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das titorías programadas para ter en conta a avaliación continua. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
1.1. Avaliación continua, terá un peso porcentual do 30 % e constará de:
* Exercicios realizados en seminarios e titorías 10%
* Prácticas interactivas con computador 20%. Para a avaliación os ítem a avaliar serán os seguintes:
- Execución da práctica
- Exercicios entregados
Nos traballos realizados o largo do curso avaliaranse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CG2, CG3, CG4, CG5, CT3, CT4, CE10, CE14, CE16, CE20, CE24
Prácticas de ordenador: CG3, CT1, CT2, CT4, CT5, CE10, CE14, CE20, CE24
Titorías: CG2,CG4, CT1, CT2,CT3,CE25
1.2. Exame final (EF), versará sobre os contidos teóricos da materia e os contidos prácticos relativos ás prácticas de laboratorio, e terá un peso porcentual do 70 % , desagregado en:
Contidos teóricos 50%
Contidos prácticos 20%
No exame avaliaranse as seguintes competencias: CG3, CG4, CT4, CT5,CE10,CE14, CE16, CE20, CE24
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
En todo caso, para aprobar la asignatura, será requisito imprescindible haber asistido as sesións correspondentes de aula de informática, no seu caso, sempre que a falta este debidamente xustificada, recuperarase de acordo co profesor.
Aos estudantes repetidores que aprobasen a parte correspondente á avaliación continua de prácticas nun máximo de dous cursos académicos anteriores, conservaráselles a cualificación obtida da avaliación continua, polo que serán eximidos (agás que o desexen, en cuxo caso, de repetir as prácticas non se lle conservará a avaliación antiga e prevalecerá a que obteñan no curso actual) de asistir ás sesións correspondentes de aula de informática, pero deberán realizar o exame dos contidos de prácticas.
É posible que os escenarios cambien ao longo do curso e que se alternen. Sen embargo, o programa da materia e a estrutura dos contidos e actividades non teñen porque verse modificadas por elo, de maneira que a avaliación descrita é válida para calquera dos tres escenarios que se contemplan como posibles ao longo do curso
Escenario 1.- Normalidade adaptada (docencia presencial sen restricións, adoptando as medidas de seguridade requiridas).
TRABALLO PRESENCIAL NA aula............HORAS.....PRESENCIALIDADE
Clases expositivas en grupo grande........ 23.................100
Clases interactivas (Seminarios)................80.............100.
Titorías en grupo moi reducido.................2.................100.
Prácticas interactivas con ordenador........20..................100
Ttaballo autonomo do alumno .......96
No caso de escenario 2, o tempo é o mesmo pero preferentemente non será na aula e no escenario 3, será exclusivamente de forma telemática
Asúmese que o estudante que está cursando esta materia superou os cursos previos de matemáticas e estatística.
O material e presentacións utilizadas polo profesor nas clases expositivas teñen como obxectivo facilitar e guiar a aprendizaxe, pero non substitúen a consulta e estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en si mesmos un manual de referencia ou un texto para a preparación do exame. O alumno deberá demostrar no mesmo que realizou un esforzo persoal de aprendizaxe máis aló dos esquemas ou guións proporcionados polo profesor nas clases expositivas.
Recomendacións para a docencia telemática:
•Dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen o longo do curso. Para as sesións da aula de informática (si son de carácter telemático) será necesario dispoñer de ordenadores con entorno MS Windows xa que outras plataformas non soportan o programa informático utilizado en ditas sesións.
•Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC
Para a docencia desta materia seguirase en todo momento as “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-21” e o documento “ Directrices para o desenvolvemento dunha presencia segura, curso 20-21”.
Plan de continxencias:
Metodoloxía: Plan de continxencia para actividades docente en remoto.
Realizaranse de forma síncrona e sempre según o horario establecido polo Centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente el Campus Virtual (Moodle) y MS Teams.
Debido a natureza dos contidos desta materia, así como a metodoloxía empregada, non existen diferenzas significativas entre a docencia presencial ou a docencia con carácter telemático.
Para la realización de titorías, así como para manter unha comunicación fluída e directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o profesor, utilizaranse os foros de Moodle, sesións de MS Temas ou ben mediante correo electrónico.
Sistema de avaliación:
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo, independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, según estableza a autoridades competentes, ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Elisa Maria Rubi Cano
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814274
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rafael Cela Torrijos
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881816034
- Correo electrónico
- rafael.cela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Benito Quintana Alvarez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814263
- Correo electrónico
- jb.quintana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814272
- Correo electrónico
- rosario.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_05 (inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
14.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
14.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
14.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
14.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
08.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
08.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |