Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento axeitado das técnicas de aplicación de produtos fitosanitarios. Coñecemento da normativa que regula ós produtos fitosanitarios, e súa aplicación á inspección dos equipos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Aplicación sustentable de produtos fitosanitarios: defensa de cultivos e tratamentos fitosanitarios, equipos de tratamentos fitosanitarios, medidas de seguridade, inspección de maquinaria de aplicación, realización dos tratamentos.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario no que se indican entre parénteses, para cada tema, as horas presenciais e non presenciais necesarias (horas presenciais – horas non presenciais):
A) CLASES EXPOSITIVAS (12 h presenciais)
Tema 1. Os produtos fitosanitarios (1 h - 4 h).
Tema 2. Seguridade no manexo e aplicación de productos fitosanitarios (1 h - 5 h).
Tema 3. Formación e transporte das gotas (1h - 4h).
Tema 4. Pulverizadores hidráulicos (3 h - 8 h).
Tema 5. Pulverizadores hidroneumáticos e neumáticos (2 h - 6 h).
Tema 6. Pulverizadores para tratamentos de baixo e ultra baixo volume (2 h - 5 h).
Tema 7. Equipamentos para aplicacións en forma sólida (1 h - 3 h).
Tema 8. Inspección de equipamentos de aplicación de fitosanitarios (1 h - 4 h).
B) SEMINARIOS (6 h presenciais)
1. Elección de boquillas (2h - 2 h)
2. Programación de tratamento con pulverizador hidráulico (2 h - 1 h)
3. Programación de tratamento con atomizador (2 h - 1 h)
C) PRÁCTICAS (6 h presenciais)
1. Identificación e utilización de equipamentos de protección individual, preparación das mesturas (1 h – 0,5 h).
2. Identificación e recoñecemento dos diferentes elementos que conforman os equipos de aplicación (1 h - 1 h).
3. Regulación, posta a punto e manexo de pulverizadores hidráulicos (2 h. - 1 h.).
4. Regulación, posta a punto e manexo de pulverizadores hidroneumáticos (1 h - 1 h).
5. Regulación, posta a punto e manexo de equipamentos manuais (1 h - 1 h).
D) TITORÍAS EN GRUPO (1,5 h)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas formuladas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Bibliogarfía Básica:
Field scale spraying. 2017. British Crop Production Council. 82 pp.
Cedra, C.; Gauthier, D. 1997. ALes matériels de fertilisation et traitement des cultures. Cemagref Lavoisier S.A.S. 342 pp.
Gil, E.; Gracia, F.; Escolá, A. 2011. Manual de inspección de equipos de aplicación de fitosanitarios en uso. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Barcelona 279 pp.
Planas, S. 2013. Aplicación sostenible de fitosanitarios. Ed. Eumedia, S.A.
Vázquez, J. (2004). “Aplicación de productos fitosanitarios: técnicas y equipos”. Ed. Ediciones Agrotécnicas S.L., Madrid. 389 pp.
Bibliografía complementaria:
Blanco, G.L.; Gil, J.A.; Gamarra, J.L.; Miranda, A. 2013. Mantenimiento y calibración de maquinaria para aplicación de productos fitosanitarios. Pulverizadores fijos y semi-móviles en invernaderos. Junta de Andalucía. Sevilla 118 pp.
Boto, J.A.; López F.J. 1999. La aplicación de fitosanitarios y fertilizantes. Universidad de León 293 pp.
Fernández,M.; López, Mª.I.; Serrano, N.; Ortiz, F.; Alfonso, J.M.; López, J.; Martín, R.A.; Yruela, Mº.C. 2013. Aplicación de plaguicidas nivel cualificado. Junta de Andalucía 318 pp.
Márquez, L. 2008. Buenas prácticas agrícolas en la aplicación de los fitosanitarios. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Madrid 124 pp.
Márquez, L.; 2004. Maquinaria agrícola: Protección de culivos. B&H Editores. Madrid pp. 482-652
Matthews, G.A.; 2014; Pesticide application methods (4th ed.); Ed. Longman Scientific & Technical; 405 pp.
Páez, F.C. et. al. 2012. Bases para la correcta regulación y aplicación de productos fitosanitarios en invernadero mediante sistemas fijos. Tratamiento con pistolete o lanza. Instituto de Investigación y Formación Agraria y Pesquera. Consejería de Agricutura, Pesca y Medio Ambiente. Junta de Andalucía
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos.
Competencias específicas:
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisajismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de producción e explotación. Protección de cultivos contra pragas e enfermidades. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenergética.
MC4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da mecanización agraria: Motores e máquinas agrícolas. Características e deseño de maquinaria para instalacións agrarias. Automática agraria
Materia semestral, con 12 horas de clases expositivas. Competencias: CG1, CT1, CT5, CEG2, EA2, MC4.
Os seminarios realízanse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 5 sesións cunha duración total de 12 h. utilizando as instalacións e equipos na nave taller e a leira de prácticas. No taller abordaranse aspectos de recoñecemento e identificación de elemento e equipos. Na leira de prácticas realizásense as regulacións, posta a punto e manexo das máquinas. Competencias: CG1, CG2, CT1, CT2, CT3, CT9, CT12
Así mesmo contémplanse 1,5 horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada. Competencias: CT2, CT4.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituídas por cuestións e exercicios do conxunto de temas da materia. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas prácticos. Competencias: CT6.
Asistencia e participación (15%): Competencias CG1, CG2, CT4, CT5, CEG2,.EA2, MC4.
Probas, orais e/ou escritas (70%): CT1, CT2, CT6, CT9, CT12, CEG2, EA2, MC4.
Aproveitamento das prácticas (15%):CG1, CT3, CT5, CT6, CT9, CEG2,.EA2, MC4
Para aprobar, en tódolos puntos anteriores débese ter unha cualificación, como mínimo, de 3 (sobre 10), e serán avaliados de forma continua ó longo do curso, salvo a proba final que será única.
Na segunda oportunidade deberanse realizar as probas escritas e/ou traballos que non superasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidade. En todo caso, manteríase o peso relativo de cada parte indicado no parágrafo anterior.
No caso de alumnos repetidores, o sistema de avaliación será idéntico ao anteriormente citado.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase deben ter en conta que para aproba-la materia todo será idéntico, salvo que a asistencia non se avalia, pasando a se-lo 85% o peso relativo das probas orais e/ou escritas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
As horas dedicadas á materia axustaríanse, segundo o previsto polo sistema de créditos ECTS: 3,0 créditos ECTS x 25 horas/crédito 75 horas de dedicación.
DOCENCIA PRESENCIAL (27,5 h)
Clases expositivas: 12,0 h
Seminarios: 6,0 h
Prácticas: 6,0 h
Titorías individuais: 1,5 h
Exames e revisións: 2,0 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (47.5 h):
Lectura e preparación de temas de teoría: 12 h
Realización de exercicios: 6,0 h
Prácticas (preparación previa e traballo posterior): 9,5 h
Exames (preparación): 20 h
TOTAL: 75 h
• Asistencia a todas las actividades docentes.
• Consulta de la bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Javier Bueno Lema
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823219
- Correo electrónico
- javier.bueno [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade