Ir o contido principal

Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion [at] usc.gal
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
matematicas.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

O obxectivo desta dobre titulación é proporcionar unha sólida formación a futuros profesionais, que reunirán a destreza e o hábito no pensamento abstracto e razoamento lóxico que caracteriza ás Matemáticas co dominio dos fundamentos teóricos e habilidades prácticas propias da Enxeñaría Informática.

Duración: 6 anos académicos
Número de ECTS: 378
Número prazas: 10

Decano/a ou director/a do centro:
JULIA GONZALEZ ALVAREZ
julia.gonzalez [at] usc.gal

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

É evidente a proximidade e interrelación entre as matemáticas e a enxeñaría informática e a súa mutua relevancia. A confluencia entre ambas disciplinas proporcionou solucións revolucionarias que permitiron resolver problemas tecnolóxicos moi complexos dunha forma eficiente. A formación de profesionais con sólidos coñecementos en matemáticas e enxeñaría informática abre un mundo de posibilidades do que se benefician numerosas áreas e por tanto axudará a novos cambios tecnolóxicos na sociedade.

A crecente demanda de formación en ambos campos reflíctese nos moitos exemplos de dobres titulacións en Enxeñaría Informática-Matemáticas ofertados con gran éxito por universidades españolas. As elevadas notas de corte destas dobres titulacións son unha das probas do seu éxito.

As/os estudantes que finalicen o itinerario curricular conxunto obterán os dous títulos, polo que se garante que acreditarán ao finalizar os estudos o cumprimento de todos os requisitos esixidos para a obtención de cada título individualmente conseguido.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

1.- O estudantado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 66 créditos.
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 90 créditos.

A USC ten un programa de estudantes titores para as titulacións de grao, de forma que o estudantado de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos/ás estudantes que inician os estudos.
Información programa estudantes titores:
Programa estudantes titores

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que houberan iniciado os seu estudantes ata a súa finalización. Para elo, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan a os/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalenzas entre as materias dun e doutro plan.

Os requisitos xerais de acceso aos estudos de grao son os recollidos no artigo 15 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Pódese atopar máis información na seguinte ligazón:
Acceso a Grados
Ademáis, a USC dispón dunha Oficina de Información Universitaria (OIU) https://www.usc.gal/gl/ao-teu-servizo/oiu , a través da cal se resposta a consultas específicas.

O obxectivo desta dobre titulación é proporcionar unha sólida formación a futuros profesionais, que reunirán a destreza e o hábito no pensamento abstracto e razoamento lóxico que caracteriza ás Matemáticas co dominio dos fundamentos teóricos e habilidades propias da Enxeñaría Informática.

Ver a información de cada titulación.

Ver a información de cada titulación.

Ver a información de cada titulación.

Mobilidade

A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de Intercambios Interuniversitarios de Estudantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuio contido pode consultarse na seguinte dirección:
https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado

Este perfil dobre tería grande demanda no mercado laboral en ámbitos como o cálculo e a simulación numérica (metereoloxía, industria...), o modelado de sistemas (medicina, bioloxía...), a computación en informática gráfica (multimedia, contidos dixitais...), a análise estatística de datos (economía e finanzas, redes sociais...), técnicas de topoloxía de datos, xeometría computacional ou criptografía, entre outros.

Realizaranse dous Traballos Fin de Grao, un deles con 12 créditos obrigatorios que avaliará as competencias do título de Grao en Enxeñaría Informática e outro de 12 créditos obrigatorios que avaliará as competencias do título de Grao en Matemáticas.
Os TFG regularanse co acordo entre ambas as titulacións, tendo en conta, en todo caso, o carácter de proxecto integral de natureza profesional inherente ao TFG en Enxeñaría Informática.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2025.