Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia preténdese proporcionar ao alumnado unha visión xeral e estruturada da actividade empresarial, achegando os coñecementos e ferramentas básicas para entender, analizar e valorar as decisións relativas ao ámbito da xestión económico e financeira da empresa. Isto implica, por unha banda, o uso da información financeira como base para a valoración, planificación e o control da toma de decisións, e por outro, o estudo dos métodos adecuados para a análise e a avaliación de proxectos de investimento e operacións de financiamento. A materia centrase na aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación a proxectos empresariais, sexa como soporte aos mesmos ou como xeradoras de ideas.
1. Proporcionarlle ao alumno os coñecementos e ferramentas básicas para que sexa capaz de entender, valorar e participar nas decisións de investimento e financiamento tanto da empresa como persoais. É dicir, posibilitar que o alumno poda responder a cuestións como: canto investir?, en que activos debería investir?, como conseguilos fondos? e cal é a rendibilidade dun proxecto empresarial?
2. Proporcionar os coñecementos necesarios para o uso da información contable como base para a planificación e o control. Ensinar como sería a contorna dun programa informático de xestión contable.
3. Familiarizar o alumno cos métodos adecuados (criterios de avaliación, aplicacións informáticas, material bibliográfico, etc.) para a toma de decisións financeiras.
4. Formar o alumno nos fundamentos das finanzas ao nivel preciso para afrontar os contidos das materias relacionadas dos cursos superiores.
5. Facilitar o alumno a comprensión do proceso de creación dunha empresa, a xeración de ideas e análises de viabilidade de negocios (técnica, económica e financeira).
Tema 1. Introdución á actividade económica e empresarial
Tema 2. Creación de empresas: da xeración de ideas ao business plan
Tema 3. A información financeira como base para a toma de decisións
Tema 4. Interpretación e análise da información financeira
Tema 5. Fundamentos de valoración financeira
Tema 6. Análise de investimentos: Avaliación e selección de proxectos
Tema 7. Fontes de financiamento na empresa
Tema 8. Ecosistema financeiro das start-up tecnolóxicas
O material proporcionado no campus virtual considérase suficiente para o desenvolvemento e preparación da materia, polo tanto, a bibliografía que segue ten carácter complementario.
ARCHEL DOMENCH, P. LIZARRAGA DALLO, F E SÁNCHEZ ALEGRÍA,S (2018): Estados contables. Elaboración, análise e interpretación. Ed. Pirámide. 6ª Ed.
CASTRO ABANCÉNS, I. (2015). “Creación de empresas para emprendedores”. Ed. Pirámide. 2ª Ed
GÓMEZ GRAS, J.M., et al (2012). “Manual de casos sobre creación de empresas en España”. Ed. McGraw- Hill.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, L. (coord); FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. e RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2007): A práctica das finanzas de empresa, Delta Publicacións, Madrid.
LARRÁN JORGE, M . (2009): "Fundamentos de contabilidade financeira. Teoría e práctica". Edicións Piramide.
RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2013): “Modelos de análises e valoración de proxectos de investimento”. Andavira editora.
RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2018): “Fundamentos de Cálculo Financeiro con Excel”. Apuntamentos do GI VALFINAP da USC.
PARTAL UREÑA, A. et al (2020): “Introdución ás finanzas empresariais” (3ª ed.). Edicións Pirámide.
• Competencias específicas:
CB.6.- Coñecemento adecuado do concepto de empresa. Organización e xestión de empresas. Capacidade para entender e analizar a información económico-financeira básica dunha empresa. Avaliación e financiamento de proxectos.
• Competencias xerais:
CG9.- Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa e noutras institucións e organizacións.
CG.11.- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
• Competencias transversais:
CT.2 Capacidade de organizar e planificar
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.7 Toma de decisións
CT.9 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
CT.10 Habilidades nas relacións interpersoais
CT.11 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12 Adaptación a novas situacións
CT.18 Liderado
CT.20 Iniciativa e espírito emprendedor
• Clases expositivas.
- Ofrecer ao alumno, ao comezo de cada tema, unha visión xeral dos seus contidos e dos obxectivos a cubrir, así como os coñecementos dos que se parte.
- Describir o marco e os conceptos teóricos necesarios para o desenvolvemento das actividades prácticas a realizar nas clases de seminario e laboratorio (exercicios e casos en aula de informática)
- Especificar a bibliografía básica para o seguimento da materia e outra bibliografía recomendada para o seu estudo.
- Propor actividades complementarias, por exemplo, a lectura de noticias relacionadas co tema ou a visita a determinadas páxinas web, para que o alumno comprobe que os conceptos que se imparten teñen unha correspondencia absoluta coa realidade.
• Clases Seminario:
Tratarán de integrarse no normal transcorrer das clases expositivas, para reforzar a aprendizaxe dos aspectos teóricos tratados e darlles contido.
• Clases laboratorio:
Impartiranse en aula de informática, tendo como obxectivo aplicar os coñecementos adquiridos tantos nas aulas expositivas como interactivas
CAMPUS VIRTUAL: O curso dispón de campus virtual, onde se poderá acceder a todos os materiais para a preparación dos contidos.
TEAMS: Así mesmo, para posibles titoráis telemáticas pode facerse uso da plataforma MS Teams.
SOFTWARE: Ao longo dos temas do curso farase uso do programa Contasol e da folla de cálculo Excel de Microsoft (versión 365).
a. AVALIACIÓN CONTINUA: 50% da cualificación final. Inclúense actividades prácticas que se irán realizando ao longo do curso, como exercicios propostos, traballos en grupo, etc. Todas estas actividades iranse anunciando no seu momento. Ademais, valórase a participación activa dos alumnos na aula.
b. AVALIACIÓN FINAL: 50% da cualificación final. Exame final dos temas traballados na materia. Realizarase mediante unha proba, composta dunha parte teórica (cuestións de resposta breve, verdadeiro ou falso, ou cuestiones tipo test) e unha parte práctica (exercicios).
Para superar a materia hase de obter un mínimo no exame do 40% da súa puntuación máxima, isto é, 4 puntos sobre 10. En caso de non superar este mínimo non se sumará a cualificación da parte de avaliación continua e a nota final será a do exame. Con todo, a nota de avaliación continua manterase para a segunda oportunidade.
O sistema de avaliación é igual para todos os alumnos, independentemente de se son repetidores ou non.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais na aula:
Clases expositivas: 15,0 h
Clases interactivas 15,0 h
Clases interactivas laboratorio 20,0 h
Titorías 1,0 h
Exame e revisión 5,0 h
Total 51,0 horas de traballo presencial na aula
Horas traballo alumno:
Clases expositivas: 15,0 h
Clases interactivas 15,0 h
Clases interactivas laboratorio 20,0 h
Titorías 1,0 h
Titorías individualizadas 3,0 h
Exame e revisión 28,0 h
Total 82,0 horas de traballo persoal do alumno
- Asistencia ás clases expositivas e interactivas (seminario e laboratorio) e a realización dos exercicios propostos nelas.
- Manexo da bibliografía recomendada na aula para a preparación dos temas, o que facilita a obtención dunha visión global dos contidos.
- Levar ao día os contidos, debido ao carácter secuencial dos conceptos impartidos na materia.
- Familiarizarse coa folla de cálculo Excel de Windows.
- Habituarse ao manexo e á lectura da prensa financeira, dado que tratarase de acompañar os temas co debate na aula de casos reais relacionados cos distintos temas.
- Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios alumnos como entre estes e o profesor, empregarase o foro do campus virtual, MS TEAMS ou correo electrónico.
Os idiomas empregados nas aulas serán galego e español.
Recoméndase o uso del campus virtual xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia, así como de MS Teams si fose preciso para realizar titorías.
David Rodeiro Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811585
- Correo electrónico
- david.rodeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Rieiro Garcia
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- manuel.rieiro.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Raquel Esther Querentes Hermida
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- raquel.querentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego, Castelán | Aula de Informática I3 |
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula A2 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula A2 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula A2 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán, Galego | Aula A2 |
Venres | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | Aula de Informática I2 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán, Galego | Aula de Informática I2 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula de Informática I4 |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula Traballo |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |