Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A.- OBXECTIVO XENÉRICO: Que os alumnos de Fruticultura coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos de cultivos froiteiros, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtiva.
B.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Os obxectivos específicos, cognitivos e procedementais, son:
- Recoñecer especies froiteiras e comprender a problemática actual e as novas tendencias de cultivo.
- Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies froiteiras e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, fecundación e desenvolvemento do froito.
- Analizar, prever e interpretar os posibles efectos do medio ecolóxico nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo de plantacións froiteiras.
- Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo froiteiro, sendo capaz de seleccionar especies, patróns e variedades para cada situación concreta e valorar a importancia da conservación de recursos fitoxenéticos.
- Coñecer as técnicas de preparación do chan e plantación das especies froiteiras.
- Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento sobre técnicas de propagación de especies froiteiras, de forma que adquira habilidade na realización de enxertos e estaquillados.
- Coñecer as diferentes técnicas de cultivo aplicables ás plantacións froiteiras e ser capaz de elixir, programar e aplicar as máis axeitadas a cada caso, en función dos condicionantes agronómicos.
- Coñecer os hábitos de desenvolvemento, os criterios e as técnicas aplicables á formación e produción en especies froiteiras e manexar axeitadamente as ferramentas precisas.
- Coñecer a problemática da recolección e os criterios de calidade dos froitos.
- Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.
A memoria del título contempla para esta materia os seguintes contidos: "Morfología y fisiología del árbol frutal. Medio productivo y ecología del árbol frutal. Multiplicación y propagación de especies frutales. Diseño y establecimiento de plantaciones. Técnicas de cultivo. Gestión técnico-económica de la explotación frutal. Aspectos legales implicados en la actividad frutícola."
Estos contidos se desenvolverán dacordo co seguiente temario:
1. BLOQUE TEMÁTICO I. INTRODUCIÓN Á FRUTICULTURA. 10%
Tema 1. CONCEPTO DE FRUTICULTURA.
2. BLOQUE TEMÁTICO II. BIOLOXÍA DO FROITEIRO. 15%
Tema 2. ORGANOGRAFÍA DA FROITEIRA: SISTEMA RADICAL E SISTEMA AÉREO.
Tema 3. FORMACIÓNS VEXETATIVAS E FRUTÍFERAS.
Tema 4. CICLOS ANUAIS E VITAIS DOS FROITEIROS.
Tema 5. MORFOLOXÍA E FISIOLOXÍA DA FLORACIÓN.
Tema 6. FISIOLOXÍA DA FECUNDACIÓN E A FRUTIFICACIÓN.
Tema 7. CALLADO, DESENVOLVEMENTO e MADURACIÓN DO FROITO.
3. BLOQUE TEMÁTICO III. O MEDIO ECOLÓXICO. 15%
Tema 8. O MEDIO EDÁFICO.
Tema 9. O CLIMA E OS CULTIVOS FROITEIROS.
4. BLOQUE TEMÁTICO IV. PROPAGACIÓN DO MATERIAL VEXETAL. 15%
Tema 10. MATERIAL VEXETAL
Tema 11. MÉTODOS DE PROPAGACIÓN DE ESPECIES FROITEIRAS.
5. BLOQUE TEMÁTICO V. TECNOLOXÍA DA PRODUCIÓN FROITEIRA: ESTABLECEMENTO DE PLANTACIÓNS E LABORES CULTURAIS. 15%
Tema 12. DESEÑO E ESTABLECEMENTO DE PLANTACIÓNS.
Tema 13. MANTEMENTO DO CHAN.
Tema 14. A PODA: FINALIDADE, PRINCIPIOS E TIPOS.
6. BLOQUE TEMÁTICO VI. HORAS INTERACTIVAS (SEMINARIOS E PRÁCTICAS). 30%
Práctica 1. Visita ás coleccións de cultivos froiteiros da EPS. Práctica de campo.
Práctica 2. Morfoloxía dos froiteiros. Práctica de campo e laboratorio.
Práctica 3. Caracterización morfolóxica e con marcadores moleculares de cultivares. Práctica de laboratorio.
SEMINARIO 1. PROPAGACIÓN VEXETATIVA: O ENXERTO.
Práctica 4. Propagación de especies froiteiras I: Enxertos. Práctica de campo.
SEMINARIO 2. PROPAGACIÓN VEXETATIVA: ESTAQUILLADO E ACODO.
Práctica 5. Propagación de especies froiteiras II: Estaquillado e acodo. Práctica de campo.
SEMINARIO 3. A PODA XUVENIL OU PODA DE FORMACIÓN.
Práctica 6. Poda de formación. Práctica de campo.
SEMINARIO 4. A PODA DE PRODUCIÓN..
Práctica 7. Poda de frutificación. Práctica de campo.
Práctica 8. Criterios de calidade e maduración dos froitos. Práctica de laboratorio.
SEMINARIO 5. Proxectos de plantacións de frutais.
Traballo Individual: Proxecto de plantación de frutais
Traballo de grupo: Elaboración de glosario de termos galego/español/inglés.
Viaxes de Prácticas. Visita a plantacións frutais en Lugo onde na actualidade se producen arandos, framboesas, moras e fresas tanto en suelo como en cultivo hidropónico cas últimas variedades e tecnoloxía. A visita é obrigatoria e avaliable cun resumen individual sobre os contidos da visita: material vexetal, preparación do solo, disposición das plantas, maquinaria empregada, fertilización, tratamentos fitosanitarios, poda, comercialización.
BLOQUE 1-5. Competencias CG1, CEG5, CT1, CT12, HJ8, HJ1, HJ2, MC1
BLOQUE 6. Competencias CG1, CEG5, CT1, CT2, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
TRABAJOS. CT1, CT2, CT12, CG1, CEG5, CEG6, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
Básica:
Sansavini, S., Costa, G., Gucci, R., Inglese, P., Ramina, A., Xiloyannis, C., and Desjardins,Y., eds. (2019). Principles of Modern Fruit Science (Leuven, Belgium: ISHS), pp.421. ISBN 978-94-6261-204-4.
AGUSTÍ, M. 2004. Fruticultura. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 507
FERNANDEZ-ESCOBAR, R. 1996. Planificación y diseño de plantaciones frutales. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 272
GIL-ALBERT, F. 1996. Tratado de Arboricultura Frutal. Vol. I: Morfología y fisiología del árbol frutal. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 12
GIL-ALBERT, F. 1998. Tratado de A. Frutal. Vol. II: La ecología del árbol frutal. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 20
GIL-ALBERT, F. 1995. Tratado de Arboricultura Frutal. Vol. IV: Técnicas de mantenimiento de suelo. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 196
Complementaria:
BALDINI, E. 1992. Arboricultura General. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 337
BADENES, M.L.; BYRNE, D.H. 2012. Fruit breeding / Springer Series “Handbook of Plant Breeding” (M.L. Badenes and D. Byrne eds.), XVI, Springer, 875 pp.
BRETAUDEAU, J.; FAURE, Y. 1992. Atlas d’arboriculture fruitière. Ed. Tech. et Doc., Lavoisier, Paris. CAFR 88
BRUCE MACDONALD. 2006. Practical Woody Plant Propagation for Nursery Growers. Timber Press. ISBN-10: 0881928402. ISBN-13: 978-0881928402
COLETO, J. M. 1995. Crecimiento y desarrollo de las especies frutales. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 267
COUTANCEAU, M., 1.997. Fruticultura. Ed. Oikos-Tau, Barcelona. CAFR 364
COQUE, M.; DÍAZ, M. B. 2005. Poda de frutales y técnicas de propagación y plantación. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 282
DÍAZ, M. B.; RAMOS A. M.; PEREIRA, S. 2007. Estudio comparativo de los principales cultivares de manzano "Malus x domestica" de Asturias, País Vasco y Galicia. Ed. INITAA, Madrid.
DÍAZ-HERNÁNDEZ, M.B.; CIORDIA-ARA, M.; RAMOS-CABRER, A.M.; PEREIRA-LORENZO, S. 2009. Cultivares de castaño (Castanea sativa Mill.) de Asturias. SERIDA, 1-81 (2009). ISBN: 978-84-8367-063-7
Díaz Losada, E.; Orriols Fernández, I.; Rego Martínez, F.; Tato Salgado, A.; Ramos-Cabrer, A.M.; Pereira-Lorenzo, S. 2012. La colección de vid de la Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Xunta de Galicia, 2012, 383 pp. ISBN:978-84-453-5003-4. http://83.165.217.41/ebooks/156843643/index.html#/4/zoomed
HIDALGO, L. 1999. Tratado de viticultura general. Mundi-Prensa, Madrid, 1172 p.
GAUTIER, M. 1988. La culture fruitière. Ed. Technique el Documentación, Lavoisier, Paris.
MICHAEL A. Dirr (Autor), CHARLES W. HEUSER (Autor). 2009. Reference Manual of Woody Plant Propagation: From Seed to Tissue Culture. Timber Press; Edición: 2nd edition (5 de enero de 2009). ISBN-10: 1604690046. ISBN-13: 978-1604690040
Nuez, F.; Llácer, V. 2001. La Horticultura española Sociedad Española de Ciencias Hortícolas, 382-385.
PEREIRA-LORENZO, S.; FERNANDEZ-LOPEZ, J. 1997. Los cultivares autóctonos de castaño (Castanea sativa Mill.) en Galicia. Monografías I.N.I.A., Madrid, 99, 1-533
PEREIRA-LORENZO, S.; ASCASÍBAR-ERRASTI, J.; RAMOS-CABRER, A.M.; PIÑEIRO-ANDIÓN, J. 2002. Colección de cultivares autóctonos gallegos de manzano (Malus x domestica) del Banco de Germoplasma de Mabegondo. Monografía INIA-Serie Agricultura, 9, 1-466
PEREIRA-LORENZO, S.; RAMOS-CABRER, A.M. 2003. Características morfológicas e isoenzimáticas de los cultivares de castaño (Castanea sativa Mill.) de Andalucía. Monografías INIA: Agrícola, 13, 1-160
Pereira-Lorenzo, S.; Ramos-Cabrer, A.M.; Fischer, M. 2009. Breeding apple (Malus x domestica Borkh.). In: Breeding Plantation Tree Crops: Temper
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecemento de materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan a aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ambientes cambiantes.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade de razoar e argumentar
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CEG5 - Capacidade de escribir e asinar estudos de desenvolvemento rural, impacto ambiental e xestión de residuos para as industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras e espazos relacionados coa xardinería e o deseño de xardíns.
CEG6 - Capacidade para traballar en equipos multidisciplinares e multiculturais.
HJ1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da tecnoloxía da produción de froitas e vexetais
HJ2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios e tecnoloxía básicos da produción e da produción hortícolas, de froitas e ornamentais. Control de calidade dos produtos hortícolas. Comercialización.
HJ4 Capacitade para comprender, comprender e utilizar os principios das zonas verdes, locais deportivos e granxas de froitas e hortalizas.
HJ5 Capacitade para comprender, comprender e utilizar os principios de obras civís, instalacións e infraestruturas de zonas verdes e áreas protexidas. Electrificación. Regas e drenaxes. Maquinaria para horticultura e xardinaría.
HJ8 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios do material vexetal: produción, uso e mantemento.
MC1 - Capacitade para comprender, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción animal e vexetal: fitotecnia; biotecnoloxía e mellora vexetal; cultivos; protección dos cultivos; xardinaría e paisaxismo. Espazos deportivos.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
1. As clases teóricas impartiranse utilizando a lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxectivos da docencia.
As sesións interactivas realizaranse con grupos reducidos para poder alcanzar unha maior interacción co alumno, e a asistencia considerarase de carácter obrigatorio.
Preparación dun proxecto individual dunha plantación frutal
Elaboración dun glosario de termos galego/español/inglés en grupos.
Coas Ferramentas de "Avaliación-Traballos" poderase examinar a oferta, directrices e data tope dos envíos.
Realízanse titorías presenciais e tamén "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
Docencia expositiva: 24 horas
1. BLOQUE TEMÁTICO I. INTRODUCIÓN Á FRUTICULTURA. 3h
2. BLOQUE TEMÁTICO II. BIOLOXÍA DA ÁRBORE FROITEIRA. 7h
3. BLOQUE TEMÁTICO III. O MEDIO ECOLÓXICO. 15%
4. BLOQUE TEMÁTICO IV. PROPAGACIÓN DO MATERIAL VEXETAL. 7h
5. BLOQUE TEMÁTICO V. TECNOLOXÍA DA PRODUCIÓN FROITEIRA: ESTABLECEMENTO DE PLANTACIÓNS E LABORES CULTURAIS. 7h
2. Sesións Interactivas: 100% de presencialidade con aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade).
6. BLOQUE TEMÁTICO VI. HORAS INTERACTIVAS: SEMINARIOS (10h), VIAXE (4h) E PRÁCTICAS (10h).
Docencia interactiva presencial: 24 horas
Realízanse rotacións curtas. Teñen lugar na aula (e tamén no Campo de Prácticas) asignada ao grupo, segundo o horario que establece o calendario académico.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para poder realizar o exame final da materia. A non asistencia –agás causa de forza maior debidamente xustificada– supón non realizar o exame final da parte (ou partes) da asignatura relacionadas coa dita ausencia.
3. Titorías
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuran no horario 2020-21.
Existen dous tipos de titorías no actual plan e estudos: a titoría de grupo e a individual. A primeira terá lugar na data definida no calendario académico.
A segunda é o modelo tradicional, recomendable para clarexar cantas dúbidas e dificultades podan xurdir durante o semestre. É necesario fixar unha data co profesorado antes de acudir a esta titoría que adoita ter lugar no despacho do docente.
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidade adaptada)
A proba final será presencial (avaliacións da 1ª e 2ª oportunidade) mediante a realización dun exame escrito cuxa nota supón o 70% da cualificación global. A avaliación continua esencialmente baseada nos traballos e representa o 30% restante.
- 70% CONTENIDOS TEÓRICOS
CG1, CEG5, CT1, CT2, CT12, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
- 30% PRÁCTICAS (5%), VIAXE (5%) e TRABALLOS (20%)
CT1, CT2, CT12, CG1, CEG5, CEG6, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
O alumnado repetidor ou con dispensa de asistencia examinarase da totalidade dos contidos da materia. As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia serán as PRÁCTICAS, VIAXE e TRABALLOS.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.......... 48 Horas
---------------------------------------------
- Sesións expositivas .................. 24
- Sesións interactivas ................. 24
- Titorías ................................... 6
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE..... 48 Horas
---------------------------------------------------
- Estudo individual .......................... .24
- Realización de Traballos................ .22
- Realización de exames ..................... 2
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO ESTUDANTE: 96
Recoméndase asistir regularmente ás clases teóricas, así como consultar a bibliografía proposta.
Ademais, aconséllase acudir á titorías para resolver as dúbidas relativas á materia. Os profesores da materia están dispoñibles para calquera consulta, previa cita
PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
Escenario 2 (distanciamiento)
Metodoloxía da ensinanza:
• Clases maxistrais impartidas telemáticamente mediante Ms Teams, Skype, Zoom ou calquera outra plataforma aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mismas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade ou outras).
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
Sistema de avaliación:
• Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas –tanto o traballo presencial como o realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas–.
• A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática ou, se as circunstancias o permitiran, de forma presencial. O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
Escenario 3 (peche de instalacións)
Metodoloxía da ensinanza:
• Todas as actividades docentes realizaranse de forma telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
• Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática, e terá un peso do 70% da nota global.
A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante probas telemáticas e aportará o 30% restante da cualificación global.
Santiago Pereira Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- santiago.pereira.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Isabel Roca Fernandez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982822415
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 (Aulario 3) |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 (Aulario 3) |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
16.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
16.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |