Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Bioloxía Funcional
Áreas: Botánica, Fisioloxía Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal na Enxeñaría.
Capacidade de comprender o funcionamento da célula, unidade esencial noutras materias con base biolóxica.
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de biodiversidade.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Breve descrición das principais biomoléculas. Estrutura e función da célula e os seus orgánulos. Bioenerxética celular. Reprodución celular. Evolución e clasificación dos seres vivos Principais grupos de organismos: caracteres xerais e ciclos biolóxicos. Morfoloxía interna e externa das plantas. Bioloxía reprodutiva das plantas.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa de clases expositivas (HP:24 h, HNP: 72h)*
Bloque I. AS BASES MOLECULARES DA VIDA: Tema 1.- Auga, glícidos e lípidos. Tema 2.-Proteínas e ácidos nucleicos. (3 h)
Bloque II. AS BASES CELULARES DA VIDA: Tema 3.- Tipos de células. Tema 4.- A célula e os seus límites. Tema 5.- O medio intracelular e o sistema de endomembranas. Tema 6.- Orgánulos citoplasmáticos. (4 h)
Bloque III. AS BASES ENERXÉTICAS DA VIDA: Tema 7.- Enerxética celular: A respiración. (2 h)
Bloque IV. AS BASES XENÉTICAS DA VIDA: Tema 8.- A información e a expresión xenética. Tema 9.- A reprodución celular. (3 h)
Bloque V. EVOLUCIÓN E DIVERSIDADE. Tema 10.- Evolución e clasificación dos seres vivos (2 h)
Bloque VI . PRINCIPAIS GRUPOS DE ORGANISMOS: Tema 11.- Principais grupos de organismos: caracteres xerais e ciclos biolóxicos. (3 h)
Bloque VII. ESTRUTURA INTERNA E MORFOLOXIA EXTERNA DAS PLANTAS: Tema 12.- Histoloxía vexetal . Tema 13.- Organografía vexetal I. Tema 14.- Organografía vexetal II (4 h)
Bloque VIII. BIOLOXÍA REPRODUTIVA DAS PLANTAS: Tema 15.- Plantas sen semente. Tema 16.- Plantas con semente: Ximnospermas. Reprodución. Tema 17.- Plantas con semente: Anxiospermas. Reprodución. (3 h)
Bloques I-IV (Área de Fisioloxía Vexetal) (HP:12h, HNP:38h)
Bloques V-VIII (Área de Botánica) (HP:12h, HNP:34h)
Programa de Clases Interactivas (HP:24h, HNP:18h)
Prácticas de laboratorio (HP:20h, HNP:8h)
Práctica 1. - Extracción e visualización do ADN (2 h)
Práctica 2. - Determinación cuantitativa de proteínas (2 h)
Práctica 3. - Permeabilidade de membrana (2 h)
Práctica 4. – Especialización celular (2 h)
Práctica 5. – Mitose (2 h)
Práctica 6. – Diversidade I: Talófitas e Briófitas (2 h)
Práctica 7. – Histoloxía vexetal I: Parénquima. Colénquima e Esclerénquima (1,5 h)
Práctica 8. – Histoloxía vexetal II: Tecidos protectores. Tecidos condutores (2 h)
Práctica 9. – Organografía vexetal I: Raíz (1,5 h)
Práctica 10. – Organografía vexetal II : Caule e Folla (1,5 h)
Práctica 11. – Diversidade II: Pteridófitas, Ximnospermas e Anxiospermas (1,5 h)
Prácticas 1-5 (Área de Fisioloxía Vexetal-10h)
Prácticas 6-11 (Área de Botánica-10 h)
Programa Seminarios (HP:4h, HNP:10h)
Seminarios I-II: Área de Fisioloxía Vexetal (2h)
Seminarios III-IV: Área de Botánica (2h)
Titorías de Aula (3h)
Titoría I: Presentación da materia (conxunta das Áreas Fisioloxía Vexetal e Botánica)= 1h (0.5h + 0.5h, respectivamente)
Titoría II: Titorías de exame de Fisioloxía Vexetal= 1h
Titoría III: Titorías de exame de Botánica = 1h
*HP= Horas Presenciais, HNP= Horas Non Presenciais
Bibliografía básica
-Alberts, B.; Bray, D.; Hopkin, K.; A. Johnson. 2011. Introducción a la biología celular. 3ª edic. Ed. Panamericana.
-Curtis, H.; N. Sue Barnes. 2008. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana.
-Raven, P. H.; R. F. Evert; S. E. Eichhorn. 1992. Biología de las plantas. 2 tomos. Reverté
-Esau, K. 1987. Anatomía de las plantas con semilla. Ed. Hemisferio Sur.
-Sadava D.; D. M. Hillis; H. C. Heller; M. Berenbaum. 2014. Life: The science of Biology. 10ª edic. Ed. Panamericana.
Bibliografía complementaria
-Aira, Mª J., Vázquez, R.A. e Izco, J. Eds. 2014. Manual de prácticas de botánica: laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio Científico. Santiago de Compostela.
-Buchanan, B. B.; Gruissem W.; R. L. Jones. 2015. Biochemistry and Molecular Biology of Plants. 2ª edic. John Wiley and Sons, Ltd.
-Campbell N.A.; L. A. Urry, M. L. Cain, S. A. Wasserman, P. V. Minorsky, e J. B. Reece. 2018. Biology : a global approach. 11ª ed. Global ed., New York: Pearson, cop.
-Freeman, S.; Quillin, K. Allison, L. 2013. Fundamentos de Biología. 5ª ed. Pearson Educación
-Lodish, H.; A. Berk; C. A. Kaiser; M. Krieger; A. Bretscher; H. Ploegh; A. Amon; M. P.Scott. 2013. Molecular Cell Biology. 7th ed. Macmillan.
-Nabors, M. W. 2006. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid.
-Rodríguez, Mª C., P. De Sáa; R.A. Vázquez. 2004. Citología, Histología y Organografía Vegetal. In: Rodríguez, F. (Ed.). Galicia Naturaleza. Tomo XLI, Botánica I: 17-134. Hércules Ediciones, A Coruña.
-Taiz, L.; E. Zeiger 2010. Plant Physiology. 4ª ed. Sinauer.
Webgrafía (Botánica: citado maio 2023)
Curtis, H. & N. Sue Barnes. 2001. Biología. 6ª edic. Ed. Panamericana (http://www.intercambiosvirtuales.org/software/biologia-sexta-edicion-%e…)
https://www.slideshare.net/Rafamartin/biodiversidad-y-evolucin-71976319
http://www.sbs.utexas.edu/mauseth/weblab/table_of_contents.htm
http://www.biologia.edu.ar/plantas/tejvasc.htm
http://botit.botany.wisc.edu/Anatomy/Glossary/Anatomy-glossary.html#anc…
https://botweb.uwsp.edu/Anatomy/
(Poden atoparse outra sligazóns nos Bloques e nos temas depositados no Aula virtual e poderán engadirse novas ligazóns ao longo do progreso da docencia).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias. Dentro das especificadas para a materia, traballaranse as seguintes competencias:
Básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Xerais:
CX1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como una capacidade de adaptación a novas situacións ou contornos cambiantes.
CX2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CX3 - Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
CX5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
CX6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinais e multiculturais.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar una exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Específicas:
FB8 - Coñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal na enxeñaría.
Clases expositivas:
Leccións maxistrais participativas. Empregarase o método expositivo, apoiado en presentacións multimedia, vídeos e conexións a recursos web de interese. O docente introduce o tema e os obxectivos a lograr na clase, resólvense dúbidas, e trátanse os puntos máis importantes segundo os materiais docentes, dispoñibles na aula virtual previamente ao desenvolvemento da clase. Ao finalizar cada tema, faise unha síntese sinalando os puntos mais relevantes.
Clases interactivas:
1.Seminarios (Aula): Elaboración e presentación do traballo de curso, en grupo (Foro): O profesor encargará a elaboración de traballos da materia a grupos de 3 ou 4 alumnos e fará o seguimento da súa elaboración persoalmente ou a través do foro establecido ao efecto na aula virtual. Cada grupo deberá entregar ao profesor o traballo escrito (máximo 10 folios) e realizará unha presentación oral (Powerpoint ou similar) na aula.A exposición será dun máximo de 10 minutos por grupo. Ao finalizar a exposición abrirase un debate no que o profesor e os alumnos poderán facer preguntas aclaratorias ou comentarios aos poñentes. Esta presentación e debate realizarase nas 4 horas presenciais indicadas no horario como “seminarios”. Como o resto das actividades programadas, os seminarios son obrigatorios.
2. Clases prácticas de Laboratorio: Realizaranse en once sesións nas que o alumno experimentará con técnicas usuais en bioloxía (electroforese, espectofotometría, microscopía...), resolverá cuestións e elaborará os resultados obtidos. Antes de cada sesión os alumnos deberán coñecer o protocolo da práctica proporcionado previamente polo profesor a través da aula virtual.
3. Clases de titorías, en grupos (Aula): Durante as mesmas o profesor dirixirá preguntas encamiñadas a determinar o grao de entendemento que presentan os alumnos ata ese momento. Así mesmo, os alumnos poderán facer preguntas, tanto ao profesor como aos seus compañeiros, para resolver as dúbidas xurdidas durante o estudo do programa.
4. Outras Titorías (Despacho): poderanse facer consultas persoais nas horas que o/a profesor/a teñan sinaladas.
Clases expositivas: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT10, CT11, CT12, FB8.
Seminarios: CB2, CB3, CB4, CX1, CX2, CX3, CX5, CX6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, FB8
Prácticas: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8
Titorías en grupo: CB2, CX1, CX2, CX5, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8.
Titorías individuais: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollidona Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Para aprobar a materia é necesario superar independentemente as partes teóricas e prácticas impartidas polas áreas de Botánica e de Fisioloxía Vexetal.
Os criterios a empregar e o peso de cada parte avaliada quedan plasmados como segue:
- Probas escritas: 50%. Realizaranse ata 2 probas escritas sobre os contidos tratados. Gardaranse as cualificacións das partes superadas para os exames finais da 1ª e 2ª oportunidade. Con estas probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT10, CT11, CT12, FB8.
- Aproveitamento das Prácticas: 25%. Participación activa no laboratorio e resultados presentados. Poderanse gardar as cualificacións finais durante dous cursos consecutivos a realización das mesmas. Con estas probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8.
- Traballos defendidos e entregados: 15%. Avaliación do grupo e individual, da presentación oral e do traballo escrito. Con estes traballos de seminario avaliaranse as seguintes competencias:CB2, CB3, CB4, CX1, CX2, CX3, CX5, CX6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, FB8.
- Participación do alumnado nas actividades: 10%. Asistencia e a cualificación subxectiva da participación, actitude,... ao longo de todos os procesos docentes, especialmente nas titorías. Avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade poderá realizarse un exame final teórico-práctico, para os alumnos non aptos na avaliación continua. Non haberá posibilidade de exame práctico para aqueles alumnos que non asistiran á maioría das prácticas.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas. Os alumnos repetidores Terán unha dispensa do 50% en cada unha das partes expositivas (presenciais) da materia. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. As prácticas gardaránse durante 2 cursos.
Hai unha Guía Docente máis detallada na aula virtual da materia, que conten as rúbricas de avaliación das prácticas, dos traballos escritos e das presentacións orais.
Horas presenciais (HP)
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas distribuídas en 20 h de prácticas de laboratorio e 4 horas de seminarios
Titorías: 3 horas
Actividades de avaliación: 4 horas
Total horas presenciais (THP): 55 horas
Traballo persoal do alumno (HNP: Horas Non Presenciais)
Horas de estudo clases expositivas: 59 horas
Horas de traballo clases interactivas: 6 horas para estudo previo á realización das prácticas
Horas de traballo clases interactivas : 12 horas para a preparación do traballo de curso
Horas para preparación de exames: 18 horas
Total de horas non presenciais (THNP): 95 horas
Total Horas de Traballo do alumno (HP +HNP)= 150 horas
- Asistencia e participación en todas as actividades programadas.
- Recoméndase que o alumno consulte cada tema na aula virtual, previamente ás sesións presenciais. Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación.
- Implicación e participación activa nas discusións que se susciten nas diferentes tipos de sesións presenciais.
- Manexar a bibliografía recomendada como complemento ás clases.
- Antes da avaliación aconséllase consultar os arquivos de preguntas tipo e/ou cuestionarios da aula virtual da materia.
- A materia Bioloxía contribúe pero non completa a adquisición das competencias básicas, xerais e transversais sinaladas, proceso no que interveñen varias materias da titulación.
- En relación aos traballos de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
- Entregar preferentemente o traballo a través do Foro correspondente no Campus Virtual.
No caso de ter que presentar o traballo en formato escrito:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
No campus virtual o alumno dispoñera de diferentes materiais (audiovisuais,..) en inglés.
Teresa Cornide Paz
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- teresa.cornide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Beatriz Orosa Puente
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- beatriz.orosa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Javier Veloso Freire
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 982822467
- Correo electrónico
- javier.veloso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | Aula 6 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán, Galego | Aula 6 (Aulario 2) |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego, Castelán | Aula 6 (Aulario 2) |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego, Castelán | Aula 6 (Aulario 2) |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 7 (Aulario 2) |