Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción vexetal e os sistemas de produción de cultivos.
- Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no ámbito agronómico.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Tecnoloxía da produción agrícola: accións sobre o medio abiótico (manexo de solos agrícolas, uso de enmendas, abonos orgánicos, fertilización, manexo do clima (protección contra xeadas e o vento).
-Tecnoloxía da produción agrícola: accións sobre o compoñente biótico (control de adventicias).
- Xestión do espazo agrícola: organización de cultivos, sistemas agrícolas, degradación do medio agrícola.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
PROGRAMA DE TEORÍA
I. Nocións previas
Obxectivos e contido da materia (0,5 h)
O noso contorno: agricultura en Galicia (1 h)
II. Tecnoloxía da produción agrícola
II.1. Accións sobre o medio abiótico
Tema 1. Corrección de solos ácidos: Encalado (2h)
Tema 2. Mantemento da materia orgánica en solos de cultivo:
2.1. Interese agronómico e ambiental da materia orgánica no solo (0,5h)
2.2. Incorporación de restos de colleita (0,5h)
2.3. Abonos verdes (0,5h)
2.4. Xestión de estercos sólidos (1 h )
2.5. Xestión de xurros(1h)
2.6. Compostaxe (1h)
2.7. Manexo de lodos de depuradora (1h)
2.8. Emprego de recursos mariños como enmenda, fertilizante (1h)
Tema 3. Técnicas de fertilización:
3.1. Bases agronómicas da fertilización (0,5h)
3.2. Produtos fertilizantes (0,5h)
3.3. O N e o abonado nitroxenado (2h)
3.4. O P e o abonado fosfórico (1h)
3.5. O K e o abonado potásico (1h)
3.6. Elementos secundarios (Ca, Mg, S) y micronutrientes (1h)
3.7. Avaliación das necesidades de nutrientes (1h)
3.8. Abonos de liberación lenta (0,5h)
3.9. Fertirrigación (0,5h)
Tema 4. Protección contra baixas temperaturas do aire (xeadas) (1,5h)
Tema 5. Protección contra o vento (1h)
Tema 6. Calidade da auga de rega (0,5h)
II.2. Accións sobre o compoñente biótico
Tema 7. Control de adventicias (1 h)
III. Xestión e conservación do espazo agrícola
Tema 8. Rotacións e alternativas de cultivos (1h)
Tema 9. Salinización secundaria (1 h)
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
1. Establecemento e seguimento de ensaios de fertilización en cultivos baixo invernadoiro (10 h).
3. Práctica de campo: visita ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM): (5 h)
PROGRAMA DE SEMINARIOS
1. Cálculo de dose de enmendas encalantes (2 h)
2. Balance húmico. Cálculo de dose de abonos orgánicos (2 h).
3. Interpretación análise de solo. Cálculo dose de abonado mineral en N, P e K (4).
4. Interpretación calidade auga de rega (1 h).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Cadahía López, C. 2005. Fertirrigación de cultivos hortícolas, frutales y ornamentales. Ed. Mundi-Prensa.
- Brady, N.C. & Weil, R.R. 2008. The Nature and Properties of Soils. Ed. Pearson Prentice Hall.
- Elías Castillo, F.; Castellvi Sentis, F. 2001. Agrometeorología. 2ª Ed. Ed. Mundi-Prensa.
- Finck, A. 1988. Fertilizantes y fertilización. Ed. Reverté.
- Loomis, R.S.; Connor, D.J. 2002. Ecología de cultivos. Productividad y manejo en sistemas agrarios. Ed. Mundi-Prensa.
- Marschner, P. 2012. Mineral Nutrition of Higher Plants. Ed. Academic Press. Elsevier.
- Urbano Terrón, P. 2002. Fitotecnia. Ingeniería de la Producción Vegetal. Ed. Mundi-Prensa.
- Villalobos, J.J.; Mateos, L.; Orgaz, F y Fereres, E. 2009. Fitotecnia. Bases y Tecnologías de la Producción Agrícola. Ed. Mundi-Prensa.
- Vilain, M. 1997. La production végétale. Vol I. Les composantes de la production. Lavoisier.
- Vilain, M. 1997. La production végétale. Vol. II. La maîtrise technique de la production. Lavoisier.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Brito, M. 2006. Compostagem para a Agricultura Biologica. Manual de Agricultura Biológica-Terras de Bouro. Escola Superior Agrária de Ponte de Lima/IPVC.
- Comifer. 2013. Calcul de la fertilisation azotée. Guide méhologique pour l´établissement des prescriptions locales. Cultures annuelles et prairies. Paris. www.comifer.asso.fr.
- Rosenfeld A, Rayns F. 2011. Sort out your soil - a practical guide to green manures. Cotswold 763 Grass Seeds Direct and Garden Organic. Wilkinson & Milner (Eds.). www.cotswoddseeds.com.
- Sanz Cobena et al. 2014. Yield-scaled mitigation of ammonia emission from N fertilization: the Spanish case. Environ. Res. Lett.9.
- Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. 2009. Caracterización de los lodos de depuradoras generados en España. Ed. MMARM.
- Xunta de Galicia.2014. Guía de Boas prácticas Gandeiras. Disponible en: [https://libraria.xunta.gal/es/guia-de-boas-practicas-gandeiras-proxecto…]
- Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. 2010. Guía práctica de la fertilización racional de los cultivos en España. Parte I. Ed. MMARM.
- Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. 2010. Guía práctica de la fertilización racional de los cultivos en España. Parte II. Ed. MMARM
Direccións web relacionadas
http:// www.fao.org
http:// www.xunta.es
http:// www.mediorural.xunta.es
http:// www.mapama.es
http:// www.ciam.es
http:// www.aemet.es
COMPETENCIAS
Nesta materia o alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, nesta materia traballaranse as seguintes:
Competencias xerais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG3 - Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
CG5 - Capacidad para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
CG6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CEG1 - Capacidade para Ia preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada a Ia elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinería e o paisajismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais (parques, xardíns, viveiros, arboledo urbano, etc.), instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinería e o paisajismo.
CR2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da producción vexetal, os sistemas de produción, de protección e de explotación.
CR4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das aplicación da biotecnoloxía na enxeñaria agrícola e gandeira.
CR8- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da xestión e aproveitamento de subprodutos agroindustriais.
CR9 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da toma de decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
CR10 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
HJ7- Capacidade para coñecer,comprender e utilizar os principios de lexislación e xestión ambiental; principios de desenvolvemento sustentable; estratexias de mercado de o exercicio profesional; valoración de activos ambientais.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Protección de cultivos contra adventicias. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas.
A metodoloxía proposta aplicarase á realización das diversas actividades docentes, combinando a docencia teórica coa práctica. Procurarase que as prácticas estean coordinadas no tempo cos contidos teóricos.
Clases expositivas en grupo grande: A ensinanza teórica basearase na lección maxistral participativa impartida polo profesor e contando sempre coa intervención dos alumnos. Tamén, sempre que se poida, organizaranse seminarios e conferencias impartidas por expertos en temas específicos (outros profesores do campus ou conferenciantes invitados). Esta farase apoiándose en medios audiovisuais dispoñibles, proporcionando en cada tema a bibliografía específica e poñendo á disposición dos alumnos materiais que reúnan información que a miúdo está moi dispersa. Estes materiais estarán dispoñibles no campus virtual da USC. As competencias traballadas nestas clases serán: CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CT10, CT11, EA2
Prácticas de campo: Nesta materia están deseñadas diversas prácticas de campo, tal e como se detalla na programación da materia,así como unha visita técnica ao final do curso a un centro de investigación/experimentación agraria da comunidade. As competencias traballadas nas prácticas serán: CG2, CG3, CG4, CG6, CT12, EA2
Actividades en seminarios interactivos: Están deseñados seminarios nos que exponse e resolven casos prácticos, tal e como se describe no programa da materia. As competencias traballadas nestes seminarios serán: CG2, CG3 CG4, CG6,CT12
Elaboración e presentación dun traballo de campo sobre unha explotación agrícola/gandeira: A realización dun traballo de campo individual ou en grupo de dous, ao longo do curso, permítelles aos alumnos acercarse á realidade e aplicar os coñecementos adquiridos a un caso práctico. Este traballo será exposto na aula ante o profesor e os seus compañeiros ao final de curso, a través dunha presentación mediante ordenador. Nestas sesións favorecerase o intercambio de opinións e a discusión activa entre todos os alumnos. As titorías en grupo serán empregadas para planificar e dar pautas de traballo para realizar este traballo. As competencias traballadas serán: CG3, CG4, CG6, CT4, CT6,CT7,CT9,CT10,CT11
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa, tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse de forma presencial ou a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Farase un exame final escrito da parte teórica e problemas. As prácticas son obrigatorias, así como a realización dun informe sobre o traballo realizado nelas. Tamén é obrigatoria a realización dun traballo de campo. A nota da parte práctica consérvase en futuras convocatorias.
Na seguinte táboa especifícanse os sistemas de avaliación empregados, as competencias avaliadas, así como o peso na cualificación de cada unha de elas:
Sistema de Avaliación-Competencias-Peso na cualificación:
Asistencia: 3 %
Probas escritas- CG2, CT1,CT2,CT6,CT12,CR2-50%
Aproveitamento das prácticas-CT4, CT6, CT10, CR2-20%
Traballos presentados-CG2, CG5, CT3, CT5,CT6,CT7,CT10,CR2-24%
Participación do alumnado nas actividades da aula-CG2,CR2- 3%
Criterios de avaliación de repetidores: Conservaranse as prácticas e o traballo de campo aprobados no curso anterior.
Criterios de avaliación na segunda oportunidade: Na segunda oportunidade consérvanse as partes aprobadas da primeira
oportunidade.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Aínda que o tempo de dedicación depende da aptitude de cada alumno, poderíase estimar un tempo de dedicación a materia de:
- Docencia expositiva presenciais: 24 h
- Docencia interactiva presenciais: 24 h
- Titorías en grupo presenciais: 3 h
- Actividades de avaliación presenciais: 3 h
- Lectura e preparación de temas: 35 h
- Realización de exercicios: 10 h
- Elaboración de caderno de prácticas: 10 h
- Elaboración traballo de campo: 30 h
- Preparación exames: 11 h
Trátase dunha materia que abrangue aspectos moi diversos. A principal recomendación é que o estudo non se cinga aos apuntamentos tomados na clase, é moi importante manexar bibliografía específica para cada grupo de temas e acudir a distintas fontes de información. É recomendable resolver os casos prácticos propostos estudando a teoría e realizando as tarefas encomendadas semanalmente polo profesor.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Maria Elvira Lopez Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- melvira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adolfo López Fabal
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- adolfo.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |