Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Sendo a auga un elemento co cal deberá enfrontarse o Enxeñeiro Civil, en practicamente todos os seus campos de actuación, cómpre o coñecemento dos aspectos dinámicos e cinemáticos (causas e efectos) que rexen o seu comportamento. Esta materia presentase cun aspecto básico dado que nela impártense conceptos e métodos contemplados por primeira vez na carreira (condicións de circulación, ecuacións básicas, modelización, etc.). Os principais aspectos que se pretende que o alumno domine con claridade son:
1. Entender os conceptos principais da Mecánica de Fluídos e as súas implicacións para a Enxeñería Civil.
2. Coñecer as ecuacións fundamentais que rexen os fluxos incompresibles.
3. Saber distinguir os distintos tipos de fluxos.
4. Adquirir os conceptos básicos para o análise e resolución de problemas de Enxeñaría Hidráulica.
Os contidos establecidos na Memoria Verificado do Título son:
* Estática de fluído e cinemática
* Dinámica de fluídos
* Instalacións de fluxo de fluídos.
* Equipamentos e accesorios para instalacións de fluído
Desenvólvense seguindo o seguinte temario (con indicación de tempo aproximado)
Temario Teórico.-
Distribución horaria
1. Conceptos e definicións. Propiedades dos fluídos (2 h)(DNP: 3 h)
2. Estática de fluídos. Equilibrio. Manómetros. Forzas dun líquido sobre una parede (2 h) (DNP: 3 h)
3. Cinemática de fluídos. O movemento dos fluídos. Enfoque Lagrangiano e Euleriano. Fluxo. Traxectoria. Liña de corrente. Tubo de corrente. Caudal (1h) (DNP: 3 h)
4. Dinámica de fluídos. Ecuación da continuidade. Ecuación da enerxía. Ecuación da cantidade de movemento. Instalacións para o fluxo de fluídos. Equipas e accesorios das instalación de fluídos (3 h) (DNP: 6 h)
5. Conducións. Perdas de carga en conducións. Ecuación xeral das perdas de carga. Coeficientes de fricción en tubarias. Número de Reynolds. Diagrama de Moody. Formulas monomias de perdas de carga (3 h) (DNP: 8 h)
6. Resistencias de forma en tubarias. Método de lonxitude equivalente (1h) (DNP: 2 h)
7. Medidores de caudal (1 h) (DNP: 2 h)
8. Problemas relativos a conducións de auga. Sifóns. Velocidades límite (1h) (DNP: 2 h)
9. Tubarias con distribución discreta de caudal (1 h) (DNP: 2 h)
10. Tubarias con distribución continua de caudal (1 h) (DNP: 2 h)
11. Tubarias en serie. Tubarias en paralelo (1 h) (DNP: 4 h)
12. Redes de distribución. Método gráfico (1h) (DNP: 4 h)
13. Redes ramificadas. Redes maiadas (2 h) (DNP: 6 h)
14. Golpe de ariete (1 h) (DNP: 4 h)
15. Turbomáquinas. Clasificación (1 h) (DNP: 4 h)
16. Ecuación Euler das turbomáquinas (1h) (DNP: 2 h)
17. Cavitación en bombas. NPSH (1 h) (DNP: 2 h)
Temario Práctico.-
Prácticas laboratorio/campo
1. Análise de sistemas de redes de tubaxes en laboratorio. Estudo de sistemas complexos formado por tubaxes interconectadas. Demostración de Bernoulli. Observar as relacións de enerxía nun fluído e a influenza no seu comportamento (2 h)
2. Perdas de carga en tubarias. Estudo experimental das perdas de enerxía que acontecen nun fluxo de auga a discorrer por unha tubaria (2 h)
3. Redes de tubaxes serie/paralelo. Estudo de sistemas complexos formado por tubarias interconectadas con configuración en serie e/ou paralelo (2 h)
4. Determinación experimental de curvas características de bombas. Caracterización do proceso de transferencia de enerxía nunha máquina hidráulica (2 h)
5. Busca e análise de artigos científicos de diversas materias usando la base de datos Web of Science (2 h)
6. Proposta de exercicios (14 h)
Resumo:
Presencias: 55
Docencia Expositiva 24
Prácticas 12
Seminarios (Inclúe traballos) 12
Titorías en grupos reducidos 3
Exame 4
Non presenciais: 95
Lectura e preparación de temas 36
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 24
Preparación de probas de avaliación 23
Bibliografía básica para os contidos teóricos
· WHITE , F. “Mecánica de fluidos" Ed. McGraw Hill ( 2008 )
· DAUGHERTY, FRANZINI. Mecánica de fluídos con aplicaciones en ingeniería. Mc Graw Hill, 1989.
· CRESPO , A. “Mecánica de fluidos” Ed. Thomson ( 2006 )
· BARRERO RIPOLL, A., PÉREZ-SABORID SÁNCHEZ-PASTOR, M. ‘’Fundamentos y aplicaciones de la Mecánica de Fluidos’’ Ed. McGraw Hill ( 2005 )
· GILES. R.V. “Mecánica de fluidos e hidráulica” Ed. McGraw Hill ( 1994 )
· AGÜERA, C.: “Problemas de mecánica de fluidos” Ed. Ciencia.
Bibliografía complementaria
· FOX - McDONALD “Introducción a la mecánica de fluidos" Ed. McGraw Hill ( 1989 )
· SHAMES , I. “La mecánica de los fluidos" Ed. McGraw Hill ( 1995)
· WEBBER , N.B. “Mecánica de fluidos para ingenieros" Ediciones Urmo ( 1969 )
· MATAIX , C. “Mecánica de fluidos y máquinas hidráulicas" Ed. del Castillo ( 1986 )
Nesta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para alumnos de Grado, traballaranse as seguintes competencias xerais e transversais:
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9: Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
CECC7. Coñecemento dos conceptos e os aspectos técnicos vinculados aos sistemas de conducións, tanto en presión como en lámina libre.
Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade programase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ó mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.
En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado
Sistema de avaliación
Convocatoria ordinaria
Un exame final (7 puntos). Proba escrita con contidos teóricos e resolución de problemas aplicados.
Competencias a avaliar: todas as competencias xerais e as específicas.
- Prácticas e traballos voluntarios (3 puntos máximo). Asistencia as prácticas de clase e exposición escrita dos resultados obtidos. Planteamento e resolución dun problema de transporte de auga baixo determinadas condicións.
Competencias a avaliar: todas as competencias transversais. Para avaliar as prácticas será necesario a asistencia ás mesmas e facer as tarefas encomendadas.
O sistema de avaliación baséase na realización dunha proba escrita nas datas oficiais establecidas polo centro, con contidos prácticos e teóricos, o finalizar a materia. Esta proba representará o 70% da nota final e cómpre, na mesma, un mínimo de 3,5 pontos sobre 10 para poder superar a materia.
Convocatoria extraordinaria
- Mesmos criterios que na convocatoria ordinaria
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase nas condicións que sinala a Orde 1/2017 de Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberán presentarse e aprobar o exame nas datas oficiais. Isto non impide que poidan realizar outras tarefas de avaliación continua
Presencias: 55
Docencia Expositiva 24
Prácticas 12
Seminarios (Inclúe traballos) 12
Titorías en grupos reducidos 3
Exame 4
Non presenciais: 95
Lectura e preparación de temas 36
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 24
Preparación de probas de avaliación 23
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
- Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia
NA SITUACIÓN PREVISTA PARA O COMEZO DE CURSO
Docencia expositiva e interactiva de lousa: Por non superar o aforo en aula permitida polas normas da USC, as clases
expositivas de teoría e lousa poderán ser presenciais, mentres se manteñan a situación e as medidas xerais impostas
polas autoridades.
Docencia interactiva de laboratorio: O mantemento da distancia de seguridade de 1,5 m é
imprescindible; fundamentalmente en laboratorios húmidos. Por iso, en caso de ser necesario, débense
desdobrar os grupos de prácticas, para seguir esta norma básica. No caso de que o desdobre xa efectivo
nas materias de primeiro semestre (e algunha do segundo) non fose suficiente para axustarse ao aforo
reducido do laboratorio, deberá aplicarse unha redución das prácticas presenciais (transformando
algunha en lousa), para poder aplicar unha ampliación do número de grupos (coa consecuente redución
do número de alumnos por grupos).
Exame: Do mesmo xeito que a docencia expositiva, debido a non superar o aforo das aulas, os exames poderán
ser presenciais.
Norma xeral: O uso de máscara E o mantemento da distancia de seguridade serán obrigatorios en
calquera dos casos.
EN PREVISIÓN DUN CAMBIO DE SITUACIÓN
No caso de que se produza un cambio na situación e das normas impostas polas autoridades,
todas as clases de teoría (expositivas) e lousa impartiranse, por medios telemáticos, tipo Skipe, Teams,
ou similares, para permitir ao alumno a asistencia á docencia desde casa, comprobando
previamente que todos eles dispoñen de suficiente ancho de banda.
Respecto a a docencia de prácticas de laboratorio, na medida do posible transformaranse tamén en
clases de pizarra, mediante exercicios, vídeos ou material semellante, que se compartirán a través da
cartafol na nube da Materia ou, no caso de exceder a capacidade, por medios como WeTransfer. com ou
semellantes.
Só naqueles casos en que as prácticas de laboratorio sexan imprescindibles e transcendentais [como é
o caso das materias de cultivo], esperarase a ver a evolución de acontecementos e, só se a Autoridade
Competente levantase a corentena a tempo, impartiríanse e serían cualificadas. En caso contrario, non
podendo impartilas, a avaliación da materia deberá facerse só coa docencia impartida ata o
peche oficial do curso, usando medios telemáticos tamén para o exame, que obviamente non poderá ser
presencial.
Con todo, de modo voluntario tanto para profesores como alumnos, as prácticas de laboratorio poderían
ser recuperadas, posteriormente ao peche do curso, aínda que sen posibilidade de avaliación, en data e
condicións de común acordo. Isto último, sempre que as universidades aseguren a extensión do seguro
escolar e de responsabilidade civil dos seus alumnos
Xan Xosé Neira Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- xan.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Tomas Serafin Cuesta Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 13 (Aulario 4) |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
25.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |