Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría do Terreo
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos:
Comprender e manexar con claridade os principios básicos da Mecánica de Solos e das Rochas, así como a súa terminoloxía propia.
Entender os condicionantes que formula a xeotecnia no desenvolvemento de estudos, proxectos, construcións e explotacións onde sexa necesario efectuar movementos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
Sentar as bases físicas e mecánicas para o deseño e construción de obras xeotécnicas.
Coñecer os procedementos construtivos e a maquinaria de construción habituais en Enxeñaría Civil relacionados co terreo. Comprender os principios para o deseño e construción de obras de terras de Infraestruturas Lineais, como estradas e ferrocarrís.
Aptitudes:
Saber aplicar os coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
Coñecer e adquirir destreza na realización dos ensaios máis habituais dun laboratorio xeotécnico.
Acostumarse ao manexo de bibliografía, de normativa específica e de recursos na web.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimentar a súa curiosidade e interese pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos e mecánicos de solos e rochas.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practicar o razoamento correcto.
Fomentar o traballo en equipo.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Proxecto e construción de Obras de terras.
Control da compactación, operacións de escavación, transporte,
estendido e compactación.
Formación de explanadas
Construción de terrapléns. Deseño, execución e control.
Estruturas de contención en Obras Lineais.
Redacción de informes xeotécnicos en Infraestruturas do Transporte.
Túneles. Tratamentos de mellora e reforzo do terreo.
Ancoraxes e Micropilotes.
Patoloxía de Obras Xeotécnicas.
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario, no que se indican de maneira aproximada as horas presenciais (expositivas HE, de seminario HS, de laboratorio HL e de titorías de grupos reducidos TGR) e non presenciais (NP):
TEORÍA
TEMA 1: PROXECTO E CONSTRUCIÓN DE OBRAS DE TERRAS (4 HE; 8h NP)
Introdución. Control da compactación, operacións de escavación, transporte, estendido e compactación. Formación de explanadas.
TEMA 2: CONSTRUCIÓN DE TERRAPLÉNS (4 HE; 8h NP)
Condicionantes básicos. Clasificación de materiais segundo o PG3. Metodoloxía de deseño e execución. Control da execución. Problemas habituais na construción de terrapléns e posibles medidas correctoras. Presas de materiais soltos.
TEMA 3: ESTRUTURAS DE CONTENCIÓN EN OBRAS LINEAIS (8 HE; 16h NP)
Introdución. Tipos de estruturas de contención. Condicións xerais para o proxecto. Cálculo da estabilidade global. Cálculo da estabilidade local. Patoloxía de estruturas de contención. Medidas correctoras.
TEMA 4: TÚNELES (2 HS; 7h NP)
Introdución. Procedementos construtivos de túneles. Estabilidade do fronte. Accións sobre o revestimento. Principais problemáticas asociadas á construción de túneles. Movementos producidos na superficie: subsidencias.
TEMA 5: TRATAMENTOS DO TERREO (2 HS; 7h NP)
Formulación xeral. Tecnoloxías dispoñibles. Descrición de tratamentos: Compactación, estabilización, inxeccións do terreo, elementos de drenaxe, geotéxtiles.
TEMA 6: ANCORAXES (2 HE; 4h NP)
Xeralidades sobre ancoraxes. Deseño de ancoraxes en solos.
TEMA 7: MICROPILOTES (2 HE; 4h NP)
Criterios xerais sobre a utilización de micropilotes. Deseño. Recalce de cimentacións.
TEMA 8: REDACCIÓN DE INFORMES XEOTÉCNICOS (2h TGR; 10h NP)
Introdución. O estudo xeotécnico. Dimensionamento dos traballos de campo.
PRÁCTICAS
P1: Dimensionamento de explanadas (3 HS; 6h NP)
P2: Ensaio Proctor e Proctor Modificado (3 HL; 3h NP)
P3: Ensaio CBR e Compresión Simple(3 HL; 3h NP)
P4: Proxecto de obras con movemento de terras (3 HS; 3h NP)
P5: Dimensionamento de muros de escollera (2 HS; 2h NP)
P6: Dimensionamento de muros de solo reforzado (2 HS; 2h NP)
P7: Análise da estabilidade de terrapléns (2 HL; 2h NP)
P8: Análise da estabilidade de estruturas de contención (1 HL; 1h NP)
P9: Muros de solo reforzado por ordenador (3 HL; 3h NP)
P10: Dimensionamento de micropilotes (2 HS; 2h NP)
Bibliografía básica
• Geotecnia y cimientos / José Antonio Jiménez Salas...[et al.]. Madrid : Rueda, D.L. 1975-1981
• Ingeniería Geológica. L. González de Vallejo, M. Ferrer, L. Ortuño y C. Oteo. Prentice Hall. 2002.
• Ingeniería del terreno / [editor Carlos López Jimeno; autores Javier Ariza Torres...(et al.)]. Colección Ingeoter. Madrid : U.D. Proyectos, [2002]
• Manual de túneles y obras subterráneas. Ed. López Jimeno, C. 2000
• Manual de técnicas de Mejora del Terreno. Bielza, A. 1999
• Guía de cimentaciones en obras de carreteras. Ministerio de Fomento, 2003
• Guía para el proyecto y la ejecución de muros de escollera en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2006
• Guía para el diseño y la ejecución de anclajes al terreno en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Guía para el proyecto y la ejecución de micropilotes en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Manual para el proyecto y ejecución de estructuras de suelo reforzado. Ministerio de Fomento, 1989
• Construcción de explanaciones, drenajes y cimentaciones. PG-3. Ministerio de Fomento 2002 y actualizaciones posteriores
• Mechanically stabilized earth walls and reinforced soil slopes design & construction guidelines. U.S. Department of Transportation Federal Highway Administration. Publication No. FHWA-NHI-00-043. Disponible en: https://pdhonline.com/courses/c150/FHWA-NHI-00-043.pdf
Bibliografía complementaria
• Engineering geology: Rock in engineering construction. Goodman, Richard E. New York [etc.] : John Wiley & Sons, cop. 1993
• Mecánica de Suelos”. Lambe, T.W. y Wihtman, R.V., Limusa, 1991.
• Principles of geotechnical engineering. Das, Braja M. Pacific Grove (California) : Brooks/Cole, cop. 2002
• Principios de ingeniería de cimentaciones. Das, Braja M. México : International Thomson, 2001
• Soil Mechanics in Engineering Practice. Terzaghi, K. y Peck, R.B. John Wiley & Sons, cop. New York 1948
• Ingeniería de cimentaciones: fundamentos e introducción al análisis geotécnico. Delgado Vargas, Manuel. México : Alfaomega, [1999]
• Curso aplicado de cimentaciones. Rodríguez Ortiz, J.M. et al. Colegio de Arquitectos de Madrid, 6 edición, 1995.
• Geotecnia: ensayos de campo y de laboratorio. Madrid: AENOR, [1999]
• Mecánica de las rocas. Serrano, Alcibíades. [Madrid]. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Servicio de Publicaciones, 2000
• El Terreno. González, M. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona 2001
• Código Técnico de la Edificación: Libro 3: Seguridad Estructural: cimientos. Ministerio de Vivienda. Madrid 2006
• Geotecnia. Reconocimiento del Terreno. Suriol, J., Lloret, A. y García, A. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona, 1995.
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas CB-1 a CB-5 fixadas pola Orde Ministerial:
Xerais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
CG2. Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
CG3. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplica-la lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. (CG 3)
CG4. Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito. (CG 4)
CG7. Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito (CG 7)
CG10. Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral. (CG 10)
Específicas:
CECC5. Coñecementos de xeotecnia e mecánica de solos e de rochas así como a súa aplicación no desarrollo de estudos, proxectos, construccións e explotacións onde sexa necesario efectuar movimentos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
CTECC7. Capacidade para a construción de obras xeotécnicas.
CECC12. Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.
CTECC4 / CTETSU1. Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamento, o proxecto e os elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
CTECC5 / CTETSU2. Capacidade para a construción e conservación das liñas de ferrocarrís con coñecemento para aplica-la normativa técnica específica e diferenciando as características do material móvil.
Observacións sobre competencias específicas:
As competencias CECC5 e CTECC7 adquírense tamén nas materias Enxeñaría do Terro de segundo curso e Obras Xeotécnicas 1 do terceiro curso.
A competencia CTECC12 adquírese na materia Procedementos Xerais de Construción do terceiro curso e en Proxectos de Enxeñaría Civil de cuarto curso.
As competencias CTECC4 / CTETSU1 e CTECC5 / CTETSU2 adquírense soamente de maneira parcial nesta materia, nos aspectos relacionados coa Xeotecnia Vial, (tamén recollidos en Obras Xeotécnicas 2). A adquisición da competencia realízase na materias Deseño e construción de Obras Lineais de segundo curso e nas optativas da mención de Transportes e Servizos Urbanos.
Transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitud autocrítica.
CT4. Capacidade para trabajar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Todas as actividades docentes están encamiñadas a traballar as competencias básicas, xerais e específicas asignadas a esta materia. As competencias transversais trabállanse en función da metodoloxía empregada.
As actividades presenciais son de catro tipos:
-Clases expositivas (24h), fundamentalmente dedicadas a desenvolver os contidos teóricos da materia. Impártense na aula por parte do profesor mediante leccións maxistrais participativas, axudado de medios audiovisuais e coa utilización do encerado e apoiado nos apuntamentos facilitados previamente aos alumnos que deben facer traballo autónomo e estudo independente antes e despois das sesións presenciais. Pódense impartir tamén de xeito telemático síncrono mediante MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT9, CT10, CT11.
-Os seminarios en grupos reducidos de 20 alumnos (12h), que consisten en sesións prácticas ou clases interactivas, fundamentalmente dedicados á resolución de problemas, casos prácticos e proxectos. Os estudantes dispoñen de tempo para a resolución individual ou por grupos e a continuación o resolven no encerado. Ao finalizar a sesión entregan exercicios de control. Son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a traveso do traballo persoal e das clases de teoría. Poden desenvolverse tamén de xeito telemático síncrono mediante a aplicación MS Teams, subsituíndose a resolución na aula por parte dos estudantes e a entrega ao finalizar a sesión por exercicios a entregar antes da proba final.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT10, CT11, CT12.
-As prácticas de laboratorio (6h), en grupos reducidos de 20 alumnos, onde o alumnado prepara e realiza íntegramente varios ensaios de laboratorio habituais en mecánica de solos, incluíndo a preparación da mostra e do equipo e realizando a toma completa de datos, debendo posteriormente redactar un informe técnico. En caso necesario pódense substituír por docencia telemática na que se explica o procedemento completo de ensaio e se proporciona resultados reais de ensaios para a elaboración do informe.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
-As prácticas de laboratorio (6h), en grupos reducidos de 20 alumnos, onde o alumnado traballa con programas comerciais habituais en Enxeñaría Xeotécnica, resólvense casos prácticos e débese redactar un informe técnico. En caso necesario pódense impartir de xeito telemático describindo as funcionalidades de cada programa.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
-As titorías en grupo (3h), con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...).
Nesta materia esíxense dous traballos de curso:
-A entrega dun Informe Xeotécnico sobre un proxecto básico de trazado dunha estrada na que é preciso a realización de obras de terras, calcular a estabilidade de noiros e deseñar estruturas de contención. A redacción do Informe Xeotécnico realízase en grupos de 4-5 alumnos. O traballo formúlase nas primeiras titorías de grupos reducidos, faise seguimento na metade do semestre e se entrega, defende e avalía nas últimas sesións do semestre.
-A elaboración dunha presentación sobre algún dos apartados do temario. Realízase en grupos de 4-5 alumnos. O traballo formúlase nas primeiras titorías de grupos reducidos, faise seguimento na metade do semestre e se entrega, defende e avalía nas últimas sesións interactivas de seminarios do semestre. O grupo de alumnos debe facer unha exposición diante dos demais compañeiros, que avalían tanto os contidos como a exposición oral.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado a través do Campus Virtual.
O traballo individual do alumno sobre o material proporcionado, que debe estudar, resumir, contrastar ou ampliar con outras referencias bibliográficas permite traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11
-A docencia será completamente presencial no escenario 1. Soamente serán presenciais as prácticas de laboratorio e de ordenador e as probas de avaliación no escenario 2, empregando a docencia telemática síncrona para todas as actividades docentes no escenario 3.
Actividades de avaliación
•Asistencia e participación: a asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Faise o seguimento da asistencia a traveso dun anecdotario, no que se rexistra tamén a participación do estudante na clase. No caso de docencia telemática non será obrigatoria a conexión síncrona, pero en caso de non realizala será substituída por cuestionarios.
•Actividades interactivas dos seminarios: nas sesións interactivas nas que se resolven prácticas, os alumnos, en grupos, dispoñen de tempo para formular a resolución de exercicios e casos prácticos e a continuación, baixo a supervisión do profesor, expoñer as súas conclusións.
•Informe das prácticas de laboratorio: tanto das prácticas de ensaios de laboratorio como das prácticas de ordenador, os estudantes elaboran un informe.
•Informe Xeotécnico: traballo de grupo no que se trata de predimensionar as obras xeotécnicas do proxecto dunha infraestrutura lineal.
•Presentación oral: traballo de grupo no que se trata elaborar e defender unha presentación sobre algún dos apartados do temario. Parte desta tarefa incorpora contidos en inglés ou outra língua estranxeira.
•Proba final (4h): consiste nun exame teórico-práctico que se realiza ao rematar a docencia. A parte teórica consiste en definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver. A parte práctica consiste na resolución de exercicios ou casos prácticos.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB-1 a CB-5.
A asistencia e participación dos alumnos nas sesións presenciais, nas que se desenvolven os contidos teóricos e prácticos da materia permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
As actividades realizadas nos seminarios interactivos, nas que os estudantes resolven os exercicios en grupos e posteriormente llos expoñen ao resto de compañeiros, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT7, CT8, CT12
A elaboración dos informes das prácticas de laboratorio, proceso no que os estudantes de xeito individual analizan o procedemento do ensaio e os resultados acadados, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A elaboración dos informes das prácticas de ordenador, proceso no que os estudantes de xeito individual elaboran un informe xeotécnico, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A elaboración do informe de predimensionamento dunha obra xeotécnica, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12
A elaboración dunha presentación sobre algún dos apartados do temario e a súa posterior defensa ante o resto de estudantes, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12
A realización da proba final, un exame de contidos teóricos a desenvolver e dunha parte práctica para a resolución de exercicios ou casos prácticos, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
Sistema de avaliación
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, para estimular ó alumnado a segui-lo proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación básease nos seguintes 6 apartados:
1) Asistencia obrigatoria ao 100% das clases presenciais.
2) Proba escrita. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima.
3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas en seminarios.
4) Aproveitamento das prácticas de laboratorio e entrega do informe.
5) Entrega e presentación do Informe Xeotécnico.
6) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario.
Requisitos para a superación da materia:
-Nota mínima na proba escrita de 5 puntos sobre 10.
-Asistencia ao 100% das sesións
-Exercicios coa cualificación de APTOS
-Informe de prácticas de laboratorio APTO
-Informe Xeotécnico APTO
Primeira oportunidade:
Para poder presentarse á proba escrita na primeira oportunidade os alumnos deben cumprir unha asistencia do 100% ás clases presenciais excepto faltas xustificadas.
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 60%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
-Actividades de seguimento e participación nas actividades da aula 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Segunda oportunidade:
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Alumnos repetidores:
Aqueles alumnos que teñan cumprido o requisito de asistencia e de entrega de prácticas e informes nalgún dos dous cursos anteriores, soamente teñen que presentarse á proba escrita, sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
En todo caso, aconséllase a asistencia, como mínimo, ás sesións prácticas e de laboratorio e o seguimento frecuente da materia a través das titorías e do Campus Virtual.
Alumnos con dispensa de asistencia:
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar a materia é obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio (tanto de ensaios como de programas de ordenador) e á sesión da presentación oral dos traballos, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. Sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No caso de non poder realizar as probas presencialmente substituiranse por probas telemáticas.
Non varían as actividades de avaliación requiridas nin a súa ponderación. Unicamente se substituirá o requisito de asistencia e participación por actividades de seguemento
Lectura e preparación de temas: 36h
Realización de exercicios: 12h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 10h
Elaboración de traballos de curso: 14h
Preparación de probas de avaliación: 23h
Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e nas prácticas de laboratorio.
Esforzarse nos informes de prácticas e no Informe Xeotécnico.
Intentar resolve-los exercicios previstos antes da resolución na clase.
Consulta-la bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveita-las titorías, tanto as habituais como as programadas en grupo.
Plan de continxencia:
Seguindo as indicacións das Directrices para unha docencia segura no curso 2021-2022 a presente programación docente adáptase aos tres escenarios do seguinte modo:
-Non hai modificacións nos obxectivos
-Non hai modificacións nos contidos nin na planificación temporal
-Non hai modificacións na bibliografía
-Non hai modificacións nas competencias
-A docencia será completamente presencial no escenario 1.
-No escenario 2, a docencia expositiva será telemática síncrona mediante a aplicación MS Teams, e soamente serán presenciais as prácticas de laboratorio e de ordenador, as titorías de grupos reducidos e as probas de avaliación.
-No escenario 3, todas as actividades docentes no escenario 3 serán telemáticas síncronas. Neste caso, de non poder realizar as probas presencialmente substituiranse por probas telemáticas
-Non varían as actividades de avaliación requiridas nin a súa ponderación. Unicamente se substituirá o requisito de asistencia e participación por actividades de seguemento.
Carlos Nuñez Temes
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- carlos.nunez.temes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Dario Ferreiro Otero
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- dario.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
24.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
08.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |