Créditos ECTS Créditos ECTS: 1
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 23.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Matemática Aplicada, Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquirir formación práctica e experiencia laboral que aumenta as oportunidades de integración do alumnado no mercado de traballo ao remate dos estudos. Coas prácticas coñécese dende dentro o día a día dunha empresa, dun centro de investigación, dun concello ou de calquera outro organismo oficial.
Poden realizar as prácticas os alumnos e alumnas do Grao a partir do 3.º curso.
Hai tres modalidades de prácticas:
• Alumnado que solicita algunha das empresas coas que a EPSE ten convenio de colaboración.
• Nunha empresa cuxo convenio é xestionado coa intermediación do propio estudante.
• Alumnado que solicita algunha das ofertas lanzadas polas empresas.
Coordinación das prácticas
Coordinadora de prácticas:
Rosa Romero Franco
Subdirectora de Prácticas Externas e Orientación Laboral
Teléfono: 982 823 014
Email: eps.orientacion [at] usc.es (eps[dot]orientacion[at]usc[dot]es)
A USC ofrece ao alumnado a posibilidade de facer prácticas en empresas e outras entidades públicas e privadas, como complemento da súa formación académica. Este programa se ampara nun convenio de cooperación educativa, polo que non hai vinculación laboral coa empresa onde se realizan as prácticas.
Os contidos son variables dependendo a empresa de que se trate.
O plan de traballo previsto será realizado por la empresa e supervisado polo/a titor/a.
O estudante realizará as tarefas programadas no plan de traballo previsto. Ao finalizar as prácticas, terá que entregar unha memoria de prácticas.
A avaliación farase tendo en conta as cualificacións de ámbolos/as dous/dúas titores/as.
A cualificación do titor/a da empresa contará un 70% da nota final. Este/a avaliará o traballo desempeñado polo estudante atendendo a unha serie de criterios: asistencia e puntualidade, respecto polas normas, interese polo traballo, capacidade de aprendizaxe, autonomía e toma de decisións, planificación e organización do traballo, traballo en equipo, adaptación e resolución de problemas, coñecemento das técnicas e procedementos para o traballo, manexo de ferramentas (maquinaria, aplicacións informáticas, etc.), comunicación oral, comunicación escrita.
A cualificación do titor/a académico/a contará un 30% da nota final quen avaliará a memoria de prácticas entregada polo estudante.
As Prácticas Externas equivalen a unha materia optativa de 6 créditos (150 horas de traballo).
Miguel Ernesto Vazquez Mendez
- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Matemática Aplicada
- Correo electrónico
- miguelernesto.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberte Castro Ponte
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor