Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 35 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta materia preténdese dar ao alumnado unha visión completa da arquitectura básica dun computador, analizando polo miúdo os diferentes bloques funcionais dos que consta. Estúdase o impacto da tecnoloxía sobre a arquitectura dos computadores. Consideraranse, en particular, as técnicas mais importantes para o deseño do procesador e para o control doutras unidades funcionais, como a organización da memoria e os sistemas de entrada/saída.
1. Introdución á arquitectura dos computadores
2. Representación da información
3. Repertorio de instrucións
4. Aritmética do computador
5. O procesador: camiño de datos e unidade de control.
6. A xerarquía de memoria
7. Entrada/Saída
Textos básicos:
- PATTERSON, David A., HENNESSY John L. Computer Organization and Design: The Hardware/Software Interface. ARM Edition 1ª edición, Morgan Kaufmann, 2017, ISBN-13: 978-0128017333.
- PATTERSON, David A., HENNESSY John L. Computer Organization and Design. The Hardware/Software Interface, 5ª edición. Morgan Kaufmann, 2014, ISBN-13: 978-0124077263.
Textos complementarios:
- GARCÍA CARBALLEIRA , Félix, CARRETERO PÉREZ, Jesús, GARCÍA SÁNCHEZ, José Daniel, EXPÓSITO SINGH, David. Problemas resueltos de Estructura de Computadores, 1ª edición, Editorial Paraninfo, 2015, ISBN-13: 978-8428337014
- HAMACHER, Carl. Organización de Computadores, 5ª edición. McGraw Hill, 2003, ISBN-13: 978-8448139513.
Os libros de uso preferente son os textos básicos. Todos os libros están dispoñibles actualmente no catálogo por parte das editoriais. Se proporcionarán además a través do campus virtual ligazóns á información de interés e pdfs correspondentes a material de acceso libre na rede que é relevante para a asignatura e ás presentacións empregadas nas clase de teoría.
A persoa matriculada adquirirá os conceptos básicos do funcionamento dun computador e das técnicas para aproveitalos e aumentar o rendemento na súa programación. As competencias específicas que se adquiren nesta materia pódense consultar na memoria do Grao en Enxeñaría Informática da USC, páxinas 20-28. En concreto, son as competencias CG4, CG6, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, FB5, RI9 e TI2.
A información referida a continuación correspóndese ao Escenario 1 no que atinxe á situación relacionada co COVID-19. Para ver os cambios que se producirían en caso de pasar a os Escenarios 2 (modalidade a distancia) y 3 (modalidade completamente online), é necesario consultar o apartado "Observacións".
O material de traballo para esta materia inclúe os libros básicos, dispoñibles na biblioteca, e a copia das presentacións electrónicas utilizadas nas explicacións. Usarase soporte no Campus Virtual da USC. Non hai apuntes da materia.
Nas clases de teoría trabállanse as competencias xerais CG4, CG6 e CG8, a transversal TR1 (capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación, capacidade de xestión da información), e as específicas FB5, RI9 e TI2.
As clases en grupos reducidos completarán os coñecementos impartidos nas clases teóricas. A actividade nestas clases inclúe problemas, prácticas e talleres. As prácticas faranse empregando os simuladores de linguaxe ensamblador y de xerarquía de memoria de libre distribución. Nestas clases traballaranse as competencias xerais CG6 e CG9, as transversais TR2 (traballo en equipo) e TR3 (creatividade, adaptación a novas situacións) e a específica TI2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A información referida a continuación correspóndese ao Escenario 1 no que atinxe á situación relacionada co COVID-19. Para ver os cambios que se producirían en caso de pasar a os Escenarios 2 (modalidade a distancia) y 3 (modalidade completamente online), é necesario consultar o apartado "Observacións".
OPORTUNIDADE ORDINARIA (XUÑO)
- Haberá un exame teórico (teoría e problemas) ao final do cuadrimestre (oportunidade ordinaria de Xuño). Será condición indispensable para aprobar esta materia superar este exame teórico. A súa valoración será o 60% da nota final. Neste exame avaliarase a consecución das competencias CG4, CG6, CG8, TR1, FB5, RI9 e TI2
- Para o 40% da nota restante farase unha avaliación continua, ao longo do cuadrimestre, do estudantado asociada ao traballo realizado nas clases en grupos reducidos. Na avaliación incluirase a realización de exercicios en grupo, traballos e tests de seguimento das prácticas realizadas. Será imprescindible aprobar esta parte de avaliación continua para superar a materia. A súa valoración será o 40% da nota final, e terá en conta o grao de consecución das competencias CG6, CG9, TR2, TR3 e TI2.
A asistencia as clases en grupos reducidos no horario asignado para cada individuo só será obrigatoria cando se vaian a levar a cabo actividades relacionadas coa avaliación. As datas destas actividades publicaranse na aula virtual ao comenzo do cuadrimestre. O control de asistencia se realizará mediante recollida de firmas. A non asistencia a algunha das probas de avaliación suporá ter unha nota de 0 nesa proba.
OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE RECUPERACIÓN (XULLO)
- Haberá un exame teórico (teoría e problemas). Será condición indispensable para aprobar esta materia superar este exame teórico. A súa valoración será o 60% da nota final. As competencias avaliadas serán as mesmas que na oportunidade ordinaria.
- A nota obtida no proceso de avaliación continua conservarase para a oportunidade extraordinaria. Será imprescindible para aprobar a materia ter superado a avaliación continua. A súa valoración será o 40% da nota final.
NON PRESENTADO
- A cualificación será "non presentado" cando a persoa non realice o exame teórico e non se teña presentado a máis dunha das probas de avaliación continua.
MANTEMENTO DA NOTA DA AVALIACIÓN CONTINUA
Como norma xeral, a nota obtida na avaliación continua nas clases interactivas consérvase para as convocatorias posteriores. En calquera caso, é necesario consultar ao principio do curso cos profesores da materia para ratificar a conservación da nota.
Clases maxistrais: 16 horas presenciais e 24.5 de estudo autónomo por parte do alumnado.
Grupos reducidos: 10 horas presenciais e 15 de traballo persoal do alumnado dedicado á aprendizaxe baseada en problemas e/ou casos. 25 horas presenciais e 37.5 de traballo persoal do alumno para a realización de prácticas e outros traballos de computador.
El 75% das horas correspondentes a docencia interactiva en grupos reducidos serán presenciais, o 25% restante se desenvolverá de xwito virtual e síncrono xa que as ferramentas de simulación que se utilizan así o permiten. Se empregará para as clases a plataforma Microsoft Teams e os materiais se distribuirán a través do campus virtual.
Estudo continuado da materia cun esforzo activo na procura de materiais, realización de exercicios e preparación das prácticas. O coñecemento de nocións básicas de programación axudará á realización das prácticas de programación en linguaxe ensamblador. Así mesmo é necesario o dominio dos conceptos introducidos na materia Sistemas Dixitais do primeiro cuadrimestre.
Plan de continxencia:
Sistema de avaliación e aprendizaxe.
No caso de pasar ao escenario 2 ou 3 o peso do exame final pasará a ser do 50% y o da avaliación continua do 50%.
Metodoloxía docente.
No caso de pasar ao escenario 2 ou ao 3, se utilizará Microsoft Teams para a docencia virtual así coma os simuladores que habitualmente se usan na asignatura e que son de acceso libre. Se utilizará tamén o campus virtual para a difusión de material, recollida de entregas e realización de tests e exames. Os tests de prácticas e exames se realizarán de xeito síncrono.
Dora Blanco Heras
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816462
- Correo electrónico
- dora.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Seoane Iglesias
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Javier Lopez Fandiño
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881815504
- Correo electrónico
- javier.lopez.fandino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Mércores | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Xoves | |||
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
17:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Venres | |||
09:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I2 |
14.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Sala descanso/comedor |
14.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Sala descanso/comedor |
14.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Sala descanso/comedor |
14.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Sala descanso/comedor |
14.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Sala descanso/comedor |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
29.06.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
29.06.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
29.06.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
29.06.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
29.06.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |