Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 25 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nesta materia preténdese achegar conceptos físicos fundamentais vinculados ós procesos tecnolóxicos presentes nos sistemas informáticos. Con isto preténdese non só que os e as estudantes coñezan os piares tecnolóxicos dos sistemas de computación actuais mais tamén que poidan prevela súa evolución nun futuro inmediato.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Tema 1: Electricidade e magnetismo
Tema 2: Teoría de circuitos
Tema 3: Sistemas electrónicos
Tema 4: Semiconductores
Tema 5: Dispositivos semiconductores: o diodo
Tema 6: Dispositivos semiconductores: o transistor
Tema 7: Métricas de calidade no deseño digital
Tema 8: Circuitos lóxicos combinacionais
Tema 9: Circuitos lóxicos secuenciais
Tema 10: Memorias de estado sólido
DOCENCIA INTERACTIVA
Laboratorio de electrónica: Introdución ao manexo de instrumentación electrónica e reforzo dos coñecementos adquiridos na docencia expositiva.
Aula de Informática: Análise e deseño de sistemas electrónicos mediante ferramentas de simulación de circuitos.
SEMINARIOS
Ampliación e aplicación práctica dos coñecementos adquiridos na materia.
Bibliografía básica:
- GÓMEZ VILDA, Pedro et al. Fundamentos Físicos y Tecnológicos de la Informática. Madrid: Pearson Educación, 2006. ISBN 978-84-8966-085-4.
- Material de apoio da materia (dispoñible no Campus Virtual).
Bibliografía complementaria:
- RABAEY, J.M. et al. Circuitos Integrados Digitales, Madrid: Pearson Educación, 2004. ISBN:978-84-2054-103-7.
Nesta materia promóvese que a adquisición dun conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias CB1, CG8, CG11, TR1, TR2, TR3, FB2, RI4 e RI9; tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñería Informática da USC.
Esta materia enfócase cara a unha aprendizaxe por obxectivos. Neste senso e sendo conscentes do tempo adicado para a aprendizaxe dos contidos da materia, profundizarase nos conceptos físicos o exclusivamente necesario para comprendela súa implicación no desenvolvemento tecnolóxico dos sistemas informáticos. Esta tarefa levarase a cabo esencialmente nas clases expositivas.
Ó longo deste camiño, que vai desde os principios básicos da electricidade e o magnetismo ata a fabricación de circuitos integrados, faranse diferentes paradas e saídas da ruta establecida para describir os elementos esenciais en calquera sistema informático. Estes elementos tocaranse na súa meirande parte en clases interactivas e seminarios.
As competencias CB1, CG8, CG11, RI4, RI9 e FB2 traballaranse esencialmente nas sesión expositivas e seminarios e avaliaranse mediante examen escrito ao final do cuadrimestre. Por outra banda as sesións interactivas están orientadas ao desenvolvemento das competencias transversais (TR1-3).
A cualificación da materia basearase nun proceso de avaliación continua ó longo do cuadrimestre combinado cun exame final.
A través da avaliación continua medirase o nivel de aproveitamento da materia, especialmente da docencia interactiva. A esta parte corresponderalle un 30% da cualificación global.
Dacordo co artigo 1 do regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster (Consello de Goberno de 25 de novembro de 2024) a asistencia ás clases non se terá en conta na avaliación da materia. Sen embargo, a falta de asistencia ás sesións interactivas si podería ter repercusión de xeito indirecto na avaliación continua pois esta desenvólvese fundamentalmente no laboratorio correspondente.
O exame final consistirá nunha proba escrita a realizar ó final do cuadrimestre. Incluirá cuestións e exercicios de calquera parte da materia, con especial énfase na parte desenvolvida nas clases expositivas. A esta parte corresponderalle un 70% da cualificación global.
En caso de non superar a materia na primeira oportunidade ordinaria o/a estudante poderase presentar á oportunidade extraordinaria de recuperación, pero soamente para outra proba escrita que abarca o 70% da cualificación global. A cualificación asociada á avaliación continua terase en conta nas dúas oportunidades.
Aquela persoa que non se presente ao exame final considerarase "Non presentada" na oportunidade correspondente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superala materia considérase un esforzo persoal correspondente a unhas 92 horas. Nestas incluese o tempo adicado ó estudo autónomo, á resolución de exercicios e á preparación de traballos.
Para un mellor aproveitamento da materia recoméndase adicar entre 3 e 5 horas semanais de traballo persoal ó longo do cuadrimestre e incrementala adicación durante as semanas sen docencia presencial.
É de especial importancia a asistencia a titorías e a participación activa durante as clases de carácter interactivo.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible dispoñible no apartado de Seguridade da súa web.
A comunicación xeral será prioritariamente en castelán. A comunicación persoal será en galego ou castelán segundo as preferencias de cada estudante.
Farase uso do Campus Virtual para a comunicación co estudantado, publicación de novas e como medio para a descarga de material docente (presentacións, guións de prácticas, ...)
David López Vilariño
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Correo electrónico
- david.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | LB 5 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | LB 5 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula A1 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | LB 5 |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | LB 5 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A10 |
09.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A10 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |