Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Introdúcese o alumnado en entornos de desenvolvemento de computación móvil, ambientes intelixentes en mobilidade, sistemas de identificación, localización y posicionamento. Intégranse estos conceptos cos de redes de comunicación inarámicas, e interfaces gráficos adaptados a pantallas reducidas.
TEORIA:
Ambientes intelixentes. Tecnoloxías de presencia e extracción de coñecemento.
Arquitecturas para ambientes intelixentes. Sensores e actuadores. Dispositivos aumentados. Redes de comunicaciones inarámicas. Interacción. Motores de inferencia e estratexia.
PRÁCTICAS:
O traballo de prácticas consistirá no deseño,desenvolvemento e simulación dun ambiente intelixente con un conxunto de aplicacións particularizadas. O alumnado traballarán en grupos de 2-4 alumnos. O profesorado definirá os elementos básicos do ambiente , o seu comportamiento e as aplicacións específicas elexidas. Os alumnos deberán utilizar no deseño tecnoloxías existentes e a simulación terá en conta as súas funcionalidades reais.
Entre os escenarios propostos para a realización de prácticas están: cidade /campus intelixente, edificio intelixente, fogar dixital, sistemas intelixentes de transporte, trazabilidade alimentaria/animal.
Os alumnado fará unha memoria de prácticas e presentarana para avaliar o traballo realizado.
Bibliografía básica
• Ambient intelligence,wireless networking and ubiquitous computing. Mobile Communications series. Artech House, Inc. ISBN: 978-1-58053-963-0. 2006
• Ambient Intelligence. Springer-Verlag Berlin Heidelberg. ISBN: 3-540-23867-0. 2005.
• Fundamentals of Mobile and Pervasive Computing. McGraw-Hill Professional Engineering. ISBN: 0-07-141237-9. 2005.
• Pervasive Computing. Springer Professional Computing (second edition). ISBN: 3-540-00218-9. 2003
• Everyware: The dawning age of ubiquitous computing. New Riders. ISBN:0-321-38401-6. 2006
Bibliografía complementaria
• When things Start to think. Owl Books. ISBN. 978-0-8050-5880-2. 1999
• The Invisible Future. MacGraw-Hill. ISBN: 0-07-138224-0. 2002
• Security for ubiquitous computing. John Wiley & Sons, LTD. ISBN: 0470 84493 0. 2002
• Ambient Findability. O’Reilly Media, Inc. ISBN: 0-596-00765-5. 2005
Requisitos previos recomendados: Programación Orientada a Obxectos. Redes
Indícanse as competencias a adquirir polo alumno como resultado do aprendizaxe:
Competencias específicas:
-Comprensión dos requisitos dos entornos intelixentes en mobilidade.
-Conocimiento das principais tecnoloxías parao manexo do coñecemento do entorno a través de sensores e actuadores.
-Coñecemento das principaiss normas de comunicación inarámica.
-Experimentación coas interfaces multimodais distribuidas.
Competencias Goblais (CG) incluíndo as transversais (TR)
CG5. Capacidade para concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empregando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para asegurar a súa calidade, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 do devandito acordo.
CG8. Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha grande versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG9. Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.
TR1. Instrumentais: Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Comunicación oral e escrita en galego, castelán e inglés. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
TR2. Personais: Traballo en equipo. Traballo nun equipo multidisciplinar e multilingüe. Habilidades nas relacións interpersonais. Razonamiento crítico. Compromiso ético.
TR3. Sistémicas: Aprendizaxe autónoma. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Sensibilidade cara a temas medioambientais
Competencias Formación Básica (FB)
FB5. Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría
Competencias Rama Informática (RI)
RI1. Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e evaluar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
RI15. Coñecemento e aplicación dos principios fundamentais e técnicas básicas dos sistemas intelixentes e a súa aplicación práctica
Competencias Tecnoloxía da Información (TI)
TI3. Capacidade para empregar metodoloxías centradas no usuario e a organización para o desenvolvemento, avaliación e xestión de aplicacións e sistemas baseados en tecnoloxías da información que aseguren a accesibilidade, ergonomías e usabilidade dos sistemas.
TI6. Capacidade de concebir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede, incluíndo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil
Na materia impartiranse:
a) Clases expositivas de programación semanal para introducir os conceptos e explicalos temas.
b) Clases interactivas ou de seminario, donde se plantexarán temas de interese que o estudantado debe analizar, preparar, propor alternativas e presentalas na clase.
c) Prácticas a desenvolver en equipo sobre problemas reais concebidos como microproxectos.
As clases teóricas teñen contidos asociados as competencias CG5, CG8, CG9, TR1, FB5, RI1, RI5, TI3, TI6.
Nas clases de interactivas e de seminario inclúense contidos e actividades para traballar as competencias TR1, TR3, FB5, RI1, RI5, TI3, TI6.
Nas prácticas da materia plantexadas como un microproxecto a desenvolver en grupo solucionando problemas reais, trabállanse as competencias CG5, CG8, CG9, TR1, TR2, RI1, RI5, TI3, TI6.
As clases interactivas e as prácticas teñen entregables que se utilizan na avaliación para comprobar o grao de alcance das competencias polo estudantado.
A programación desta materia, terá en conta o contido do documento “DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA CURSO 2020-2021” aprobado polo Consello de Goberno da USC. Segundo as devanditas directrices, contémplanse tres escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma excepcional e xustificada a docencia virtual poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia e, no caso de prácticas levadas a cabo con medios telemáticos, poderá chegarse ata o 25%.
As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual.
A docencia da materia apoiarase na súa aula virtual do CAMPUS VIRTUAL DA USC.
No caso de ser necesario, e dentro dos límites devanditos, utilizarase a aplicación corporativa da USC MS_TEAMS para a docencia expositiva e titorías.
Escenario 2: distanciamento.
A docencia expositiva será non presencial e os seminarios e prácticas de laboratorio e aula informática presenciais. Con todo, as medidas de distanciamento impostas poderán supoñer que sexa necesario reducir o tamaño dos grupos de prácticas e con iso o número de horas presenciais (como máximo ata un 50% das horas prácticas da materia) que haberán de complementarse con actividades non presenciais.
As titorías serán preferentemente virtuais.
A docencia da materia apoiarase na súa aula virtual do CAMPUS VIRTUAL DA USC.
Utilizarase a aplicación corporativa da USC MS_TEAMS para a docencia expositiva e titorías.
Escenario 3: peche das instalacións.
A docencia será completamente de carácter virtual, con mecanismos síncronos ou asíncronos.
As titorías serán exclusivamente virtuais.
A docencia da materia apoiarase na súa aula virtual do CAMPUS VIRTUAL DA USC.
Utilizarase a aplicación corporativa da USC MS_TEAMS para a docencia expositiva e titorías.
Solicitáronse as dúas primeiras referencias da bibliografía básica para que poidan estar dispoñibles mediante acceso telemático
A avaliación da aprendizaxe realizarase mediante:
a) Avaliación dos entregables das prácticas desenvolvidas polo estudantado.
b) Avaliación dos entregables das clases interactivas e das presentación realizadas polo estudantado.
c) Avaliación dun exame sobre a materia.
As prácticas avaliaranse de xeito continuo. Teñen un peso do 50% na nota global. Cos seus entregables avaliarase o grao de aproveitamento das competencias CG5, CG8, CG9, TR1, TR2, RI1, RI5, TI3, TI6.
Os entregables das clases interactivas (seminarios) e maila súa presentación e defensa nas mesmas, terán un 30% de peso na nota global. Se utilizarán para avaliar ao estudante no aproveitamento das competencias TR1, TR3, FB5, RI1, RI5, TI3, TI6.
O exame terá un peso do 20% na nota global. Será de preguntas curtas o tipo test. Co exame avaliaremos o grao de alcance polo estudantado das competencias CG5, CG8, CG9, TR1, FB5, RI1, RI5, TI3, TI6.
A cualificación final obterase de acordo coa seguinte fórmula:
Nf = 0,30 x Na + 0,50 x Nb + 0,20 x Nc
Nf é a nota da materia
Na é a nota dos traballos realizados
Nb é a nota de prácticas
Nc é a nota acadada no exame
Nf, Na, Nb, Nc puntúan ata 10 puntos.
Para ter una cualificación de non presentado é requisito necesario:
-non presentarse e non defender o traballo específico de seminario
-non presentarse ao exame teórico.
-non facer as prácticas durante os dous derradeiros meses
En xullo, non se garda a cualificación do traballo de seminario nin do exame teórico.
Na convocatoria de xullo, farase un exame que terá tres partes:
a) un suposto práctico donde se diseñe e desenvolva unha solución.
b) o desenvolvemento dun tema
c) unha proba de preguntas tipo test o moi curtas sobre diversos ámbitos da materia.
O alumnado que non sexa de primeira matrícula, fará os mesmos traballos e probas de avaliación co de primeira matrícula.
convocatoria extraordinaria:
A avaliación terá lugar a través da realización no mesmo día dunha proba
teórica, cun peso do 30% na nota final, e dunha proba práctica da que resultará o 70% restante. Para aprobar a materia cómpre alcanzar ou superar unha nota final de 5 , tendo a proba coa menor cualificación un valor igual o maior a 4. O alumnado que participe en calquera destas dúas probas considerarase presentado..
A avaliación da aprendizaxe desta materia, terá en conta o contido do documento “DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA. CURSO 2020-2021” aprobado polo Consello de Goberno da USC. Segundo as devanditas directrices, contémplanse tres escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada.
Evaluación continua das prácticas e traballos de seminario.
Proba ou exame final presencial.
Escenario 2: distanciamento.
Evaluación continua das prácticas e traballos de seminario
Proba ou exame final de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións.
Evaluación continua das prácticas e traballos de seminario
Proba ou exame final de carácter telemático..
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
Estímanse os seguintes tempos, aínda que supóñense moi variables dependendo de diversos factores:
Traballo presencial na aula
a) Clases teóricas: 12 h
b) Seminarios: 7 h
c) Prácticas:19 h
d) avaliacións: 3 h
Traballo persoal do alumnado.
Estímase nunhas 71.5 h repartidas en varias actividades :
a)estudio autónomo
b)escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
c)traballos en ordenador ou laboratorio
d)outras actividades
e)avaliacións, exames.
f) titorías
Recomendacións: Coñecementos previos de Programación Orientada a Obxectos. Redes.
A materia necesita unha actitude activa por parte do alumnado e o seu estudo enfócase dende ese punto de vista. O alumnado realizará traballos e prácticas que expoñerá e defenderá para facer fronte a retos e medir a súa capacidade. O proceso de aprendizaxe require esforzo, tenacidade e organización, entre outros aspectos. Recomendase traballar en equipo para desenvolver outras competencias e aprender máis.
PLAN DE CONTINXENCIA
A programación desta materia, terá en conta o contido do documento “DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA CURSO 2020-2021” aprobado polo Consello de Goberno da USC.
De seguido, indícanse algunhas das adaptacións previstas para os escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións):
Escenario 2: distanciamento
Metodoloxía da ensinanza
A docencia expositiva será non presencial e os seminarios e prácticas de laboratorio e aula informática presenciais. Con todo, as medidas de distanciamento impostas poderán supoñer que sexa necesario reducir o tamaño dos grupos de prácticas e con iso o número de horas presenciais (como máximo ata un 50% das horas prácticas da materia) que haberán de complementarse con actividades non presenciais.
As titorías serán preferentemente virtuais.
A docencia da materia apoiarase na súa aula virtual do CAMPUS VIRTUAL DA USC.
Utilizarase a aplicación corporativa da USC MS_TEAMS para a docencia expositiva e titorías.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Evaluación continua das prácticas e traballos de seminario
Proba ou exame final de carácter telemático.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
Escenario 3: peche das instalacións
Metodoloxía da ensinanza
A docencia será completamente de carácter virtual, con mecanismos síncronos ou asíncronos.
As titorías serán exclusivamente virtuais.
A docencia da materia apoiarase na súa aula virtual do CAMPUS VIRTUAL DA USC.
Utilizarase a aplicación corporativa da USC MS_TEAMS para a docencia expositiva e titorías.
Solicitáronse as dúas primeiras referencias da bibliografía básica para que poidan estar dispoñibles mediante acceso telemático
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Evaluación continua das prácticas e traballos de seminario
Proba ou exame final de carácter telemático.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
Juan Enrique Arias Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881813564
- Correo electrónico
- juan.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A4 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Lab PP-2 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Sala descanso/comedor |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Sala descanso/comedor |