Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é que o alumnado se familiarice cos conceptos e técnicas básicas da Estatística Descritiva, da Probabilidade e da Inferencia Estatística, especialmente aplicadas ao ámbito da Enxeñaría.
TEMA 1. ESTATÍSTICA DESCRITIVA
1.1 Conceptos xerais.
1.2 Distribucións de frecuencias.
1.3 Representacións gráficas.
1.4 Medidas características: posición, dispersión e forma.
1.5 Estatística descritiva bidimensional. Táboas de continxencia e recta de regresión.
TEMA 2. FUNDAMENTOS DE PROBABILIDADE
2.1 Experimento aleatorio. Sucesos e espazo mostral.
2.2 Asignación e definición de probabilidade. Operacións con sucesos.
2.3 Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos.
2.4 Resultados importantes.
TEMA 3. VARIABLE ALEATORIA DISCRETA
3.1 Variable discreta: función de masa de probabilidade e función de distribución.
3.2 Medidas características.
3.3 Modelos de distribucións discretas.
TEMA 4. VARIABLE ALEATORIA CONTINUA
4.1 Variable continua: función de densidade e función de distribución.
4.2 Medidas características.
4.3 Modelos de distribucións continuas.
4.4 Aproximación de distribucións.
TEMA 5. INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA E ESTIMACIÓN DE PARÁMETROS
5.1 Introdución á inferencia estatística.
5.2 Distribucións en poboacións normais.
5.3 Estimación puntual de media, varianza e proporción. Propiedades.
5.4 Estimación por intervalos de confianza.
TEMA 6. CONTRASTE DE HIPÓTESES
6.1 Introdución ao contraste de hipóteses.
6.2 Procedemento de contraste.
6.3 Contrastes en poboacións normais.
CONTIDOS DAS PRÁCTICAS: introdución a R; estatística descritiva; variables aleatorias; distribucións na mostraxe; intervalos de confianza e contraste de hipóteses; modelo de regresión lineal simple.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA CON ACCESO ONLINE
Espejo Miranda, I. (2014). Estadística descriptiva y Probabilidad. Universidad de Cádiz. Dispoñible en https://prelo.usc.es/.
Febrero Bande, M., Galeano San Miguel, P., González Díaz, J. y Pateiro López, B. (2008). Estadística: ingeniería técnica en informática de sistemas. Universidade de Santiago de Compostela. Dispoñible en https://docplayer.es/493297-Estadistica-ingenieria-tecnica-en-informati….
García García, V.J. (2014). Estadística descriptiva y Probabilidad. Universidad de Cádiz. Disponible en https://prelo.usc.es/.
Montero Fernández, J. y Minuesa Abril, C. (2018). Estadística básica para Ciencias de la Salud. Universidad de Extremadura. Dispoñible en http://matematicas.unex.es/~jmf/Archivos/Manual%20de%20Bioestad%C3%ADst….
Montero Alonso, M.A. Inferencia, Estimación y Contrastes de hipótesis. Universidad de Granada. Dispoñible en https://www.ugr.es/~eues/webgrupo/Docencia/MonteroAlonso/estadisticaII/….
Paradis, E. (2003). R para principiantes. R Cran. Disponible en https://cran.r-project.org/doc/contrib/rdebuts_es.pdf.
Recursos TIC del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (Proyecto Descartes). http://recursostic.educacion.es/descartes/web/materiales_didacticos/Mue… o http://recursostic.educacion.es/descartes/web/materiales_didacticos/inf….
Venables, W.N., Smith, D.M. e the R Core Team (2020). An Introduction to R. Notes on R: A Programming Environment for Data Analysis and Graphics (Version 3.6.3). Disponible en https://cran.r-project.org/doc/manuals/r-release/R-intro.pdf.
Walpole, R.E., Myers, R.H., Myers, S.L. e Ye, K. (2012). Probabilidad y estadística para ingenierías y ciencias. Pearson. Dispoñible en https://vereniciafunez94hotmail.files.wordpress.com/2014/08/8va-probabi….
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
Cao, R. e outros (2005). Introducción a la Estadística y sus Aplicaciones. Pirámide.
Ross, S. (2014). Introduction to Probability and Statistics for Engineers and Scientists, Fifth Edition. Academic Press.
Cao, R. e outros (1998). Estadística básica aplicada. Tórculo Edicións.
Devore, J.L. (2005). Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Ciencias. Paraninfo.
Febrero, M. e outros. (2008). Estadística: ingeniería técnica en informática de sistemas. USC.
Mendenhall, W.M. e Sincich, T.L. (2016). Statistics for Engineering and the Sciences. CRC Press, Boca Ratón.
Montgomery, D. e Runger, G. (1996). Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. McGraw-Hill.
Peña, D. (1991). Estadística, Modelos y Métodos (1 y 2). Alianza Universal.
Quesada, V. e García, A. (1988). Lecciones de Cálculo de Probabilidades. Díaz de Santos.
Dentro desta materia, tratarase de contribuír a que o alumnado acade as competencias recollidas na memoria do tÍtulo de Grao en Enxeñería Informática da USC: CG5, CG8, CG9, CG10, TR1,TR2, TR3, FB1, FB3, RI6 e TI5, ademais das seguintes competencias específicas dentro do Módulo de Matemáticas.
- Expor e argumentar de forma clara as hipóteses e desenvolvementos empregados na resolución de problemas, utilizando a terminoloxía adecuada.
- Reforzar o hábito de plantear interrogantes e a resolución de problemas como práctica científica.
- Dominar a notación, método e vocabulario matemáticos para o modelado e estudo de casos.
- Coñecementos das matemáticas que permitan resolver problemas relacionados coa enxeñaría.
- Uso de ferramentas de software científico para a resolución de problemas de matemáticas no ámbito da enxeñaría.
- Aplicar os conceptos básicos da probabilidade e a estadística, e utilizalos na resolución de problemas.
En relación a esta última competencia, de xeito máis detallado, nesta materia tamén pretendemos que o alumnado adquira as seguintes competencias:
- Saber sintetizar e describir unha grande cantidade de datos seleccionando os estatísticos adecuados ao tipo de variable e analizar as relacións existentes entre elas.
- Saber formular problemas reais en termos estatísticos.
- Saber comparar poboacións a partir de parámetros característicos e descoñecidos das mesmas.
- Saber estimar parámetros descoñecidos dunha poboación a partir dunha mostra.
- Coñecer os principios xerais dos modelos probabilísticos máis usuais.
- Coñecer os principios e aplicacións dos contrastes de hipóteses estatísticos.
- Ser capaces de planificar, coordinar e organizar un proxecto de traballo.
- Ser capaces de traballar en equipo, de maneira colaborativa, e tamén de valorar a aprendizaxe autónoma.
- Posuír destrezas no manexo de loxicais estatísticos.
- Posuír unha actitude crítica e responsable ante os traballos encomendados.
Nos apartados onde se describa a metodoloxía e o sistema de avaliación especificarase a maneira na que as competencias (xerais, transversais, básicas, de formación básica, da rama de informática e de tecnoloxías da información) a adquirir na materia se traballan e avalían. No caso das competencias específicas do módulo de matemáticas e propias da materia, debe entenderse que todas as actividades formativas a desenvolver pretenden traballar estas competencias.
Escenario 1 (normalidade adaptada)
Docencia expositiva (24 horas): nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar sobre os boletíns de exercicios que se lle facilitarán. No tocante ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario. Nas sesións de docencia expositiva traballaranse as competencias xerais CG8, CG9, TR2 (razoamento crítico) e TR3 (aprendizaxe autónoma; creatividade; motivación pola calidade), así como a RI6 e a FB3 (dominio de conceptos básicos de matemáticas).
Docencia interactiva (24 horas): a docencia interactiva distribúese en seminarios de resolución de exercicios na aula de clase e prácticas na aula de informática. Nestas sesións, introducirase ao alumnado no manexo do loxical R para a análise estatística de datos. Tamén se traballará sobre os casos prácticos que terán que resolver. Para o seguimento das sesión na aula de informática, facilitarase ao alumnado os guións das prácticas. Nas sesións de docencia interactiva, potenciaranse as competencias CG5, TR1 (capacidade de análise e síntese; organización e planificación; comunicación), FB1 (resolución de problemas matemáticos na enxeñaría) e TI5. Nas sesións de docencia interactiva, organizaranse actividades de traballo en equipo, relacionadas coa competencia TR2.
Titorías (3 horas): as titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado. Realizaranse distintas actividades que permitan ao alumnado acadar unha visión de conxunto da materia e, ao mesmo tempo, lle permita identificar en que aspectos deben mellorar. Tamén nas sesións de titorías, traballarase as competencias TR1 e TR2, especialmente nas súas vertentes de capacidade de comunicación e razoamento crítico.
Escenario 2 (distanciamento)
No escenario 2, manteríanse presenciais as sesións interactivas, tanto os seminarios como as prácticas na aula de informática. Pola contra, as sesións expositivas serían non presenciais utilizando a plataforma corporativa MS Teams. O material da asignatura estará dispoñible no Campus Virtual e ademais os/as alumnos/as disporán de vídeos explicativos da materia, exercicios resoltos e material complementario para as sesións de prácticas. Así mesmo, as titorías realizaranse a través do correo electrónico ou da plataforma MS Teams.
Escenario 3 (peche das instalacións)
No escenario 3, toda a docencia sería non presencial. Os medios empregados neste caso serían os xa expostos no escenario 2.
En calquera dos escenarios considerados, a distribución das horas de docencia expositiva (24 horas) e interactiva de seminario (10 horas), por temas, é a seguinte:
Tema 1. Estatística descritiva: 3 expositivas, 2 seminarios.
Tema 2. Fundamentos de probabilidade: 4 expositivas, 1 seminario.
Tema 3. V.A. discreta: 5 expositivas, 1 seminario.
Tema 4. V.A. continua: 4 expositivas, 2 seminarios.
Tema 5. Introdución á inferencia e estimación de parámetros: 4 expositivas, 2 seminarios.
Tema 6. Contraste de hipóteses: 4 expositivas, 2 seminarios.
A docencia interactiva en laboratorio (14 horas) distribúese en 7 prácticas, cuxos contidos están vinculados a varios temas. De xeito orientativo, a distribución das prácticas é a seguinte:
Práctica 1. Introdución a R. (2 horas)
Práctica 2. Estatística descritiva. (2 horas, Tema 1).
Práctica 3. Variables aleatorias (2 horas, Tema 3, Tema 4).
Práctica 4. Regresión (2 horas, Tema 1, Tema 4)
Práctica 5. Distribucións na mostraxe (2 horas, Tema 5)
Práctica 6. Intervalos de confianza (2 horas, Tema 5).
Práctica 7. Contrastes en hipóteses en poboacións normais (2 horas, Tema 6).
Escenario 1 (normalidade adaptada)
Avaliación continua (30%): a avaliación continua realizarase en base á participación en dous tipos de tarefas. As actividades de avaliación continua comprenderán a resolución de casos prácticos (de xeito individual ou en grupo) utilizando o programa R. Tamén se proporán algúns exercicios de resolución individual a realizar de forma presencial e non presencial. A cualificación obtida consérvase entre oportunidades do mesmo curso académico (ordinaria e extraordinaria). Para optar á avaliación continua é necesario ter unha asistencia mínima do 75% ás sesións prácticas. O alumnado repetidor que cursara prácticas nun dos dous últimos cursos académicos queda exento do requerimento de asistencia, previa notificación ao profesorado.
Exame final (70%): o exame final constará de varias cuestións e exercicios teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co loxical estatístico utilizado na docencia interactiva.
Escenario 2 (distanciamento)
No escenario 2, o sistema de avaliación será o mesmo que o descrito no escenario 1 e tratarase de manter presenciais as probas nas que poidan cumprirse as condicións requiridas pola normativa da USC. Se non puidesen ser presenciais os controis que forman parte da avaliación continua, así como o exame final, serían non presenciais. Para a realización de ditas probas utilizaríase o Campus Virtual para a descarga do exame e a entrega do mesmo unha vez cumprimentado polo/pola alumno/a nun tempo limitado. Realizarase a supervisión das probas mediante a plataforma corporativa MS Teams: os/as alumnos/as terán que estar conectados/as durante a proba á sesión que cada grupo terá co profesorado. A supervisión non será gravada, pero o profesorado pode solicitar, se o estiman oportuno, a exhibición dun documento de identificación.
Escenario 3 (peche das instalacións)
No escenario 3, o sistema de avaliación será o mesmo que o descrito no el escenario 1 e todas as probas serán non presenciais. Estas probas serán tal e como están descritas no escenario 2.
Nótese que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de la revisión de las calificaciones”.
En calquera dos escenarios considerados, coas distintas actividades que se proporán ao longo do curso, valorarase o nivel de adquisición das competencias xerais (CG5, CG8, CG9 e CG10) e da TI5. Tamén se avaliarán algúns aspectos das competencias transversais, como a capacidade de traballo en equipo (TR2) e a de aprendizaxe autónomo (TR3), a través das distintas propostas. Ademais, grazas á proba final da materia avaliaranse as competencias TR1 e TR2 (capacidade de comunicación escrita, razoamento crítico), FB3 (compresión e dominio de conceptos básicos de matemáticas) e FB1 (resolución de problemas matemáticos na enxeñaría), así como as xerais relativas a coñecementos e capacidade de resolución de problemas (CG8, CG9 e CG10).
Finalmente, considérase que un/unha alumno/a concorre á avaliación cando participa en actividades que lle permitan obter, cando menos, un 50% da cualificación final. O peso da avaliación continua na oportunidade de recuperación será o mesmo que na oportunidade ordinaria do cuadrimestre.
Nesta materia, o alumnado conta con 48 horas de docencia presencial (24 horas de docencia expositiva e 24 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario arredor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
No tocante á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión do que se traballou na clase. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns da materia ou da bibliografía recomendada).
O seguimento das sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguemento e superación da materia. O alumnado deberá realizar tódalas actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
O material do curso poráse a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC.
Plan de Continxencia
Metodoloxía da Ensinanza:
Escenario 2 (distanciamento)
No escenario 2, manteríanse presenciais as sesións interactivas, tanto os seminarios como as prácticas na aula de informática. Pola contra, as sesións expositivas serían non presenciais utilizando a plataforma corporativa MS Teams. O material da asignatura estará dispoñible no Campus Virtual e ademais os/as alumnos/as disporán de vídeos explicativos da materia, exercicios resoltos e material complementario para as sesións de prácticas. Así mesmo, as titorías realizaranse a través do correo electrónico ou da plataforma MS Teams.
Escenario 3 (peche das instalacións)
No escenario 3, toda a docencia sería non presencial. Os medios empregados neste caso serían os xa expostos no escenario 2.
Sistema de avaliación:
Escenario 2 (distanciamento)
No escenario 2, o sistema de avaliación será o mesmo que o descrito no escenario 1 e tratarase de manter presenciais as probas nas que poidan cumprirse as condicións requiridas pola normativa da USC. Se non puidesen ser presenciais os controis que forman parte da avaliación continua, así como o exame final, serían non presenciais. Para a realización de ditas probas utilizaríase o Campus Virtual para a descarga do exame e a entrega do mesmo unha vez cumprimentado polo/pola alumno/a nun tempo limitado. Realizarase a supervisión das probas mediante a plataforma corporativa MS Teams: os/as alumnos/as terán que estar conectados/as durante a proba á sesión que cada grupo terá co profesorado. A supervisión non será gravada, pero o profesorado pode solicitar, se o estiman oportuno, a exhibición dun documento de identificación.
Escenario 3 (peche das instalacións)
No escenario 3, o sistema de avaliación será o mesmo que o descrito no el escenario 1 e todas as probas serán non presenciais. Estas probas serán tal e como están descritas no escenario 2.
Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices da USC.
Mercedes Conde Amboage
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mercedes.amboage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Isabel Borrajo Garcia
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mariaisabel.borrajo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Ameijeiras Alonso
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813165
- Correo electrónico
- jose.ameijeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula A1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula A1 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | Aula A1 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de Informática I7 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A1 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de Informática I7 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A1 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Informática I7 |
Xoves | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de Informática I7 |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Sala descanso/comedor |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Sala descanso/comedor |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala descanso/comedor |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Sala descanso/comedor |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala descanso/comedor |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Sala descanso/comedor |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Sala descanso/comedor |
15.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala descanso/comedor |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
19.05.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |