Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo principal é a introdución dos principios e metodoloxías de análise, deseño, implementación e avaliación da usabilidade das interfaces persoa-ordenador en sistemas interactivos.
Introdución á interacción Persoa-Ordenador.
O factor humano: o usuario.
Deseño de interfaces home-máquina.
Prototipado e avaliación da usabilidade.
Deseño centrado no usuario.
Estilos e paradigmas de interacción.
Desenvolvemento de sistemas interactivos.
Bibliografía básica:
Lorés, J. (Editor) La interacción persona-ordenador (libro electrónico) http://aipo.es/content/el-libro-electrónico, 2001. ISBN 8460722554.
Bibliografía complementaria:
Dix, A., Finlay, J., Abowd, G. y Beale, R. Human-computer interaction. (3ª edición): Editorial Pearson Education, 2004. ISBN 9780130461094.
Preece, J., Sharp, H. y Rogers, Y. Interaction design: beyond human-computer interaction. (4ª edición): Editorial: John Wiley & Sons, 2015. ISBN 9781119020752.
Norman, D. El diseño de los objetos del futuro: La interacción entre el hombre y la máquina. (1ª edición): Editorial Paidós Ibérica, 2010. ISBN 9788449323881.
Tidwell, J. Designing interfaces: patterns for effective interaction design. (2ª edición): Editorial O´Reilly, 2010. ISBN 9781449379704.
Shneiderman, B. y Plaisant, C. Diseño de interfaces de usuario. (4ª edición): Editorial Pearson Educación, 2005. ISBN: 9788420548036.
Rosson, M.B. y Carroll, J. Usability engineering: scenario-based development of human-computer interaction. (1ª edición): Editorial Academic Press, 2002. ISBN 1558607129.
A materia contribúe a acadar as competencias xerais e transversais CX3, CX9, TR1 e TR3 recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñería Informática da USC.
As competencias específicas son:
- Deseñar interfaces home-máquina.
- Realizar deseños centrados no usuario.
- Implementar prototipos de sistemas interactivos.
- Avaliar a usabilidade das interfaces home-máquina
- Garantir a accesibilidade dos sistemas interactivos.
- Elixir o estilo de interacción adecuado a cada sistema interactivo.
A materia disporá dunha aula virtual soportada pola plataforma Moodle do Campus Virtual da USC. Dita aula virtual dará soporte ás distintas actividades de ensino-aprendizaxe nos diferentes escenarios contemplados , incluídas posibles actividades de avaliación, e tamén servirá como medio de comunicación co alumnado mediante foros e mensaxería.
Escenario 1:
Nas sesións expositivas abordaranse os conceptos fundamentais involucrados na interacción persoa-ordenador mediante docencia expositiva por parte do profesorado. Servirán para desenvolver a CX3 e as 3 primeiras competencias específicas descritas na epígrafe anterior.
As sesións interactivas na aula de informática requirirán unha participación máis activa por parte do alumnado para o desenvolvemento dunha docencia interactiva. Nelas, o profesorado proporá a realización dalgún exercicio ou práctica e presentará aspectos de relevancia para a súa realización que guiará o desenvolvemento da mesma. O alumnado realizará o seu traballo de modo individual ou en pequeno grupo. Estas prácticas servirán para traballar as competencias CX9, TR1, TR3 e todas as específicas.
As titorías serán presenciais ou telemáticas previa solicitude de cita por parte do alumnado.
Escenario 2:
A docencia expositiva, de non ter finalizado de xeito presencial, será virtual e síncrona a través da plataforma MS Teams. Pola súa parte, a docencia interactiva será reforzada de xeito asíncrono na aula virtual mediante a publicación de materiais didácticos que guíen o desenvolvemento das tarefas propostas ao alumnado, de modo individual ou en pequeno grupo. Pola súa parte, as titorías serán preferentemente telemáticas previa solicitude de cita por parte do alumnado.
Escenario 3:
Todas as actividades docentes serán canalizadas completa e exclusivamente a través da aula virtual da materia. A docencia expositiva, de non ter finalizado de xeito presencial, será virtual e síncrona a través da plataforma MS Teams. Pola súa parte, a docencia interactiva será principalmente asíncrona mediante a publicación de materiais didácticos que guíen o desenvolvemento das tarefas propostas ao alumnado, de modo individual ou en pequeno grupo. Pola súa parte, as titorías serán exclusivamente telemáticas previa solicitude de cita por parte do alumnado.
Consideracións previas e comúns a todos os escenarios:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Non se conserva ningún tipo de cualificación entre distintos cursos académicos. En consecuencia, o alumnado repetidor seguirá o mesmo sistema de avaliación que o alumnado de primeira matrícula na materia.
Escenario 1:
1ª Oportunidade
O sistema de avaliación terá unha compoñente de avaliación continua e outra de exame final. O peso de cada avaliación na cualificación global do alumnado será dun 65% para a avaliación continua e un 35% para o exame final. Para superar a materia, ambas as avaliacións deben ser positivas.
A avaliación continua basearase na realización, en tempo e forma, dos distintos exercicios e prácticas propostas nas sesións interactivas co alumnado. Polo tanto, esta avaliación continua só será efectuada durante o período lectivo ordinario da materia (actualmente, o primeiro cuadrimestre). A presentación de prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua implicará a cualificación correspondente na avaliación continua e, consecuentemente, na avaliación global. Nas distintas prácticas avaliarase o grao de adquisición das competencias CX3, CX9, TR1, TR3 e de todas as competencias específicas da materia.
O exame final da materia versará sobre os conceptos e procedementos metodolóxicos utilizados polo alumnado. Realizarase mediante proba escrita na que se formularán cuestións relativas aos conceptos, procedementos e/ou prácticas traballadas no desenvolvemento da materia. Utilizarase como instrumento de avaliación da competencias CX3 e das específicas relativas ao deseño centrado no usuario e á avaliación da usabilidade das interfaces home-máquina.
A mención de “Non Presentado” na avaliación obtense cando non se presentaron prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua e non se realiza o exame final.
2ª Oportunidade
Mantense o mesmo sistema de avaliación e cos mesmos pesos, coa excepción de que para a avaliación continua consérvase a cualificación obtida no período lectivo ordinario da materia.
Escenario 2:
Mantense o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1 tanto para primeira oportunidade como para a segunda oportunidade. O exame final en ambas as dúas oportunidades será levado a cabo de modo presencial se as condicións sanitarias o permiten.
Escenario 3:
1ª Oportunidade
A avaliación continua mantense nas mesmas condicións que no escenario 1 pero cun peso do 75% na cualificación final. Pola súa parte, o exame final da materia, cun peso do 25%, será levado a cabo por medios telemáticos a través da aula virtual da materia dispoñible no Campus Virtual da USC. Para superar a materia, ambas as avaliacións deben ser positivas.
A mención de “Non Presentado” na avaliación obtense cando non se presentaron prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua e non se realiza o exame final.
2ª Oportunidade
Mantense o mesmo sistema de avaliación da 1ª oportunidade, coa excepción de que para a avaliación continua consérvase a cualificación obtida no período lectivo ordinario da materia.
Ademais das horas presenciais, o alumno deberá dedicar ao redor de 90 horas de traballo persoal a esta materia no cuadrimestre. Estas horas deberá distribuílas entre a realización das prácticas propostas (55 horas), a escritura de traballos (20 horas) e o estudo autónomo e individual (17 horas).
Recoméndase a asistencia regular a clase e procurar levar ao día a materia.
As actividades de ensino-aprendizaxe farán uso do Campus Virtual da USC. A lingua empregada de xeito habitual nas tarefas docentes será o castelán.
PLAN DE CONTINXENCIA DIANTE DUN POSIBLE CAMBIO DE ESCENARIO
- Metodoloxía da ensinanza:
Cambio a escenario 2
A docencia expositiva, de non ter finalizado de xeito presencial, será virtual e síncrona a través da plataforma MS Teams. Pola súa parte, a docencia interactiva será reforzada de xeito asíncrono na aula virtual mediante a publicación de materiais didácticos que guíen o desenvolvemento das tarefas propostas ao alumnado, de modo individual ou en pequeno grupo. Pola súa parte, as titorías serán preferentemente telemáticas previa solicitude de cita por parte do alumnado.
Cambio a escenario 3
Todas as actividades docentes serán canalizadas completa e exclusivamente a través da aula virtual da materia. A docencia expositiva, de non ter finalizado de xeito presencial, será virtual e síncrona a través da plataforma MS Teams. Pola súa parte, a docencia interactiva será principalmente asíncrona mediante a publicación de materiais didácticos que guíen o desenvolvemento das tarefas propostas ao alumnado, de modo individual ou en pequeno grupo. Pola súa parte, as titorías serán exclusivamente telemáticas previa solicitude de cita por parte do alumnado.
- Sistema de avaliación:
Cambio a escenario 2
Mantense o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1 tanto para primeira oportunidade como para a segunda oportunidade. O exame final en ambas as dúas oportunidades será levado a cabo de modo presencial se as condicións sanitarias o permiten.
Cambio a escenario 3
A avaliación continua mantense nas mesmas condicións que no escenario 1 pero cun peso do 75% na cualificación final. Pola súa parte, o exame final da materia, cun peso do 25%, será levado a cabo por medios telemáticos a través da aula virtual da materia dispoñible no Campus Virtual da USC. Para superar a materia, ambas as avaliacións deben ser positivas.
A mención de “Non Presentado” na avaliación obtense cando non se presentaron prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua e non se realiza o exame final.
2ª Oportunidade
Mantense o mesmo sistema de avaliación da 1ª oportunidade, coa excepción de que para a avaliación continua consérvase a cualificación obtida no período lectivo ordinario da materia.
Alejandro Jose Tobar Quintanar
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816000
- Correo electrónico
- alejandro.tobar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Jose Saco Lopez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816008
- Correo electrónico
- pedro.saco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A4 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I3 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I6 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Lab PP-2 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática I4 |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Xoves | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática I5 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Venres | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Lab PP-2 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
21.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A8 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A8 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04 | Aula A8 |