Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Esta materia cobre o estudo da programación declarativa, un paradigma de programación novedoso para o estudante que aportan habilidades distintas ás desenvolvidas nos paradigmas de programación procedural/orientada a obxectos. Moitos problemas resólvense máis fácilmente mediante a programación declarativa, que se usan cada vez máis en aplicacións, proxectos a gran escala e contornas empresariais: bases de datos de comercio electrónico, ferramentas de xestión financeira, software de predicción económica, sistemas de control de semáforos, ferramentas de análises de texto e linguaxe natural, planificadores, intérpretes de comandos e Intelixencia Artificial.
Os obxectivos desta asignatura son:
Parte 1: Evolución dos paradigmas de programación e introdución á programación declarativa.
Parte 2: Programación funcional
1 Conceptos fundamentais. Linguaxes funcionais, intérpretes, expresións, funcións, tipos.
2 Funcións e números. Operadores, prioridades, asociación, currificación, iteración, composición.
3 Estructuras de datos características. Listas, cadeas, caracteres, tuplas, árbores.
4 Aplicacións da programación funcional.
Parte 3: Programación lóxica
1 Cálculos con relacións, regras e feitos, consultas.
2 Introducción a Prolog.
Bibliografía básica:
R. Bird. Introducción a la programación funcional con Haskell . Prentice Hall. (2000). ISBN:9788483221761
L. Sterling, E. Shapiro. The art of PROLOG. MIT press. (1994). ISBN: 9780262193382
Bibliografía complementaria:
¡Aprende Haskell por el bien de todos!. http://aprendehaskell.es/main.html. Último acceso: 20/06/2017
J. Alonso, M.J. Hidalgo. Piensa en Haskell. http://www.cs.us.es/~jalonso/publicaciones/Piensa_en_Haskell.pdf. Último acceso: 20/06/2017
R.L. López Briega. Programación Funcional con Python. https://relopezbriega.github.io/blog/2015/02/01/programacion-funcional-… Último acceso: 16/05/2019
Esta materia cubre as seguintes competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñería Informática (páxinas 23-24 e 28-30): CG3, CG4, CG8, CG9, CG10, TR1 (competencias instrumentais: capacidade de análise e síntese; comunicación oral e escrita; resolución de problemas), TR2 (persoais: razoamento crítico), TR3 (sistémicas: creatividade), FB3, FB4, RI1, RI6, RI7, RI8, RI15, TI2, TI4, TI6 e TI7.
Competencias asociadas ao módulo "Programación":
corrección de programas.
A docencia expositiva baséase en presentacións de ordenador coas explicacións dos conceptos de programación, a sintaxe das linguaxes e a realización de exercicios de programación. A docencia interactiva organízase en sesións semanais de prácticas en laboratorio de ordenadores nas que se exemplifican os temas explicados nas clases expositivas, desenvolvendo programas declarativos. Nos dous tipos de docencia empregarase o curso virtual da USC.
Nas clases expositivas traballarase as competencias CG8, CG9, TR2, TR3 (planteamiento de problemas que requiren toma de decisións,
comparando distintas alternativas posíbeis), FB3 (problemas de análise de algoritmos), FB4, RI1, RI6, RI7, RI8 e RI15. Nas clases interactivas traballarase as competencias CG3, CG4, CG8, CG9 (mediante o planteamiento de problemas prácticos a resolver presentando os resultados), TR1 (entrega de informes escritos), TR3 (problemas que requiran búsqueda de solucións autónomamente), FB3, FB4, RI1, RI6, RI7, RI8 e RI15.
Oportunidade de xaneiro: a avaliación realízase mediante:
1) Avaliación continua: realizarase mediante a resolución de exercicios propostos durante as clases expositivas e interactivas.
2) Exame final.
A nota final (NF) da asignatura calcúlase mediante a seguinte fórmula:
NF=70% Avaliación continua + 30% Exame final
O peso da avaliación continua pode incrementarse ata un 20% realizando actividades optativas. Non é requisito indispensable presentarse ao exame final para aprobar a materia.
Oportunidade de xullo: realizarase un exame coa mesma puntuación que na oportunidade de xaneiro, conservándose a nota obtida durante o proceso de avaliación continua (do mesmo curso académico).
Avaliación como "Non presentado": agás cambios na normativa da Universidade que afecten a este particular, a condición para unha avaliación de "Non presentado" será que non se presente ao exame final. Polo tanto, avaliarase como "Non presentado" quen non se presente á avaliación continua e non se presente ao exame final.
Estudant@s repetidores: empregaranse os criterios de avaliación anteriores.
Clases de pizarra: 18 h presenciais 27 h traballo autonomo do alumno
Clases de prácticas: 19 h presenciais 28.5 h traballo autonomo do alumno
Tutorias e Actividades de avaliación: 8 h presenciais 12 h traballo autonomo do alumno
Total horas presenciais: 45h
Total horas traballo autonomo: 67,5h
Recoméndase realizar tódolos exercicios dos boletíns e usa-las titorías para a resolución de dudas.
Toda a información da asignatura atópase no curso virtual da USC.
PLAN DE CONTINXENCIA
No caso de que a situación sanitaria aconselle establecer un Escenario 2 (distanciamento):
1) A ponderación das distintas partes da materia e os requisitos para superar a materia permanecerán inalterados,
2) A proba final realizarase de modo presencial.
No caso de que a situación sanitaria aconselle establecer un Escenario 3 (peche de instalacións):
1) A ponderación das distintas partes da materia e os requisitos para superar a materia permanecerán inalterados,
2) A proba final realizarase de modo non presencial, mediante Microsoft Teams e as ferramentas da aula virtual Moodle.