Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 39 Clase Interactiva: 10 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Capacidade de xerar alternativas para a creación dun novo proceso.
* O coñecemento das técnicas de síntese de procesos, que se basea na eliminación das diferenzas de tipo molecular, de composición e de temperatura, presión e de fase entre as materias primas e produtos.
* Coñecer os distintos tipos de procesos, comparando o uso de diferentes operacións en cada caso en función da utilización de materias primas e á optimización do proceso para a obtención dun produto.
* Interpretación de planos e diagramas de fluxo identificando os seus elementos e analizando os valores fundamentais das variables de proceso.
* Propoñer alternativas para a realización do mesmo proceso, comparalas e seleccionar a mellor delas.
* Bloque I. - Análise e deseño de procesos químicos.
-Diagramas de fluxo.
-Estratexia en enxeñaría de procesos.
-Síntese de procesos químicos.
-Heurísticas para a síntese de procesos.
-Introdución á integración de procesos.
*Bloque II.
- Aproveitamento químico-industrial de materias primas e recursos enerxéticos:
-Combustibles fósiles.
-Hidrosfera e Atmosfera
-Biosfera
-Sustitución, reutilización e reciclado de materias primas.
*Básica:
-JIMÉNEZ GUTIERREZ, A. Diseño de procesos en ingeniería química. Barcelona ; México, D.F. Reverté. 2006. ISBN: 968-6708-51-0. (Sinaturas USC: QUT 404, 151 8)
-RAMOS CARPIO, M. A., Refino de petróleo, gas natural y petroquímica. Madrid. Fundación Fomento e Innovación Industrial, D.L. 1997. ISBN: 84-605-6755-9. (Sinaturas USC: QUT 212, QUT 213, QUT 214, A131.1 2)
*Complementaria:
-SINNOT R. y TOWLER G., Diseño en ingeniería Química. Barcelona. Ed. Reverté D.L. 2012. . ISBN: 9788429171990. (Sinaturas USC: QUT 398, QUT 399, QUT 400, QUT 401, QUT 410, A140 11 C, A140 11 D, A140 11 E, 140 16 B)
-SMITH, R. Chemical Process Design and Integration. Chichester, West Sussex, England. John Wiley & Sons. 2010. ISBN: 9780471486817. (Sinaturas USC: A151 13)
-SEIDER, W.D. et al. Product and Process Design Principles. Synthesis, Analysis, and Evaluation. 3ª Ed. New York. John Wiley & Sons cop. 2010. ISBN: 9780470414415. (Sinaturas USC: QUT 356, QUT 405, A150 10 C, A150 10 D)
-DOUGLAS, J.M. Conceptual Design of Chemicals Processes. New York. Ed. McGraw-Hill cop. 1988. ISBN: 0-07-017762-7. (Sinaturas USC:151 5C, 151 5 A)
Das incluidas na Memoria do título, as que se traballarán de xeito mais intenso nesta materia son:
*Básicas:
-CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que adoitan mostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
-CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de xuntar e interpretar datos relevantes (normalmente na súa área de estudo) para emitir xuicios que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
*Xerais:
-CG1: Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial que teñan por obxeto, de acordo cos coñecementos adquiridos, segundo o establecido no apartado 5 da Orde CIN/351/2009, a construcción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
-CG4: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisions, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no eido da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
-CG6: Capacidade para manexar especificacións, reglamentos e normas de obrigado cumplimento.
-CG7: Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
*Transversais:
-CT1: Capacidade de análese e síntesis.
-CT3: Capacidade para xestionar a información.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
-CT8: Capacidade para empregar tecnoloxías da información e comunicación.
-CT13: Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG4).
-CT14: Demostrar razoamento crítico (incluida en CG4).
-CT15 - Capacidade para a comunicación oral e escrita
*Específicas:
-CE20: coñecementos sobre balances de materia, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño dereactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
-CE21 - Capacidade para a análise, diseño, simulación e optimización de procesos e productos.
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”:
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse aos tres escenarios da seguinte maneira:
Escenario 1:
A metodoloxía empregada para o ensino-aprendizaxe desta materia e a súa evolución temporal estruturase en: docencia maxistral, seminarios, traballos individuais e en grupo, titorías e exames.
A consecución da formación básica do alumno baséase en 39 horas de clase teórica expositiva, pero coa participación activa dos alumnos que serán incentivados a intervir de forma continua. Nestas horas, o alumno recibe explicacións de conceptos, ideas, descrición de procesos, interpretación de planos, etc. Moitas veces, se lle pedirá a lectura previa de materiais relacionados cos contidos a expoñer na clase para telos traballados con antelación.
Por ser aplicados, as 10 horas de seminario, de asistencia obrigatoria, son unha parte fundamental da materia, e esta actividade dividese principalmente en tres tipos distintos: seminarios de debate e discusión, talleres de interpretación de planos e problemas de procesos, e exposición de traballos. Así, nos traballos e seminarios reflíctese a evolución do alumno respecto da adquisición das competencias sinaladas e dos obxectivos que se perseguen. Relacionado con esta metodoloxía, os estudantes realizarán un traballo en grupo consistente na busca de información, elaboración de una memoria e presentación da mesma , sobre un tema relacionado coa materia.
Realizarase titorías individuais para aclarar as cuestións particulares de cada alumno e dúas horas de titorías en pequenos grupos para traballar temas específicos.
Prácticas de campo: de ser posible, realizaranse visitas a instalacións de proceso para observar in situ as aplicacións dos coñecementos adquiridos. Estas visitas ou prácticas de campo estarán suxeitas á dispoñibilidade de financiamento e posibilidade de realización tanto por parte das empresas/instalacións visitadas como da USC.
Como apoio ao desenvolvemento da docencia empregarase o Campus Virtual da USC.
Escenarios 2 e 3:
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
As actividades docentes realizaríanse de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Microsoft Teams.
Debido a natureza e contidos desta materia, así como a metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto é que para esta última o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou Tablet, etc…), de conexión a internet, e para a exposición de traballos, de webcam e micrófono.
Para o manexo de técnicas de cálculo necesitarase empregar Microsoft Excel que estará a disposición do estudantado na versión corporativa de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo para os tres escenarios independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial o virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O sistema de avaliación é continuo con probas parciais específicas e seguimento da aprendizaxe coa formulación de casos prácticos e actividades a resolver, individualmente ou por grupos, principalmente nas horas de seminario.
A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado das probas específicas parciais (50%) como da avaliación continua (50%). Nesta avaliación continua inclúense tanto os traballos realizados polo estudante (25%), como as actividades desenvolvidas na aula (25%).
Soamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades avaliables poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (50%) e probas parciais específicas (50%).
*A1)-Avaliación Continua, a cualificación mínima esixida será do 50% (2,5 puntos) e constará de dous apartados:
1º) Traballos (obrigatorios): realizados de modo asíncrono. Cualificación: 25% (hasta 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1,25 puntos. Valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que podan propoñerse, así como os resultados conseguidos e a crítica dos mesmos. Terase en conta a calidade dos traballos presentados e da súa exposición. Competencias avaliadas: CG4 (10%), CG7 (10%), CT3 (10%), CT4 (10%), CT15 (20%), CT8 (10%), CE20 (15%), CE21 (15%).
2º) Seminarios (obrigatorios): realizados de modo síncrono. Cualificación:25% (hasta 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1,25 puntos. Nos seminarios valorarase as intervencións do estudante e a resolución dos problemas e cuestións que selle propoñan. Competencias avaliadas: CB2 (5%), CB3 (10%), CB4 (10%), CG1 (10%), CG6 (10%), CG7 (10%), CT1 (15%), CE20 (15%), CE21 (15%).
Os estudantes que non acaden a cualificación mínima esixida recibirán unha cualificación final de Suspenso e serán avaliados na Segunda Oportunidade tal e como se detalla no apartado (B2).
*A2)- Probas parciais específicas:: síncronas. Tratase de probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia.. Cualificación 50% (hasta 5 puntos), cualificación mínima esixida: 2,5 puntos. Competencias avaliadas: CE20 (50%), CE21 (50%).
É obrigatorio acadar a cualificación mínima esixida en cada unha das partes para superar a materia.
B)-SEGUNDA OPORTUNIDAD:
*B1)-Os estudantes que acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua conservarán esa cualificación e realizarán un Exame Final coas mesmas características das probas parciais específicas (A2).
*B2)-Os estudantes que non acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame final, de carácter síncrono coas seguintes características:
Exame final: proba teórico-práctica sobre todos os contidos da materia. Cualificación 100%, cualificación mínima esixida 5 puntos. Competencias avaliadas: CE20 (50%), CE21 (50%).
Para o seguimento, estudo e comprensión dos contidos considérase que o alumno debe adicar, ademáis das horas presenciais, 42 horas para a docencia expositiva, 10 horas para os seminarios, 15 horas para os traballos e 2 horas para as titorías en grupo.
Ademais, serán necesarias 26 horas para a preparación e realización dos exames.
É aconsellable ter cursado as materias "Operacións básicas", "Transporte de fluídos", "Transferencia de materia", "Transmisión de calor", "Enxeñaría da reacción química" e "Tecnoloxía Medioambiental".
No caso de que as autoridades competentes establecesen a ensinanza en remoto, sería imprescindible para o estudante dispoñer do seu propio ordenador e de conexión a internet. Tamén será de utilidade que os estudantes instalen nos seus dispositivos móbiles a aplicación oficial da USC e Ms Teams.
A materia impártese nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma: galego e castelan.
PLAN DE CONTINXENCIA
De aplicación no caso de que as autoridades competentes establecesen a necesidade de realizar, total ou parcialmente, as actividades docentes de maneira telemática ou en remoto.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”:
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse aos escenarios 2 e 3 da seguinte maneira:
Escenarios 2 e 3:
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
As actividades docentes realizaríanse de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Microsoft Teams.
Debido a natureza e contidos desta materia, así como a metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto é que para esta última o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou Tablet, etc…), de conexión a internet, e para a exposición de traballos, de webcam e micrófono.
Para o manexo de técnicas de cálculo necesitarase empregar Microsoft Excel que estará a disposición do estudantado na versión corporativa de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo para os tres escenarios independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial o virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jose Manuel Martinez Ageitos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
19.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |