Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que o alumno adquira os coñecementos básicos dos principais procesos inorgánicos, tanto a nivel teórico como a nivel industrial. Preténdese tamén desenvolver actitudes e habilidades para a dedución, relación, formulación e resolución de cuestións e problemas. Finalmente, que o alumnado adquira unha capacidade de síntese, de relacionar coñecementos e de transmisión de información.
- Coñecer as características xerais dos elementos químicos, o seu estado natural e os principais métodos de extracción.
- Coñecer as súas propiedades físicas e químicas e os seus compostos máis importantes, a súa preparación e as aplicacións industriais máis significativas.
- Coñecemento e aplicación da terminoloxía inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.
PROGRAMA TEÓRICO:
INTRODUCIÓN. Concepto, metodoloxía e importancia da Química Inorgánica. Bases para o estudo sistemático dos elementos e os seus compostos
TEMA 1. Hidróxeno.
TEMA 2. Elementos do grupo 17: os halóxenos.
TEMA 3. Elementos do grupo 16.
TEMA 4. Elementos do grupo 15.
TEMA 5. Elementos do grupo 14.
TEMA 6. Química dos metais dos grupos principais.
TEMA 7. Química dos metais de transición e compostos de coordinación.
PROGRAMA EXPERIMENTAL:
Síntese de algúns dos elementos e compostos inorgánicos explicados no programa de teoría:
- Obtención de metais
- Síntese e caracterización de compostos. Compostos volátiles
- Sales
- Compostos de coordinación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- RAYNER-CANHAM, G.: “Descriptive Inorganic Chemistry”, 5ª ed, W.H. Freeman & Comp, Nueva York, 2010. Versión en castelán da 2ª ed.: “Química Inorgánica descriptiva”, Prentice Hall (Pearson Educación), México (2000).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BEYER, L., FERNÁNDEZ HERRERO, V.: “Química Inorgánica”, Ariel Ciencia, Barcelona (2000).
- CASABÓ I GISPERT, J.: “Estructura atómica y enlace químico”, Reverte, Barcelona (1999).
- COTTON, F.A., WILKINSON, G., GAUS, P.L.: “Basic Inorganic Chemistry”, 3ª ed., Wiley and Sons, Nova York, 1995. Versión en castelán da 1ª ed. inglesa, 10º reimpresión: “Química Inorgánica básica”, Limusa-Wiley, México (1999).
- COTTON, F.A., WILKINSON, G., GAUS, P.L.: “Advanced Inorganic Chemistry”, 6ª ed., Wiley and Sons, Nova York, 1999. Versión en castelán da 4ª ed. Inglesa: “Química Inorgánica avanzada”, Limusa-Wiley, México (1986).
- HOUSECROFT, C.E., SHARPE, A.G.: “Inorganic Chemistry”, 4ª ed., Pearson Education, Harlow, 2012. Versión en castelán da 2ª ed.: “Química Inorgánica”, Pearson Educación, Madrid (2006).
- PETRUCCI, R.H., HERRING, F.G., MADURA, J.D, BISSONNETTE, C.: “General Chemistry. Principles and modern applications”, 11ª ed., Pearson Education, Canadá (2017). Versión en castelán: “Química General: principios y aplicaciones modernas”, Pearson Educación, Madrid (2017).
- TEGEDER, F., MAYER, L.: “Métodos de la Industria Química. Parte 1ª: inorgánica”, Reverté, Barcelona (1987).
LIBROS DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
- ADAMS, D.M., RAYNOR, J.B.: “Advanced practical Inorganic Chemistry”, Wiley and Sons, Nova York, 1965. Versión en castelán: “Química Inorgánica práctica avanzada”, Reverté, Barcelona (1966).
- ANGELICI, R.J.: “Técnica y síntesis en Química Inorgánica”, 3ª ed., Reverté, Barcelona (1979).
- BRAUER, G.: “Preparative Inorganic Chemistry”, vols. I e II. Academic Press, Nova York, 1963-1965. Versión en castelán da 2ª ed. alemá: “Química Inorgánica preparativa”, Reverté, Barcelona (1958).
- BRENON, F., RAFFLEGEAU, F., PREVOTEAU, D.: “Chimie Inorganique et Generale“, Dunod, París (1993).
- DOOD, R.E., ROBINSON, P.L.: “Química Inorgánica Experimental”, Reverté, Barcelona (1965).
- LÓPEZ GONZÁLEZ, J.D., ORTEGA CANTERO, E.: “Prácticas de Química Inorgánica”, UNED, Madrid (1998).
- MARR, G., ROCKETT, B.W.: “Practical Inorganic Chemistry”, VNR, Londres (1972).
- PASS, G., SUTCLIFFE, H.: “Practical Inorganic Chemistry”, 2ª ed., Chapman and Hall, Londres, (1974).
- SHLESSINGER, G. C.: "Inorganic Laboratory Preparations", Chemical Pub. Co., Nova York, 1962. Versión en castelán: “Preparación de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio”, Continental, México (1965).
RECURSOS EN INTERNET
- http: //www.webelements.com/
- http: //ciencianet.com/tabla.html
BÁSICAS:
-CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse pola elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades da aprendizaxe necesarias para emprender estudos superiores cun alto grao de autonomía.
XERAIS:
-CG4: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
TRANSVERSAIS:
-CT3: Capacidade para xestionar a información.
ESPECIFICAS:
-CE24: Coñecemento dos elementos químicos, a súa natureza, propiedades e aplicacións industriais.
A docencia está repartida, por grupo, e ao longo do semestre en 33 horas de clases expositivas, 4 horas de seminario, 2 de titorías en grupos reducidos e 12 horas de prácticas de laboratorio.
Nas clases expositivas (na súa maior parte teóricas), explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia e, en clases puntuais, resolver cuestións propostas previamente mediante boletíns, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte do alumnado. O profesor pode contar co apoio de diferentes recursos docentes: presentación oral con utilización do encerado, medios audiovisuais e informáticos, recursos en internet, entre outros, pero utilizando sempre como base os libros recomendados na bibliografía e co apoio do campus virtual.
Nas clases interactivas en grupo reducido (seminarios) analizaranse e discutiranse as cuestións e problemas propostos previamente mediante boletíns, intentado que o alumnado participe activamente, ademais, nestas sesións poderanse realizar controis escritos intermedios sobre os coñecementos adquiridos e o traballo realizado. As notas destes últimos contarán para a avaliación continua. Estas clases inclúense na avaliación continua polo que a asistencia será obrigatoria. Nas titorías en grupos reducidos, tamén de asistencia obrigatoria, resolveranse as dúbidas que podan ter os estudantes relacionadas coa materia impartida. Nestas, ao igual que nos seminarios, poderanse realizar probas para avaliar o traballo do alumnado que contarán para a avaliación continua.
Nas clases prácticas aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo estudante nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en parellas pero cos grupos de estudantes reducidos nos horarios publicados a tal efecto, e estarán orientadas a que o alumnado adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenrole as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e analíticas. Así mesmo se incidirá na importancia das normas de seguridade nos laboratorios e no correcto manipulado dos residuos. Para elo o estudante realizará en dúas sesións, de tres horas cada unha, unha serie de experimentos de laboratorio dos incluídos no programa. A realización do traballo experimental realizarase a partires dun guión, previamente subministrado ao alumnado, que leva incluídas cuestións fundamentais para a comprensión do experimento e que o estudante debe traer lido y traballado ao entrar no laboratorio. Ao final das prácticas, cada estudante deberá presentar un informe o un caderno de prácticas co traballo realizado ou, dependendo das circunstancias, deberá realizar unha proba escrita sobre os seus contidos que se incluirá na avaliación continua. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO NOS ESCENARIOS 2 E 3:
As actividades se realizarán, de forma síncrona e/ou asíncrona, e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través das diferentes ferramentas telemáticas dispoñibles na USC. Debido á natureza e contidos desta materia, as principais diferencias entre a docencia en remoto coa presencial serían:
a) As clases expositivas serán substituídas por sesións online mediante o Campus Virtual e Microsoft Teams
b) Os seminarios no escenario 3 se substitúen por entregas de tarefas online
c) As titorías poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Microsoft Teams ou ben mediante correo electrónico.
d) Se non é posible a realización das prácticas no laboratorio, se substituirán por entregas de tarefas relacionadas co programa de prácticas.
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben de xeito presencial na aula ou ben en remoto mediante as ferramentas telemáticas dispoñibles na USC.
A cualificación de cada estudante se realizará mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita e común para tódolos estudantes (70 %) que constarán de resolución de cuestións teóricas e exercicios, que poderán ser feitas en forma de preguntas cortas, preguntas de elección múltiple, problemas numéricos, resolución de reaccións e preguntas de tipo temático. A avaliación continua (30 %) comprenderá o seguimento do traballo persoal do estudante ao largo do curso, e que poderá abarcar controis escritos realizados nos seminarios e/ou nas titorías en grupos reducidos, traballos entregados, participación do estudante na aula e titorías, realización de exercicios nos seminarios (15 en total), e a realización das prácticas e o caderno de laboratorio onde se recolla o traballo realizado e a resolución das cuestións incluídas nos guións subministrados o, no seu caso, a nota do exame de prácticas (15 %). O estudante debe entender que ao menos ten que acadar no exame final unha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10 para que a nota das outras partes lle sexa sumada á nota do exame final. Tendo en conta o anterior, o estudante que teña algunha nota de avaliación continua e non se presente ao exame final se lle poñerá unha cualificación de cero; mentres que será non presentado si, ademais de non presentarse ao exame final, non ten ningunha nota da avaliación continua.
Ademais, para aprobar a materia, e dado cá asistencia ás clases interactivas en grupo reducido (seminarios e titorías) e as prácticas de laboratorio son obrigatorias con carácter xeral, o estudante deberá asistir a todas elas, realizar todas as prácticas que se lle asignen e alcanzar unha cualificación de apto nestas últimas.
Os estudantes que non teñan acadado o aprobado no anterior proceso de avaliación terán unha segunda oportunidade de alcanzalo realizando un novo exame, a final de curso, manténdose a cualificación da avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
As competencias que se avaliarán nos distintos apartados anteriores son:
Exame final (70 % da nota final): C24
Participación en clase, seminarios e titorías (15 % da nota final): CB5, CG4, CT3, CE24
Prácticas (15 % da nota final): CB2, CG4, CT3, CE24
A materia consta de 6 créditos ECTS, e a carga de traballo para o alumno será de 95 horas. O reparto de horas para cada unha das actividades implicadas na materia será a seguinte:
Actividade: Horas presenciais na aula / Horas do traballo persoal do alumno
Clases expositivas en grupo grande: 33 / 42
Seminarios: 4 / 26
Prácticas de laboratorio 12 / 6
Titorías en grupo moi reducido 2 / 2
Realización exames e revisión: 4 / 19
Total horas 55 / 95
- É aconsellable que o alumno asista as clases expositivas
- É importante manter o estudo da materia “ó día” e que intenten resolver os boletíns de problemas persoalmente. A resolución de problemas e cuestións é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer o seu significado.
- Ler coidadosamente os guións subministrados polo profesor antes de comezar as prácticas de laboratorio e contestar as cuestións incluídas neles.
- É conveniente o uso das titorías para aclarar dúbidas que se lles presentan tanto na aula como no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente o aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo (transparencias, enlaces web, etc.).
A materia impartirase en galego e castelán.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
As actividades realizaranse, de forma síncrona e/ou asíncrona, e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través das diferentes ferramentas telemáticas dispoñibles na USC. Debido á natureza e contidos desta materia, as principais diferencias entre a docencia en remoto coa presencial serían:
a) As clases expositivas serán substituídas por sesións online mediante o Campus Virtual e Microsoft Teams
b) Os seminarios no escenario 3 se substitúen por entregas de tarefas online
c) As titorías poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Microsoft Teams ou ben mediante correo electrónico.
d) Se non é posible a realización das prácticas no laboratorio, se substituirán por entregas de tarefas relacionadas co programa de prácticas.
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben de xeito presencial na aula ou ben en remoto mediante as ferramentas telemáticas dispoñibles na USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Juan Manuel Ortigueira Amor
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- juanm.ortigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
22.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |
30.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |