Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é facilitar ós futuros graduados en Enxeñería Química coñecementos sobre os fundamentos da Electrotecnia. Prestarase especial atención:
1.- Coñecer os fundamentos físicos e as ferramentas matemáticas que se aplican na Electrotecnia e a súa relación coas aplicacións prácticas da electricidade.
2.- Familiarizarse coa normativa vixente que se aplica ás instalacións eléctricas, así como aspectos básicos de seguridade e risco eléctrico.
3.- Identificar os diferentes elementos que forman parte das instalacións eléctricas domésticas e industriais.
4.- Coñecer as características principais dos motores eléctricos asíncronos e dos transformadores, así como da aparellaxe eléctrica utilizada nas instalacións eléctricas.
5.- Promover as diversas competencias xerais e transversais asociadas á materia.
Os contidos (descritores) desta materia segundo a memoria do título son: “Corrente alterna. Circuítos de corrente alterna monofásica e trifásica. Potencia e enerxía en circuítos de corrente alterna monofásicos e trifásicos. Cálculo de liñas eléctricas e redes de distribución. Luminotecnia. Transformadores. Máquinas rotativas. Protección de instalacións e seguridade de persoas. Regulamentación vixente. Representación e proxectos de instalacións eléctricas. Tarifas e contratación da enerxía eléctrica. Prácticas de electrotecnia: manobra básica e automatización básica de máquinas eléctricas”.
Tendo en conta estes descritores a materia está estruturada en dous bloques, un a desenvolver na aula e outro no Laboratorio ou Aula de Informática:
BLOQUE I. Contidos teóricos e seminarios de Electrotecnia
Tema 1: Introdución á teoría dos circuítos eléctricas (5 h)
1.1.- Electrotecnia e Enxeñería Eléctrica.
1.2.- Nocións básicas: Corrente continua. Corrente alterna. Motores eléctricos, transformadores.
1.3.- Circuítos de corrente continua:
1.3.1. Elementos activos ideais, fontes de tensión ou xeradores.
1.3.2. Elementos pasivos: Resistencia, Bobina, Condensador.
1.3.3. Nomenclatura, convenio de signos.
1.3.4. Leis de Kirchoff .
1.3.5. Asociación de elementos activos e pasivos.
1.3.6. Análise de circuítos.
1.3.7. Teoremas de Thévenin e Norton.
Tema 2. Corrente alterna monofásica (8 h)
2.1. Introdución. Onda sinusoidal, xeración e valores asociados.
2.2. Representación complexa dunha magnitude sinusoidal.
2.3. O dominio do tempo e o dominio da frecuencia.
2.4. Resposta sinusoidal dos elementos pasivos.
2.5. Análise de circuítos: Xeneralidades; Asociación de elementos pasivos; Métodos de resolución de circuítos.
2.6. Potencia dun circuíto en réxime de corrente alterna sinusoidal.
2.7. Potencia complexa, factor de potencia.
2.8. Corrección do factor de potencia.
Tema 3. Corrente alterna trifásica (8 h)
3.1. Sistemas trifásicos, características, xeración.
3.2. Conexión dos receptores, montaxe en triángulo e estrela.
3.3. Potencia en sistemas trifásicos.
3.4. Medida da potencia
3.5. Corrección do factor de potencia.
Tema 4. Máquinas eléctricas (8 h)
4.1. Transformador monofásico de potencia.
4.2. Transformador trifásico de potencia.
4.3. Motores eléctricos rotativos, principios xerais.
4.4. Motores asíncronos.
4.5. Arranque de motores asíncronos.
4.6. Motores síncronos.
Tema 5. Instalacións eléctricas (7 h)
5.1 O sistema eléctrico de potencia.
5.2. Regulamento Eléctrico de Baixa Tensión.
5.3. Compoñentes das Instalacións eléctricas.
5.4. Previsión de cargas.
5.5. Condutores, materiais e seccións.
5.6. Seguridade das instalacións eléctricas:
5.6.1 Sobrecargas e curtocircuítos, protección das instalacións: Interruptores automáticos e fusibles.
5.6.2. Protección das persoas, interruptores diferenciais e tomas de terra.
5.7. Medida do consumo eléctrico
5.8. Compensación da enerxía reactiva.
5.9. Tarifas eléctricas.
BLOQUE II.
Obradoiro 1. Manobra e automatización básica de máquinas eléctricas (10 h)
Sesión 1. Aparellaxe e Seguridade nas instalacións eléctricas.
Sesión 2. Arranque e parada dun motor asíncrono trifásico.
Sesión 3. Inversión de xiro dun motor eléctrico trifásico.
Sesión 4. Modificación da velocidade de xiro dun motor eléctrico trifásico de CA mediante un variador de frecuencia: Determinación de potencias de axitación.
Obradoiro 2. Instalacións eléctricas: cálculo de seccións e instalacións de protección (6 h)
Sesión 5: Elementos das instalacións eléctricas.
Sesións 6 e 7: Deseño dunha instalación eléctrica básica.
Bibliografía básica:
Queijo García, G. (2018) Fundamentos de Tecnología Eléctrica. UNED. ISBN: 978-84-362-7314-4.
Cerdá Filiu, Luis Miguel (2017) Electricidad y automatismos eléctricos. Ed. Paraninfo. ISBN 978-849-732-454-0.
MOLINA, José; CÁNOVAS RODRÍGUEZ, Francisco Javier (2012) Fundamentos de electrotecnia para ingenieros. Ed. Alfaomega, Marcombo ISBN: 978-607-707-580-6 (tomo 1); 978-607-707-612-4 (Tomo 2); 978-607-707-566-0 (tomo 3)
Bibliografía complementaria:
Catalán Izquierdo S. (2014) Electrotecnia. Instalaciones eléctricas. Editorial Universitat Politécnica de Valencia. 1ª Edición.
Fraile Mora, J. (2012): Circuitos Eléctricos. Pearson Educación, S.A. Madrid.
Fraile Mora, J. (2008): Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill, 6ª ed. Madrid
Moreno Alfonso, N. e Cano González, R. (2004): Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión. Thomson Editores Spain. Madrid.
“Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión e Instrucciones Técnicas Complementarias. Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto de 2002”, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (Boletín Oficial do Estado. Edición actualizada, 10 de abril de 2019)
Trabállase co alumno, nesta materia, a seguinte relación de competencias:
Competencias Xerais
CX.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dóteos de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CX.6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CX.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias específicas
CI.4. Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
CI.6. Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
Competencias transversais
CT.6. Resolución de problemas.
CT.7. Toma de decisións.
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CT.19. Aprendizaxe autónoma.
A Universidade de Santiago de Compostela contempla 3 escenarios diferentes no seu documento “directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-21”. Contémplase o uso, para ditos escenarios, do Campus Virtual (Moodle) que se usará para a distribución dos materiais docentes, realización de probas tipo test e avisos de actividades e o MS Teams para fomentar a comunicación telemática cos alumnos.
Escenario 1. Normalidade adaptada.
Bloque I, clases expositivas e seminarios: combinaranse as clases maxistrais presenciais, para presentar os contidos teóricos, coa resolución práctica de exercicios que ilustren os contidos teóricos. Durante os seminarios presenciais realizaranse pequenas probas de avaliación (exercicios, test) ás veces individuais e outras en grupos, co fin de avaliar a adquisición dos contidos vistos nas clases expositivas. Buscarase e fomentarase a participación activa do alumnado, tanto nas clases expositivas como nas dos seminarios.
Obradoiros: No obradoiro de manobra e automatización básica de máquinas eléctricas, os alumnos, divididos en equipos, realizaran a montaxe de diversos circuítos que integran diversos elementos de potencia e control. Ao finalizar os seminarios os alumnos entregaran unha memoria das actividades propostas. No obradoiro na aula de informática farase uso de software específico para o deseño de instalacións eléctricas (Simaris).
Titorías: As dúas horas de titoría en grupo dedicaranse á realización dunha visita técnica presencial ás instalacións eléctricas da ETSE e a posterior realización, en grupos de 2/3 persoas, dun breve traballo relacionado coa visita.
Fomentarase o uso de follas de cálculo (Excel) e do software específico de deseño de instalacións eléctricas (Simaris) para a resolución dalgúns dos problemas dos boletíns.
Escenario 2 (distanciamento)
A docencia expositiva será non presencial síncrona, usando a aplicación MS Teams e os seminarios, titoría obrigatoria e obradoiros en aula de informática e laboratorios se seguen efectuando de modo presencial. Polo demais a metodoloxía docente será similar á usada no escenario 1.
Escenario 3 (confinamento)
Todas as actividades se realizarían de forma non presencial, telemática síncrona usando Teams e telemática asíncrona ou síncrona usando Moodle. A metodoloxía docente usada nas actividades do Bloque I, clases expositivas e seminarios sería similar á usada no escenario 1, pero a titoría presencial tería que substituírse por unha “visita virtual ás instalacións eléctricas da ETSE”. As actividades do obradoiro de prácticas de laboratorio terían que substituírse por presentacións (vídeo, diapositivas) das prácticas, mentres que o obradoiro na aula de informática, realizaríase igualmente, usando o programa Simaris pero debería impartise de forma telemática.
O desenvolvemento de competencias realizarase a través das diferentes actividades planificadas para a aprendizaxe da materia:
CX.3 Temas 1, 2, 3 e 4. Obradoiros 1 e 2.
CX.6 Tema 5 e Obradoiros 1 e 2.
CX.11 Tema 5 e Obradoiros 1 e 2.
CI.4. Temas 1 a 4. Obradoiro 1.
CI.6. Tema 5 e Obradoiro 1.
CT.6. Seminarios da materia.
CT.7. Titoría e Obradoiros 1 e 2.
CT.11. Titoría e Obradoiros 1 e 2.
CT.13. Tema 5 e Obradoiro 2
CT.19. Bloque I, aula e obradoiros 1 e 2.
A asistencia ós obradoiros e titorías da materia son obrigatorias para aprobar a materia. Recoméndase asistir a todos os seminarios. A avaliación será resultado dunha media ponderada no que se terán en conta os resultados obtidos no:
a. Exame: 50%.
b. Seminarios e participación na aula: 20%.
c. Obradoiros: 20%.
d. Titorías:10%.
Para superar a materia é obrigatorio obter unha puntuación mínima do 40% da cualificación máxima correspondente ó exame, titorías ou obradoiros. O exame da materia, contempla dúas partes, teoría (30% da cualificación global do exame) e problemas (70% da cualificación global do exame). Na parte de teoría avaliaranse contidos adquiridos tanto na aula, coma nos obradoiros ou as titorías realizadas.
Antes da realización do exame final, os alumnos coñecerán as notas obtidas nos apartados de avaliación continua. Aqueles alumnos que acudiron ós obradoiros e titorías, pero non superaron o mínimo do 40% da puntuación correspondente a estas actividades, poderán ser cualificados de novo antes da realización do exame da segunda oportunidade.
Na seguinte táboa amósase como se contempla impartir as actividades avaliadas durante o curso:
Distribución da cualificación............Escenario 1......Escenario 2........Escenario 3
1.Avaliación continua (50%): Actividades e participación+Titoría+Obradoiros
Actividades e participación (20%)Presencial............Presencial.........Telemática
Titoría (10%)............................Presencial............Presencial.........Telemática
Obradoiros bloque II (20%)........Presencial............Presencial.........Telemática
2.Exame final (50%): Parte de teoría e de Problemas
Teoría (15%)............................Presencial...........Pres/Telem.........Telemática
Problemas (35%)......................Presencial...........Pres/Telem.........Telemática
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de actividades e competencias
Competencia Avaliación de actividades
CX.3 Exame. Expositivas e Seminarios do Bloque I. Obradoiros 1 e 2.
CX.6. Exame. Bloque I: tema 5. Bloque 2: Obradoiro 2.
CX.11 Exame. Bloque I: Tema 5. Bloque 2: Obradoiro 2.
CI.4. Exame. Bloque I: Temas 1 a 4. Bloque II: Obradoiro 1 e 2.
CI.6. Obradoiro 1.
CT.6. Exame. Interactivas de seminarios.
CT.7. Exame. Interactivas de seminario. Bloque II.
CT.11. Tema 5, obradoiro 2 e visita técnica.
CT.13. Obradoiros 1 e 2, titoría.
CT.19. Exame. Clases expositivas. Obradoiros 1 e 2.
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Traballo presencial na ETSE, total: 58.0 h
Clases expositivas: 30.0
Seminarios: 6.0
Prácticas: 15.0
Titorías individualizadas: 2.0
Exame e revisión: 5.0
Traballo persoal, total: 92.0 h
Clases expositivas: 36.0
Seminarios: 18.0
Prácticas: 18.0
Titorías individualizadas: 4.0
Exame e revisión: 16.0
HORAS TOTAIS: 150.0 (6 ECTS)
No traballo presencial indícanse o número de horas que se planificaron para as diversas actividades que se realizarán na ETSE, aulas de teoría, problemas, obradoiros no laboratorio e na aula de informática, titorías, así como exame. No traballo persoal estimáronse as asociadas ás actividades do estudante fóra da aula. As horas totais, 150 h, son suma das horas de traballo persoal e presencial e axústanse ós correspondentes 6 ECTS asignados á materia.
É recomendable que os estudantes superaran as materias de Matemáticas e Física. Tamén recoméndase a asistencia a clase, así como o uso do Campus Virtual da materia (Moodle) e de MS Teams de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
É preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos co entorno MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos que se empregan nas materias, dispoñibles na USC.
Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
A docencia impártese en galego; manexaranse fontes de información en inglés.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as “normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas” da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf). Ademais, o alumnado disporá dun guión de prácticas, no que se recollerán os aspectos máis relevantes en relación á seguridade e prevención de riscos asociados co uso da electricidade.
Debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do alumno/a no Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese o distancia co resto dos compañeiros e profesor na aula.
Plan de continxencia
Co gallo de adaptarse ós 3 escenarios docentes, contemplados pola Universidade realizaranse as seguintes adaptacións no apartado de metodoloxía e avaliación da materia:
METODOLOXÍA
Sexa cal sexa o escenario respectarase escrupulosamente o horario de clases, prácticas e exames establecidos pola ETSE. A diferenza será o uso de medios telemáticos (MS Teams) para as clases maxistrais do escenario 2 e para todo tipo de actividades co alumno no escenario 3. Os materiais docentes distribuiranse vía Campus Virtual (Moodle).
A principal diferenza sería que no escenario 3 non sería posible realizar prácticas experimentais no laboratorio do bloque II da materia e a visita técnica programada na titoría, que se substituirían por presentacións, vídeos e a realización dun traballo. O resto de actividades programadas se poden impartir indiferente de forma presencial ou telemática.
As titorías voluntarias, para consultas de dúbidas, realizaranse preferentemente usando MS Teams.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Non se contemplan cambios no sistema de avaliación. En todo caso as actividades que se valoran presencialmente (seminarios, titoría ou obradoiros) se substitúen, como se sinala polos seus equivalentes telemáticos.
Juan Manuel Garrido Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jorge González Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824155
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A3 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A3 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A3 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A3 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática I2 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula de Informática I2 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática I2 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula de Informática I2 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula de Informática I2 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática I2 |
11.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática I2 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
29.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |