Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Enxeñería da Reacción Química ocúpase da aplicación a escala comercial das reaccións químicas e o seu obxectivo é o deseño e operación eficiente dos reactores químicos tomando como base unha serie de fundamentos, chamados Alicerces da Enxeñería das reaccións químicas, que inclúen Balances de materia, Leis de velocidade, Estequiometría, Balances de enerxía, Difusión e Contacto. O obxectivo principal da materia é desenvolver nos estudantes unha comprensión clara dos fundamentos da Enxeñería da Reacción Química co fin de enfrontarse á resolución de problemas, adquirindo a capacidade para a procura da información necesaria e para a selección do deseño máis apropiado entre as diferentes opcións dispoñibles, sempre tendo en conta os aspectos de seguridade en reactores químicos.
Tal e como se indica na memoria de verificación do título, os contidos da materia deben seguir o seguinte descriptor:
“Introdución á enxeñería da reacción química. Cinética química. Mecanismos de reacción. Tipos de reactores. Comportamento isotermo: Deseño de reactores ideais. Reactor descontinuo de mestura completa, reactor continuo de mestura completa, reactor tubular ou de fluxo en pistón. Reactores semicontinuos. Asociación de reactores.”
Así, a materia estrutúrase en 6 temas:
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á ENXEÑERÍA DA REACCIÓN QUÍMICA
Introdución: A Enxeñería da Reacción Química. Clasificación das reaccións químicas. Tipos de reactores químicos industriais. Conceptos básicos no deseño de reactores. Medida do cambio dun compoñente por reacción química. Definición de velocidade de reacción.
TEMA 2. CINÉTICA DAS REACCIÓNS HOMOXÉNEAS. ANÁLISE DA ECUACIÓN CINÉTICA
Expresión da velocidade de reacción: a ecuación cinética. Factor dependente da concentración. Factor dependente da temperatura. Enerxía de activación e dependencia da temperatura.
TEMA 3. OBTENCIÓN E ANÁLISE DE DATOS CINÉTICOS
Introdución. Reactor descontinuo de volume constante. Reactor descontinuo de volume variable.
TEMA 4. REACTORES IDEAIS
Introdución ao deseño de reactores. Reactores ideais: Concepto e clasificación. Ecuacións de deseño de reactores ideais. Reactor ideal descontinuo. Reactor de mestura completa en estado estacionario (CSTR). Reactor de fluxo en pistón en estado estacionario (PFR).
TEMA 5: DESEÑO DE REACTORES ISOTÉRMICOS PARA REACCIÓNS SIMPLES E MÚLTIPLES
Reaccións simples. Comparación de tamaños en sistemas dun só reactor. Asociación de reactores. Reactor con recirculación. Reaccións autocatalíticas.
Reaccións múltiples. Reaccións en paralelo. Reaccións en serie. Reaccións en serie-paralelo.
TEMA 6. A SEGURIDADE NOS REACTORES QUÍMICOS
Explosións. Reaccións fóra de control. Sobrepresión. Perdas de presión en reactores. Deseño de reactores máis seguros.
Bibliografía básica:
Fogler, S.H. Essentials of Chemical Reaction Engineering, 2nd ed. Boston: Pearson Education Inc., 2018. ISBN: 9780134663890 (non está dispoñible en papel, solicitada a versión on-line)
Levenspiel, O. Ingeniería de las Reacciones Químicas, 3ª ed. México : Limusa Wiley, 2004. ISBN 968-18-5860-3 (A120 4 G, A120 4 H, A120 4 J, QUT 130, QUT 131, QUT 242); Levenspiel, O. Chemical Reaction Engineering. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons, 1999. ISBN 0-471-25424-X (120 11, A120 4 E, A120 4 F, QUT 218).
Bibliografía complementaria:
Fogler, H.S. Elementos de Ingeniería de las Reacciones Químicas. 4ª ed. México: Pearson Educación, 2008. ISBN 9789702611981(A120 3 G A120 3 H A120 3 I); Fogler, H.S. Elements of Chemical Reactor Engineering. 4th ed. Harlow: Prentice Hall, 2014. ISBN 978-1-292-02616-9 1-292-02616-2 (A120 3 K, A120 3 L)
González Velasco, J.R. et al. Cinética Química Aplicada. Madrid: Síntesis, 1999. ISBN84-7738-666-8 (BT 115, A QF 100, 121 10, 121 10 A, A121 8, QUT 260, QUT 261, QUT 262, QUT 263, QUT 264)
Missen, R.W., Mims, C.A. and Saville, B.A. Introduction to chemical reaction engineering and kinetics. New York: John Wiley & Sons, cop. 1999. ISBN 0-471-16339-2 (A120 1, A120 1 A, A120 1 B, A120 1 C, QUT 235)
Santamaría, Jesús M. et al. Ingeniería de Reactores. Madrid: Síntesis, 2002. ISBN 9788477386650 (A122 2 C, A122 2 D, A122 2 E, A122 2 F) ISBN Digital: 9788499581101 (dispoñible a versión on-line)
Competencias específicas:
CQ1 - Coñecementos sobre: CQ1.1 Balances de materia e enerxía CQ1.2 Biotecnoloxía CQ1.3 Transferencia de materia, operacións de separación CQ1.4 Enxeñería da reacción química CQ1.5 Deseño de reactores CQ1.6 Valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos
Competencias xerais:
CG.3. Coñecemento en materias básicas e de tecnoloxía, para que poidan aprender novos métodos e teorías, e dotalos de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, pensamento crítico e de comunicar e transferir coñecementos, habilidades e competencias na área da enxeñería química industrial.
Competencias transversais:
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.19. Auto-estudo
Independentemente do escenario no que nos atopemos durante a impartición da materia usarase a aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (programación docente, horarios, calendario de exames, anuncios varios, etc.)
• Proporcionar os materiais necesarios para as clases (presentacións dos temas, relacións de problemas, etc.).
• Servir de ferramenta de comunicación cos alumnos a través do foro de novidades.
• Crear os grupos de traballo.
• Propoñer todas as tarefas programadas incluído o traballo en grupo.
• Incluír os accesos á sesións de videoconferencia por Teams (para escenarios 2 e 3).
• Realizar cuestionario de avaliación.
A metodoloxía docente inclúe, independentemente do escenario, clases expositivas, clases interactivas de seminario e unha titoría de grupo. Nas clases expositivas farase a presentación da parte teórica da materia (apoiada con presentacións que se facilitarán ao alumnado) e resolución dalgúns dos problemas propostos co fin de establecer a metodoloxía de resolución dos mesmos. Debido a que un da obxectivos clave é desenvolver a capacidade para a resolución de problemas, nas clases interactivas de seminario o alumnado resolverá o resto dos problemas propostos e en dous delas, dos que se avisará previamente, resolverase un problema de forma individual que se entregará para a súa avaliación, formando parte da avaliación continua.
Propoñerase un traballo en grupo que consistirá na resolución dun problema aberto. Os resultados serán presentados nun informe e expoñeranse oralmente na titoría de grupo programada (de asistencia obrigatoria).
A relación das actividades propostas metodológicamente e as competencias para desenvolver é como segue:
-Resolución de problemas nos seminarios: CG.3, CG.4, CQ.1.4, CQ.1.5, CT.1, CT.6
-Traballo en grupo/Titoría de grupo: CG4, CQ1.5, CT.1, CT.6, CT.8, C. T.19
Escenario 1: normalidade adaptada
• Toda a docencia será de carácter presencial.
• As titorías individualizadas serán preferentemente presenciais, pero darase a opción de realizalas a través da plataforma MS Teams.
Escenario 2: distanciamento
• A docencia expositiva será non presencial e impartirase de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• As clases interactivas de seminario serán presenciais.
• Os dous problemas para avaliación continua propoñeranse a través do Campus Virtual.
• Para a realización do traballo en grupo promoverase que as reunións grupais sexan non presenciais.
• A titoría de grupo na que se presentará oralmente o traballo en grupo será telemática.
• As titorías individualizadas serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Escenario 3: peche das instalacións
• A docencia será completamente de carácter non presencial. As clases expositivas e interactivas de seminario impartiranse de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• Os problemas de avaliación continua programaranse como tarefas na aula Virtual da materia e realizaranse en horas de seminario previstas no calendario. Haberá un apoio a través de MS Teams.
• O traballo en grupo presentarase oralmente a través de MS Teams nas datas que se establezan para a titoría grupal.
• As titorías individualizadas serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Non hai cambios nas actividades propostas nin nos criterios de avaliación en función do escenario. A diferenza está exclusivamente no carácter presencial (escenario 1), presencial/non presencial (escenario 2) ou non presencial (escenario 3) das actividades de avaliación continua propostas e da proba final.
Realizarase un seguimento da aprendizaxe dos alumnos (avaliación continua) mediante a realización de actividades obrigatorias: traballo en grupo ( CT.1, CT.8, C. T.19) e resolución de problemas individualmente en seminarios ( CG.3, CG.4, CQ.1.4, CQ.1.5, CT.1, CT.6). Valorarase a participación activa nas clases (informe do profesor). Realizarase unha proba final de conceptos teóricos e resolución de problemas ( CQ.1.4, CQ.1.5, CT.1, CT.6, CT.19).
A distribución da puntuación é a seguinte:
Exame: 65% (45% Problemas; 20% Teoría)
Resolución de problemas (avaliación continua): 15%
Traballo en grupo/titoría de grupo (avaliación continua): 15%
Informe do profesor (avaliación continua): 5%
• Para superar a materia teñen que realizarse todas as actividades de avaliación continua, traballo en grupo (entrega de informe e presentación na titoría de grupo) e seminarios de avaliación continua.
• Para superar a materia precísase unha cualificación global mínima de 5,0 puntos e será necesario obter un mínimo do 35% da puntuación correspondente no exame para poder sumar as cualificacións.
• En caso de non superar a materia na primeira oportunidade gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade e o alumno só terá que repetir o exame.
• A consideración de “non presentado” terase se non se realiza ningunha das actividades obxecto de avaliación.
Escenario 1: normalidade adaptada
Realización dos problemas de avaliación continua, presentación do traballo en grupo e proba final presenciais.
Escenario 2: distanciamento
Realización dos problemas de avaliación continua e presentación do traballo en grupo de forma telemática e proba final preferentemente presencial.
Escenario 3: peche das instalacións
Realización dos problemas de avaliación continua de forma telemática síncrona, propostos como tarefas da aula Virtual da materia e apoiado desde MS Teams.
Presentación do traballo en grupo telemática síncrona a través de MS Teams.
Proba final telemática síncrona, proposta como Cuestionario (teoría)/Tarefa(problemas) da aula Virtual da materia e apoiada desde MS Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividade: Horas presenciais-Horas traballo alumno- ECTS:
Clases expositivas: Presenciais, 28; Traballo do alumno, 34; ECTS: 2,5
Clases interactivas: Presenciais, 9; Traballo do alumno, 11; ECTS: 0,8
Titorías de grupo: Presenciais, 1; Traballo do alumno, 4; ECTS: 0,2
Titorías individualizadas: Presenciais, 1; Traballo do alumno, 2; ECTS: 0,1
Exame e revisión: Presenciais, 5; Traballo do alumno, 17,5; ECTS: 0,9
TOTAL: Presenciais, 44, Traballo do alumno, 68,5; ECTS: 4,5
Recoméndase cursar con anterioridade as materias de Ecuacións Diferenciais, Fundamentos de Procesos Químicos e Análises de Procesos Químicos.
A materia impártese en castelán.
Recomendacións para a docencia telemática:
• É preciso dispoñer dun computador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ao longo do curso incluída a avaliación en escenarios 2 e 3. Recoméndase a adquisición de equipos coa contorna MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos dispoñibles na USC que se empregan nas materias.
• Mellorar as competencias informacionales e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
O alumnado debe facer uso de máscara durante o seu tempo de permanencia na ETSE, así como lavar frecuentemente as mans con auga e xabón ou usar hidrogel seguindo as indicacións respecto diso. Cando sexa posible, debe manter a distancia de seguridade co resto do alumnado e profesorado, na aula e demais espazos do centro. Teñen que seguirse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde fronte ao Covid-19.
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Metodoloxía do ensino
Independentemente do escenario no que nos atopemos durante a impartición da materia usarase a aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (programación docente, horarios, calendario de exames, anuncios varios, etc.)
• Proporcionar os materiais necesarios para as clases (presentacións dos temas, relacións de problemas, etc.).
• Servir de ferramenta de comunicación cos alumnos a través do foro de novidades.
• Crear os grupos de traballo.
• Propoñer todas as tarefas programadas incluído o traballo en grupo.
• Incluír os accesos á sesións de videoconferencia por Teams (para escenarios 2 e 3).
• Realizar cuestionario de avaliación.
Escenario 2: distanciamento
• A docencia expositiva será non presencial e impartirase de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• As clases interactivas de seminario serán presenciais.
• Os dous problemas para avaliación continua propoñeranse a través do Campus Virtual.
• Para a realización do traballo en grupo promoverase que as reunións grupais sexan non presenciais.
• A titoría de grupo na que se presentará oralmente o traballo en grupo será telemática.
• As titorías individualizadas serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Escenario 3: peche das instalacións
• A docencia será completamente de carácter non presencial. As clases expositivas e interactivas de seminario impartiranse de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• Os problemas de avaliación continua programaranse como tarefas na aula Virtual da materia e realizaranse en horas de seminario previstas no calendario. Haberá un apoio a través de MS Teams.
• O traballo en grupo presentarase oralmente a través de MS Teams nas datas que se establezan para a titoría grupal.
• As titorías individualizadas serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Sistema de avaliación
Non hai cambios nas actividades propostas nin nos criterios de avaliación en función do escenario. A diferenza está exclusivamente no carácter presencial (escenario 1), presencial/non presencial (escenario 2) ou non presencial (escenario 3) das actividades de avaliación continua propostas e da proba final.
Escenario 2: distanciamento
Realización dos problemas de avaliación continua e presentación do traballo en grupo de forma telemática e proba final preferentemente presencial.
Escenario 3: peche das instalacións
Realización dos problemas de avaliación continua de forma telemática síncrona, propostos como tarefas da aula Virtual da materia e apoiado desde MS Teams.
Presentación do traballo en grupo telemática síncrona a través de MS Teams.
Proba final telemática síncrona, proposta como Cuestionario (teoría)/Tarefa(problemas) da aula Virtual da materia e apoiada desde MS Teams.
Julia González Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816761
- Correo electrónico
- julia.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A2 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
14.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
14.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
14.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
14.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
14.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
14.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
21.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
21.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
21.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |