Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 9 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 22 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é facilitar ao alumnado o coñecemento sobre os fundamentos das máquinas e os seus mecanismos, familiarizándoo coas ferramentas para o deseño e dimensionado das súas pezas, aplicando os principios e cálculos propios da resistencia de materiais. En definitiva, debe lograr capacitar o alumnado para realizar a análise cinemática e dinámica de mecanismos e máquinas e para o deseño e proxecto dos diferentes sistemas estruturais a partir da análise das propiedades mecánicas dos seus materiais.
Os contidos (descritores) desta materia segundo a memoria do título son: Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos. Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais. Fundamentos da xeotecnia. Cálculo de estruturas e depósitos a presión.
Tendo en conta estes descritores a materia está estructurada en tres bloques:
BLOQUE I. Fundamentos de máquinas
Tema 1. Introdución á teoría das máquinas.
Tema 2. Análise cinemática de mecanismos e máquinas.
Tema 3. Análise dinámica de mecanismos e máquinas.
Tema 4. Elementos de máquina, levas, engrenaxes, transmisións e mecanismos de parafuso.
BLOQUE II. Resistencia de MateriaIs
Tema 5. Introdución
Tema 6. Tracción e Compresión. Análise de tensións e deformacións. Esforzos en depósitos de parede delgada
Tema 7. Flexión. Análise de tensións e deformacións
Tema 8. Pandeo ou Empenamento. Flexión composta. Cortadura e torsión de barras
Tema 9. Accións na edificación. Cálculo de estruturas
BLOQUE III. Prácticas
Prácticas de Fundamentos de máquinas.
Prácticas de Resistencia de materiais.
Bibliografía básica:
BLOQUE I. Fundamentos de Máquinas
SIMÓN, A., BATALLER, A., CABRERA, J.A., EZQUERRO, F., GUERRA, A.J., NADAL, F. y ORTIZ, A. Fundamentos de Teoría de Máquinas, 4ª Ed., Bellisco Ediciones Técnicas y Científicas, Madrid, 2014. ISBN 9788492970643
BLOQUE II. Resistencia de Materiales
GERE, J.M. Timoshenko. Resistencia de materiales, Ed. Thomson Spain, Paraninfo, S. A. Madrid, 2004. ISBN 84-9732-065-4
Bibliografía complementaria:
BLOQUE I. Fundamentos de Máquinas
MYSZKA, D. H. Máquinas y mecanismos. 4ª ed. Pearson, México, 2012. ISBN 978-607-32-1215-1
SHIGLEY, J.E. y UICKER, J.J. Teoría de Máquinas y Mecanismos, McGraw-Hill, México, 1998. ISBN 968-451-297-X
CASTANY, J., FERNÁNDEZ, A. y SERRALER, F. Análisis de la funcionalidad de los elementos de máquinas, Prensas Universitarias de Zaragoza, Zaragoza, 2000. ISBN 84-7733-544-3
CALERO, R. y CARTA, J.A. Fundamentos de mecanismos y máquinas para ingenieros, Mc Graw Hill, Madrid, 1998. ISBN 84-481-2099-X
BLOQUE II. Resistencia de Materiais
Normativas. CTE-Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural
ARGÜELLES, R. y ARGÜELLES, R. Análisis de estructuras: Teoría, Problemas y Programas, Fundación Conde del Valle de Salazar, Madrid, 1996. ISBN 84-86793-37-8
VÁZQUEZ, M. Resistencia de materiales, Ed. Noela, Madrid, 1999. ISBN 84-88012-05-5
Ao superar esta materia o alumno terá adquiridas as seguintes competencias:
Xerais
CG.6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Específicas
CI.7.Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
CI.8. Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
Transversais
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
CT.6. Resolución de problemas.
CT.8. Traballo en equipo.
Nas clases expositivas combinarase unha docencia de tipo maxistral para presentar os contidos coa resolución práctica de exercicios-tipo que ilustren os contidos teóricos. Os seminarios centraranse na formulación e resolución de casos prácticos, ás veces individualmente e outras en grupos, co fin de resaltar e complementar os contidos vistos nas clases expositivas. Buscarase e fomentarase a participación activa do alumnado tanto nas horas expositivas coma nas interactivas.
Nas horas do bloque de prácticas na aula de informática farase uso de software específico (WinMecC, MDSolids, Cype, por exemplo), así coma tamén pode ser necesario utilizar outro tipo de ferramenta matemática como o Matlab, folla de cálculo como Excel, etc. O fin destas ferramentas é utilizalas para realizar a análise cinemática e dinámica de mecanismos e o cálculo de estruturas en 3D.
As dúas horas de titoría en grupo dedicaranse a ver aspectos relativos á seguridade no deseño de estruturas e/ou mecanismos. En ambos os dous casos, o alumnado elaborará un traballo no que se considere de especial a aplicación dos conceptos considerados na materia.
Utilizarase o Campus Virtual (Moodle) para a distribución do material didáctico e outro complementario, para a ampliación dos temas dados en clase e fomentar o estudo autónomo do estudante, así como follas de cálculo (Excel) para a resolución dalgúns dos problemas dos boletíns. Tamén se utilizará o Campus Virtual como medio de comunicación non presencial alumno/profesor, así como a ferramenta MS Teams (clases virtuais).
As clases se impartirán seguindo diferentes metodoloxías dependendo do escenario no cal nos atopemos. No caso de desenvolverse o curso nun escenario de normalidade adaptada (escenario 1), todas as actividades serán presenciais. No caso de que se aplique un escenario de distanciamento con restricións parciais á presencialidade física (escenario 2), as clases expositivas e as titorías en grupo pasarán a realizarse de maneira telemática e síncrona a través da ferramenta MS-Teams. No caso de que se produza un peche das instalacións docentes (escenario 3), todas as actividades desenvolveranse de xeito telemático (MS-Teams para actividades síncronas e Moodle para actividades asíncronas).
Na metodoloxía tense en conta o desenvolvemento das competencias do xeito seguinte:
CG.6 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque I e II
CG.11 Clases maxistrais e Titorías grupais do bloque I e II
CI.7 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque I e Prácticas Bloq. III
CI.8 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque II e Prácticas Bloq. III
CT.4 Prácticas Bloque III
CT.6 Seminarios e Titorías grupais dos bloques I e II, Prácticas Bloque III
CT.8 Seminarios dos bloques I e II, Titorías grupais Bloque II, Prácticas Bloq. III
A avaliación consistirá nunha suma das seguintes valoracións parciais:
a. Exame: 40% (20% Bloque I e 20% Bloque II). Obrigatorio
b. Prácticas en aula de informática (Bloque III): 20%. Obrigatorias.
c. Actividades: 30% (15% Bloque I e 15% Bloque II).
d. Titorías: 10% (5% Fundamentos de Máquinas e 5% Resistencia de Materiais). Obrigatorias.
Para que os apartados b, c e d sexan considerados na cualificación final será necesario acadar como mínimo un 40% en cada un dos Bloques do exame.
Antes da realización do exame final, os alumnos coñecerán as notas obtidas nos apartados b, c e d. Considerarase como NON PRESENTADO nas dúas oportunidades, aquel alumno que non realizase algún dos 3 items obrigatorios (prácticas en aula de informática, titorías grupais e exame).
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será novamente avaliado do apartado a na Segunda Oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario no que se desenvolva o curso (modalidade presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación de actividades e competencias:
Competencia Avaliación de actividades
CG.6 Exame, Actividades e Titorías grupais
CG.11 Exame, Titorías grupais
CI.7 Exame, Actividades Bloq. I, Tit. grupais Bloq. I* e Prácticas Bloq. III*
CI.8 Exame, Actividades Bloq. II, Tit. grupais Bloq. II* e Prácticas Bloq. III*
CT.4 Prácticas Bloque III*
CT.6 Exame, Actividades dos tres bloques, Prácticas Bloque III*
CT.8 Seminarios de Bloque I e II, Titorías grupais Bloque II*, Prácticas Bloq. III*
* Obrigatorias
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Clases maxistrais 27,0 1,2 34,0 61
Seminarios 12,0 1,5 18,0 30
Aula informática 10,0 0,7 7,0 17
Titorías grupo 2,0 4,0 8,0 10
Titorías individualizadas 2,0 1,5 3,0 5
Exame e revisión 5,0 4,4 22,0 27
TOTAL 58 - 92 150
As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia para as diversas actividades que se realizarán (teoría, problemas, prácticas na aula de informática e exame), o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, o traballo persoal é o cómputo do produto do factor polas actividades, e o total é a carga total de traballo que supón cada actividade.
É recomendable que os estudantes cursaran as materias Matemáticas, Física, Informática, Expresión Gráfica e Ciencia de Materiais. Tamén recoméndase a asistencia a clase, así como o uso da aplicación USC Campus Virtual da materia, de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
A docencia impártese en castelán e/ou galego, aínda que se manexarán fontes de información en lingua inglesa.
Recoméndase o uso do Campus Virtual como eixo de todas as actividades a realizar na materia, así como de MS Teams (se fose preciso segundo o escenario).
Debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do alumno/a no Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese o distancia co resto dos compañeiros e profesor na aula.
No caso de docencia telemática, será preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso.
Plan de continxencia
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto (escenarios 2 ou 3):
As clases expositivas en escenario 2, e tanto as expositivas como as interactivas en escenario 3, realizaranse de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC. As titorías individualizadas realizaranse a través do foro da Aula Virtual da materia (Moodle), de videochamada de MS-Teams ou por correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario, coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Maria Angeles Val Del Rio
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Carballa Arcos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816020
- Correo electrónico
- marta.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A2 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A2 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
22.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
22.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
22.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
22.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
22.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
22.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
22.06.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |