Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os grupos funcionais mais importantes presentes nos compostos orgánicos. Coñecer e manexar a nomenclatura sistemática da IUPAC.
- Saber representar os compostos orgánicos empregando estruturas de Lewis, fórmulas estruturais e con estereoquímica (Newmanm, Fischer, perspectiva) e mediante o uso de aplicacións informáticas.
- Ter nocións básicas de estereoisomería e análise conformacional.
- Racionalizar as propiedades físicas (puntos de fusión, ebulición, solubilidade en auga) en base a estructura molecular.
- Coñecer os principais métodos de separación das sustancias orgánicas e a súa implantación práctica.
- Coñecer as principais reaccións químicas dos grupos funcionais estudados.
- Coñecer a importancia industrial e medioambiental dos compostos orgánicos
- Desenrolar habilidades para a comunicación oral mediante a defensa oral e pública dos aspectos relacionados cos contidos da asignatura e as súas aplicacións e relevancia económica e social.
TEMA 1 ESTRUCTURA E FORMULACIÓN DOS COMPOSTOS ORGÁNICOS
Historia e repercusión actual. Representación das moléculas orgánicas. Isomería estrutural. Grupo funcional. Principais grupos funcionais, nomenclatura e formulación. Estruturas de Lewis. Resonancia. Teoría de enlace de valencia e hibridación. Polaridade. Forzas intermoleculares e propiedades físicas. Acidos e bases.
TEMA 2 ALCANOS
Propiedades físicas. Análise conformacional de alcanos. Análise conformacional de cicloalcanos. Reaccións de combustión. Reaccións de haloxenación. Petróleo.
TEMA 3 ESTEREOQUIMICA
Quiralidade. Enantiómeros. Actividade óptica. Configuración absoluta. Proxeccións de Fischer. Diastereómeros. Formas meso. Estereoisomería.
TEMA 4 ALQUENOS E ALQUINOS
Alquenos: Estrutura e importancia industrial. Reaccións de adición electrófila a alquenos. Reducción de alquenos. Oxidación de alquenos. Polimerización de alquenos. Reacción de Diels-Alder.
Alquinos: Estrutura de alquinos. Acidez de alquinos. Reactividade de alquinos.
TEMA 5 COMPOSTOS AROMATICOS
Estrutura do benceno e aromaticidade. Reaccións de sustitución electrófila aromática. Compostos aromáticos de interese industrial.
TEMA 6 HALOALCANOS
Clasificación e importancia. Reaccións de sustitución nucleófila: SN1 e SN2. Compostos organometálicos.
TEMA 7 ALCOIS E AMINAS
Alcois: Clasificación e interese industrial. Propiedades ácido base. Sustitución nucleófila con alcois. Reaccións dos alcois con ácidos. Oxidación. Éteres e epóxidos.
Aminas: Clasificación e interés industrial. Acidez e basicidade de aminas. Alquilación de aminas e sales de amonio cuaternario.
TEMA 8 ALDEHIDOS E CETONAS
Estrutura e propiedades. Reaccións de adición ao carbonilo: formación de hemiacetais e acetais, iminas e enaminas. Reactividade en alfa ao carbonilo: condensación aldólica. Reaccións de oxidación e redución.
TEMA 9 ACIDOS CARBOXÍLICOS E DERIVADOS
Estrutura e propiedades. Reaccións de adición-eliminación: transformación de ácidos carboxílicos nos seus derivados e interconversión de estes. Xabóns e deterxentes. Polímeros de condensación.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
PRÁCTICA 1: Técnicas de separación:
a) Separación mediante extracción líquido-líquido.
b) Cromatografía en columna, separación dunha mestura de azul de metileno e laranxa de metilo.
PRÁCTICA 2. Esterificación polo método de Fischer: Preparación do acetato de etilo.
PRÁCTICA 3. Preparación de polímeros de adición e de condensación: Síntese do poliestireno e dunha poliamida.
PRÁCTICAS DE INFORMÁTICA:
Uso de aplicacións informáticas para representar moléculas orgánicas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Todo o material de estudo básico, estará dispoñible na aula virtual físicamente ou a través das correspondentes ligazóns a internet.
Ou alumnado poderán, ademais, descargar aos seus equipos os programas ChemDraw e Chem3D para as clases prácticas de computador, dos que a USC posúe unha licencia Campus, seguindo as instrucións do ficheiro subido para o efecto á aula virtual.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
William Reusch, Virtual Textbook of Organic Chemistry (acceso libre baixo a licencia Creative Commons)
HART, H.; HART, D. J.; CRAINE, L. E. "Química Orgánica". Ed McGraw Hill, 2007.
VOLLHARDT, K. P. C.; SHORE, N. E. "Química Orgánica". 5ª Ed. Omega. Barcelona, 2008.
Competencias básicas:
- CB4 Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucions a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais:
- CG.3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
- CG.4 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería industrial.
- CG.10 Capacidade de traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
- CT.1 Capacidade de análise e síntese
- CT.3 Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira
- CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
- CT.6 Resolución de problemas
- CT.8 Traballo en equipo
- CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
- CT.16 Sensibilidade cara a temas ambientais
Competencias específicas - módulo básico:
- FB.4.2 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos e as súas aplicacións na enxeñería da Química orgánica.
A asignatura contará cunha aula virtual empleando a plataforma MOODLE, na que se incluirá todo o material docente do curso, calendarios, ligazóns a páxinas de interese, etc., e que constituirá o medio preferente de comunicación cos alumnos.
Para as actividades virtuais síncronas empregarase a plataforma “ TEAMS”.
A actividadad docente distribúese da seguinte forma:
• Docencia expositiva: 28 h
• Seminarios: 9 h
• Aula informática: 3 h
• Prácticas de laboratorio: 12 h
• Titorías grupo: 2 h
Docencia expositiva:
- Clases teóricas presenciais, nas que o profesor desenvolverá o contido do programa, e nas que se alternarán as explicacións teóricas coa resolución de exercicios que ilustren os conceptos explicados.
Docencia interactiva:
- Clases de seminario, nas que se resolverán os problemas e cuestións plantexadas nos boletíns (BOLETINS-SEMINARIO). Terase en conta a participación activa dos alumnos nos mesmos ao longo do curso.
- Titorías en grupo reducido. Cada alumno asistirá a 2 titorías obrigatorias de 1 h de duración. Ademais de aclarar dúbidas e orientar o traballo persoal, nas titorías poderánse discutir problemas complementarios. A asistencia as titorías será obrigatoria para superar a materia.
- Clases prácticas: tres sesións de prácticas de laboratorio, de 4h de duración cada unha. En cada sesión faranse 1 -2 experimentos. Os alumnos dispoñerán de guións co fundamento e o procedemento experimental. A realización das prácticas será obrigatoria para superar a materia.
- Aula de informática: Unha sesión de tres horas para representar moléculas orgánicas mediante o uso de aplicacións informáticas
A modalidade presencial/virtual da actividade docente dependerá do escenario en que nos atopemos:
• Escenario 1 (normalidade adaptada): A docencia expositiva, seminarios, titorías, prácticas de laboratorio realizaranse de forma presencial. A práctica na aula de informática realizaranse de forma virtual sincrónica.
• Escenario 2 (distanciamento). A docencia expositiva, as titorías e a práctica na aula de informática realizaranse de forma virtual sincrónica. Os seminarios e as prácticas de laboratorio realizaránse de forma presencial. As medidas de distancia impostas poden supoñer que sexa necesario reducir o tamaño dos grupos de prácticas e, por tanto, o número de horas presenciais (ata un máximo do 50% das horas prácticas da materia) que deberán complementarse con actividades non presenciais.
• Escenario 3 (confinamento): Toda a docencia impartirase de forma virtual síncrona.
Competencias:
- Clases teóricas presenciais: CB4, CG3, CT1, CT3, CT13, FB4.2
- Clases de seminario: CB4, CG4, CG10, CT1, CT3, CT6, CT8, CT13, CT16
- Títorías en grupo reducido: CB4, CG4, CT8
- Clases prácticas: CG3, CT1, CT13, CT16, FB4.2
- Clase na aula de informática: CT4, CT13, FB4.2
- Aula virtual: CG.10, CT.4,FB.4.2
- Exame con cuestións teórico-prácticas: realizarase durante o período de exames, ao final do curso, para valorar a adquisición de coñecementos. (Porcentaxe na calificación: 70%). É necesario obter unha nota mínima dun 4 para aprobar a asignatura
- Avaliación continua (25%): Realización dos exercicios dos boletins nos seminarios, a participación activa nas clases e os controis escritos que se poderán realizar nas horas de clase (expositivas, seminarios e tutorías) e que consistirán na resolución dun ou varios exercicios sobre a materia explicada.
- Traballo no laboratorio e na aula de informática (5%).
Os alumnos que tendo realizado as prácticas de laboratorio non tiveran superado a materia na primeira oportunidade do cuadrimestre, poderán superala tras repetir o exame final na segunda oportunidade de xullo, manténdose as calificacións obtidas nos demais apartados.
A cualificacións dos traballos, actividades e titorías comunicaránse aos alumno antes do exame final.
Os controis serán presenciais no escenario 1 (normalidade adaptada) e virtuais síncronos nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche de instalacións).
O exame final será presencial no escenario 1, preferentemente presencial no escenario 2 e virtual síncrono no escenario 3.
As cualificaciones dos traballos, actividades e titorías comunicaráselle aos alumnos antes do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para a realización de calquera proba telemática síncrona, todo o alumnado que queira participar deberá unirse previamente mediante un equipo que dispoña de cámara e micrófono á sesión Teams (que se abrirá para o efecto asociada á devandita proba) e atender calquera requirimento identificativo
do profesorado. Unha vez finalizada a proba, o profesorado poderá convocar ao alumnado para ser avaliado oralmente do contido da devandita proba telemática.
Competencias:
- Examen: CB4, CG3, CG4,CT1, CT3, CT6, CT13, FB4.2
- Avaliación contínua: CB4, CG4, CG10, CT3, CT6, CT8 CT13, CT16
- Traballo no laboratorio e nal aula de informática: CG3, CT1, CT4, CT13, CT16, FB4.2
- Titorías: CB4, CG4, CT8
Actividade Horas presenciais Horas traballo do alumno
Clases de teoría 28 37
Seminarios 9 15
Aula informática 3 2
Prácticas de laboratorio 12 8
Titorías grupo 2 3
Titorías individualizadas 2 2
Examen e revisión 5 22
Total 61 89
O alumno debería ter cursado previamente as asignaturas de Química Fundamental, Fundamentos de Procesos Químicos e Química Inorgánica.
Recoméndase a asistencia as clases e a participación activa nas mesmas, preguntando dúbidas e resolvendo os exercicios na pizarra.
Recoméndase o uso e a práctica cos modelos moleculares que están a disposición dos alumnos na biblioteca
E moi importante o estudo da teoría e a realización de exercicios ao longo do curso, sendo recomendable dedicarlle unha media de tres horas semanais á asignatura. Os exercicios deberán estar traballados antes dos seminarios.
Haberá dous grupos para as clases expositivas e de seminario:
- Un grupo no que a docencia impartirase en castelán (Prof. Agustín Cobas Martínez)
- Un grupo no que a docencia impartirase en inglés (Prof. Ricardo Alonso Alonso)
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…).
Plan de Continxencia.
A adaptación da metodoloxía docente e dos sistemas de avaliación aos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche de instalacións) serán as seguintes
• Escenario 2 (distanciamento). A docencia expositiva, as titorías e a práctica na aula de informática realizaranse de forma virtual sincrónica. Os seminarios e as prácticas de laboratorio realizaranse de forma presencial. As medidas de distancia impostas poden supoñer que sexa necesario reducir o tamaño dos grupos de prácticas e, por tanto, o número de horas presenciais (ata un máximo do 50% das horas prácticas da materia) que deberán complementarse con actividades non presenciais.
Os controis serán virtuais síncronos. O exame final será preferentemente presencial.
• Escenario 3 (confinamento): Toda a docencia impartirase de forma virtual sincrónica.
Os controis e o examen final serán virtuais síncrono.
Agustin Antonio Cobas Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- agustin.cobas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ricardo Alonso Alonso
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814250
- Correo electrónico
- r.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eduardo Da Concepción Vicente
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- eduardoda.concepcion [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_03_inglés | Inglés | Aula A2 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Inglés | Aula A2 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Inglés | Aula A2 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04_inglés | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A3 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04_inglés | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04_inglés | Aula A8 |
25.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04_inglés | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
06.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |