Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Con esta materia preténdese que o estudante adquira os coñecementos relativos aos diferentes tipos de contaminantes e as causas de contaminación atmosférica así como necesarios para abordar as estratexias de control, deseño e operación dos equipos de depuración da contaminación atmosférica derivada de actividades antropogénicas e prestando especial atención ás actividades industriais. Dentro dos obxectivos específicos destácanse:
• Coñecer os principais focos de xeración dos distintos contaminantes e o seu efecto sobre a saúde humana e o medio ambiente.
• Familiarizarse coas técnicas de medida e avaliación da contaminación do aire e acústica.
• Coñecer as principais estratexias orientadas ao control de contaminantes en aire e a súa importancia dentro da xestión ambiental.
• Seleccionar as alternativas tecnolóxicas máis adecuadas de entre os posibles sistemas de depuración #ante un problema concreto de emisión de contaminantes en aire.
• Ser capaz de deseñar os distintos equipos de depuración de emisións gasosas contaminadas.
• Concibir instalacións integradas de depuración de emisións gasosas.
• Coñecer os requisitos legais concretos no tratamento dos contaminantes.
• Identificar as solucións tecnolóxicas emerxentes no campo do control da contaminación atmosférica.
Eliminación de partículas. Eliminación de contaminantes gaseosos e vapores. Fundamentos de meteoroloxía. Dispersión e dilución de emisións gasosas. Deseño de chemineas. Contaminación acústica, medidas de prevención e control.
Tema 1. Introdución á contaminación atmosférica
Características e composición da atmosfera; definición de contaminación atmosférica; orixe da contaminación atmosférica; tipoloxía e clasificación dos contaminantes atmosféricos; conceptos básicos, emisión, inmisión; fontes da contaminación atmosférica; emisións de contaminantes en instalacións industriais; caracterización de contaminantes.
Tema 2. Efectos da contaminación atmosférica.
Tipoloxía dos problemas de contaminación atmosférica: efectos sobre a saúde, medioambiente e bens inmobles. Rexistro de Emisións e Fuentes Contaminantes. Convención Marco das Nacións Unidas..
Tema 3. Eliminación de partículas en suspensión
Comportamento de partículas no seo dun fluído; Tecnoloxías de separación de partículas (consideracións, vantaxes, inconvenientes e deseño): cámaras de sedimentación, ciclóns, precipitadores electrostáticos, filtros de mangas e torres de lavado
Tema 4. Eliminación de contaminantes gaseosos e vapores
Introdución enfocada nos criterios para a selección da estratexia óptima de tratamento en base á caracterización das emisións; Clasificación das tecnoloxías ( fisicoquímicas, biolóxicas e combinadas); Fachos; Incineración de compostos orgánicos volátiles; Absorción e absorción de gases; Condensación de gases; Descontaminación biolóxica de gases mediante o emprego de biofiltros e biolavadores.
Tema 5. Fundamentos de meteoroloxía
Fundamentos de meteoroloxía; dispersión de contaminantes
Tema 6. Deseño de chemineas
Elevación do penacho e determinación da altura da cheminea.
Tema 7. Contaminación acústica: medidas de prevención e control
Efectos do ruído sobre a saúde; determinación e caracterización de ruídos; Lexislación; fontes de ruído; métodos de control da contaminación acústica.
Bibliografía básica
• Cooper, C.D., Alley, F.C. Air pollution control: a design approach. Prospect Heights, Illinois: Waveland, 2002. ISBN: 0-88133-758-7
• Ullmann, F. Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry. Weinheim: Wiley, 2000. Online ISBN: 9783527306732; DOI: 10.1002/14356007
Bibliografía complementaria
• Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery. Volume 2. Nueva York: McGraw-Hill Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8
• Kiely, G. Ingeniería ambiental: fundamentos, entornos, tecnologías y sistemas de gestión. Madrid: McGraw-Hill, Interamericana de España, 1999. ISBN: 84-481-2039-6.
• Kiely, G. Environmental Engineering. Boston: McGraw-Hill, 1998. ISBN: 0-07-709127-2.
• Bueno J.L., Satre H., Lavín A.G. Contaminación e Ingeniería Ambiental. II: Contaminación atmosférica. Oviedo: Fundación para el Fomento en Asturias de la Investigación Científica Aplicada y la Tecnológica, 1997. ISBN: 84-923131-4-5 (v.1) y 84-923131-3-7 (v.2)
• Davis, W.T. Air Pollution Engineering Manual. New York: John Wiley, 2000. ISBN: 0-471-33333-6.
• Wark, K., Warner, C.F. Contaminación del aire: origen y control. México: Limusa, 2013. ISBN: 978- 968-18-1954-5
Ao superar a materia, o alumno terá adquiridas as seguintes competencias:
Competencias específicas
CI.10. Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e
sostenibilidade.
Competencias xerais
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións,
creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos,
habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial.
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das
solucións técnicas
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese.
CT.9. Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.16. Sensibilidade por temas medioambientais
Escenario 1: Normalidade adaptada
Clases expositivas e interactivas de seminario: presenciais, desenvolveranse na aula
Titoría grupal: presencial, na aula
Titorías individuais: presenciais e sincrónicamente vía MS Teams, a elección do alumno.
Clases expositivas: nestas clases, impartidas a todos os alumnos do grupo simultaneamente, preséntanse os fundamentos teóricos de cada tema, tendo en conta os obxectivos establecidos previamente e as competencias que os alumnos deben adquirir. Empregaranse presentacións de Power- Point que estarán dispoñibles na aula virtual ao finalizar cada tema, combinando as explicacións teóricas con proposta, discusión e resolución de cuestións teórico-prácticas para desta forma fomentar a participación e atención do alumno. Ofrecerase aos alumnos a posibilidade de realizar algún cuestionario relativo aos temas explicados en clase, a través da aula virtual, polo que recibirán unha puntuación de formará parte do apartado de traballos da aula.
Clases interactivas de seminario: as clases de seminario estarán centradas na resolución de exercicios/problemas que o profesor proporcionará aos alumnos mediante boletíns ou coleccións de problemas. Estes boletíns estarán dispoñibles en aula virtual da materia con antelación á realización do seminario correspondente para que os alumnos poidan preparar individualmente o contido de cada seminario. Algún dos exercicios será resolvido en clase de maneira individual polo alumno para a súa corrección, formando parte da nota correspondente ao apartado de traballos da aula.
Titorías grupais: Estas titorías están destinadas ao fomento do traballo autónomo dos alumnos e ás actividades de traballo en equipo. Cada alumno dispón de 1 hora de titoría grupal que será destinada ao desenvolvemento dun caso práctico (en grupo) para o tratamento dunha corrente gasosa contaminada. Cada grupo entregará unha memoria final.
As competencias para alcanzar con cada actividade son:
Actividade…………………………… Modalidade…………………… Competencias
Lección maxistral…………………………Expositiva………………… CI.10, CG.7, CT. 1, CT. 16.
Realización de exercicios…………… Interactiva de Seminario… CI.10, CG.4, CG.7, CT.1, CT.11, CT. 16
Caso práctico……………………………… Tutoría grupal…………………… CI.10, CG.4, CG.7, CT.1, CT.9, CT.11, CT. 16
Utilizaranse as aplicacións de Moodle e Teams, como ferramenta de comunicación cos alumnos ofrecendo aos alumnos información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntamentos do profesor así como artigos científico-técnicos) fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Realizaranse algúns dos problemas da materia utilizando folla de cálculo (Excel)
Escenario 1
a) O exame (45% da cualificación). O exame será presencial e constará de duas partes ben diferenciadas que teñen o mesmo peso na nota final do exame: preguntas de teoría (50% da puntuación do exame) e problemas numéricos a resolver (50% da puntuación do exame).
b) Os traballos da aula (40% da cualificación). Os alumnos recibirán unha puntuación polos traballos/exercicios/cuestionarios que realicen e entreguen.
c) As titorías grupais (15% da cualificación) que será avaliada por medio da participación do alumno nos debates que se realicen e mediante o entregable ou memoria correspondente ao caso de estudo.
Considerarase obrigatoria a asistencia á titoría grupal, polo que, se non se asiste, o alumno estará Suspenso na primeira convocatoria. Na segunda convocatoria, non tería directamente puntuación no apartado c).
Para ter en conta as puntuacións obtidas nos apartados b) e c) na cualificación final, será necesario alcanzar unha cualificación mínima do 40% en cada unha das partes que constitúen o exame (teoría e problemas). A materia superarase cunha nota final mínima de 5. Antes da realización do exame, os alumnos coñecerán as notas obtidas nos apartados b) e c). Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non realizase o exame pero se participase na titoría grupal. No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será novamente avaliado do apartado a) na Segunda Oportunidade e manteríanselle as notas dos apartados b) e c).
As competencias para avaliar son as seguintes:
• Tutoría grupal: CI.10, CG.4, CG.7, CT.1, CT.9, CT.11, CT. 16
• Trabajos del aula: CI.10, CG.4, CG.7, CT.1, CT.11, CT. 16
• Seminarios: CI.10, CG.4, CG.7, CT.1, CT.11, CT. 16.
• Examen: CI.10, CG.4, CG.7, CT.1, CT. 16
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS que se reparten da forma que se sinala na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un computo do produto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade. A carga total de traballo é de 112,5 horas implica que cada ECTS supoña 25 horas de traballo do alumno.
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS:
Actividade……………….Horas aula…………………Horas alumno…………..ECTS
Clases maxistrais .…….…28.0……………………………34.0…………………2.5
Seminarios……………..….9.0…………………………….11.0…………………..0.8
Tutorías grupo…….……....1.0………………………….….4.0…………………...0.2
Tutorías individualizadas…1.0………………………….….2.0…………………….0.1
Exame e revisión ………..5.0………………………….…17.5…………………..0.9
TOTAL………………..…..44………………………….….68.5…………..……...4.5
Debería cursarse a materia de Enxeñería Ambiental.
Para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais sobre: Inglés (nivel de lectura) e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario ( Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa do alumno nas mesmas, recoméndase tamén que se estude de forma continua a materia e que se faga uso da aplicación informática dispoñible na USC correspondente á materia, de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
Idioma: A materia será impartida en castelán, pero poderá utilizarse bibliografía en inglés para a realización de traballos ou consulta de información
É necesario o uso do campus virtual así como de MS Teams.
Cumprimento das medidas de seguridade na aula, sesións interactivas e de laboratorio.
Recomendacións para o ensino telemático:
- É necesario dispoñer dun computador con micrófono e cámara para realizar as actividades telemáticas que se programen durante o curso. Recoméndase adquirir equipos con contorna MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos utilizados nas materias, dispoñibles na USC.
- Mellore a súa información e habilidades dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
Siga escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da USC, para a protección da saúde do Covid-19. Usa unha máscara, aplica hidróxido ou lávache as mans con auga e xabón como se indica e, sempre que sexa posible, aumenta a distancia entre ti e os teus compañeiros e o profesor na aula.
Plan de continxencia
Metodoloxía de ensinanza
Escenario 2: Distanciamento social (restricións parciais á presencialidad física)
Clases expositivas: sincrónicamente vía MS Teams no horario establecido para a materia no calendario do curso oficial
Clases interactivas de seminario: presenciais, desenvolveranse na aula
Titoría grupal: sincrónicamente vía MS Teams
Titorías individuais: sincrónicamente vía MS Teams.
Escenario 3: Peche das instalacións
Clases expositivas e interactivas de seminario: sincrónicamente vía MS Teams no horario establecido para a materia no calendario do curso oficial
Titoría grupal: sincrónicamente vía MS Teams
Titorías individuais: sincrónicamente vía MS Teams.
Sistema de avaliación
Escenario 2. Distanciamento
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo que o descrito para o escenario 1, polo que o exame será preferiblemente presencial
Escenario 3. Peche das instalacións
Neste escenario o exame será telemático e síncrono a través de MSTeams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sara Gonzalez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816806
- Correo electrónico
- sara.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
24.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Proxectos |
24.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Proxectos |
07.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
07.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |