Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O principal obxectivo da materia é dotar ao alumno das ferramentas baseadas no coñecemento dos mecanismos e leis da transmisión de calor, para poder analizar as diferentes situacións nas que ten lugar un intercambio de enerxía térmica, así como para calcular e deseñar equipos de intercambio de calor utilizados na Industria Química.
1. Aspectos xerais. Mecanismos de transmisión de calor e ecuacións de velocidade. Equipos de transmisión de calor.
2. Introdución Radiación: procesos e propiedades. Conceptos fundamentais.
3. Introducción á conducción. Conducción unidimensional en estado estacionario. Conducción bidimensional en estado estacionario. Conducción en estado non estacionario. Métodos numéricos.
4. Introducción á convección. Coeficientes de convección. Fluxo externo. Fluxo interno.
5. Intercambiadores de calor. Coeficiente global de transmisión de calor. Análise e deseño de intercambiadores. Aillantes. Evaporadores. Aspectos relativos á seguridade.
Obra de consulta básica:
- INCROPERA, F. P., DEWITT, D. P., BERGMAN, T. L., LAVINE, A.S. 2007. Introduction to Heat Transfer. 5ª ed. NJ: John Wiley & Sons. ISBN: 978-0-471-45727/0-471-45727-2 (inglés). SIGNATURA: A114 9, A114 9 A, A114 9 B, 114 51
- INCROPERA, F.P., DEWITT, D.P. 1999. Fundamentos de Transferencia de Calor. 4ª Ed. Mexico: Prentice Hall Hispanoamericana. ISBN: 970-17-0170-4 (español).
SIGNATURA: 80 40, A114 17, A114 17A, FIS 495, FIS 285
Obras complementarias:
- SINNOT, R., TOWLER. G. 2020. Chemical Engineering Design. Coulson & Richardson’s Chemical Engineering Volume 6. 6ª Ed. Boston: Elsevier/Butterworth-Heinemann. ISBN: 978-0-7506-8551-1 (para deseño de intercambiadores de calor).
SIGNATURA: 140 16, 140 16A, A140 11, A140 11B e ISBN: 9780081026007 (Recurso electrónico)
- ÇENGEL, Y.A. 2007. Transferencia de calor y masa: un enfoque práctico. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill. ISBN: 9789701061732.
SIGNATURA: A114 12 1 y 2, A114 12A 1 y 2, A114 12B 1 y 2, A114 12C 1 y 2, 3 A05 135 1 y 2
Transferencia de calor y masa [Recurso electrónico] : fundamentos y aplicaciones. México : McGraw-Hill, 2020. ISBN: 9781456280048
- HOLMAN, J.P. 1998. Transferencia de calor. 1ª Ed. (español). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España. ISBN: 84-481-2040-X.
SIGNATURA: A114 5, A114 5A, A114 5B, A114 5C, FIS 477 1
- MILLS, A. F. 1999. Heat transfer. 2nd ed. New Jersey: Prentice Hall. ISBN: 0-13-947624-5.
SIGNATURA: 114 46, A114 1 A, A114 1 B
Competencia específica:
• (CI.1.2) Coñecementos de transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñería.
Competencias xerais:
• (CG.3) Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
• (CG.6) Capacidade para o manexo de especificacións, reglamentos e normas de obrigado cumprimento.
Competencias transversais:
• (CT.1) Capacidade de análise e síntese.
• (CT.4) Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
• (CT.6) Resolución de problemas.
• (CT.13) Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Relacionados coas competencias CI.1.2, CG.3 e CG.6, incluirase o estudio de aspectos de seguridade e análise de riscos, desde a perspectiva da materia.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física):
A docencia expositiva e interactiva (incluidos o seminario de Aspen HYSYS e as titorías grupais) será presencial.
A metodoloxía básica consistirá na exposición oral da teoría, con soporte audiovisual para as explicacións, conxuntamente coa resolución de problemas nas clases de seminario e, opcionalmente, nas titorías. Unha selección destes problemas serán entregados polos estudantes nos prazos establecidos, e avaliaranse oportunamente. Tamén se contempla a realización dun traballo individual ou en grupo, sobre un caso práctico de transmisión de calor. Nas titorías de grupo os alumnos presentarán e discutirán os resultados do traballo plantexado.
A folla de cálculo usada para a resolución de problemas, nos casos nos que sexa necesaria, será Excel. Ademáis nunha das clases de seminario utilizarase o programa de simulación Aspen Hysys e a asistencia ao mesmo será obrigatoria.
Realizarase, de ser posible, unha visita a unha empresa relacionada cos contidos teóricos da asignatura. O obxetivo é conectar os contidos da asignatura coa realidade industrial.
- Competencias asociadas ás actividades realizadas:
Aulas expositivas: CI.1.2; CG.3; CG.6; CT.6
Aulas de seminario: CI.1.2; CT.1; CT.4; CT.6; CT.13
Aula de seminario de simulación en AspenHYSYS: CT.4; CT.13
Visita a instalacións industriais: CT.1; CT.13
Titoría en grupos: CI.1.2; CG.3; CG.6; CT.1; CT.4; CT.6; CT.13
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física):
Efectuarase un seguimento continuo da aprendizaxe, mediante a realización de diferentes actividades, traballos ou resolución de problemas (actividades 1 e 2). Esta avaliación continua se complementa coa labor desenvolvida durante as titorías en grupo (actividade 3), tamén avaliada, e cun exame final, con cuestións teóricas e resolución de problemas, que corresponderá ó 65 % da nota final. É preciso obter polo menos un 35% na avaliación de cada parte do exame para superar a materia. A contribución de cada actividade para a nota final amósase na táboa adxunta.
A asistencia ás titorías de grupo, o seminario de Aspen HYSYS e a visita a instalacións industriais, no caso de habela, son OBRIGATORIAS para superar a materia (e, pola sua tipoloxía, NON se poden recuperar para a segunda oportunidade).
As cualificacións dos traballos, actividades, cuestionario sobre a visita e titorías se comunicarán aos estudantes antes do exame.
Será considerado como NON PRESENTADO aquel estudante que non realizara/asistira a algún dos ítems obrigatorios (seminario HYSYS, visita, tutorías grupais e exame).
O sistema de avaliación será o mesmo para as dúas oportunidades de exame (maio e xullo). Non se conservará ningunha nota entre convocatorias.
- Avaliación de competencias por actividade:
Actividades 1 e 2:
Entrega de problemas; CI.1.2; CG.3; CG.6; CT.1; CT.4; CT.6
Visita instalacións industriais; CT.1; CT.13
Simulación en Aspen HYSYS; CI.1.2; CG.3; CG.6; CT.4; CT.6
Mini-tests de contidos; CI.1.2; CG.3; CT.1
Actividade 3: Titorías en grupo; CI.1.2; CG.3; CG.6; CT.1; CT.4; CT.6; CT.13
Exame: CI.1.2; CG.6; CT.1; CT.6; CT.13
-Sistema de avaliación:
Actividade: Tipo actividade; % cualificación; Nota mínima (se procede, % mínimo sobre a actividade avaliada); Requisito
Actividades 1 e 2: Entrega de problemas, Visita a instalacións industriais (OBRIGATORIA), e Simulación en Aspen HYSYS (OBRIGATORIA) e Mini-tests de contidos; 20%
Actividade 3: Titorías en grupo; 15%; Obrigatoria
Exame: 65%; mín. 35% en cada parte
En caso de non poder facer a visita, esta actividade non será contemplada na obrigatoriedade para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
Estímase un total de 150 horas (6 créditos ECTS) entre horas presenciais e traballo do alumno, das cales 51 horas serán presenciais en forma de clases expositivas, interactivas e titorías de grupo.
Recoméndase ter superadas previamente as materias de matemáticas e termodinámica aplicada, así como boa base de balances de materia e enerxía.
Contarase coa Aula Virtual (na plataforma web da USC) como repositorio da documentación da materia.
No caso de docencia telemática, será preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos co entorno MS Windows, xa que outras plataformas non soportan o programa informático HYSYS.
Plan de continxencia:
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
METODOLOXÍA
As clases expositivas en escenario 2, realizaranse de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente MS-Teams. As titorías individualizadas realizaranse a través do foro da Aula Virtual da materia (Moodle-Campus Virtual), de videochamada, de MS-Teams ou por correo electrónico.
Todas as clases interactivas, segundo o horario do centro, realizaranse de forma presencial.
Para o seguimento das actividades que se entreguen ou fagan en remoto, farase unha programación das mesmas.
Escenario 3. Peche das instalacións
METODOLOXÍA
A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de xeito virtual e de forma síncrona, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC. Todas as actividades correspondentes á docencia interactiva que se entreguen en remoto, contarán coa programación das entregas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN- Escenarios 2 e 3
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario, coa única diferencia de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC, respectivamente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
Maria Sonia Freire Leira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816758
- Correo electrónico
- mariasonia.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Óscar Rodríguez Figueiras
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816704
- Correo electrónico
- oscar.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
15:00-16:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Inglés | Aula A3 |
Martes | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A1 |
15:00-16:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Inglés | Aula A3 |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_03_inglés | Inglés | Aula A3 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Inglés | Aula A3 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A1 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A1 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A2 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A2 |
18.05.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
11.07.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
11.07.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A2 |
11.07.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
11.07.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A2 |
11.07.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |