Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Trátase dunha materia introdutoria que representa o primeiro contacto dos alumnos coa Química Inorgánica. O seu obxectivo é o estudio dos elementos químicos e os seus compostos máis importantes. En particular, a materia centrarase no estudio do hidróxeno, dos elementos dos grupos principais (s e p) e dos gases nobres.
Obxectivos específicos:
- Explicar e predicir propiedades de familias de substancias e as súas variacións periódicas.
- Formular ecuacións químicas que reflictan métodos xerais de obtención de elementos e compostos inorgánicos de maior importancia industrial.
- Analizar e comprender as propiedades de familias de compostos, xa sexa mediante análise teórica ou como resultado de datos experimentais.
- Describir as aplicacións dos elementos e compostos de maior interese en Enxeñaría Química.
Tema 1. Propiedades periódicas dos elementos. A táboa periódica. Radio atómico. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica. Electronegatividade. Estados de oxidación. Termodinámica (4 h)
Tema 2. O hidróxeno. O elemento e os seus isótopos. Dihidróxeno: obtención e reactividade. Estudio xeral dos hidruros. Estudio específico da auga; o enlace de hidróxeno. (3 h)
Tema 3. Elementos do grupo 1. Características xerais dos elementos do grupo. Reactividade dos compostos alcalinos. Compostos simples dos metais alcalinos (haluros, óxidos, hidróxidos, sales). Proceso Solvay. Proceso cloro-sosa. (2 h)
Tema 4. Elementos do grupo 2. Características xerais dos elementos do grupo. Reactividade dos compostos alcalinotérreos. Singularidade do berilio. Compostos simples dos metais alcalinotérreos (haluros, óxidos, hidróxidos, sales). Dureza da auga. (2 h)
Tema 5. Elementos do grupo 13. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do boro: formas alotrópicas e obtención do elemento. Combinacións hidroxenadas; diborano. O aluminio: obtención e propiedades. (2 h)
Tema 6. Elementos do grupo 14. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do carbono. Alotropía no carbono. Combinacións osixenadas: CO e CO2. Carbonatos e hidrogenocarbonatos. O silicio: silicatos. (4 h)
Tema 7. Elementos do grupo 15. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do dinitrógeno: estado natural e preparación. O amoníaco: propiedades e produción industrial. O ácido nítrico. O fósforo: estado natural e extracción industrial. Alotropía no fósforo. Combinacións osixenadas. (4 h)
Tema 8. Elementos do grupo 16. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do dioxígeno: enlace e reactividade. O trioxígeno: estrutura e enlace. Óxidos: clasificación e propiedades. O xofre: extracción industrial e alotropía no xofre. Propiedades físicas e químicas. Óxidos de xofre. Oxoácidos de xofre: o ácido sulfúrico. (3 h)
Tema 9. Elementos do grupo 17. Características xerais dos elementos do grupo. Comportamento peculiar do fluor. Os estados normais dos elementos. O enlace nas moléculas X2. Métodos de preparación dos elementos. Propiedades físicas e químicas dos elementos. Haluros. Haluros de hidróxeno. (4 h)
Tema 10. Elementos do grupo 18. Características xerais dos elementos do grupo. Propiedades especiais do helio. Aplicacións dos gases nobres. O descubrimento da química dos gases nobres. Fluoruros e óxidos de xenón. (1 h)
Programa de prácticas:
1. - Alumbre potásico
2. - Peroxoborato sódico
3. - Estudo da reactividade dos halóxenos e dalgún dos seus compostos
4. – Carbonato ácido de sodio
As prácticas de laboratorio realízanse en catro sesións de catro horas cada unha. En cada sesión o alumno realiza unha das prácticas.
Desenvolvemento das actividades do curso.
Desenvolveranse 36 sesions entre sesións expositivas e as interactivas, tanto seminarios coma titorías (28 + 6 + 2 = 36 sesións).
Ao principio de cada tema subminístraselle ao alumnado unha presentación do tema.
Bibliografía básica (manuais de referencia):
- RAYNER-CANHAM, G., 2000. Química Inorgánica Descriptiva. 2ª edición. México: Pearson Educación. ISBN 9684443854.
- HOUSECROFT, C.E., A.G. SHARPE, 2006. Química inorgánica [en liña]. 2ª edición. Madrid: Pearson Prentice Hall. ISBN 9788483225448
- HOUSECROFT, C.E., A.G. SHARPE, 2018. Inorganic Chemistry. 5ª edition. Harlow: Pearson. ISBN 9781292134147
Bibliografía complementaria:
-PETRUCCI, R. H. et al., 2017. Química General : Principios y aplicaciones modernas, 11ª edición. Madrid: Pearson. ISBN: 978-84-9035-533-6
- PETRUCCI, R. H. et al., 2017. Química General : Principios y aplicaciones modernas[en liña] 11ª edición. Madrid: Pearson. ISBN: 978-84-9035-533-6
- QUIÑOA, E., R. RIGUERA, J.M., VILA. 2006. Nomenclatura y formulación de los compuestos inorgánicos. 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill. ISBN 8448146255
- RAYNER-CANHAM, G., 2014. Descriptive Inorganic Chemistry. 6ª edición. New York: Freeman. ISBN 9781464125577
- LEE, J.D., 2009. Concise inorganic chemistry. 5ª edition. Oxford: Blackwell Science. ISBN 9780632052936
- SHRIVER, D.F., Peter W. ATKINS, 2008. Química Inorgánica. 4ª edición. México: McGraw-Hill, ISBN 9789701065310
Ligazóns de interese:
https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ pódese consultar o libro de C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, en inglés (Inorganic Chemistry) de xeito gratuito. Neste link tamén existen libros de química xeral para aquel alumnado con dificultades en conceptos básicos de redox (axustes incluídos) e ácido-base.
Competencias básicas e xerais:
-CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
-CG3: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
-CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
-CG7: Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
-CG10: Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.
Competencias específicas básicas:
-FB4.3: Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos e as súas aplicacións na enxeñaría: Química inorgánica.
Competencias transversais:
-CT1: Capacidade de análise e síntese
-CT2: Capacidade de organizar e planificar
-CT3: Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira
-CT6: Resolución de problemas
-CT8: Traballo en equipo
-CT10: Habilidades nas relacións interpersoais
-CT13: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
-CT17: Creatividade
-CT18: Liderado
-CT19: Aprendizaxe autónoma
Evaluación das competencias.
Asignación das competencias básicas (CB), xerais (CG) e transversais (CT) ás distintas actividades formativas do curso.
Clase Maxistral Seminarios Tutorías Prácticas* Exame
CB4 X X X
CG3 X
CG4 X X X X
CG7 X X X
CG10 X
FB4.3 X X X
CT1 X X X X
CT2 X X X
CT3 X X X X
CT6 X X X X
CT8 X
CT10 X
CT13 X X
CT17 X X X
CT18 X X X
CT19 X X
*Actividade obligatoria.
O desenvolvemento do programa estabelecido nesta asignatura realizarase na aula, no Campus Virtual (Moodle) e na plataforma MS Teams. A asignatura contará cunha aula virtual a disposición do alumnado, na que se colgarán calendarios, instruccións así coma todo o material necesario para o desenvolvemento da materia.
A) Clases expositiva en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
Competencias clases expositivas: CG3, CG7, FB4.3, CT13.
B) Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación intermedia, se as houbera.
Competencias seminarios: CB4, CG4, CG7, FB4.3, CT1, CT2, CT3, CT6, CT17, CT18.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumnado disporá dun guión de cada unha das prácticas a realizar. Deberá acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente ditos guións e realizando os cálculos necesarios. Tras unha explicación do profesorado, o alumno realizará as tarefas e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. O profesorado poderá pedir ao alumno que lle mostre o diario de laboratorio en calquera momento. A realización das prácticas será obrigatoria. Ao final das prácticas poderase realizar unha proba para avaliar o seu aproveitamento.
Competencias prácticas de laboratorio: CB4, CG4, CG7, CG10, CT1, CT2, CT3, CT6, CT8, CT10, CT13, CT17, CT18.
D) Titorías en grupo reducido: Suporán 2 horas para cada alumno. Nestas clases os alumnado deberá expoñer, debater ou comentar aquelas actividades previamente formuladas polo profesorado. As actividades realizaranse individualmente ou en grupo segundo se indique. A participación nas titorías será avaliada.
Competencias titorías: CB4, CG4, FB4.3, CT1, CT3, CT6, CT17, CT18, CT19.
A avaliación da materia desenvolverase en Escenario 1 segundo se recolle deseguido:
Exame final: 70%, Presencial, Síncrona
Avaliación continua: 30%
A avaliación contínua está distribuida nas seguintes actividades:
Prácticas: 15%, Presencial, Síncronas
Entregas e titorías: 5%, Telemática, Asíncrona
Traballo: 5%, Telemática, Asíncrona
Probas: 5%, Telemática, Asíncrona
A cualificación de cada alumno realizárase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación continua farase por medio de entrega de exercicios, realización dun traballo, probas intermedias, prácticas de laboratorio e titorías. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita común para todos os alumnos. A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia. Para superar a materia o alumno deberá alcanzar a cualificación de aprobado nas prácticas de laboratorio. As prácticas de laboratorio non realizadas deberán ser recuperadas, dacordo co profesorado.
No exame final programado ao final do cuadrimestre se avaliará a aprendizaxe dos contidos e a capacidade para a resolución de problemas de forma individual. O exame final da materia levarase a cabo de xeito presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Competencias exame: CG4, CT1, CT2, CT3, CT6, CT19.
b) Nos traballos realizados durante as sesións de seminario e nas prácticas de laboratorio serán avaliadas a capacidade de resolución de problemas individualmente ou en grupo e a habilidade para realizar as tarefas de laboratorio. As sesións de seminario implicarán a entrega de exercicios e a realización de traballos e probas para o que se empregará o Campus Virtual. Ao finalizar as prácticas de laboratorio poderase realizar unha proba para avaliar o seu grao de aproveitamento. As prácticas de laboratorio implicarán a realización dunha libreta de laboratorio que será empregada polo alumno para realizar a proba de avaliación de prácticas que formará parte da nota deste apartado. No caso de que as prácticas non se poidan realizar o alumnado realizará as actividades substitutivas que se estipulen.
Competencias seminarios: CB4, CG4, CG7, FB4.3, CT1, CT2, CT3, CT6, CT17, CT18.
Competencias prácticas de laboratorio: CB4, CG4, CG7, CG10, CT1, CT2, CT3, CT6, CT8, CT10, CT13, CT17, CT18.
c) Nas titorías en grupo avaliaranse a capacidade de análise e síntese e a capacidade para aprender de xeito autónomo algunha cuestión puntual formulada polo profesor. Competencias titorías: CB4, CG4, FB4.3, CT1, CT3, CT6, CT17, CT18, CT19.
Para superar a materia haberá que obter, como mínimo, un 50% da cualificación global. Para obter unha nota final como media ponderada dos distintos apartados, esixirase alcanzar unha puntuación mínima dun 40% no exame final.
Aquel alumnado que non se presente ao exame final constará como "non presentado".
O profesor analizará co alumnado que non supere con éxito o proceso de avaliación, e así o requira, todos os pormenores atopados na aprendizaxe dos contidos da materia. Este alumnado contará cunha segunda oportunidade. A evaluación desta recuperación farase igual que o da primeira oportunidade, é dicir: realizarase un novo exame global da asignatura, que contribuirá cun 70% á nota de recuperación, mentres que as notas correspondentes á evaluación continua obtidas ó longo do curso contribuirán cun 30% (prácticas de laboratorio, 15%, clases interactivas, titorías, entregas e traballos 15%).
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS.
Actividade H Presenciais H Traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 28.0 42.0 2.8
Seminarios 6.0 9.0 0.6
Prácticas laboratorio 15.0 8.0 0.9
Titorías grupo 2.0 8.0 0.4
Subtotal 51.0 67.0 4.7
Titorías individualizadas 2.0 3.0 0.2
Exame e revisión 5.0 22.0 1.1
Total 58.0 92.0 6.0
Recoméndase que a formación inicial do alumnado sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro dese perfil, ademais da Química, resulta recomendable cursar materias de Matemáticas e Física. Ademais, o coñecemento de inglés podería ser unha ferramenta moi útil xa que permitiría ao alumnado acceder a un maior número de recursos: páxinas web específicas para os contidos ou de temas de interese relacionados cos contidos, libros, artigos científicos, etc.
Especificamente recoméndanse coñecementos previos propios de Química Fundamental, con especial atención aos conceptos de equilibrio químico, ácido-base e oxidación-redución.
Igualmente:
a) É aconsellable asistir ás clases expositivas.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase consultar os libros de texto propostos.
c) Unha vez finalizada a lectura dun tema nos libros de texto de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) É importante realizar as actividades propostas polo profesorado nas clases interactivas e nas titorías de grupo.
e) É imprescindible a preparación das prácticas, individualmente ou en grupo, antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesorado.
Observacións
As clases impartiranse en castelán.
Farase uso do Campus Virtual para subministrar aos alumnos todo o material necesario para o seguimento da materia.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais.
Ana Maria Gonzalez Noya
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814258
- Correo electrónico
- ana.gonzalez.noya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814245
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Laboratorio Facultad Química |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Laboratorio Facultad Química |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Laboratorio Facultad Química |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A1 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Laboratorio Facultad Química |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
24.05.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
10.07.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |